Nota de prensa  BNG de Caldas de Reis:

 

O PARTIDO POPULAR E O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE  UTILIZAN O PROBLEMATICA DO RIO UMIA CON FINES ELECTORALISTAS.

 

Caldas, 16 novembro do 2010.

 

Os persoeiros locais do  partido Popular poñeron en marcha a maquinaria electoral  das vindeiras eleccions utilizando e manipulando a problemática do encoro e do rio umia e o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia utiliza a Xunta de Galicia como institución para apuntalarlle as expectativas electorais  ós candidatos do seu partido en  Caldas e  comarca do Salnes.

Proba de que a única pretensión que teñen e electoralista está en que se remiten ao periodo da campaña electoral do ano 2011 sin ningun plan integral para o río umia e que non existe proxecto nin polo tanto a intención de consigar fondos de xeito realista para solucionar ningun dos problemas mais urxentes do rio umia e dos rios galegos. .

Mentras escenifican unha gande algarada  son incapaces de afrontar problemas como o control da propagación incontrolada da microcistina que xa sae do vaso do encoro e escomeza a contaminar  zonas humidas das beiras, ou a solución de vertidos de augas residuais como e o caso do mantenimento da decantadora de Paradivas que estivo revertendo a merda durante alomenos unha semana .

A ameaza da toxicidade da microcistina soio se resolverá coa liberación do rio, non desaparece de xeito automatico coas primeiras chuvias e coa apertura dos aliviaderos do encoro. Na cola do encoro podese comprobar como a microcistina sigue concentrada e según a opinión dos expertos consultados o enfriar a auga superficial do encoro coas primeiras chuvias provoca a subida dos tóxicos acumulados no fondo do encoro, proba disto temola nos resultados da derradeira analitica publicada polo concello de Caldas.

O análisis do dia  9 de novembro publicado na paxina web do concello de Çaldas da os valores mais altos de microcistina na ETAP de todo o ano 2010 chega os 0,54 microgramos por litro cando ata dagora  estaba por debaixo de  0,50.

Tampouco sabemos os riscos os que nos poden someter os responsables da Consellería de Medio Ambiente a Conselleria de Sanidade e Concello de Caldas e Mancomunidade do Salnes cando non dan información sobre a calidade da auga ou a ocultan durante semanas como é  o caso do concello de Caldas que dende o dia 21 de outubro ata o dia 9 de novembro non facilitou datos.

No SINAC Sistema de Información sobre a auga de Consumo do que é resposabel a Conselleria de Sanidade o concello de Caldas non facilita información e outros concellos da mancomunidade do Salnes ou non facilitan información ou a que facilitan e incompleta, esta atrasada e en algunhos casos revela parámetros con anomalias nos resultados da callidade da auga.

 

http://sinac.msc.es/sinac/ciudadano/CiudadanoConsultaCiudadanoLocalidadAction.do

 

E decir que os cidadans e a nosa saude esta nas mans de resposables politicos e institucionais embarcados nunca  busqueda do protagonismo persoal e electoral por enriza dos intereses xerais .

O Conselleiro de Medio Ambiente autor do proxecto do encoro  por non recoñecer a inutilidade do seu proxecto, que nin serve para evitar as riadas, pretende manter a ameaza real para  seguridade da poboación  xa  que  informes técnicos advertiron dabondo sobre a falta de seguridade e o perigo real de derrubo.

Estas posturas prepotentes no caso dos responsables da Xunta de Galicia e serviles no caso dos alcaldes dos concellos da comarca están alargando a solución real dun problema, o da recuperación do rio umia e hipotecando o futuro de sectores económicos claves para o desenrolo da comarca como é o turismo e a viticultura.

O papel do Alcalde de Caldas parecenos lamentable,  asi como o seu predecesor no cargo bailou  o mambo co daquela Conselleiro de Ordenación do Territorio e traicionou os veciños para non resolver ningún problema;  o actual  Alcalde está empeñado en bailar o pasodoble co actual conselleiro de Medio Ambiente para manter as migallas dun canon que evidentemente non compensa dos riscos para a saude da poboación  nin da para pagar os perxuizos que provoca o encoro.

 

Dende o BNG ESIXAMOS A APERTURA DO ENCORO  E A RECUPERACION INTEGRAL DO RIO UMIA como a unica solución para evitar unha ameaza para a seguridade e a saude da poboación de Caldas e comarca do Salnes.

 

 

 Máis información:  Constantino Carou   663.013454

 

Saír.                                                   Salir.