Na fotografía dos Peares xa se
ve a nova ponte que permite conectar a Nacional 120 coa
estación dos Peares e así non ter que dar a volta,
os seus habitantes, pola presa dos Peares.

Outra fotografía do río Miño xa
coa nova ponte e neste caso pasando a Ponte da vía un
mercancías cargado de madeira.

Fotografía sacada dende a nova
ponte. Enfrente o río Sil, este día un pouco apagado xa
que o encoro dos Peares no río Miño estaba turbinando a
tope. Tanto o Miño como o Sil teñen encoros a 1,6
km. aproximadamente deste lugar.

Nesta fotografía do río Miño nos
Peares hai no mismo centro a desembocadura dun
terceiro río o río Bubal (ver onde se separan as árbores,
onde tamén se ve un pouco dunha ponte (que cruza o río
Bubal) e un muíño marabilloso que hai no lugar, a
Acea do Bubal). Pois ben a dereita da fotografía as
casas son dos Peares pero o Concello xa é Carballedo
e a Provincia é Lugo.

Nesta fotografía vese a desembocadura do río
Bubal e a Ponte que o cruza. Tamén a Acea do Bubal.

Fotografía do ano 2002, na que se
ven perfectamente os tres ríos, o Bubal en primeiro
término, que vai o río Miño. Enfrente a esquerda o río
Sil. Fotografía tamén do autor da web.

A Acea do Bubal un muíño-central
hidroeléctrica na parte dereita do río Bubal e que
merece a pena visitar nos Peares. Ver tamén a 5ª ponte
dos Peares. Esta cruza o río Bubal e reinicia un
sendeiro pola marxen esquerda do río.

Nesta fotografía pode entenderse por
qué o río Miño se considera o río Principal, tendo en conta
o "principio de perceptoloxía" aplicada neste casos os
ángulos na confluencia dos dous ríos. Podedes ver a
explicación no apartado de Caixón de Sastre
desta misma páxina web.

Río Miño. A liña de ferrocaril une
Ourense e Monforte de Lemos. As casas de arriba a esquerda
pertenecen a Carballedo (Lugo). As de abaixo a
esquerda a Peroxa (Ourense). As da dereita a Ferreira de
Pantón (Lugo). O tellado do centro a Nogueira de Ramuín (Ourense).

Outra vista dos Peares. Río Miño.

Río Miño.

Río Sil
entrando no río Miño. A
estrada da esquerda leva a Santo Esteban de Ribas do Sil, o
Ferrocarril subindo o río Sil a Monforte de Lemos. A
fotografía está sacada dende a estrada que leva a Pombeiro.
No medio hai unha ponte, máis baixa,
da antigua estrada de Ourense a Monforte. A ponte grande é
da actual N-120.

El río Sil marca nos Peares a "Ribeira
Sacra do Sil Ourensán" ou a "Ribeira sacra do Sil lucense"
según pola beira que subamos. Calquera das dúas son
auténticas xoias paisaxística e do románico. Un canón único.
A ponte que se ve é a do río Sil que foi a primeira que se
fixo.

Fotografía do río Miño, poucos metros
por debaixo do encoro dos Peares. A partires deste punto
está a "Ribeira Sacra do río Miño" cunha paisaxe incrible e
un románico para ver e disfrutar. O Canón do río Miño é unha
marabilla. Aquí vese xa a nova ponte sobre o río Miño.

Fotografía dende o pequeno mirador que
hai subindo pola estrada á Peroxa, a fotografía é distinta
as anteriores e permite ver o río Sil e o comenzo do canón
do mismo nome de frente, e o río Miño a esquerda
e casi ver o encoro dos Peares, así como o comenzo do canón
do río Mino.
Tamén as casas correspondentes os
catro concellos

Dende o mismo mirador vese o río Miño e
a nova ponte, que moitos chaman Ponte Feijóo.
Nota: nesta web
sobre o río Miño hai un artigo adicado o libro
"Un verán en Galicia" de C. Gasquoine
Hartley, escritora inglesa e pescadora de
troitas e salmóns que xunto o seu marido, pescador tamén,
pasou uns días nos Peares no ano 1911. Unha xoia de
texto ó que puxen unhas fotografías antigas marabillosas.
Botarlle un vistazo, o texto e as fotografías.
Nota:
nesta misma
web no apartado de Pontes do río Miño tendes as
características destas pontes e a súa historia, tamén
moitas fotografías, algunhas sacadas xa no ano 2022.
Volver
á río Miño
Volver
a río Miño