Río Miño en
Portomarín- Encoro de Belesar
(Fotografías Secundino Lorenzo)

Río Miño en Portomarín nunha baixada
de nivel espectacular
do encoro 29/10/2002.
Na marxen dereita
estaba San Xoán. A esquerda San Pedro. Os dous pobos foron
anegados sin avisar, ver as fotografías da xente retirando
enseres, na páxina que indico mais abaixo, e xa coa auga o pescozo.
Tódalas fotografías están sacadas o
día 29-10-2002 polo autor da www, Secundino Lorenzo.
Actualmente, ano 2017 volve a verse
esta situación, o encoro de Belesar está actualmente ó 22%.
O Río Miño en Portomarín era fora
de serie. Ese día tuven a sorte, ou a desgracia, de ver máis ou
menos como podía ser este río antes de 1957. O encoro estaba moi
baixo e permitía adiviñar. Un lugar marabilloso, unha vez mais, debaixo
das augas dun encoro. En frente miña, hoxe baixo as augas do encoro de
Belesar de Fenosa, estaba un pobo que no ano 1946 foi declarado
histórico artístico, e anos despois quedou asolagado. Hai cousas
díficiles de entender.
Moitas cousas de
Portomarin figuran nesta
misma web adicada ó río Miño e feita polo autor desta web,
o que escribe... Ese
día da miña visita sentín a necesidade de enterarme un pouco
do que pasou con Portomarin.
O final sentín vergoña...

Poño un anaco dunha fotografía
de Juan José Vega, actualmente no Archivo Histórico
Provincial de Lugo para situar ó pueblo e entender as
fotografías e como era de bonito Portomarín. A fotografía
está sacada dende o sur, rio abaixo; de sur a norte, a
esquerda queda a Iglesia San Xoán de Portomarín, que se ve
ben co rosetón, e a dereita San Pedro, no primeiro
término unha casa ben bonita e tamén o campanario da igrexa.

Vista de Puertomarin, anterior ó
encoro. Fonte: libro de Afonso Eiré, "Belesar o
orgullo de España".
-----------------------

Vista da Ponte que había en Portomarin para pasar o río, a máis
baixa. Tamén figura a segunda ponte, mais alta para salvar o
encoro actualmente. Ó fondo o
actual Portomarin.
Portomarín
foi unha vila preciosa. Bonita en verdade. Instalada á beira do Gran Río
de Galicia, do Pai Miño. Tiña a fermosura do sinxelo, que por sinxelo
era tan harmónico, tan perfecto,... e tan difícil de acadar e
arremedar voluntariamente.