m

As causas da degradación. Unha opinión a discutir.

Imaxen sacada de AEMS: asociación prá defensa dos ríos en Cataluña.

 

"A auga será no milenio 2000 máis importante que o petroleo"

"Si a nosa civilización nona preparamos para ver esto, o mundo non chegará o seguinte milenio, morrerá de sede..."

Nota: esta parte da web foi escrita en 1997, logo retocada no 2007, a verdade que pouco se fixo dende entón, esto vai a peor...

En xaneiro de 2018 ratifícome  en todo e engado que  más do 90% dos ríos de Galicia están de algunha forma contaminados,  soio se salvan algunhas cabeceiras de ríos.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Ourense Natural.    

                   

    salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos.             salir.jpg (1925 bytes) Saír á p. troitas.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEFINICIÓNS   BÁSICAS   SOBRE   TROITAS   E   PESCOS:

Mentras non vexamos os ríos como noso patrimonio máis preciado. ¡ Non hai nada que facer !

Parto duns principios discutibles, pero que para mín son dogma:

Troita ( Salmo trutta fario ) : animal astuto, desconfiado, rápido , loitador , precioso e  que vive unicamente nos ríos altamente osixenados.

Algún día non te levarei á cesta e devolverei as troitas ó río, e algún día como esto siga así unicamente poderemos contemplar as troitas en diapositivas.

Fotografía de V. Garcia Canseco. Troita común.

 

Pescador de troitas : persoa afeccionada a disfrutar da natureza, que o único que desexa é, con artes legais ( xa sexa con cola de rata, cucharilla, mosca con buldó, mioca, besbello, saltamontes, mosca natural, devón, etc.  ) enganar á troita e levala a cesta ou devolvela o río ( unha alternativa que non vai quedar máis remedio que levala a cabo).

 

Non é pescador : ( suponse que se vai de pesca ó río) o que incumpre a definición anterior. É dicir con "artes ilegais " leva a troita á cesta. A este elemento eu prefiro chamalo "depredador" ou "asasino de ríos" ou simplemente "delincuente".

 

flecha.jpg Volver ó principio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAUSAS DA DEGRADACIÓN DOS RÍOS:

Un río limpo e con troita ¡ é unha ledicia!. Son a nosa vida.

    Sen pretender ser exhaustivo nas causas enumero as seguintes:

 

  1.     En primeiro lugar os vertidos e tódolos seus  aledaños (por exemplo os puríns que están deixando os ríos galegos esquilmados...). Porquería depositada no río. En Galicia todo se bota o río (granxas botando de todo, animais mortos, vertidos de industrias, sumideiros de pobos, vertidos incontrolados, lavadoras, televisores, o vello coche, plásticos de todo tipo, botes de cerveza, etc ). Por suposto neste punto hai que decir que non se depura practicamente nada en Galicia, as depuradoras ou non funcionan ben ou no existen. En algunhas provincias fixeron bon negocio montando depuradoras que logo quedaron absoletas xa que os concellos non as poden manteñer. En moitos lugares simplemente instalaron decantadoras de sólidos e toda a merda vai o río.  Así os ríos están cheos de componentes do fósforo, potasio, nitroxenados,que levan os puríns,  e todo tipo de metais que veñen das canteiras e outros lugares. A parte de vertidos de componentes agricola-gandeiros aumentou dende fai vinte anos o 100%.

1.1.-Cando chove varios días os ríos galegos temblan, comenzan as "limpezas" de todo o que non sirve e contamina... É outra forma de contaminar os ríos, xa que moita xente acostuma a limpiar de todo, dende naves industrais, bodegas,  granxas, cortellos, cortes  e de todo. Así é bastante común que o cabo duns días se vexan como quedaron as pedras do río e as orelas despois dunda destas desfeitas. Podería mencionar moitas destas falcatruadas, no río Miño en Ourense, no río Barbaña, no río Arnoia,  e noutros moitos ríos do Ribeiro e outros lugares...Por poñer un exemplo o día 29 de maio de 2018 o río Barbaña apareceu cheo de aceite...

  1.     As accions do mal pescador o que eu chamo o asasino de ríos ou delincuente do medio ambiente : envelenamentos de ríos (sempre se fixo, sobre todo nas festas  dos  pobos, etc ) . Fai anos lémbrome cando era un cativo, coller as troitas coa man ou con rede, ese era o método,  un método non legal pero leve,  non se mataba o alevín e o ano seguinte  había troitas. Hoxe utilizase lexía,  trobisco, dinamita,   baterias de coche  para electrocutar as troitas, etc. O ano seguinte e en varios anos non hai troitas. Os furtivos tamén abundan, últimamente falase de moito furtivismo no Caurel, en Chandrexa de Queixa no río Navea, no río Camba, etc.

    2.1.-  A Pesca intensiva nun couto pode producir una baixa importante na población de ese couto: efectivamente a desaparición de proxenitores ( ó pescar en exceso as troitas de medida)  disminue o alevín e pode facer desparece-la pesca á larga.      

  2. As  políticas incontroladas e que só pensan nos  intereses de tanto gano caiga quen caiga. En todo caso o de fago tal cousa que total os únicos que protestan son catro pescadores sen importancia e tres chalaos ecoloxistas ( así falaba un compañeiro de Medio Ambiente e no fondo desgraciadamente tiña razón )

                                .- Encoros sen deixar caudal ecolóxico e escalas. Estos encoros, o seu uso  é  otorgado polos políticos e en ningún momento  realizase  un estudio serio de beneficios e perxuicios a longo   plazo. Os encoros perxudican moítisimo o entorno.

Por outra banda en Francia xa os están destruindo, considéranos pouco rentables, e nulos de cara o turismo.

                                .- Minicentrais incumprindo tódalas normas mínimas. Os politicos cren, que polo feito de ser elexidos, teñen   patrimonio de corsos, sobre as cousas que son de todos. Esto no é así. Nun   futuro non moi lexano discutiránse estos temas, pero pode non ter xa remedio. Non chega con facer unha declaración de utilidade pública, como se fai coas minicentrais. Teñen  que ser de utilidade pública realmente e aquí é ónde meten a pata. As minicentrais perxudican moítisimo o entorno de feito están a producir a morte de moitos ríos galegos. Por exemplo : río Edo ( Ourense) , Tuño , Cernado (Ourense) , Grou, Barbantiño, Cadós, Deva ( Ourense) ,  etc. Son exemplos de ríos prácticamente mortos.

                                .- Apropiamientos indebidos de zonas de río. O río é patrimonio dos cidadans. Esto prácticase moito en Ourense. O de moitas canteiras e sobre todo a extracción de Pizarra é de vergoña, os ríos da zona quedan irrecuperables.  Ver un exemplo fotográfico.

                                .- Usos indiscriminados de regadíos. Existe moi pouca mentalidade de conservación da natureza e tense á mentalidade de que todo é válido mentras non me multen. En definitiva usase pouco a cabeza. Moitos regadíos están a deixar secos os ríos como por exemplo o Liminia e o Tamega por citar dous exemplos quedaron secos os anos 2017 e 2018.

                                .- Abonos de fincas indiscriminados e sen ningunha normativa.. Existe un gran descoñocemento por parte do agricultor e moitas veces  contaminase un río por este  problema. Os zurros son un problema. Pola outra banda as talas de árbores a beira dos ríos leva implícito que estos no absorben moitos dos purins que se verten nas fincas e polo tanto chegan o río e desgracian o mesmo.

                               .- Construccións de embarcadeiros, autovias , estradas e pistas que arrasan con todo. Así destruen regatos e ríos por todos os lados. En algunos sitios fixeronse auténticas salvaxadas cos regatos a  hora de facer as autovias, pistas e carreteras.

                            .- A concentración parcelaria tamén influíu negativamente no  estado dos ríos.

.- Actualmente o AVE está a desfacer os ríos do Oriente Ourensán. Lamentable.

 

                             .-Unha mala política de repoblacións. Estas fanse sen pés ni cabeza. Pense o lector na introducción, nos ríos galegos, da chamada  carpa americana ou o lucio , por exemplo, foron un desastre. Pense por exemplo no feito de botar pachangas ( troitas de 38 cm. e más) ó río, un engaña bobos, e así un largo etc. 

                               .-A moda Ourensán nos pueblos, facer paseos nas orillas do río, en definitiva, estropear as orillas e por suposto o río. Sin pés nin cabeza. Os alcaldes saben pouco ou nada de Natureza, en xeral,  e o término "no agredir o río" non o coñecen. Si arreglaran o problema das basuras no séu Municipio tendrían más que suficiente, pero eso non dá votos. Sanear un río non é talar árbores, empedrar o río ou canalizalo entre muros de pedras varios kilómetros. Eso é escarallar un río. Sanear un río é eliminar todos os verquidos nese río, o demáis debe quedar como está, seguro que está moito mellor que facer esas barbaridades.  Ver algúns exemplos fotográficos.

   

    4.- Os incendios e por consiguinte o cambio de clima. Galicia como tódolo territorio do estado español sufre unha plaga desgraciada: os incendios forestais. Todo arde e todo influe no habitat, nos ríos. A queima de bosques é outra das causas da degradación dos nosos ríos sin lugar a dúbidas. En agosto de 1998 levamos 3.500 incendios no territorio gallego. Ata 40.000 Ha. queimadas ( algo así como 40.000 campos de fútbol). Ata cando. Basta xa. En 1999 xa arderon 12.000 Ha. Dende o ano 2000 ata maio do 2004 Galicia é unha auténtica catástrofe en incendios. Esto vai de mal en peor. No 2006 ardeu media Galicia e no que vai de 2006 a 2013 pouco queda xa. Río tan emblemáticos como o Eume e outros xa tuveron que aguantar as cinzas dos lumes, con moi malos resultados. Hai ríos desgraciados totalmente como o río Navea en Ourense.

Os incendios dos últimos anos, sobre todo o de 2017 rematou con moitos ríos de Galicia. As cinzas van os ríos e matan todo canto hai. Teño atopados ríos con máis de medio metro de cinzas nas orelas, como o río Navea en Chandrexa non fai moito; ver este video meu onde soio me falta chorar. Unha desgracia incrible...

Para rematar, calcúlase actualmente que o 30% dos ríos de Galicia está altamente contaminado. Sinceramente creo que na provincia de Ourense a porcentaxe é superior o 60%. ( Correo Galego 31-03-98).

En 2018 as miñas cifras pasan do 90%, ríos contaminados de algunha forma.

Os datos oficiais son do 25% en malas condicións... Realmente hai que ter cara...

 

Non me resisto a escribir outra causa fundamental que vai implícita nas causas anteriores:

"O subdesenrolo cultural galego foi nos últimos anos inversamente proporcional ó desenrolo económico. Si analizamos o desenrolo económico ( a forma de vida, etc.)  é evidente que creceu moito, pois ben, na misma medida decreceu o desenrolo cultural e esto tradúcese na conservación da natureza : basureiros incontrolados por tódalas partes, ríos envenenados e porcallentos, montes queimados a propósito e con mala leite, lugares con paisaxes incríbles cheos de papeis, restos de comida e asquerosos, plásticos e botes de cerveza por tódolos sitios e un longo etc.".

Un dato que demostra o anterior: soio un 3% dos galegos cree que está degradado o medio ambiente e que realmente ten problemas. Cunha simple deducción matemática sáquese como corolario que : o 97% dos galegos non se enteran de nada.

HAI QUE PORLLE REMEDIO XA.   A AUGA É O NOSO BEN MÁIS PRECIADO E OS RÍOS SON UN PATRIMONIO CULTURAL DE PRIMEIRO ORDEN.  

Decir para rematar que en setembro de 2013 o deterioro dos ríos galegos é e sigue a ser incrible.

No 2015 non cumpliremos co saneamento dos nosos ríos nin de coñas, como fará a Xunta, que mentira contará está vez...Siguen a dicir que temos os ríos saneados...cales? Os que eu coñezo contánse cos dedos dunha man...   

Que pasa en Xaneiro de 2018

Dende logo despois de vinte anos que pasaron dende que escribín o anterior non so me ratifico sinon que penso que me quedei corto.

En xaneiro de 2018 máis do 90% dos ríos galegos está contaminado dalgunha forma. Os puríns, a falta de depuración, sin depuradoras ou con depuradoras absoletas,  a sequía de 2017 que deixou moitos ríos sin auga e os incendios de todos estos anos, pensai que soio en decembro de 2017 arderon 50.000 Ha. en Galicia e esas cinzas van os ríos coas choivas.

Os ríos están francamente abandonados en Galicia, non hai máis que visitalos e facer un mínimo análisis. Soio se salvan cabeceiras de ríos...sinto decilo.

A Xunta está a facer moi pouco, máis ben deixa facer...

Salvo cousas moi puntuais como os estudios sobre os salmóns e o feito no río Ulla sobre o aguaneiro e sobre o mexilón de río, traballos que hai que quitarle o sombreiro, cunha calidade fora de serie, esperemos que sigan...o resto moi pouco ou nada.

Nestos estudios no río Ulla hai que ver necesariamente este video...impresionante. E enhoraboa.

Pero había que seguir e tomar medidas...

flecha.jpg Volver o principio .

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Ourense Natural.                           salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O REMEDIO DESTES MALES

riosviv.jpg (10083 bytes)

 

Realmente é moi difícil e dende logo non inmediato poñer remedio as causas anteriores.

Este texto está escrito en 1997, hoxe penso que esto ten mal remedio. Chegamos tarde...

    1ª Causa : a dos  vértidos é doado remedialo en parte. Na miña opinión debera ser o obxetivo principal da policia de Montes e dos Gardarios, aplicando a lei contundentemente. ( Hoxe xa teñen tipificado o delicuente do medio ambiente de feito hai unha  setencia de 17/4/97 en donde condenase a  4 anos de cárcere a un empresario por botar vertidos ó río Sorreig, afluente do Ter. Tomen nota.).  De momento as denuncias son moi poucas.

A solución de saneamentos de ríos pasa por actuacións integrais da conca, iniciativas como a de ADEGA ( 22-11-98) e outras asociacións que pretenden poñer en marcha un saneamento integral dos ríos Arenteiro e Avia son sin dúbida a única solución viable. Esperemos que esta iniciativa sexa un éxito.

En Ourense, maio do 2004 nada de nada. Non se fixo nada...

Xa faI tempo que non existe vixilancia nos ríos...

En 2018 non hai inda normativa sobre os residuos agrícola-gandeiros, hai medo e descoñecemento...

 

     2ª Causa : os malos pescadores, os asasinos de ríos. É  máis dificil de remediar. Na miña opinión  débese  partir da escola e dunha  campaña de tres ou catro anos de mentalización do cidadán, con código penal axustado o delito ecolóxico que se comete, é dicir, penas altísimas incluida a cárcere.

 

    3ª Causa : As políticas incontroladas a súa corrección é máis utópica pero non por elo irrealizable.   Esixiría medidas urxentes e moi costosas . Pódese  facer moito. Exixir dende logo e dar un prazo pequeno , un ano como máximo,  para acondicionar tódalas presas da   provincia, colocando escalas e multiplicando o caudal ecolóxico por dos.

Suprimir a construcción das minicentrais, no  futuro só traerán pobreza ó pobo galego. ( Recoñezo que esto é moi díficil dado que por "lei" e mediante unha declaración de utilidade pública vanse concedendo  incriblemente, xógase, como sempre, coa pouca información do cidadan e  beneficianse a uns poucos en detrimento da maioria. É broma.). En setiembre do 2000 existe todo un clamor tanto en Galicia como no estado Español, para que non se fagan máis minicentrais. Científicos da Universidade de Santiago ( ata 50 firmas) demostran claramente que as minicentrais estragan de forma irreversible os ríos galegos.

Desmantelar algunhas minicentrais construidas. O dano xa está feito pero poderíanse recuperar algunhos ríos.

Devolución o patrimonio común de todo o roubado por pequenos e grandes empresarios, que se apropiaron de parte de determinados rios.

Pedir os  polítícos que utilicen a Galicia como si realmente fose a súa casa ( de portas adentro) e non  como si fose a casa dos demais. Uns cursos acelerados de ética non lles vendrían mal. O "amiguismo" impera en Galicia e o importante é o "diñeiro" e si queda na familia mellor que mellor. Pasamos da época de Franco no que do caciquismo se beneficiaban unhos cantos, a outra época que có amiguismo e o partidismo se benefician as familias dos políticos. Mala democracia é esta e non me extraña que intelectuais solventes galegos presenten o manifiesto da Luz en Galicia. O que eles senten é o que sentimos a maioría dos gallegos.

Non se está a facer nada...

Mentras tanto a nosa natureza cada día está máis degradada.

 

A corto plazo: non son optimista. Inda que no fondo si son idealista e coido que   debemos poñer os medios para arranxar a  situación ( O obxetivo desta páxina leva implícito esta espranza,  que as cousas melloren no futuro. De outro xeito nona  escribiría).

A largo plazo : é necesario e compre ser optimistas.

En maio do 2018 non son nada optimista, e máis, penso que de seguir así en poucos anos esto no ten volta atrás.

" Do que estou seguro é de que  gustaríame deixar un mundo más bonito os nosos fillos. Cada día que pasa está máis difícil"

Hoxe en xaneiro de 2018 non son nada optimista...

 

É urxente tomar algunha iniciativa en canto as enerxías non contaminantes nin degradantes do medio natural, o chamado "desarrollo sostenible" está a fundir Galicia. Outras Comunidades xa están tomando estas medidas. Galicia como sempre, detrás do carro e "a velas vir". O tema enerxético, hoxe por hoxe, é un auténtico caos en Galicia. Estanse a montar as cousas o son de empresas como Fenosa, Iberdrola e algúns particulares moi ben situados que o único que miran son os seus bolsillos. Por suposto esta é unha opinión todo o discutible que se quiera pero é unha triste realidade totalmente demostrable.

                                                           

flecha.jpg Volver o principio .

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Ourense Natural.                           salir.jpg (1925 bytes) Saír á Vida nos ríos galegos.