GALICIA A RESERVA ENERXÉTICA DE ESPAÑA
Última actualización: 09-05-2004
![]()
SOMOS LÍDERES EN TODO TIPO DE ENERXÍA.
PERO ¡¡ CUIDADO !! ESTAMOS DESTROZANDO GALICIA (Frase do ano 1997).
A Xunta de Galicia primeiro non pon moitos impedimentos para que desfagan os nosos montes e os nosos ríos; e agora o 09-05-2004 reclama que se compense a Galicia polo desgaste ecolóxico por ser potencia enerxética. Realmente curioso e impactante, por non decir outra cousa...(Leer a noticia).
|
Esta é a noticia. Seica que xa teñen ata cuantificado o que se vai pedir... Cifras:
Dende 1997 esta páxina ven decindo que a Xunta de Galicia estaba permitindo destrozar centos de ríos e moitos, moitísimos montes, permitindo e autorizando minicentrais, Parques eólicos, etc. Exemplos temos de abondo: o encoro do Umia, a maioría das minicentrais impresentables, e moitos Parques Eólicos que están feitos cós pés... Sete anos tuveron que pasar para que ó final, explícitamente fora recoñecido este deterioro salvaxe. Agora no 2004 xa recoñece dous cousas: 1º Que nos sobra máis da mitade da enerxía que producimos. Polo tanto moita dela non era necesaria. 2º Que se destrozou (desgaste ecolóxico é unha forma suave de decilo) os nosos mellores ríos e os nosos mellores montes. E pedimos compensacións ó Goberno Central e tamén a Unión Europea. Seica se invirtiu moito en paliar estas desfeitas... Realmente resulta, repito, curioso e impactante. Esta páxina, dende logo, non pide que se neguen as subvencións, nin moito menos, pide UN NON ROTUNDO A SEGUIR DESTROZANDO GALICIA, a que a Xunta de Galicia siga autorizando, sin poñer ningún tipo de tramas minicentrais, nos nosos mellores ríos, e Parques Eólicos, nas nosas mellores serras. Xa está ben de deixar destrozar o mellor que temos en Galicia...os nosos ríos e os nosos montes. Ó final están quedando para o arrastre e inda por riba en mans de empresas privadas (Iberdrola, Fenosa, Hidroeléctricas Cortizo, Engasa e demáis empresas creadas para repartir o pastel) e que dende logo non nos van a baixar o recibo da luz... Todo o contrario. "Mexan por nos e ademais oblígannos a decir que chove..." |