RÍO BARBAÑA EN OURENSE. UNHA POCILGA NO 2000

 

mapbar.jpg (43465 bytes)

O Río Barbaña é  O gran problema de Ourense.

Puntos negros: Polígono Industrial de San Ciprián ,Poligono Barreiros e máis de 40 cañerías que verten directamente no río, auténtica merda, mexos, augas fecais,..todo tipo de bolsas, plásticos, de todo... É normal últimamente atopar ata una carro da compra, ou un deposito da basura...calquera cousa.

O río Barbaña é a asignatura pendente de tódolos alcaldes de Ourense dende 1950.

Foi de mal en peor. Pero falta pouco, eu quero pensar en agosto do ano 2.000 que falta pouco, que o río Barbaña, volverá, moi pronto a ser un río...o río Barbaña...e que os ourensáns estaremos orgullosos dese río...

"O paseo do mal cheiro" , así se podería chamar ó que se ten feito ata o momento.

O Barbaña é o noso río de Ourense, repito, o noso río, temos que amalo e cuidalo ( Ver un artículo sobre o río Barbaña de Antonio Vázquez Martín. Sensacional. Moitas gracias Antonio. ).

 

 

Vista aérea del Río Barbaña en Ourense. Foto La Región.
RIO BARBAÑA.

Vista aérea. Os paseos construidos son realmente bonitos.

A pena é que o río non está saneado. Á altura da ponte de Ervedelo presenta un olor insoportable.

Moito mosquito...e moita porquería.

barb12.jpg (42831 bytes)
RÍO BARBAÑA 10-09-98.

Moita canalización, moito construir paseos nas súas orillas, pero o río baixa ruínoso, realmente cheira mal e está moi sucio, aparte está totalmente contaminado.

UN RÍO SIN VIDA.

UN MAL ESPECTÁCULO.

1999: sigue igual.

2000: sigue parecido, pero a auga vai moito máis limpa ¡¡ Sexamos optimistas!!

No 2003-2004 vai de penita, pena, nunca na miña vida o vin tan asqueroso...

Río Barbaña, río pocilga.
O día 14-11-98, Perla, Concellal do PSOE presenta una denuncia por contaminación do río Barbaña e Miño (nin caso).

Critica tamén a actuación de Aquagest encargada en Ourense da depuración, xa que a súa actuación deixa moito que desexar.

1999: o río sigue penoso

2000: moi mellorado o  Barbaña, o río Miño da pena.

Aquagest: non depura o suficente.

 
 
O río Barbaña e os seus alrededores podían e eu penso que serán o orgullo de Ourense. Pero ten que ser, xa, non pode esperar máis. ¡¡ Xa está ben !!.

A solución ós problemas do río Barbaña pasan:

cuadrito.gif (147 bytes) Pleno funcionamento das depuradoras actuais, con eliminación dos vertidos que quedan..
cuadrito.gif (147 bytes) Dragar o río ó menos 1 metro ou metro e medio de profundidade.
cuadrito.gif (147 bytes) Sustitución do leito do río e repoboacións, con peixes e troitas. e tamén anguías.

cuadrito.gif (147 bytes) No verán bombear auga do río Miño, xa que queda seco.

De momento non hai ni proxecto que acometa una solución integral .

 
 
Fotografía de xunio do 2000. O río Barbaña empeza outra vez a ter vida.

Na fotografía unha femia de parrulo salvaxe cos seus fillos.

No tramo entre a ponte do Pabellón e a Plaza de abastos xa criou esta parrula a súa niñada, eso é un bon síntoma.

 

 
 
Fotografía de xunio do 2000. O río Barbaña empeza outra vez a ter vida.

Na fotografía unha gallínula, galña de auga, este ano criaron algunhas entre a ponte do Pabellón e a casa de Baños.

Bon síntoma.

 
 
En xulio do año 2.000 hai un proxecto sobre o río Barbaña e tamén sobre o río Miño que pode ser a salvación deste río. Si este proxecto se leva a cabo, realmente, o alcalde Manuel Cabezas pasará á historia de Ourense e ó corazón de moitos ourensáns.

Dende esta página www estarei atento o seu cumplimento.

O proxecto rematará ( ó parecer)  con auténtica vida no río Barbaña, sin vertidos, depurando as súas augas, sin malos olores, en concreto e simplificando o   RÍO BARBAÑA VOLVERÁ A SER UN RÍO NESTA DÉCADA.

No 2004 o río vai impresentable.

 

Volver a ríos                                               Volver o río Miño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BARBAÑA. (Por Antonio Vázquez Martín ).

Este artículo aparece publicado na Región o día 23-xulio-do 2.000. Merece a pena reproducilo para internet. Coido que lle gustará o autor. As fotografías son un engadido do autor da www.

 

Vista aérea del Río Barbaña en Ourense. Foto La Región.

Este é o río Barbaña no paso sobre Ourense.

    Dous feitos motívanme a escribir sobre o Barbaña. O primeio é o vertido, ás veces temporal, de augas residuais da cidade na desembocadura sen pasar a depuradora - quizáis pola súa incapacidade- contaminando así o noso pai Miño. O segundo, o anuncio do presuposto dunha cantidade substanciosa para levar a cabo a limpeza do seu cauce. Son dous feitos antitéticos. Por un lado trátase de descontaminar, e polo outro, establécese unha barreira que atranca a comunicación ecolóxica entre os dous ríos.

Este é o vertido que hai xusto a 100 metros da desembocadura no Miño.

   O río Barbaña foi noutro tempo un contorno que asemellaba a aquela Arcadia dos gregos. Un pequeno paraiso de pastores e pastoras que gardaban os seus gandos nunha e outra orela, no medio dunha paisaxe verdescente e florida, comunicándose as súas coitas e reloucos amorosos en voz alta que amortecía o monótono discorrer das augas, entón transparentes e cristalinas. Tamén era un edén para os pescos. Abundaban peixes, troitas, anguías, escoitábase o croar das ras e frecuentábano aves e mamíferos acuáticos.

O pozo do inferno no Barbaña, preto do polvorín, o río que describe o amigo Antonio Vázquez, unha maravilla.

   Este río é o resultado de tres regatos que descenden polas parroquias de San Xulián de Figueiroá ( dende o alto do Nevoeiro),  Santa Baia de Golpellás e Cantoña. Recibe o nome do que pasa pola aldea de Barbaña ( Golpellás) e rega o val de Rabeda. Preto de Calvos, cal outro Guadiana, desaparece baixo terra, para voltar á superficie ó pouco treito. Descende por Seixalvo, Sevilla, Mariñamansa, Sila, Pozo do Inferno, Vila Valencia, Porto Carreiro, desembocando no Miño un pouco máis abaixo da Ponte Vella. Ten un só afluente regular, o río dos Muiños que nace na Mezquita, pasando por Pontón, A Valenzá, A Carballeira, xuntándose co principal preto do polvorín.

mapbar.jpg (43465 bytes)

Penso que o mapa pode axudar a comprender o que pón o texto. O río da dereita é o Barbaña. O río da izquerda é o da Mezquita, o que chama Antonio Vázquez o río dos Muiños.

 

   O paso pola ciudade atravesábano as pontes de Sevilla, Codesal, Pelamios, Pedriña e Lebrona.

   O caudal deste manso río aumenta considerablemente coas choivas do inverno e no verán experimenta unha dura estiaxe. En xullo de 1945 sufriu unha xigantesca crecida debido a unha tromba de auga que caeu no nacemento do dos Muíños, ocasionando graves danos, destrución de casas, pontes, cultivos e morte de animais e de varias persoas que foron arrastradas ata a desembocadura, algunha non apreceu máis.

    Mentras Ourense era unha pequena cidade conservou o seu caracter idílico. Co crecemento da población, perdeu aquela condición e transformouse nun vertedeiro de lixo onde desapareceu toda clase de vida e ó mesmo tempo nun foco de infección con emanación de pestilentes cheirumes. Coa chegada da democracia, vén sendo a súa recuperación un dos temas que expoñen os distintos partidos políticos nos seus programas electorais. Tense feito bastante: Recollida das augas residuais mediante a construcción de colectores, o paseo que vai polas súas beiras desde o Remedios ata o Pabillón Paco Paz, o hoxe fermoso Parque Barbaña, a mellora das augas coa depuradora do Polígono que facilita a presencia de bandos de parrulos silvestres, pitas de auga e dunha que outra troita que xa foi vista por uns ollos cheos de fantasía e peixiños que prateaban no fondo areoso.

        

Antonio Vázquez é un home que non coñezo, pero sin dúbida é realista. Efectivamente téñense feito cousas e os parrulos salvaxes e as pitas de auga vense no río Barbaña. As troitas e os peixiños débense sin duda a mentes moi optimistas e positivas....máis que avistalos e penso que imaxinan que ven.......todo é bon.....soñar non costa cartos.......e enriquece

    Débese continuar nesta labor, de xeito que nun futuro próximo o Barbaña poida compararse co Esgueva que atravesa a cidade de Valladolid, exemplo de recuperación ecolóxica. Neste traballo, os ourensáns debemos dar exemplo de civismo, tratando ó río como un lugar virxe, como algo que é noso, con cariño, manténdoo limpo, as depuradoras funcionando a cotío, facer desaparecer tódolos desagues nocivos e mellora-la vida nas súas augas con soltas de crías e unha vixilancia exhaustiva. Este ambiente de amor, de preocupación polo río, vímolo observando en moita xente que pasea polas súas beiras. Cando consigámo-la realización deste ideal, podemos decir que Ourense progresa, que en Ourense hai un verdadeiro progresismo.

Vista aérea del Río Barbaña en Ourense. Foto La Región.

Hoxe hai moita xente que pasea a beira deste río. Moita xente que sentimos o que moi ben dí Antonio Vázquez.

Gústame pasear polo río Barbaña. É a miña ciudade. Ourense gústame. Pero no ano 2000 cheira mal. Si Manuel Cabezas arregla este río terá a miña admiración como ourensán, si nono fai será un alcalde máis...