GALICIA A RESERVA ENERXÉTICA DE ESPAÑA
Última actualización: 01-05-2005 ![]()
SOMOS LÍDERES (7.898 MW en maio do 2004) EN TODO TIPO DE ENERGÍA.
Tristemente impera a lóxica que sempre presidiu a historia industrial: primeiro agótanse os recursos (os ríos, os montes están hoxe de moda) e logo a outra cousa...Tristemente está pasando esto en Galicia. A Xunta de Galicia primeiro non pon moitos impedimentos para que se desfagan os nosos montes e os nosos ríos e agora o 09-05-2004 reclama que se compense a Galicia polo desgaste ecolóxico por ser potencia enerxética. Realmente curioso...(Leer a noticia). Por si fora pouco, o 19-12-2004 afirma que os Parques Eólicos deterioran a paisaxe en Galicia...(Vaia cara ten o P.P. en Galicia). |
GALICIA LIDER EN ENERXIA LIMPA - LIDER EN ENERXÍA IMPACTANTE-LIDER EN NEGOCIO-ENERXÍA
EFECTIVAMENTE GALICIA É LIDER EN ENERXÍA LIMPA COMO PODE SE- LA EÓLICA(últimamente destrozan todo...), PERO TAMÉN É LIDER EN ENERXÍA IMPACTANTE A NATUREZA COMO PODEN SE-LOS ENCOROS HIDROELÉCTRICOS, AS MINICENTRAIS E A TEMIBLE ENERXÍA TÉRMICA. É LIDER EN INICIATIVAS PARTICULARES SOBRE ENERXÍA.
GALICIA = OURO EN ENERXÍA. ( PERO CUIDADO: GOBERNEN XA. )
GALICIA - TIPO DE ENERXIA | LIMPEZA DESTE TIPO DE ENERXIA |
Enerxía HIDROELECTRICA | Tómase por enerxía limpa, pero non pode selo, xa que é una enerxía que mata. Un homicidio dos ríos de Galicia... |
Enerxía EÓLICA | En principio é unha enerxía limpa, pero é moi impactante. Están a desfacer as nosas mellores serras...penoso... |
Enerxía TÉRMICA | Enerxía sumamente perigrosa: a choiva ácida mata, está demostrado. |
Enerxía de BIOMASA | Manteño os meus reparos hacia este tipo. Seica non é rentable. |
Enerxía solar | A mais limpa, ecolóxica e renovable. A nivel oficial non interesa, non deixa cazo...Non se promociona, é incrible a deixadez oficial... |
Enerxía por gas natural. | Imponse bastante. Faranos dependentes. |
Comparativas entre enerxias | Producción media de cada tipo. |
EN GALICIA TEMOS DE TODO. SOMOS PIONEIROS...DO BON E DO MALO. O DESENROLO SOSTIBLE, TAN DE MODA HOXE, DAME ¡¡ MEDO!! Hoxe, maio do 2004, xa vamos polos 7.898 MW.
|
|
Existe unha dirección en Internet onde se dan os datos da enerxía hidráulica en tempo real, é unha www moi curiosa. Destes datos deduzco que Galicia non é a comunidade que máis augua embalsa, pero do que estou seguro é de que temos o maior número de encoros en relación a nosa superficie. O que ocurre que hai moitos destes que non producen electricidade e polo tanto non se incluien na estadística anterior. De tódalas formas o impacto ambiental no hai quen llo quite.
Algunhos datos dos encoros Ourensáns
CUNCA | EMPRESA | Nº EMB. |
Sil-Cenza-Bibei-Camba | IBERDROLA | 19 |
Miño-Salas-Limia-Avia | FENOSA | 8 |
Varios | ENDESA | 2 |
Algunhos datos de auga encorada-clasificacións :
Nº | ENCORO | MILLONS M3 | EMPRESA |
1 | AS PORTAS | 520 | IBERDROLA |
2 | BAO | 220 | IBERDROLA |
3 | SAN ESTEBAN | 211 | IBERDROLA |
4 | ALBARELLOS | 90 | FENOSA |
5 | SALAS | 85 | FENOSA |
6 | CONCHAS | 78 | FENOSA |
Vexamos a producción en MW de algunha destas centrais prá poder establecer comparacións :
NOMBRE DEL EMBALSE | POTENCIA EN MW |
PUENTE BIBEI | 284,8 |
SAN ESTEBAN | 265,5 |
VILARIÑO CONSO | 228 |
SOUTELO | 206 |
FRIEIRA | 130 |
CASTRELO | 112 |
VELLE | 80 |
ALBARELLOS | 59.2 |
AS CONCHAS | 48.8 |
LEBOREIRO | 2 |
DATO FUNDAMENTAL :
Según Javier Crooke, responsable de
Iberdrola en Galicia: " O territorio galego sóbralle enerxía" A comunidade é excedentaria en máis dun 50%. ( O Correo Galego 27-05-98) |
Na foto o parque eólico de Porto do Son. |
|
Somos os nº 1 polo menos en algo: A ENERXÍA EÓLICA. (Eu estou seguro que o somos, de calle, na enerxía minihidráulica, somos os amos...)
No gráfico está claro que somos o nº 1 de España en Enerxía Eólica e os datos son do ano 2003, hoxe en octubro do 2004 saímonos da tabla. Somos únicos. É máis somos os sextos a nivel internacional por detrás soio de EEUU, Alemania, Dinamarca e a India.
Unha cousa curioso: OS DONOS DO VENTO GALEGO NON SON GALEGOS A MAIORÍA, ESTO É UN CHOLLO.
Vexamos os datos da enerxía eólica en Galicia:
![]() No 2004 os datos son incribles, está duplicado, xa vamos por 1.638 MW con 2.759 aerogeneradores instalados (abril 2004). En total hai 56 Parques Eólicos, 33 na Coruña, 5 en Pontevedra,, 13 en Lugo e 5 en Ourense. Por outra parte a enerxía eólica é presentada pola Xunta como " A enerxía que coida o entorno". Están previstos 150 en Galicia, dos cales Ourense levará en principio 16. Unha febre. Un auténtico chollo xa que están subvencionados o 85%, Fenosa está obligada a comprar a producción e inda por riba levan 4,5 pts. por kw durante os 20 primeiros anos. Todo un chollo que pagamos os galegos a unhas empresas privadas. "Así calquera....."
|
Ollo datos de octubre
do 2000. Hoxe seguro que xa son moitos máis.
|
Efectivamente en Abril do 2004 xa están construidos uns cantos.
No 2004 os datos son increbles, xa se duplicaron, xa vamos por 1.638 MW con 2.759 aerogeneradores instalados (abril 2004). En total hai 56 Parques Eólicos, 33 na Coruña, 5 en Pontevedra,, 13 en Lugo e 5 en Ourense. |
Esto é incrible e
imparable.
En Ourense (2004) están construidos os siguintes Parques: .-Ameixeiras-Testeiros, O Irixo con 49,5 MW, 75 máquinas. .-Larouco, Baltar, Xinzo, Cualedro con 27,2 MW, 32 máquinas. .-Serra do Burgo: con 16,15 Mw, 19 máquinas. .-Sil y Meda, en Nogueira de Ramuín, Xunqueira, Esgos y Montederramos 35,64 MW y 54 máquinas. .-Tea en Melón y Covelo con 48.100 kw y 37 máquinas. As empresas constructoras son ¡ como non! : Endesa, Gamesa, Unión Fenosa, Iberdrola e Eurovento. |
Efectivamente sería para sentirse orgullosos tal como nos presentan o tema, pero as cousas neste país sempre son doutro modo. O impacto ecolóxico de este tipo de enerxía é sin lugar a dúbidas menor que o da enerxía hidráulica ou a térmica, pero tamén é moi grande . Estaríamos todos contentos si este tipo de enerxía viñera a sustituir a algunhos encoros ou minicentrais ou centrais térmicas xa feitas , pero non, polo tanto é un engaño máis, por si esto fora pouco o capital é privado e de multinacionales (Fenosa, Iberdrola, Endesa, etc. con outros nomes pero son os mesmos) e polo tanto os galegos pouco nos vamos a beneficiar.
O Parque da fotografía está preto do Cabo Vilán, unha aberración mais.
Produce impactos paisaxísticos indudables, deforestación de amplias zonas, producen bastante ruido, presenta problemas de interferencias electromagnéticas, problemática cas aves migratorias, có gando que anda solto pola zona, etc. pero son máis asumibles que outros tipos de enerxía. De todas formas non se deben facer "a lo loco", as torres teñen entre 47 e 60 metros.
En Galicia dende abril de 1999 estanse a producir fortes contestacións en contra da instalación de moitos destos Parques eólicos. Adega, sin ir más lexos, considera que estos parques destruen os mantos de turba das cuencas dos ríos Landro, Ouro, Masma, Eume e a cabeceira do Miño, de enorme interés para o estudio do paleoclima. O anterior é moi grave, toda vez que estos mantos son un patrimonio arqueolóxico e teñen un incalculable valor ecolóxico e científico.
En Galicia está previsto chegar ata os 2.814 Megavatios antes do ano 2005.
Os 120,64 MW equivale o consumo de 257.000 familias. Non está mal visto así.
Comentario: Este tipo de enerxía, si se fixera pensando en Galicia, podría ser na miña opinión a salvación do noso entorno, incluso podría ser unha forma de abaratar costes de enerxía as poblacións, con parques eólicos puntuais. Claro que as cousas fanse dende outro prisma. O principal : encher os bolsillos. Os Concellos levarán 150.000 por cada un dos xeneradores ( unha enchenta a cambio da paisaxe, do monte, etc. ) O final : Galicia vaise encher de Parques Eólicos, de centrais, de minicentrais, de térmicas. ¿ Para qué? . Sin dudalo para beneficiar as multinacionales e algunhos grupos privados, non para beneficiar o pobo galego que únicamente levará unhas migallas a cambio da destrucción do seu entorno. Triste realidade. VAMOS CAMIÑO DE SE-LA RESERVA ENERXÉTICA DE ESPAÑA. Esperemos que cambien as cousas ou polo menos se fagan con cabeza. Non son optimista, realmente deixaranse de facer Parques Eólicos cando non teñan serras boas para poñer os molinillos. O mesmo os ríos, dirán que non montan máis cando xa non teñan ríos. É una triste realidade ademais demostrada históricamente, é a lóxica que preside a historia industrial da humanidade. "Producir ata que se agoten os recursos, chegado o caso pásase a outros...". Unha mágoa auténtica... |
(Información recollida do Correo Galego do día 24-04-98).
Están previstos antes do 2010 : 150 parques eólicos en Galicia, cunha producción de 3.000 megawatios. ¡¡ Deus nos colla confesados...!!.
Cando terminen cós ríos e os montes comenzarán có mar.Concretamente xa se fala dun proxectado entre Muros e Carnota na Costa de la muerte. Increible. Ver plano.
!!!! Deus nos colla confesados en Ourense e en Galicia !!!!
|
|
En principio presentouse como unha "enerxía limpa" e a panacea das energías. Resolverá ata o problema dos incendios, limpando os montes da comarca. Esperemos que nonos limpie demasiado. Tendremos que esperar. En principio, parece boa idea, pero con reparos, en outros lugares de España este tipo é moi cuestionado, dado que para unha producción de 12 MW necesitanse aproximadamente unhas 40.000 Tm. de madera e dicen algunhos que cando falten os rastroxos botarán man de pequenos árboles e todo o que atopen. O tempo dirá. Supoñemos que en Allariz farían un estudio exhaustivo da explotación da comarca: cun análisis das posibilidades técnicas de corta anual, contemplando superficies, especies, edades, requisitos legais, rentabilidad económica, e tendo en conta os tempos de rexeneración das especies. Si no foi así, menuda desfeita.
En principio algunhos dos socios de Allarluz, están tamén no tema das minicentrais, como Engasa ( minicentral do Barbantiño e outras en Galicia). Sorprende moito ver o Bloque no mismo saco que estas empresas, depredadoras dos nosos ríos. Vivir para ver.
Ampliación : Notas sacada da Voz do dia 15-05-98, sobre as novas plantas previstas en Galicia de cogeneración o biomasa:
![]() |
|
Na foto a Central Térmica das Pontes. Esta central situa a Galicia no nº 1 de España en contaminación. |
As centrais térmicas das Pontes e Meirama son as principais causantes de que Galicia e concretamente a zona de Noia sexa o índice de contaminación por choiva ácida, máis elevado de España. Despois de medir volúmenes de dióxido de azufre, dióxido de Nitrogeno e ozono o PH chegou a ser de 3,9 sendo o normal de 5,6. A central das pontes é das más contaminantes de Europa. Estas centrais matan os brotes frutales, óvulos de peixes, prantas xovenes e individuos recien nacidos de outras especies. Producen enfermedades de todo tipo nos seres humans. Para temblar. É incríble. Os efectos son temibles. |
Según o Catedrático de Bioloxía Ramón Varela considera que Galicia é a Comunidade con maior acidez, actualmente Galicia emite o 33% do dióxido de azufre de toda España. Segue dicindo que inda que tanto unha como outra están dentro da lei xa que reducen un 40% as súas emisions no derradeiro período, outras fánno nun 80%.
Estas emisions producen Patoloxías broncorespiratorias ( en Galicia somos ó número 1), enfermedades do sistema nervioso, pel e corazón, así como na agricultura aumento das plagas e pérdidas dos frutos.
Datos extraidos do diario La voz do 06-05-98 na páxina 3.
¡¡¡¡¡¡Medo!!!!!!!
As subvenciones europeas destinadas ó fomento das enerxías renovables poden producir efectos perversos cando os responsables da súa xestión responden a intereses distintos que a utilidad real dos proiectos que promoven. Este é o caso da maioría das minicentrais promovidas, a central de biomasa de Allariz, as centrais eólicas e un largo etc. proiectos que só naceron para pegarlle un mordisco a ésas subvencions e que de levarse a cabo sóio producirán efectos negativos en Galicia, perxudicando tamén no seu conxunto ó que debería ser un desenrolo racional deste tipo de enerxías. É curioso o " deixar facer da sociedade galega en xeral" no tema da enerxía, mentras noutras comunidades estanse promovendo iniciativas como en Aragón, de cara a realizar unha lei de aforro e unha promoción das enerxías renovables. Eiquí en Galicia, nin hai esta iniciativa e o que é peor A Xunta tira para adiante sin un estudio racional en conxunto. Esto pode ser un caos.
O "desarrollo sostenible" , frase que está hoxe de moda, prodúceme escalofríos, xa que en Galicia convirtíuse nun negocio ..!!!! Medo ¡¡¡¡¡¡ ... lémbrolles a toda esta xente, que hoxe especula únicamente cós cartos e en ningún momento pensando no desenrolo do pais, a frase final dun famoso pensamento indio:
O DIÑEIRO NON SE COME
PERXUICIOS INMEDIATOS DAS MINICENTRAIS.
Sen pretender ser exhaustivo, enumero os perxuicios inmediatos que producen as macrocentrais e en consecuencia menor, pero proporcionalmente, as minicentrais ( que realmente para un río de pouco caudal compórtanse como macrocentrais.)
Impactos ambientais inmediatos:
Impactos ambientais inmediatos: |
Destrucción de camiños, construcción indiscriminada de estradas por tódolos sitios, explosións, cambio do leito do río, destrucción en varios kilometros do río , xa que quedan secos, tubería ou conductos de auga perigrosos para a fauna e incluso para as persoas e un longo etc. O 10% de caudal ecolóxico, xeralmente, é de vergoña e non permite vivir nin as rans. |
Destrucción do terreno e as súas especies: |
A auga embalsada termina con todo tipo de bosques, árbores na súa maioría que compoñen bosques de Ribeira ou bosques en Galería típicos dos ríos galegos. |
Destrucción de especies: |
As especies que habitan os bosques anteriores, teñen que abandonalos, por suposto as que poden, a maioría desaparecen. |
Cambio local de clima: |
Os encoros e as minicentrais traen nieblas a zona, con un gran perxuicio. Aumenta a humedade e por suposto a contaminación atmosférica. |
Augas estancadas: |
Podredumbre de todo o que queda debaixo. Eutrofización por falta de osíxeno e por suposto a morte. |
Deixan de funcionar os sistemas de autodepuración: |
Os encoros por pequenos que sexan traen consigo un depósito de porquería, e deixan de funcionar os mecanismos triviais de limpeza, coma é a simple corrente do río. Esto aparte do perxuicio para a zona é un perxuicio grande para o que queda de río por debaixo da central. |
Disminución de especies : |
Simplemente desaparece todo o que queda debaixo do encoro. |
Desaparición de especies migratorias: |
Por suposto sobreviven as máis fortes, pero o non poñer remontes as especies migratorias, troita, salmón, anguias córtaselle o ciclo. Pasan a domiñar outro tipo de especies, bogas, escalos, etc. Desaparece a troita e outras especies, que precisan augas correntes. |
Cambios de nivel, por debaixo do encoro: |
Leva xeralmente a morte de moitas especies o non poder soportar estos continuos cambios de nivel, movidos únicamente pola producción da minicentral. As veces son perigrosos para as persoas. No verán de 1997 morreu un galego, o vírselle por riba unha avalancha de augua , cando se estaba bañando tranquilamente, nun río da Coruña. |
Destrucción de posibilidades turísticas: |
Xeralmente paisaxes incribles, muíños, camiños que levaban a estos muíños, en realidade remátase coa zona en donde se asentan. Xeralmente constrúense nos lugares máis insólitos, polo seu desnivel, sitios de grandes correntes, fervenzas, etc. xeralmente os lugares máis bonitos dos ríos. O lugar queda desgraciado turísticamente e incluso as orillas vólvense lugares perigrosos e as veces dan sustos moi serios. |
Nota importante: según un estudio feito pola Universidade de Madrid o impacto das minicentrais na población de troita é catastrófico. O estudio pode leerse no seguinte link.
|
A ENERXÍA SOLAR Ó PARECER CHEGA A GALICIA: UNHA BOA NOTICIA.
![]() |
O parecer a UE dará respaldo a esta Comunidade pra instalar placas de enerxía solar. As vivendas familiais, edificios públicos e hoteles serán os principais beneficiados. Enhoraboa. Dicen queste tipo de enerxía será prioritario na década 2000-2010. Realmente este tipo de enerxía é sin lugar a dúbidas: renovable, limpo e ecolóxica. Foi a gran olvidada estos anos por razóns económicas, é moi rentable pro medio ambiente pero non tanto pro bolsillo. O proxecto da Xunta vai encamiñado o autoconsumo. Falan xa algunhos do impacto ambiental, xa que os paneles ocupan moito, de tódolos xeitos este impacto da a risa o lado de outros ( minicentrais, centrais, centrais térmicas, centrais de biomasa, incluso os parques eólicos). Confiemos que sexa verdade. |
![]() |
Realmente este tipo de enerxía non ten detractores de ningún tipo. A nivel oficial, non interesa de momento, supoño porque deixa menos cazo...realmente teño que pensar mal. Esta enerxía é fora de serie e sin embargo non interesa. Non hai concienciación social. Hoxe está moi desenrolada e non se coñece. Eu penso que o seu futuro é explendoroso, e os beneficios medioambientais están fora de toda dúbida. En Galicia por exemplo a empresa Esoga con sede en Vilagarcia, ofrece servicios integrais. É unha máis. Esta empresa e outras opinan que hai moi pouca información na xente. Hai que enseñar o que supón o seu uso: é realmente unha enerxía fora de serie. Toda unha realidade que non interesa de momento a niveis oficiais. Os nosos políticos están a outra cosa: encher os bolsillos (a maioría)... |
Máis de 100.000 fogares tiñan gas no 2001. |
A súa introducción en Galicia foi tremendamente precipitada. En menos de un año abríronse montes, cruzando ríos e cometido algunha que outra fechoría en contra da natureza. Os gaseoductos son moi visibles. Dicen que é tremendamente rentable. O tempo o dirá. Actualmente así está o seu uso: Tamén dicen que creará unha fuerte dependencia de outros paises. Sobre a contaminación hai tamén dúbidas, véase a Voz de Galicia do dia 21-10-98. |