O río Elwha un exemplo a seguir polo río Miño
O río Miño volvería a ser "Pai Miño"
Escribe Secundino Lorenzo.
No meu afán de buscar cousas de
calidade sobre o noso río Miño, atopo unha noticia sobre o río Elwha
en EEUU que xa me gustaría se aplicara ó río Miño. E penso por que non?
O río Elwha é un río de EEUU, do
estado de Washington, e que ten 72 km. Nace nas Olimpics
Montains e ten unha conca de 824 km2.
Hoxe, no 2018, está
perfectamente recuperado a pesar de que tiña dúas grandes
presas que xa foron demolidas.
Nota posterior (xuño
de 2019): comenza a tirarse a maior presa de momento en
Europa, no río Sélume a Presa de Vezíns en Francia.
Ver este link.
Copio literalmente algúns párrafos
da noticia:
La mayor demolición de presas en el mundo: los salmones regresan
al río Elwha
Un grupo de conservacionistas logró tras 26 años lo que parecía
una locura: la mayor demolición de dos presas en el mundo para
recuperar un río, 70 km. de río nada menos. Se trata del río
Elwha, que acogía en sus aguas una de las travesías de salmones
más espectaculares de Estados Unidos. Hoy, el río ha regresado y
los salmones también"

Encoro demolido en
parte no río Elwha en EEUU.
Esta presa
permite que os
salmóns, ata
cinco especies
distintas, estén
a subir como o facían en
tempos, ademais
está sendo
posible
recuperar
perfectamente o
río completo.
Descoñezo ó autor da fotografía.
..."
Los pequeños
salmones que se adivinan bajo el agua, minúsculos, serán la
primera generación que remonte de nuevo el río Elwha desde hace
más de cien años. No es que antes fueran perezosos en hacer
aquello para lo que están programados, sino que dos presas
frenaron de golpe su travesía. En un siglo, en este río de la
península Olympic, en la punta noroeste de Estados Unidos, donde
los salmones se contaban por cientos de miles, su población se
redujo en un 95%. Resignarse a perder lo que daba sentido a este
lugar estaba en los planes de todos menos de un puñado de osados
y concienzudos conservacionistas, que logró lo que todo un
condado, la poderosa industria papelera y políticos indiferentes
tildaban de idea peregrina: la mayor demolición que se conoce en
el mundo de una presa hidroeléctrica para recuperar un río.
El torrente de agua se
escucha cada vez con más fuerza a medida que nos acercamos hasta
lo que en 2014 fue una mole de hormigón de 64 metros de altura
encajada en un cañón entre increíbles montañas. Con paso
decidido y aire risueño, Shawn Cantrell camina hasta la pasarela
desde la que observar el espectáculo: el río cayendo libre en el
sitio que había ocupado la presa Glines Canyon desde 1927. Este
conservacionista de Seattle señala orgulloso el trozo de presa,
a un lado del cañón, que se decidió mantener en pie, ya inocuo
para el río, como testimonio del pasado superado. Desde ahí
arriba también se ve el nuevo paisaje que ha dejado la
demolición en las márgenes del río donde antes estaba el embalse
de agua plana: aún bajitos, estrenando espacio, una masa de
álamos temblones colorean el valle. Es la especie que se plantó
para recuperar el ecosistema y que ahora añade un nuevo tono de
verde a los más de 20 que aparecen ante la vista.
Cantrell estaba entre
el grupo de atrevidos que a mediados de los 80 pidió ante los
tribunales que se tiraran esta de Glines Canyon y Elwha, la otra
presa río abajo. La sola idea era una locura, pues ambas
funcionaban y eran rentables. ¿Por qué demolerlas? A medida que
seguimos a Cantrell a lo largo de este río de 72 kilómetros que
conecta los glaciares y el mar, el conservacionista no ahorra
detalles en contar cómo esas dos estructuras eran una barrera
infranqueable para los salmones que hacían a este río especial.
Por sus aguas no nadaba una, sino cinco especies de salmón: real
( Oncorhynchus tshawytscha), plateado (
Oncorhynchus kisutch), rojo ( Oncorhynchus nerka),
rosado ( Oncorhynchus gorbuscha) y chum (
Oncorhynchus keta). Cada una aprovechaba el Elwha para
desarrollarse durante una época del año; algunas lo hacían en
todas. Al nacer, los peces pasaban hasta dos años en el río.
Después, su espíritu aventurero los conducía decenas de
kilómetros hasta el océano, donde permanecían otra temporada
para después regresar, ya enormes, a reproducirse y protagonizar
una de las grandes travesías de salmones en Estados Unidos. Pero
las dos paredes frenaron de un golpe seco cualquier posibilidad
de futuro para ellos, y fueron desapareciendo."...

Outra imaxen.
Descoñezo ó autor da fotografía.
"...
A medida que el
Elwha vuelve, va integrando poco a poco todos sus elementos. Los
primeros indicios de los biólogos apuntan a un cambio en la
temperatura del agua. Las presas la caldeaban, pero ahora es más
fría, aunque harán falta años para confirmarlo. También está
recuperando su color, entre azulado, verde y gris en invierno y
transparente en verano; y su sonido. "¿Oyes eso?", preguntaba
Shawn Cantrell de Amigos de la Tierra a sus compañeros cuando el
río fluía ya libre. Se refería al sutil sonido del agua al rozar
contra las pequeñas piedras que antes no estaban, habían
desaparecido dejando solo grandes trozos de roca que producían
un ruido seco.
Ninguna de las
personas que protagonizaron esta odisea considera que lo que
aquí sucedió signifique que haya que tirar todas las presas.
Dicen que hay que ver caso por caso, pues la gente necesita
electricidad y en esta parte del mundo se produce sobre todo con
hidroeléctrica. "Para mí, la lección que deja el Elwha es que
los errores del pasado no tienen por qué permanecer para
siempre, podemos dar marcha atrás y arreglar las cosas",
concluye el conservacionista Cantrell. Pero en esta historia se
impone no tanto qué se hizo, sino cómo se hizo. El biólogo Crain
lo resume así: "Se logró construir una coalición de gente que se
puso de acuerdo en que demoler aquellas presas era lo
correcto"..."

Así está
quedando o
interior que por
suposto está
sendo tratado
dende todos os
puntos de vista..
72 kms de río
libres de presas
e onde o salmón
está a
responder...suben
a centos a
desovar...
Descoñezo ó autor da fotografía.

Outra fotografía. Descoñezo ó autor da fotografía.
Para ver o artígo completo, merece a pena, basta con pulsar este link.
Ver tamén este video para ter unha idea; neste caso no río Elwha tiráronse dúas presas:
Este video tamén merece a pena
velo.

A zona está a rexenerarse totalmente e o salmón parece
que sube masivamente. Descoñezo ó autor da fotografía.

Outra fotografía do río Elwha.
Descoñezo ó autor da fotografía.

O salmón está subindo novamente.
Neste río suben cinco
tipos de salmóns. Descoñezo ó autor da fotografía.
--0--
Que se podería facer co Río Miño?
Pois ben, despois desta pequena
información do que se está a facer en EEUU pasemos a soñar un pouco co
noso río Miño, río Minho dicen en Portugal, onde non fai moitos anos subian miles de salmóns,
sábalos, lampreas, anguías e un longo etc. e hoxe nada de nada. Os
poucos que suben non pasan do encoro de Frieira a 75,5 km. da
desembocadura. Que importa que pesquen uns cantos salmóns en Frieira,
eso é un engano para decir que se cumple a lei, as presas do río
Miño incumplen a lei totalmente e cando se fixeron, esas leis xa
existian; por outra banda a concesión non lle falta moito para que
se agoten os anos
(1)
nota explicativa sobre este tema.
É o momento de soñar, inda que algúns, como eu xa
teñamos que pensar nos nosos netos...pero é importante facelo e
temos xente en Galicia e no norte de Portugal que ó podería
lograr, todo é poñerse e reivindicar un proxecto que cada día é máis
posible, en moitos lugares está a facerse...
Soñemos un pouco.
Que pasaría si dende Os Peares non
houbese encoros que son os que están impedido o paso a estos peixes?. O
feito de comenzar nos Peares é trivial xa que Belesar é caso aparte,
é a Presa máis importante hoxe de Galicia e a súa producción está
fora de toda dúbida. A Presa dos Peares é coa Presa das Conchas a
máis vella de Galicia pero a súa demolición non faría gañar moito o
río Miño, vai moi encaixonado na zona e son poucos kms. e pouca
superficie. Polo lado do río Sil o mismo razonamento. Pensar en
demoler a Presa de San Estebo non ten moito sentido hoxe. O río Sil
eu penso que é irrecuperable...
Supoñamos que se fai ó mismo que no
río Elwha pero, neste caso, cunha presa mais. Concretamente os Encoros de Frieira,
Castrelo de Miño e Velle. Tres encoros de moi pequena producción xa que entre
os
tres non chegan os 360 MW, encoros ademais con mais de cincuenta anos,
penso que teñen unha concesión por 75 anos.
O mal que fan ó río Miño é
incrible e a súa rentabilidade é de risa...

Situación das tres presas, dende a desembocadura do
río Sil ata a desembocadura do río Miño. Son 150 km.

Serían 150 km. de río e unha
superficie de conca de 12000 km2. aproximadamente. Collería
moitos ríos e moi importantes. Penso en Ourense no río
Arnoia, no río Avia e moitos outros. En Pontevedra o río Tea e moitísimos mais...

Neste mapa están os 75,5 km. de
Portugal que se verían favorecidos así como a conca
corespondente, sobre 2000 km2.
Quedaría inmediatamente recuperada
unha extensión de conca do río Miño de aproximadamente 10.000 km2 e casi
150 kms. de río Miño dos 307,5 km. que ten, ou sexa casi a mitade.
A recuperación en 75,5 km. afectaría a
Portugal polo tanto habería que aumentar os 10.000 km2 con unha
extension bastante considerable con todas as concas dos ríos de
Portugal que verten as augas o río Miño: río Troncoso, río Mouro, río Gadanha e
río Coura. e todos os seus afluentes. Aproximadamente sobre 2000 Km2 mais. O
que daría un total de 12.000 km2.

Aquí comenzaría a recuperación do río Miño, nos
Peares. Fotografía de Secundino Lorenzo.
Todo sería cuestión de organización e
que se mova o tema con abogados, con xente competente da Universidade
que presente proxectos non so de demolición, que podería ser parcial
sinon tamén de volver a recuperar dende dende todos os puntos de
vistas os leitos dos encoros. Pódese conseguir moita xente implicada
tanto en España como en Portugal e todo sería cuestión de intentalo,
sobre todo dende as Asociacións actuais de pescadores do Baixo Miño e
outras e os politicos dos
pueblos limítrofes. O exemplo posto do río Elwha está claro, parecía
imposible pero conseguiuse; por que non co río Miño?.

Non cambiaría pouco esta zona de Castrelo de
Miño...Fotografía de Secundino Lorenzo.
Os beneficios serían evidentes dende
todos os puntos de vista, o río Miño volvería a ser o Pai Miño de novo,
con moitos engadidos como o turístico por exemplo. Recuperarianse moitos
muíños e aceas, moitos lugares de augas termais, e moitas
pesqueiras que xa fai
anos deberan ser "Patrimonio da Humanidade" e non ó son por razóns
que todos coñecemos; recuperaríamos a pesca do río Miño tanto a
pesca profesional, volvería a subir o "cocho do Miño" o sábalo que se
collían a miles e todos de catro kg. pra arriba, un negocio que crearía
empresas na nosa terra; recuperaríamos a pesca deportiva, o río Miño
volvería a ser o gran río de Europa (lembrar os ingleses que no seculo
XX ao principio viñan a pescar a Galicia, o que opinaban, hai libros
escritos do tema; iría a máis o noso turismo, dende os Peares ata Tui
poderíase ir en tren turísticos parando en moitos lugares e con moitas
activades, e suma e sigue...entre outras moitas cousas...
Actualmente, novembro de 2018
hai un Proxecto chamado Migra Miño-Minho que é ambicioso pero
que se queda corto, podédelo ver neste
link desta misma páxina.

Río Miño por debaixo do encoro de Frieira. Fotografía
de Secundino Lorenzo.

Últimos Kms. do río Minho dende o mirador de
Vilanova de Cerveira. Fotografía de Secundino Lorenzo.

A Foz do río Miño dende a capela de San
Antaô en Caminha. Fotografía de Secundino Lorenzo.
¡Por unha recuperación
Integral do río Miño nos últimos 150 kms!
¡Soñar, de momento, é gratis!
"Como
non sabía que era imposible, fíxeno"
A. Einstein
Volver a miña proposta sobre o
CIRMosoño, ou sexa o
Centro de Interpretación Río Miño nos Peares no ano 2050.
Supoñemos que se cumpliron os meus soños e decir o río Miño xa
non ten os atrancos dos encoros de Frieira, Castrelo e Velle.
Vamos a
conmemoralo cun centro de campaniñas nos Peares. Un centro de
interpretación do PAI MIÑO.
Volver á río Miño.
Volver
río Miño
(1)
Sobre o tema das concesións e a caducidade destas presas, fai pouco
asistín en Ourense a unha conferencia e escoitei cousas que resumo a
continuación, dando a miña opinión personal:
Persoalmente creo é o momento de
facer unha piña e reivindicar que as eléctricas cumplan coa lei, con
todas as leis, os caudais ecolóxicos que en moitos lugares non
cumplen, coas capacidades dos encoros que por regla xeral deben ser
iguais ou superiores o 15%, algúns incluso menos, coas caducidades
(os encoros tiñan legalmente soio 75 anos de explotación), as
ampliacións que fixeron son totalmente ilegais (moitas non cumplen
As Leis da Auga de 1985, que establecen como máximo 75 anos con
prórroga imposible), e cos canons de producción que non existen;
está claro o producto que emplean, a auga, que é dos nosos ríos, que
son, repito, nosos ríos (as augas son propiedade do Estado, e o
Estado somos nós)... Pagan un pouco de IBI pero non pagan mais, e
logo a electricidade cobran ó que lles da a gana.
Lembro algunhas cousas:

Así tiña que ir o río Sil por debaixo da presa de
Santo Estebo en 2010, pero non
Iba según a fotografía seguinte. Cando se ampliou a
potencia do mismo. O desastre ecolóxico foi monumental kms. e kms.
de río sin auga, e morreu todo ser vivente e non pasou nada.

Así quedou o río Sil por debaixo
do encoro de San Estebo no ano 2010. Por certo aquel ano o encoro
baciouxe totalmente para ampliar a explotación da presa ata o ano
2051 (data totalmente ilegal según as leis que estaban vixentes
naquel intre). Esto permitiu que San Esteban teña agora un permiso
ata 2055. Ninguén dixo nada. As augas lodadas chegaron a Ourense
cidade. A Ribeira Sacra, o catamarán e todo quedou inservible. Todo
coa conveniencia da Xunta e do Estado, a Confederación H. MiñoSil
daquelas non dixo nada, estaba totalmente de acordo, como non...

A Cubela no río Sil co embalse cheo. Descoñezo
ao autor

A seca aqueles días da ampliación. A Cubela
fot. Secundino Lorenzo
Digo ilegal xa que recentemente,
nunha charla que deu en Ourense o entendido no tema Félix García
de Pablos así no lo fixo ver, toda vez que os 75 anos que tiñan
todas estas centrais hidroeléctricas non son ampliables, e imposible
a orórroga según a lei de Augas de 1985. Pódese recurrir, a misma
lei da lugar artículos 153 e 154 a estudiar caso por caso e botar
abaixo moitas destas ampliacións, e revertir no futuro as súas
ganancias incribles a conta da nosa auga. Pero habería que poñerse a
montar a base legal, e non se está a facer. Estamos a perder o tempo
con parbadas...
Félix García de Pablos (La Región
3 de Xullo de 2021 "El
Doctor en Derecho denunció en Ourense la sangría de Naturgy, Endesa
e Iberdrola a cambio de nada) falou de que actualmente tiñan
beneficios de 800 millóns de euros (en Galicia e únicamente
deixaban en Galicia 12 millóns, a maior parte de IBI,
aproximadamente un 6%. Un chollo total. Podedes
oir a charla en directo Youtube neste link que seguro que quitan un
día destos.)
Félix García de Pablos deixou caer
unha cousa positiva como é que todas estas ampliacións poder ser
obxecto de modificarse e revisarse; non sei a que están esperando os
nosos políticos...a non ser que de algunha forma estén a favor das
empresas hidroeléctricas, que eu creo é evidente.
Volver.
|