Fotografías do río Miño,  Pai do Viño.

Fotos do Cabo do Mundo.

Fotografías e texto:  Secundino Lorenzo.

Este mapa é da Denominación de Orixen Ribeira Sacra. Observar que o Mapa  ten unha parte da conca do río Miño e outra da conca do río Sil. Dentro da D.O. Ribeira Sacra hai varias subzonas, neste caso a que me interesa  é a subzona da Ribeira do Miño.

Este é o link que leva a Denominación de Orixen Ribeira Sacra. https://www.ribeirasacra.org/portada/es

Teléfono: (+34) 982 410 968 info@ribeirasacra.org

As uvas autorizadas son as seguintes:

  • Blancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.
  • Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caiño Tinto.
  • Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.

 

Pola miña parte poño únicamente fotografías do "Cabo do Mundo" e o seu entorno.

O Cabo do Mundo sabedes está entre o encoro de Belesar e o encoro dos Peares, parte esquerda do río Miño.

O río Miño no "Cabo do Mundo". Esta fotografía mostra ese lugar,  e demostra a importancia que ten o viño a carón deste gran río. Fotografía do 08/10/2017.

O viñedo que se ve na fotografía é da variedade albariño.

A misma fotografía que a de arriba pero feita os quince días, observar como cambiou o colorido das cepas. Neste caso trátase de alvariño Fotografía do 28/10/2017.

Volvín o día 11/11/2017 e saquei esta panorámica, merece a pena vela.

Posta de sol no Cabo do Mundo que é como se chama este meandro do río Miño, que salva o Monte Navallo. Por certo dicen que neste monte perdeu Cristo a navalla e nona atopou...

Outra fotografía da Posta de Sol e da zona.

Esta fotografía está sacada dende A Cova, tamén é da zona e nela aparecen zonas con socalcos de cepas .

Na fotografía vese a esquerda a igrexa de San Martiño da Cova, unha pequena xoia, e por suposto o río Miño. A dereita o Monte Navallo

 

Volvín o día de San Martiño, o 11 de novembro de 2017 e realmente San Martiño fixo este milagre de fotografías. ¡Que espectáculo!

Cabo do mundo e o viño da Ribeira Sacra.

Día 11/11/2017. Aqui hai mezclas de tinto e blanco. A cepa tinta colle esta cor púrpura despois de facer a vendimia, a cepa blanca a cor ouro..

Día de San Martiño da Cova.

Todas as fotografías son propiedades de Secundino Lorenzo, o autor da web.

Podedes copialas sin problemas. Si facedes uso delas citar a procedencia.

Para rematar Andrés Glez. Castro, Castrodrón, faime chegar un video marabilloso que titula "O fin do mundo", onde vexo que capta toda a gama de cores que ofrece este lugar único. Gracias Andrés por esta xoia que podedes ver en Youtube neste link:

https://youtu.be/_qe2Gir15_A

 

          salir.jpg (922 bytes)   Volver a fotos