D.O. Vinho Verde en Portugal.

Escribe Secundino Lorenzo.

 

Mapa das D.O. de Portugal. A carón do Minho está evidentemente, según o mapa, a R1, que ten como límite superior o río Miño, Minho en Portugal. É a D.O. máis grande de Portugal.

Portugal ten moitos estilos de viño: os clásicos fortificados como Porto, Madeira, Moscatel de Setúbal (ver que non figura, nas D.O.,  por exemplo o viño do Porto, dos mais famosos do mundo, xa que é un viño fortificado, ao que os galegos chamamos encabezados; o viño do Porto levaba, nos primeiros anos,  brandy na fermentación, hoxe leva augardente neutra, explicación, xunto cos anos de barrica, viño vello,  de que teñan entre 19 e 22º). A historia deste encabezamento lévanos as loitas de Inglaterra e Francia do século  XVII onde os ingleses deixan de mercar viño francés e pasan a comprar viño portugués. O problema foi que o viño portugués chegaba, as veces, un pouco avinagrado e non servía. Os portugueses probaron a encabezar o viño con brandy, así como a facer máis vello o viño (en barricas), o resultado foi apoteósico ata hoxe. Os viños do Porto, ou vinhos de Oporto son dos mellores do mundo. Eso sí, cambiaron o brandy polo augardente.

Son famosos tamen os blancos como o Vinho Verde e outros blancos chamados de Garda, ou sexa de barrica. Os viños tintos tamén son famosos como os do Douro, Däo e Alentejo e finalmente os espumosos famosos os Tavora-Varosa inda que hoxe xa se fan noutros lugares. Portugal non é forte en viños rosés inda que o Mateus Rose, sexa o viño máis exportado do pais, inda hoxe.

 

Neste trozo do mapa anterior vese perfectamente a D.O. Vinho Verde, que é a que me interesa neste pequeno traballo.

 

 

Propaganda do Vinho Verde.

Este mapa que ven a continuación é unha xoia atopada en internet:

Neste dibuxo pode verse a D.O. Vinho Verde e as súas subzonas, a nosoutros interésanos a subzona Melgaço e Monçao que en vinos blancos utiliza preferentemente as cepas Alvarinho, Loureiro e Trajadura (as equivalencias na parte dereita do Miño son evidentes). Nos tintos utilizan Alvarelhäo (típica do norte de Portugal, descoñezo a equivalencia, Borraçal (equivale o caíño tinto), Pedral (equivale a la dozal) e Vinhao (típico viño tinto é o que mais se bebe nas casas, sobre todo con comidas fortes... equivale o Sousón).

Observar no dibuxo que na parte esquerda da subzona de Melgaço e Monçao non pon nome.  Nesa zona que colle entre outros pueblos  Valença,  Vilanova de Cerveira e Caminha algunhos viños estan na D.O.C. denominación de orixen controlada (sin ser vinho verde ten unhas condicións específicas en canto a cepas e vendimas), tamén, a maioría,  no Viño Rexional do Minho IGP (con normas menos estrictas que o anterior) ou finalmente son Vinho de Mesa.

 

Vou poñer dous exemplos de bodegas da subzona de Vinho Verde, Melgaço e Monçao,  hai centos delas e todas moi cuidadas e presentables; o feito de escoller estas dúas pola miña banda é moi simple de explicar a primeira ten en internet unhas fotografías marabillosas e está a carón do río Miño en Melgaço. Sei que fai un alvarinho fora de serie, seino por oidas...  Non coñezo a bodega e non descarto visitala.

A segunda é unha bodega moi coñecida polo que escribe, trátase do Palacio de Brejoeira, está situada en Monçao e tamén fai un Alvarinho fora de serie, seino xa que sempre que visito esta bodega traio un par delas de alvarinho e unha de augardente vella...sensacionais..

 

Fotografía sacada dunha finca da Bodega Viño Alvarinho da Quinta do Louridal, coa marca Poema, en  Monçao Melgaço Portugal. Descoñezo o autor da fotografía. O tipo de fotografía que busco é precisamente este, que se vexa a relación deste viño e o río Miño e non descarto ir a zona e sacar as miñas fotos.

A situación desta bodega, en Melgaço,  está indicada no mapa, pódese chegar de forma doada:

Mapa de situación da bodega. Ver norte de Portugal a carón do río Minho.

Fotografía sacada dunha viña da Bodega Viño Alvariño da Quinta do Louridal, coa marca de viño Poema, en  Monçao Melgaço Portugal. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Otra fotografía da viña anterior. Descoñezo o autor da fotografía.

 

 

 

 

 

Uva blanca.

 

 

Notas sobre os vinhos verdes:

(Resume sacada da páxina web Dos Vinhos de Portugal. Por qué vinhos portugueses? )

Os vinhos portugueses en xeral:

 

Na páxina fala en xeral dos viños portugueses seguindo a Rui Falcäo, que é o autor da principal publicación sobre os viños portugueses, del é a frase "os viños do meu pais teñen unha coisa de diferente do restante do mundo: tudo".

Efectivamente son distintos: a herencia xenética, mais de 250 variedades de uva; a súa especialización nas mezclas, sacando o mellor de cada viño, de forma que a mezcla é mellor que o viños monovarietais e finalmente una característica son as prácticas de viñas misturadas de varias castas e tamén a pisa a pé das uvas. O anterior hai que unir a xeografía, oceano Atlántico por un lado coa chuvia e un clima mais variable e a influencia continental que trae o oposto. Según Rui Falcäo "quizais Portugal sexa o pais coa maior diversidade de vinhos por metro cuadrado do mundo".

Vou aquí contar unha pequena anécdota, un detalle que me pasou nunha das miñas viaxes ao norte de Portugal, do que teño que decir que estou namorado dende os primeiros anos da miña vida. Foi en Caminha onde visitei entre outras cousas un restaurante marabilloso, Casa Amandio,  dos moitos que hai e que sorprende xa que, aparte de comer fora de serie,  ten unha decoración con moitas lembranzas en forma de cadros, fotografías e libros, moitos deles dedicados ao vinho. Poño unhas fotografías e unha estrofa que ven a conto, falando de viños:

Este é a portada do libro; nada menos que do gran poeta Fernando Pessoa, O libro leva por título  "Cançoes de beber"

 

 

 

 

 

Pero, vamos os Vinhos Verdes:

 

Ollo con pensar que o vinho verde débese a cor verde dos campos e leiras do norte;  nada de eso,  de feito dentro do vinho verde hai blancos, tintos, rosados e espumosos, queda claro...o nome de verde ven do século XIX e débese a conxunción do clima e das antiguas técnicas de facer viño das viticulturas locais...técnicas que condicionaban a maduración das uvas. Ou sexa, eses viños chamáronse Vinhos Verdes xa que efectivamente eran feitos de uvas verdes.

As características principais destos viños son de moita acidez, levemente efervescente o que se di viños de agulla, e xeralmente baixos en grado de alcohol (as veces baixan do 10%).  Aroma de mazá verde ou pera. Son viños que baixan moi ben.

A maioría dos viños verdes son blancos. En todas as subzonas que hai  que son 9 (Monçao e Melgaço, Lima, Cávado, Ave, Basto, Sousa, Amarante,  Baiao e Paiva) permítense 32 variedades de uva blanca para a DOC,  as mais comúns Loureiro, Arinto (coñecida como Pedernä), Trajadura, Avesso, Azal e Alvarinho. As mezclas máis comúns son Arinto/Loureiro/trajadura e Alvarinho/Trajadura, esta sobre todo na subregión Monçao e Melgaço, onde o viño acostuma a ter característica mais maduras, con grado alcohólico de 12%, mais seco, con menos agulla e aromas de pésego e nectarina. Son viños para consumir no ano.

Hai tamén o viño verde Adamado cun grado de azúcar residual, azúcar da misma uva,  ou sexa son clasificados de semi-secos importante.

O viño máis nobre desta DOC é o Vinho Verde alvarinho,  da viños moi bons con certa duración.

Tamén hai por suposto Vinhos Verdes Tintos. A disminución deste viño é ano a ano, ou sexa cada vez faixe menos, a xente demanda os blancos , son secos e con bastante acidez, taninos e agulla. Hai 22 variedades permitidas na DOC.

Tamén Vinhos verdes rosés. Aquí a variedade preferida é o Espadeiro Normalmente tira o sabor a frutas como morango e frambuesa.

Tamén Vinho Verde Espumante  Feito polo método tradicional cun mínimo de 9 meses en garrafa. A categoría reserva ten un mínimo de 15 meses.

 

 

Uva tinta. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

 

 

 

Outra bodega da zona, e tamén moi singular pero non está exactamente a carón do río Minho, soio a 4 km., recomendo visitar esta bodega e ver o Palacio de Brejoeira e tamén as bodegas antiguas, as novas non se poden ver, ou polo menos non as enseñan na visita normal ao público. Pola miña banda xa fixen bastantes visitas a ela e non descarto algunha máis, merece a pena. Bon viño Verde nesta caso Alvarinho, e boa, eu diría excelente,  aguardente vella.

Palacio de Brejoeira onde está situada a Bodega deste viño verde. Fotografía Secundino Lorenzo.

O Palacio de Brejoeira está situado na freguesía de Pinheiros, no municipio de Monçao, apenas a 4 km. de Monçao. A data de construcción é 1834 e no 1910 foi declarado Monumento Nacional. O arquitecto foi Carlos Amarante. En principio o dono foi Luis Pereira Velho de Moscoso. Foi vendido varias veces ata que en 1937 comprouno o Comendador Francisco de Oliveira Paes para ofrecerllo a su filla  Maria Hermínia Silva d’Oliveira Paes, nacida em 1918. Foi esta quen reestruturou a propiedade e procedeu à plantación e comercialización do prestigiado viño Alvarinho, “PALÁCIO DA BREJOEIRA”. Fue en 1976 cando se lanza a marca "PALÁCIO DA BREJOEIRA”.

Em 1964 a Señora Dona Maria Hermínia d’Oliveira Paes aconsellouse do enxeneiro  Simões de Vasconcelos,  iniciando nese ano, coa asesoría deste na vinicultura, a plantación das  primeiras hectáreas de viño Alvarinho. Contou mais tarde có apoio do Enxeneiro Agrónomo Amândio Galhano, na enoloxía.

Xa en 1974 a Señora Dona María Hermínia d’Oliveira Paes construe unha adega con todas as condicións necesárias para a produción de viño Alvarinho e dous anos mais tarde, en 1976, o seu soño vese realizado o lanzar  “PALÁCIO DA BREJOEIRA” Alvarinho, embotellado en orixen. A casa xa tiña bodega,  pero ela sin desfacer a vella bodega fixo unha nova.

O interior do Palacio é espectacular: dende a entrada que se ve na fotografía, pasando pola biblioteca, os dormitorios, o comedor, o salonciño de espectáculos... etc.Merece a pena velo. Fot. Secundino Lorenzo.

Maria Hermínia d’Oliveira Paes viviu na área privada do Palácio ata o seu falecemento que ocurriu en decembro de 2015. Lembro a visitar este Palacio algúns anos antes desta data e ensinaban as dependencias onde ela non vivía, lóxicamente.

Este palacio pode visitarse en días dende a 4ª feira (o noso mércores) ata o domingo e horarios das 9:00 , as 12:30 , as 14:00 e as 18:30. Merece moito a pena, é espectacular todo, a casa, os xardíns, a bodega, o lugar...

Equivalencia de Portugal a Galicia dos días da semán:

1. Domingo         o domingo en galego
2. Segunda-feira o luns.
3. Terça-feira      o martes
4. Quarta-feira    o mércores
5. Quinta-feira    o xoves
6. Sexta-feira     o venres
7. Sábado          o sábado

 

Palacio de Brejoeira. Fai anos podíase dar unha volta a finca montado nesta carrilana de cabalos. Observar nas fotografías, de máis abaixo,  que hai un camiño ao redor da finca Breijoeira.  Fot. Secundino Lorenzo.

Na parte de atrás están situadas a bodega vella e a bodega actual. Descoñezo o autor da fotografía.

Situación do Palacio de Brejoeira, a 4  km. da estrada que ven de Valença a Moncáo ou de Melgaço a Monçao, a N101 ou N202

 

Outra vista do Palacio e as bodegas, tamén as fincas. Descoñezo o autor da fotografía.

Outra vista do Palacio e as bodegas, tamén as fincas. Descoñezo o autor da fotografía.

A Quinta da Brejoeira está composta de 30 ha. das cales 18 ha. están dedicadas a viña de Alvariño 8 ha. son de bosque e cerca de unha está cuberta por uns xardíns marabillosos con árbores centenarios e perfectamente cuidados.

Todo está no seu lugar, cuidado de moitos anos e perfectamente para ver e disfrutar. Para mín este Palacio, que ten un estilo Neoclásico e o de Buçaco, de estilo neo-manuelino son os mais bonitos de Portugal, guardando un pouco as distancias, este segundo ten un parque único...  Na fotografía un rincón, dos moitos que ten no xardín. Fot. Secundino Lorenzo.

Outro rincón do xardin do Palacio. Fot. Secundino Lorenzo.

Bodega antigua do Palacio de Brejoeira. Fotografía Secundino Lorenzo.

Esta bodega gardaba os viños e a augardente que se utilizaba na casa. Actualmente nela faixe a augardente vella, unha auténtica augardente con moitos anos detrás en barrica e cun sabor extraordinario.

 

Bodega antigua do Palacio de Brejoeira. Un pouco de todo, incluido o sistema de limpeza de botellas. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Bodega antigua do Palacio de Brejoeira. Observar o sistema de entrada de viño vendimiado, onde se facía o pisado do viño e o estanque de decantación antes de pasar as barricas.  Fotografía Secundino Lorenzo.

 

  Volver.