Fotografías do
río Miño, Pai do Viño.
Fotografías e texto: Secundino Lorenzo.

O
río Miño no "Cabo do
Mundo". Esta fotografía mostra ese lugar, e
demostra a importancia que ten o viño a carón deste gran
río.
Nas fotografías que seguen, e seguirán
máis, vese perfectamente ó que supón o río Miño e a producción de
viño. Lembro neste momento o traballo marabilloso de
José Posada Glez. (1940-2013),
desenrolado nunhas conferencias sobre o río Miño
celebradas en Ourense no ano 1989.
De momento e para comenzar porei
fotografías da zona media do río Miño, a Ribeira Sacra do río Miño e
O Ribeiro, tamén das subzonas do Condado
e o
Baixo Miño có Rosal, da Denominación de Orixen Rías Baixas, e
que teñen o río Miño como aliado. Tratarei de poñer
tamén fotografías e datos da D.O. Vinho Verde, a
parte norte e que está a carón do río Minho.
Fotografías en Chantada e Belesar.
Fotografías no Cabo do Mundo.
Fotografías nos
Peares.
Fotografías no Ribeiro.

Fotografías no
Condado e no Rosal.
Fotografías
da D.O. Vinho Verde. Portugal.

Viñedos da Cooperativa do
Ribeiro. Enfrente Castrelo de Miño
Volver
ó río Miño
Volver
al río Miño
Río Miño
en Chantada e Belesar.

Este mapa é da Denominación
de Orixen Ribeira Sacra. Observar que o Mapa
ten unha parte da conca do río Miño e outra da conca
do río Sil. Dentro da D.O. Ribeira Sacra hai varias
subzonas, neste caso a que me interesa é a
subzona de Chantada.
Este é o link
que leva a Denominación de Orixen Ribeira Sacra.
https://www.ribeirasacra.org/portada/es
Teléfono: (+34)
982 410 968
info@ribeirasacra.org
As uvas
autorizadas son as seguintes:
- Blancas preferentes:
Albariño, Loureira, Treixadura,
Godello, Dona Branca e
Torrontés.
- Tintas preferentes:
Mencía, Brancellao, Merenzao,
Tempranillo, Sousón e Caiño
Tinto.
- Tintas autorizadas:
Garnacha Tintorera e Mouratón.
Pola miña parte poño
únicamente fotografías dende o Embalse de
Belesar ata os Peares, a parte central do
mapa. Aparece os dous puntos marcados.

Río Miño por debaixo do encoro de
Belesar e moi preto de Chantada, na chamada Ribeira
Sacra de Chantada. Ó fondo a ponte da
antigua estrada de Chantada a Monforte e onde ó pasar a
ponte pode un desplazarse ata o pobo de Belesar. O río
iba impresentable, augas paradas e dunha cor marrón.
Outubro do 2017, o encoro de Belesar está o 22% e
a pouca auga que incorpora ten esta calidade...

Observar os socalcos de viño nas ladeiras de Chantada.
Nestas ladeiras saen uns viños de moita calidade, todos
eles levan a denominación Ribeira sacra e son moi
destacables a variedade mencía e brancellao para
os tintos, entre outros; e godello, treixadura,
albariño, loureira, Doña Branca e torrentés para
os blancos, entre outros.

Os viñedos no outono; fotografía dende a
Ponte. Máis abaixo desemboca o río Asma.

O río Miño e o viño en Belesar, dende a
Ponte.

Belesar ten hoxe afamadas bodegas da
Ribeira Sacra do río Miño.

Belesar é hoxe un atractivo
turístico incrible: hai catamaráns que veñen ata
este lugar, dende os Peares, e aproveitan para
mostrar non só o viño e as bodegas e a forma de cultivalo nestas
ladeiras marabillosas, con socalcos incribles, si
non tamén un románico único como o que hai nas
igrexas de Sta. María de Pesqueiras, Santo
Estebo de Ribas do Miño, Diamondi, San Martiño e
moitas máis; tanto por unha beira a esquerda do río
neste caso como pola dereita. Non esquecer ver os
castros, as mamoas, restos de calzadas romanas,
fervenzas e moitas máis cousas...Un mundo dentro do
cabo do mundo...

Río abaixo de Belesar atopamos na
outra beira o pueblo de Pincelo; as viñas siguen a poñer unha cor con moitos matices.

Fotografía do río Miño dende
Soutariz, coa Ponte que cruza a Pincelo. Ó fondo o
meandro do Cabo do Mundo e o Monte Navallo, onde
dicen que Cristo perdeu a navalla e non a atopou...

Nesta fotografía vese, con máis
detalle, o traballo da xente gañando ó monte
estes socalcos incribles, que dan unhas uvas e fan
un viño de moitísima calidade. Na fotografía vese a
estrada que leva dende Belesar a Praia da Cova;
marxen esquerda do río Miño.
Volver.
|