Según o Conselleiro de Medio Ambiente,
Agustín Hernández, non hai problema nin de enchentas en
Caldas, nos dez últimos anos, nin de microcystis no Umia
no
2010. (¡Mentireiro!).

Fotografías do domingo día 7 de novembro do 2010. Jesús Rguez.
Ver as declaracións do Conselleiro para a prensa:
Diario de arousa, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Voz de Galicia
«... O embalse evita o dano por
enchentas; é un feito incuestionable nos últimos dez
anos»... Agustín Hernández.
¡Mentireiro! «... Neste ano 2010 non se chegou a detectar toxina no río. Por
tanto, non houbo problema de saúde pública»...Agustín
Hernández.
¡Mentireiro!
Resumen de
actuacións da Xunta no encoro do Umia.
Ver
a nota de prensa de Adega sobre as declaracións anteriores.
Ver
a nota de prensa do BNG de Caldas de Reis. 16/11/2010.
Ver
o comunicado da Coordinadora Antiencoro do Umia. 16/11/2010.
Parece que remite la
microcistina. 21/11/2010.
Saír.
NOTA DE ADEGA SOBRE AS DECLARACIÓNS
ANTERIORES.
Nota de
prensa:
O CONSELLEIRO DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS VOLVE A POÑER O
NEGOCIO HIDROELÉCTRICO DO SR CORTIZO POR DIANTE DA SAÚDE
DO RÍO, A SALUBRIDADE DA AUGA POTABLE E A
SAÚDE DA XENTE
Caldas, 14 novembro do
2010.
A Consellería de Medio
Ambiente da Xunta de Galicia ven de anunciar a través
dos medios de comunicación unha serie de medidas coas
que acabar coa proliferación explosiva de cianobacterias
no encoro de A Baxe, no río Umia (Caldas de Reis),
entre as que citou
- a experimentación con
balas de palla, similar á que unha equipa de
investigadores da USC está a levar a cabo no encoro de
As Forcadas;
- a inversión de
350.000 Euros para a eliminación “pola vía de urxencia”
de dúas construcións “abandonadas” na zona;
- a declaración da
cunca como zona sensible;
- a elaboración dun
Plan de Xestión Integral da bacía do Umia, no que se
incluirá a declaración da cunca como zona sensible.
Ante
tal proposta de actuacións, temos que empezar por dicir
que non debera facer falla ter problemas no encoro para
elaborar e acometer un Plan de Xestión Integral para o
río: esta é unha obriga derivada da Directiva Marco da
Auga e da Lei 5/2006 para a protección, a conservación e
a mellora dos ríos galegos.
Dito
isto, temos que continuar denunciando que, unha vez máis
e contra toda legalidade e sentido común, o Sr.
Conselleiro non só queira poñer o negocio dos amigos
por diante da salubridade pública senón que, unha vez
máis, pretende salvar os beneficios hidroeléctricos do
Sr. Cortizo á conta dos fondos públicos. O Sr.
Conselleiro, -que como anterior xefe do Departamento de
Xestión do Dominio Público Hidráulico asinou as actas de
expropiación dos bens e dereitos afectados polo encoro-,
non debería ter esquecido que trátase, antes de nada,
dun encoro construído integramente con fondos públicos
para asegurar o abastecemento de Caldas e da comarca do
Salnés e, resulta, absolutamente indignante e mesmo
inmoral que este negocio hidroeléctrico do Sr. Cortizo
que, por disposición da Lei de Augas e por Resolución da
Declaración de Impacto Ambiental, ten que estar
supeditado á asegurar a calidade da auga no encoro e no
río acabe prevalecendo por riba da saúde pública e saúde
do río e dos ecosistemas fluviais.
O Sr.
Conselleiro tamén debera ter aprendido no seu cargo no
Organismo Autónomo Augas de Galicia, dende o que asinou
as resolucións para o levantamento de actas previas dos
bens e dereitos afectados polo encoro, que na lei de
Augas na redacción entón vixente (o mesmo que na
redacción actual) o abastecemento público ten absoluta
prioridade sobre calquera outro uso, por riba mesmo de
calquera outra limitación ambiental.
Con
estes antecedentes e con estas disposicións da Lei e da
Declaración de Impacto Ambiental (que tamén é de
obrigado cumprimento), recordando de novo que o encoro
foi integramente realizado con cartos públicos e que ano
tras ano temos que soportar
-uns sobrecustos en
tratamento da auga potable, sen que, por riba, se nos
poda garantir a salubridade da auga;
-uns sobrecustos en
depuración e en xestion do encoro, sen que, por elo, se
poda asegurar a saúde do río;
Non ten porque
sorprenderse o Sr. Conselleiro de que nós, o mesmo que
calquera cidadá con sentido común e sentido da xustiza,
lle ESIXAMOS QUE CUMPRA COA LEI E DISPOÑA A APERTURA DO
ENCORO PARA QUE O RÍO PODA FLUÍR LIBREMENTE. Non pode
haber ningún tipo de excusas: dicir agora que o encoro
de Caldas, con todo este problema de contaminación, é
necesario para impedir que vertidos de accidentes como o
BRENNTAG no 2006 teña chegado ás Rías, ou para asegurar
aos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña uns ingresos
(en concepto de canon) de 120.000 Euros para cada un; ou
que grazas ao encoro se están a cubrir un déficit de 171
días de abastecemento É, SIN MAIS, OFENDER AO MAIS
ELEMENTAL SENTIDO COMÚN so entendible dende a
prepotencia ou a ignorancia de quen pensa que os ríos se
poden adquirir nun supermercado.
En
calquera caso, como cidadás que pagamos os impostos cos
que se van a financiar todos eses investimentos públicos
que agora nos anuncia o Sr. Conselleiro, temos dereito
a saber que é o que ten este negocio hidroeléctrico do
Sr. Cortizo para prevalecer desta maneira por riba da
xustiza, por riba da Lei e por riba do sentido común?
Máis información:
Daniel Vispo, membro da Directiva de ADEGA (619808662)
Volver.
RESUMEN DA PRENSA
DESE DÍA.
DIARIO DE AROUSA

DIARIO DE PONTEVEDRA

FARO DE VIGO

VOZ DE GALICIA

Volver.
RESUMEN DE ACTUACIÓNS.

Volver.
PARECE QUE
REMITE LA MICROCISTINA.

Volver.
|