GALICIA A RESERVA ENERXÉTICA DE ESPAÑA
Última actualización: 19-12-2004
![]()
SOMOS LÍDERES EN TODO TIPO DE ENERXÍA.
A Xunta de Galicia, primeiro non pon impedimentos para que destrocen os nosos montes e nosos ríos (deixando facer Parques Eólicos e minicentrais en calquera lugar e con estudios ambientais deplorables) e agora o 19-12-2004 dinos que os Parques Eólicos deterioran a paixase en Galicia. Realmente ¡hai que ter cara!. Xogan cós galegos e a desinformación total ...primero arrasan os nosos montes e agora que están arrasados, que non hai onde poñer máis dicen que... DETERIORAN A PAISAXE: REALMENTE HAI QUE TER CARA (Leer a noticia).
|
Esta é a noticia. Realmente é unha auténtica vergoña. A Xunta de Galicia, coa súa Consellería de Infraestructuras, máis a de Medio Ambiente e algunha máis, fanme vomitar... Dende 1997 esta páxina ven decindo que a Xunta do PP estaba permitindo destrozar centos de ríos e moitos, moitísimas serras galegas, permitindo e autorizando minicentrais, Parques eólicos, etc. Exemplos do anterior hai moitísimos: o encoro do Umia, a maioría das minicentrais, e moitos Parques Eólicos que están feitos cós pés... Sete años tuveron que pasar para que o final, implícitamente e explícitamente, A Xunta do P.P. recoñeza, que é un desastre, eso sí inda por riba para quedar ben e pasar páxina para outros lugares, decir que deterioran a paisaxe ou que Galicia é unha martir enerxética... Realmente esperpéntico dende o meu punto de vista... Agora no 2004 veñen a recoñecer tres cousas: 1º Que nos sobra máis da mitade da enerxía que producimos. 2º Que temos destrozado (desgaste ecolóxico é unha forma suave de decilo) os nosos mellores ríos e serras. Realidade que cualquera pode comprobar visitando unha minicentral o dando unha volta por Galicia, xa que mire onde mire verá os famosos molinillos...que inda por riba son de Endesa, Iberdrola, Fenosa e un longo etc. non galego... 3º.- Que deterioran a paisaxe. (Eso dícese agora en decembro do 2004, cando xa non queda serras sin molinillos...). E pedimos compensacións ó Goberno Central (agora que é o PSOE) e á Unión Europea. E seguro que decimos, tendo en conta o punto 3.- Para non afear máis as serras, ¡non máis molinillos nelas!. Agora toca o mar e as rías, e sin non o tempo... Realmente curioso e impactante... "Mexan por nos e ademais oblígannos a decir que chove..." Esta páxina leva sete anos de alucine con Galicia e a súa Xunta (sobre todo coas Consellerías de Infraestructuras e a de medio Ambiente). Non deixan río vivo nin montaña ou serra que se precio sin molinillo. Somos a reserva espiritual da enerxía de Oriente e occidente...E hai moitos, moitísimos bolsillos cheos de cartos con esto...pero os galegos seguimos pagando duro e moito pola nosa electricidade e moitos pobos de Galicia seguen a ter unha electrificación tercermundista... As veces é mellor non enterarse de nada, que darse conta, día sí e día tamén, dos chourizos que nos gobernan...Outra explicación non consigo entendela... |