Mentireiro.

Agustín Hernández é actualmente, novembro de 2010 Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Cando se fixo o Encoro do Umia en 1998 era Director Xeral de obras Públicas da Xunta de Fraga Iribarne; foi polo tanto o que supervisou a obra do encoro, cando se presentou aquel polémico proxecto que falaba de Puebla de Guzmán. Deulle para adiante...A súa rigurosidade quedou ben clara...

O Conselleiro de Medio Ambiente, o Sr. Agustín Hernández, o mismo que no seu día deu para adiante o encoro de Caldas de Reis, cando o proxecto falaba entre outras barbaridades de Puebla de Guzman en lugar de Caldas de Reis, remata de afirmar nunha roda de prensa celebrada o día 14/11/2010 varias mentiras como por exemplo decir que o encoro regula o caudal do río Umia, cando el sabe que no ano 2006 se inundou Caldas de Reis, onde estaba?. Tamén decir que a microcistina non foi detectada este ano no río Umia cando hai análisis da auga de Caldas de Reis, que por certo se toma do río Umia, por debaixo mismo do encoro, que si o dicen.

En fin soio podemos, de momento,  decir que este Sr. é mentireiro e pensamos que nos quedamos cortos no calificativo...

Demostración das nosas afirmacións:

Riadas do Umia en Caldas de Reis no 2006:

Fotografías de Caldas de Reis. Riada do 2006. A auga chegou a cotas que nunca había chegado antes...

Fotografías de Caldas de Reis. Riada do 2006

 

Microcistina no río Umia no 2010.

Certificado de ensayo onde pon claramente como se fixo, cal foi o resultado, quen o fixo o con qué auga foi feito, por suposto tamén a fecha.

 

Neste lugar por debaixo do encoro do Umia, no lugar de Baxe, e onde se toma  a auga para Caldas de reis, ver a tubería.... Ese lugar está no río Umia. Si presenta microcistina, está claro que foi detectada no río. Decir que non, é negar a evidencia.

O resultado do análisis de agua realizado o 09/11/2010 na ETAP de abastecemento de Caldas de Reis, auga que se toma do río Umia, por baixo do encoro de Baxe ou encoro do Umia, indica que esa auga ten de AG-Microcistina 0,54 ug/l , polo tanto ten microcistina. Na fotocopia anterior vese perfectamente.

Según a OMS admítese ata 1 ug/l para un peso estandard de 70 kg, pero é un valor provisional. O feito é que unha auga co índice anterior parece que non afectaría a un home estandard, ou sexa podería beber sin grandes problemas, pero dende logo non vale para un neno pequeno. Lembramos a reunión na que se falou deste tema en Caldas de Reis o 05/11/2010 que preguntado Fernando Cobo sobre este tema dixo claramente que "el bebería a auga, pero que non faría un biberón de ningunha forma con ela...". O problema dende logo é grave e non se pode obviar para tranquilizar a población. Hai que solucionar o problema xa.

   Claro que de este Sr. non nós estrana nada, as súas tragadeiras xa as coñecemos, os antecedentes son claros para a xente de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. Que defenda unha explotación hicroeléctrica privada, a consta de correr estos riscos e o que nos parece impresentable...O que resulta esperpéntico é que hoxe sexa o Conselleiro de Medio Ambiente. Para temblar...

Saír.                                                   Salir.