salir.jpg (1925 bytes) Salir. Secundino Lorenzo. 1988

Ríos Ourensáns : río Arenteiro.

Río Arenteiro. O Carballiño.

Arenteiro é un topónimo do que se leva escrito moito, moitísimo, según di   Frutos Fernández Glez no seu libro "Nomes do Ribeiro".  Das varias páxinas que aparecen escritas no libro citado voume quedar  coa  idea de que o nome do río foi anterior o nome da Ribeira, Pazos de Arenteiro, e que este nome ven de que no río se explotaba ou se extraía algún  metal, que no tiña por que ser plata. A cousa queda aberta de todos modos...

Foi en tempos un gran río, sempre con bons  exemplares, sobre todo pola  Ponte de Trigás, a zona de Seoane, a beira do Carballiño.

 

Neste mapa vese a  posición do río Arenteiro como afluente do río Avia e este do río Miño.

 

Algunhas consideracións:

Nota xeral deste río: O río Arenteiro considérase o afluente máis importante do río Avia (que a súa vez vai o río Miño). O río Arenteiro nace na  Peña de Francia a 840 m. de altitude. Recibe pola esquerda o río Oseira, entre outros, que ven do Sur do Faro e o río Pedriña pola dereita, desembocando no Avia pola esquerda, xunto a Pazos de Arenteiro e preto de Leiro , despois de 33 km e aportando 4,5 m3/s. Foi un gran río troiteiro e sin dúbida podería recuperarse para a pesca, pero de momento os políticos actuais miran pouco polos ríos (non saben máis...). Dende o Carballiño ata a súa desembocadura no río  Avia estáse recuperando turísticamente dunha forma sensacional. Hai que decilo, xa que se está abrindo unha luz importante neste río. Esperemos que sigan as ideas...

arent80.jpg (38583 bytes)

Hoxe (por riba da depuradora non está mal, xulio do 2002)  o resto é  un auténtico desastre, ano tras ano prodúcense accidentes que votan o rio a perder.  Ver o diario  La Región.  Morreron 40.000 troitas, estando inculpada-la empresa Aquagest (en vía xudicial). Recentemente, o 16 de xaneiro de 1999, esta empresa propón ós pescadores do Carballiño invirtir no cuidado do río ( explícitamente admite se-la culpable do desastre). Ó parecer, os pescadores admiten a inversión. En xulio do 2002 aquagest chegou a un acordo cos pescadores, daralles 25 millóns de pesetas. Realmente que pouco vale un río....

Por outra banda a política de repoboación deste rio sempre foi un pouco rara e moi parecida á do  río Avia. Solta de  exemplares grandes, "pachangas" , no dito dos pescantins. Política que ten pouca explicación. Claro que se os pescantíns divírtense, sobre todo os primeiros días de abrir a pesca, moito mellor. Penoso.

Sinceramente, non o entendo...

Última hora ( 01-09-98) : outra vez envelenado. Mil troitas mortas por exceso de augas residuais nun tramo de 1 km.

O día 28-10-99 o alcalde do Carballiño quéixase dos 5 millóns de pesetas que ten que pagar de multas por verter augas fecais ó río Carrás, un afluente do río Arenteiro que baixa feito unha e que tamén contamina ó Arenteiro. O Alcalde vótalle a culpa á Xunta pola mala inversión , dice que os fondos estructurais de Augas de Galicia deben invertirse en obras de saneamento. Dende logo ten razón.

¿ Pero ? .Un desastre na miña opinión. Quen teña a culpa é igual, o caso é que non se resolven os problemas ano si e ano tamén. A política galega cos ríos é de Xuzgado de Garda. ¡ Xa está ben !.

En xulio do 2002 as cousas non cambiaron moito.

 

Estado de conservación:

Fotografía del Arenteiro. Julio 2002. Zona del coto de la sociedad.

 

Arenteiro e Marañao:

     Coto consorciado coa sociedade de pescadores do Carballiño. Pouco cuidado en xeral e cada vez con menos troita, pese ó esforzo que fai a Sociedade de pescadores do Carballiño. Ano tras ano hai vertidos que matan e arrasan. Este ano, fai pouco foi un vertido de sosa, que matou unhas 30.000 troitas. Para chorar.

O río Marañao recibe moita porquería de Cea, onde hai algunha fosa que virte directamente o río. Penoso.

Por riba da depuradora o couto non está mal, polo menos nótase cuidado e limpo, algo é algo...Por certo ten troitas, comprobado no ano 2004.

Niste tramo está situado un couto de réximen xeral.

arent81.jpg (36875 bytes)

Tramo do Carballiño:

     Para chorar. Esquilmado total. Din tardará 6 anos en recuperarse. Non o creo.

O dia 18-02-98 foi repoboado. Sin comentarios...

No Carballiño fixeron dous tramos de pesca, un intensivo que o parecer ten moito éxito, botan milleiros de troitas de piscifactoría (teñen un canal especial de criadeiro)  tódalas semáns. E un coto sen morte, no que a xente divírtese o parecer. O coto sen morte é un tramo que non chega o quilómetro.

No link de abaixo tendes fotografías deste complexo de muíños do río Arenteiro, por debaixo do Carballiño e que merece a pena coñecer. Fotografía Secundino Lorenzo.

Xusto por baixo están a reabilitar uns muíños e realmente a zona está quedando sensacional. Ver este link.

O río baixa sucio e Carballiño inda non depura como debera, veña que si a Xunta que si ...pero o río está feito unha pocilga e en algúns lugares cheira mal.

Ver fotografías de los cotos.

 

Por debaixo do  Carballiño:

Unha tristura. En Cabanelas o río mais ven parece un colector residual de augas, por suposto sin vida.

Neste lugar ten unha minicentral que traballa a tope.

Este río esta pedíndo a gritos una limpeza integral dende o nacemento, rematando dunha vez por todas cós vertidos.

Muiño de Moldes, S. Mamede. Boborás. Foto do libro Ourense-monumental.

Tramo previo á desembocadura no Avia:

      Sensacional, polo menos na primavera do 2002, un tramo de 4 kms. cuidadísimo, con gusto para facer unha zona de sendeirismo única. Descoñezo como lle pode afectar a porquería que ven do Carballiño, pero esta zona é sensacional, a pouco que as augas baixen depuradas.

Por debaixo do Carballiño o río Arenteiro é maravilloso, o Muiño das Lousas, o muíño de Moldes e unhas rutas de sendeirismo do mellor da provincia de Ourense.. 

A vella central hidroeléctrica do Inferniño. Río Arenteiro por debaixo de Moldes. Por certo teño unas fotografías desta minicentral (incribles e dun gran valor histórico).
......
Central de Turbinas do inferniño

Último tramo da desembocadura no río Avia. Sensacional. O máis bonito do río Arenteiro, catro kms. que da gusto facelos. Enhoraboa. Así se fan as cousas...... sin escarallalas..
Pozo dos fumes. Sensacional.

Xusto á carón desta ponte desemboca, en Pazos de Arenteiro o río Arenteiro no río Avia. Xusto neste lugar comenza unha ruta de senderismo que hoxe é sensacional e que vai camiño de ser unha das mellores de Galicia.

Ver fotografías do autor da www desta maravilla.

Desembocadura do río Arenteiro no río Avia en Pazos de Arenteiro. Fotografía de Secundino Lorenzo.

A 20 metros da ponte da Cruz desemboca o río Arenteiro. Augas arriba desta Ponte. Tamén comenza a ruta do "Pozo dos fumes" que merece a pena. Fotografía Secundino Lorenzo.

       Carballiño é marabilloso, pero debera ser máis cuidadoso có seu río, é unha riqueza todavía sin explotar.  O Concello debera invertir máis no río : é o mellor que ten o Carballiño. Indiscutible.

 

 

 

NOTA IMPORTANTE : (TODO ESTO É MENTIRA. XULIO DO 2002)

O dia 22 de novembre de 1998, La Región de Ourense trae unha noticia que merece a pena resaltar: " Os Municipios bañados polo Arenteiro e o Avia buscarán unidos fórmulas para sanear estos ríos". O parecer é unha proposta que inicia ADEGA en colaboración con outras asociacións, pretendendo o mismo tempo involucrar os Concellos limítrofes os ríos como Cea, Carballiño, Leiro, Ribadavia, etc.

Si está iniciativa vai para diante, seguro que dentro de pouco hai que cambiar o texto. Encantado.

¡¡¡ A MIÑA MÁIS CORDIAL ENHORABOA.- ESTE SIN DÚBIDA É O CAMINO !!!. En xunio do 2001 inda non se fixo nada.....palabras.

Recentemente ( xaneiro de 1999) o Alcalde do Carballiño, solicita a Medio ambiente tome cartas na contaminación do Arenteiro e invirta en depura-las augas. Medio Ambiente lávase as mans.

Sin comentarios.

Importante o 25-03-2000 a Xunta  comprométese a sanear neste exercicio os ríos Carrás (afluente do río Avia)  e Arenteiro.

Gran noticia, supoñendo que sexa certa e non un boom electoral. Así queda escrito para comprobación posterior.

---------------------------------

O único positivo e real, neste aspecto, é que o día 02-06-2001 fíxose unha limpeza de 2 kms. do río Arenteiro. Por certo en tres horas lograron recoller 2 toneladas de basura, entre Toscaña e a piscifactoría. Incrible.

Recolleron restos dunha moto e moitos sacos de basura...

Fotografía do río Arenteiro. J. Docampo.

 

--------------------------------

O demáis...palabras...e o río Arenteiro sufrindo todo.

TODO MENTIRA. O RÍO ARENTEIRO NON SE FAI NADA POR EL. DENDE O MARAÑAO PARA ABAIXO É UNHA POCILGA. XA ESTÁ BEN. ESTADES QUEIMANDO A GALIÑAS DOS OVOS DE OURO.

------------------------------------

En xulio do 2002 gústame un pouco o couto dos socios, polo menos vese limpo e con algunha troita... Non é o que era antes do desastre de Aquagest, por debaixo da ¿depuradora?, era unha gozada...hoxe non sei o que é.

Por certo 25 millóns de pts. non dan para moito...

A este tramo, por riba da depuradora? (ou arma de matar) dedícolle estas fotografías:

O camino está cuidado,  vexo  práctico, o río bastante limpo, e pedíronme a licencia e que enseñara as troitas, eso é moi positivo, gústame...Fotos do autor da www.

Outra vista do couto do Carballiño. Do couto de verdade. O outro non sei o que é, pero gusta moita a algunha xente. Refírome o couto sen morte e o couto intensivo.

salir.jpg (1925 bytes) Salir.