PEQUENOS RÍOS DA  PROVINCIA DE OURENSE

    Existen moitos ríos na Provincia de Ourense, centos diría eu. En principio enumerarei os que coñezo dicindo o seu  estado, non descartando unha relación moito máis amplia no futuro, enumerando os seus problemas.( Na foto o río Navea en Chandrexa. Un diamante en bruto en tempos.)

Decir de tódolos xeitos que Ourense, que era un paraiso de ríos ata 1980, hoxe vai en picado, os pobos que non depuran, os puríns que van o río, os envelenamentos nos poucos que tiñan troitas,  están rematando cós ríos da provincia, cando escribo esto no ano 2004.

¿Que quedará nun futuro moi inmediato?. Sinceramente penso que troita autóctona nada como non sexan os ríos do Invernadoire. O resto estámolo machacando día sí e día tamén, o parecer sin que nos importe moito...

Hoxe está defenestrado. Ver este video e fotografías que demuestran ó que estou a dicir.

Realmente sinto pena...

 

 

RÍO - PECULIARIDADES-ESTADO DO RÍO.

 

 

río BARRA

(Barra de Miño)

Pesqueino só nunha ocasión, difícil, mais sempre sube algunha troita do Miño. Está prevista unha minicentral nefasta. Nos meus anos de neno, collíamos centos de anguías preto da desembocadura deste río no río Miño, preto de Barra de Miño. No único muiño que había nesta zona. A miña madriña Lolita, xunto con Laura e Eloy, vivían, dáquela (1953-54) neste muiño...que río sensacional...hoxe ( en abril do 2000)  é un desastre, as anguías xa pasaron a historia.

No 2004 este río está defenestrado...En 2015 está vedado.

 

 

 

 

 

 

 

río BARBANTIÑO

(Punxín)

 

En tempos un bo río desde fai dez anos un desastre, por contaminación de vertidos, envelenamentos, etc. Ultimamente estano   rehabilitando . Ánimo. É couto sen morte. Está prevista unha minicentral, xusto na fervenza, que xa está feita en decembro de 1998, construe Engasa ( o dia 11-11-98 deixou seco o río.) . Vivir pra ver..Na zona da Fervenza, por debaixo,  ten un couto sen morte.

En abril do ano 2.000 como se preveía está feito un auténtico desastre natural.

ENGASA rematou con este río, inda que intente demostrar o contrario. Ahora inténtase montar unha asociación para a recuperación deste río. Incríble...os mismos que nono defenderon, nin abriron a boca cando se fixo a minicentral,  intentan ahora rehabilita-lo imposible...

O malo é que si consiguen cartos, serán de tódolos galegos... que vergoña...

No ano 2004 este río está prácticamente morto...

O final en 2015 é couto sen morte dende a ferbenza do Barbantiño ata a desembocadura.

Gracias Engasa, gracias Concello de Amoeiro...

 

 

 

 

 

 

 

río BARBAÑA

(Ourense)

Rio cloaca da cidade de Ourense. Ata fai pouco non se podía nin ver incluso cheiraba mal. Están intentando recuperalo. Veremos como queda. Inda que non o crean,  en tempos tiña moita troita.

O dia 27-12-98 sigue feito unha cloaca. Penoso.

En abril do ano 2000 , a Confederación Hidrográfica parece que o vai rehabilitar. É a gran asignatura pendiente de Ourense, xunto có río Miño, que vai mal e o río Lonia que vai peor. Realmente os nosos políticos están a preocuparse de outras cousas...inda no se decataron, que a auga é a riqueza do futuro...no saben cuidala..... esperemos que cando se decaten non sexa tarde...

Non 2004 nunca estuvo peor...

Estos anos ata o 2015 envelénase dúas ou tres veces o ano. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

río BARXA

(A Gudiña)

Río moi bonito. Troita moi delicada. Poucas troitas.

Río moi descuidado e pouco vixiado. Está prevista unha minicentral.

A minicentral non se fixo.

O río cada vez ten menos troita.

 

 

 

 

 

 

 

río BUBAL

(A Peroxa)

Este río transcurre a mayor parte do seu cauce por terras de Lugo, pero tamén fai fronteira con Ourense en moitos dos seus tramos, Peares, A Peroxa, A Barrela (Lugo), etc.

Foi en tempos un río sensacional, cheo de troitas en todo o seu recorrido.

Hoxe está esquilmado. O furtivismo, a porquería e as minicentrais.  Recentemente unha minicentral de Fenosa   está deixando este río para o arrastre en sete kilómetros de río, realmente facía tempo que no veía tal desastre. A minicentral está situada en  terras de Vilaquinte, tamén da Peroxa. Un auténtico desastre.

Por certo a estas actuacións chámanselle "Enerxías limpas" e tamén "desarrollo sostenible". Realmente están de coña...

 

 

 

 

 

 

 

río CADÓS

(Bande)

En tempos foi un bon río, con moi boa troita, hoxe moi queimado. Tén prevista unha minicentral, que fará a empresa San Miguel ( adeus río ). .Ten un couto nunha das súas zonas.  Concretamente no medio vai a minicentral. País...

En abril do ano 2.000 está tocado e ameazado por dúas minicentrais que están actualmente en construcción. O pobo de Bande que se despida deste río...

As minicentrais, sin esaxerar, son a morte deste río. O tempo demostrará o que estou a decir...

Sinto moito por Bande, en vez da "Festa do Peixe" ten que ir preparando "A festa do desenrolo sosteñible" o algo similar... O Cadós e o Limia están moi mal e morrendo...

Efectivamente demostrado, no ano 2004 este río está desfeito, prácticamente non ten troitas e a minicentral é impresentable, en pleno couto de troitas, vivir para ver como medran os bolsillos de esta xente que non ten nome...

 

 

 

 

 

 

río CAMBA

(Viana)

Moi irregular, como tódolos ríos no que o nivel varía a cotío.  Inda ten algunha troita.

Realmente este río está en mans de Iberdrola, a dona dos ríos da zona. Unha multinacional que pasa dos B de billón na súa facturación pero que non se preocupa por esta zona, que a trata de tercermundista.

¡¡ Unha mal dona!!

Presume de ecoloxista, no sentido de conservar a natureza, gasta millóns neso, pero esta zona tena explotada incríblemente. O río Camba a partir do encoro das Portas vai ruinoso.

¡¡¡ No hai dereito !!!.

Hoxe o río Camba antes do encoro das Portas está tocado pola construcción do AVE. Un desastre.

 

 

 

 

 

 

 

 

río CENZA

(Vilariño)

Era unha auténtica xoia de río, espectacular, precioso nas súas  paisaxes e cun valle glaciar na súa cabeceira, para min único en Galicia. Con moita troita.. Hoxe está desgraciado por un encoro irracional, que afectou moitísimo ó canle.  Non me estraña que o vedaran.   Da pena.   Non  entendo ou si o entendo, como os paisanos se deixan meter estos goles pola escuadra.  Algún beneficio sacarán, gustaríame  sabelo. Sinceramente o que está debaixo do encoro era  o lugar  máis bonito da  Provincia ( na miña opinión).  O río era precioso, mais só queda na lembranza...Ten dous coutos.

No ano 2.002 soio queda o couto sen morte. Penoso. O río está desgraciado totalmente.

Culpables: en primeiro lugar Iberdrola , a  multinacional que explota este río , en segundo lugar o Concello de Vilariño de Conso, que non se entera ou non se quere enterar, e  que permite esta explotación...¿ por qué? ... Probablemente sexa o Concello de España que máis diñeiro recibe dunha compañía hidroeléctrica, pero eu penso que é unha equivocación para o futuro. O encoro do Cenza nunca debeu de facerse...

Actualmente é couto sen morte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

río CERVEIRA

(Pradoalbar)

Algunha troita  ten. As beiras están un pouco sucias. Sería recuperable, na miña opinión.

Noticias de boa tinta dinme que está totalmente esquilmado no ano 2004. Os puríns, os velenos e a pouca vixianza fixeron deste río un morto máis na provincia de Ourense...

Confirmado.

 

 

 

 

 

 

 

 

río CERVES

(Melón)

Moi castigado en tódolos sentidos. Un rio moi curto e con grandes desniveis, pero recuperable. ( Nova de última hora: fan dúas minicentrais  no rio.Por certo os veciños fanlle a cambio unha cafetería e invitaronos a pulpo o día da festa do pobo. Adeus). A minicentral xa está feita.

O río Cerves, en setembro do 2004 está totalmente defenestrado. Prácticamente non ten troitas, polo menos dende a minicentral ata a desembocadura no río Miño. Culpable: os donos da minicentral e os responsables políticos de zona e da Xunta.

Na miña opinión non teñen perdón...O río Cerves e dende o seu nacemento debería ser declarado zona Natural a conservar...pero non foi así...

 

 

 

 

 

 

río COUSO

(Vilariño)

A derradeira vez que o pesquei viña moi sucio e penso que tén pouca troita. .Nunha das zonas é couto.

Este río está prácticamente defenestrado. Os caudais ecolóxicos da zona son nefastos. Logo o furtivismo, puríns, envelenamentos e un longo etc. fan que nesa zona Vilariño de Conso, esté quedandonse sin ríos troiteiros, cando era unha zona especial.

Realmente haberá que preguntarse no futuro quenes foron os culpables, eu pola miña banda teño  moi claro.

Pouco coidado e malísimo de andar. Non merece a pena...

 

 

 

 

 

 

río DEVA

(Puentedeva)

As derradeiras  veces que estiven neste río, deume pena. En tempos tiña moita troita. Eso si moi delicada.   (  O Deva é un río do que falaba moi ben Juan Jose Moralejo, nun libro moi bonito, sobre a pesca da troita.). Ultimamente está moi deteriorado e non é nin  a  sombra do que foi, a minicentral de San Miguel afundeo, queda un tramo practicamente sin auga. .É couto nunha das súas zonas.

Non é nin a sombra do que foi. O encoro de Frieira e a minicentral da Empresa San Miguel ( pomposamente inagurada por Fraga e o Sr. Vitorino como a Panacea da obtención de enerxía) , xunto cós vertidos que teñen os Concellos da zona, deixaron un río de augas cristaliñas, un río dunha troita delicada e exquisita, un río sensacional...nun río penososo e agonizante...

Confirmada a agonía no ano 2004. RIP a este gran río...

 

 

 

 

 

 

río GROU

(Herdadiña)

 

Moi castigado, fai uns anos tivo uns vertidos que o atacaron de morte. Penoso. Non se recuperou. Tamén fixeron unha minicentral para acabar de rematalo.

 

 

 

 

 

ríos Grande e Pequeno

(Invernadeiro)

O  reducto natural da  provincia, regatos que se conservan en bon estado xa que estiveron vixiados e vedados todo estos anos. Se non pomos remedio, serán os lugares a onde terán que ir os nosos netos para coñecer como eran as troitas auténticas e como eran os nosos ríos en tempos... A Salmo Trutta fario, estilizada e de pintas vermellas. Unha preciosidade. ( Ver manuais).

Na miña opinión é do pouco que queda en Ourense que se conserva autóctono e ben conservado. Por suposto é Parque Natural e non está permitida a pesca da troita nin de ningunha outra especie.

No 2014 fixen dúas visitas, é do pouco que queda na provincia de Ourense en boas condicións. Os dos ríos o río Grande e o río Pequeno están en excelentes condicións.

 

 

 

 

 

 

 

río LOÑA

 

(Ourense)

Desemboca na cidade de Ourense, un pouco por debaixo de Velle. Foi en tempos un río incrible. Hoxe está defenestrado. E un río altamente contaminado polos vertidos. Unha pena. Por certo a súa auga é a que bebemos os ourensáns. Tamén ten unha minicentral construida, que lle afecta bastante.

O problema deste río é a depuración das súas auguas xa que a gran población que se asenta nas súas beiras non depura en absoluto, e fai vertidos directos.

O río Lonia, hoxe, no ano 2004 é unha auténtica cloaca impresentable...

 

 

 

 

 

 

río NAVEA

(Chandrexa)

Outro reducto natural de troitas. Un río moi machacado e non polos  pescadores, xa que o pescador nunca pesca o alevin é imposible. Machácano os envelenamentos, as baterías que eletrocutan, fai  dous anos atopei un cable eléctrico en catro sitios por riba da  Ferrería. Unha pena. Hoxe está vedado. Para min é un dos sitios da provincia, con mellor troita e mellor recuperación, outro dos lugares  que si se coida, poderán ir os nosos  netos a ver algún exemplar de troita.

Fai uns anos construiron unha estrada a carón do río, sen ningún sentido, non facía falta, machacando tres km. do río. Unha pena.

Por debaixo do encoro,  penoso, estivo anos sen auga. Hoxe ten, dín, o caudal ecolóxico ( un tubiño que da risa). Penoso.

Este río inda se conserva dende o nacemento ata a Ferrería en bastante bon estado no ano 2004. Está vedado, inda que a sú vixianza deixa moito que desexar. Os ríos non interesan en Ourense...

Actualmente. 2014,  é couto sen morte ata a Ferrería, por certo o canle está cheo de cinza e en moi malas condicións polos incendios destos anos.

Por riba da Ferrería está vedado ata o nacemento pero vese moi pescado...

Hoxe, xaneiro de 2021  está defenestrado. Ver este video e fotografías que demuestran ó que estou a dicir.

 

 

 

 

 

 

río OLELAS

(Entrimo)

Río incrible, hoxe machacado nun bo tramo polo encoro de Lindoso. Tardará en recuperarse, máximo cando está prevista unha minicentral, que fará ( como non) Hidroeléctrica SanMiguel.  Esta empresa está a cubrir de mortos a Provincia.

O Olelas no ano 2004 está defenestrado...

Non se fixo a minicentral pero este río ten moi pouca troita.

O encoro de Lindoso vhega ata Olelas, anegou os mellores lugares do río.

 

 

 

 

 

 

 

río MAQUIÁNS

 

(Ribadavia)

Un auténtico viveiro do Avia en tempos. Fai uns anos que é unha auténtica cloaca, dende Carballeda. Non sei como estará hoxe, mais imaxínome que perdido. Unha pena. Era un río con magníficos exemplares de troita.

No ano 2004 era unha auténtica cloaca, os purins e a merda dos pobos polos que pasa fan deste regato unha cloaca...

Sigue sendo unha cloaca no 2015, ademais está vedado e non ten unha troita polo menos na zona de Ribadavia, onde fai uns anos estaba cheo...

 

 

 

 

 

 

 

río MAO

 

(Montederramo)

Un río con moita troita, pero bastante contaminado, os vertidos en Montederramo seguen sen solucionarse. Unha pena. É un río que enseguida se enche de arrabazas debido ó anterior. De tódolos xeitos é incrible, dado que sempre ten moita troita.

Por debaixo do encoro, penoso, estivo perante moitos anos valeiro de auga. O río era fantástico. Hoxe ten un pequeno caudal gracias ás loitas dunhas cantas persoas, ás que teremos que estar agradecidos. Penoso. .En Montederramo é couto.

Nos anos 2003 e 2004 desapareceron as troitas autóctonas, seica están a investigar o que ocurriu. Para min está claro os puríns remataron coa especie e co río.

Por suposto ten troitas, pero son das que botaron...

Para chorar...

 

 

 

 

 

 

río MENTE

 

(A Gudiña)

Un magnífico río, pero moi castigado. Pouca troita.

Foi totalmente envelenado cando se fixo o viaducto das Rias Baixas o chamado Viaducto do Mente.

Logo repoblaron pero o río xa non é o mismo.

 

 

 

 

 

 

ORILLE

(Celanova)

 

Unha marabilla en tempos. Hoxe un desastre en vida. Inda que trátano de recuperar. O mal que fixeron os vertidos será difícil de recuperar. Hoxe está vedado. .É couto nunha zona.

No ano 2000 volve a estar habilitado para a pesca. Esperemos as noticias...

Son os pescadores que van a este río trátase dunha auténtica cloaca en moitos puntos...

Seica deixa moito que desexar.

No 2015 é couto, pero non gusta a ninguén...

 

 

 

 

 

río OUTEIRO

 

(Barcia)

Imaxínome que hoxe estará esquilmado e prácticamente sen vida. En tempos foi un auténtico viveiro para os pescadores de Ribadavia, lémbrome de  Manuel Portela, Braulio, Pedro e Xerardo Alvarez, inchábanse a coller troitas , sobre todo o Portela, a veces pasaba das 50 ou 60 troitas ( de medida), pescando cunha soa mosca o  tralleo  e como el decía, e era certo , cada ano tiña máis. Troita exquisita. A  última vez que estíven por alí estaba de pena. Insisto, xa que o vivín o  pescador auténtico non  remata coa pesca. Hoxe está prevista unha minicentral, que fará Engasa, a empresa que fixo a do Barbantiño ( adeus río ).

No ano 2000 este sensacional regato está ameazado cunha minicentral, a minicentral do río Brull, que así lle chaman a este río.

¡¡¡¡¡Adeus!!!!.

Non se fixo a minicentral, menos mal, pero o río está moi tocado...

 

 

 

 

 

río PENTES

 

(A Gudiña)

Sitio precioso, onde se xuntan tres rios.Últimamente moi esquilmado e sucio. En Galicia tíranse moitas cousas o río.

 

 

 

 

 

río SALAS

(Randín)

Certifico que este río era incrible, cheo de troitas e peixes, era una auténtica plaga, no bo sentido. Hoxe está moi afectado polo encoro de Salas, pero non é o que era. Os lugares por onde pescaba, entraba pola  Malonga ata os pozo do  Boticario, etc...Toda a Veiga de Calvos dende a ponte da estrada a Randín , preto da hermita de San Antonio, ata o lugar citado do Pozo do Boticario...unha maravilla que queda na lembranza, miña e dos nenos e xentes de Randín...hoxe está baixo as aguas...de outro encoro irracional e non  necesario... Os encoros rematan con todo, a troita quere augas batidas e son moi poucas  as que sobreviven, de cando en vez dará algún exemplar e pare Vd. de contar, logo desovan no río, pero o río quedouselles corto e teñen moitos depredadores. Un desastre. A misma teoría pódese aplicar o encoro de Lindoso. Tamén estaba  prevista unha minicentral.

A minicentral non se fixo pero o Salas está defenestrado, nin os peixes que tiña aparecen por ningún lado. Afluentes increiblemente troiteiros como o que baixa de Vilariño hoxe non ten unha troita. Unha auténtica pena.

Hoxe por debaixo do encoro de Salas inténtase recuperar o río Salas, unha pena...

 

 

 

 

 

 

 

río TUÑO

 

(Celanova)

Un caos, era un río  extraordinario e cheo de troitas un ano e outro ano. As tres  minicentrais, da empresa H. SanMiguel,  rematan co río

Puden comprobar persoalmente e así consta nesta folla www, noutro lugar, que  estas minicentrais remataron cun río sensacional, que nunca tuven a sorte de pescar , pero que aqueles compàñeiros que o fixeron falan de el como un río mítico e sensacional. Un río dos mellores da Provincia da Provincia de Ourense.

Hoxe non é  un río. ¡¡¡ É unha vergoña!!!, que non me explico como Medio Ambiente, como a Confederación hidrográfica e como os Ourensáns permitimos que sexa explotado desta forma...

Ollo as subidas de nivel, calquera día pode haber unha desgracia, as subidas nótanse ata no río Arnoia, en Outomuro.

Seica ten troitas das minicentrais para abaixo; serán das que botaron...

email.gif (985 bytes)   Escribe sobre o teu río.                     salir.jpg (1925 bytes) Volver.

flecha.jpg Volver o principio .