Encoro de Sela Non

Salvemos ó río Miño

 

Fotografía reivindicando  que salvemos "O río Miño", no centro o representante e Presidente da Coordinadora de Ourense que nos representou naquel intre, Alberto Prego. Alí estuvemos os amantes de corazón dos nosos ríos e creo que logramos algo...

Boa noticia en febreiro de 2020, seica oficialmente que o encoro non se vai facer xa que está iniciado o expediente pola Confederación Miño-Sil de extinción do dereito. Ver o boletín oficial e os datos na prensa.

 

Escribe Secundino Lorenzo.

 

    hoxe    

 

De todos é sabido que FENOSA (onte chamábase Gas Natural Fenosa), hoxe no 2019 xa se chama Naturgy Energy Groop S.A., abreviadamente Naturgy,  ten en exclusiva a explotación  do río Miño dende os anos corenta do século XX,  o Encoro dos Peares é do (23/08/1943), Cinco son os encoros feitos por FENOSA ( hoxe Naturgy), dende Belesar, por debaixo de Lugo, pasando polos Peares, Velle, Castrelo de Miño ata chegar a Frieira, onde comenza a raia mollada, que separa España e Portugal a 75,5 km. da desembocadura do río Miño no mar.

Ata non fai moito, finais dos anos setenta,  Fenosa en relación e comandita  con EDP  electricidad de Portugal, xa que son augas internacionais, estuveron para rematar inda mais o río Miño, pretendendo facer outro encoro en Sela. Outro encoro sin pés ni cabeza, e cunha oposición moito maior que os anteriores. Por sorte de momento este encoro non se fixo, e non debera facerse no futuro; pero ollo debemos estar atentos en calquera momento póñense a teimar con este encoro... Ese tramo e outros mais arriba deberan ser hoxe patrimonio da Humanidade, hai neles centos de Pesqueiras (construcións romanas para a pesca da lamprea principalmente, pero tamén caen  salmóns, sábalos en tempos, etc) tanto en España como en Portugal, moitas inda traballando e outras esperando unha reahabilitacións que están tardando moito... Hai tamén hoxe un plan europeo para a rehabilitación integral dese tramo de río, de 75,5 kms.,  que comparte España e Portugal con Europa. O plan Migra Miño que fai imposible? pensar neste encoro de Sela hoxe en día. Ver este link.

En opinión desta páxina web e do que escribe, Secundino Lorenzo Fernández, non soio non se debera facer ese encoro si non que deberíamos loitar todos os galegos e todos os amantes da nosa natureza por que os encoros de Frieira, Castrelo e Velle, foran destruidos na totalidade ou en parte,  de forma que cumpliran así a lei que obliga a subir as especies migratorias. Ver este link onde se explica a posibilidade. Soio faría falla non renovar a licencia...

 Por suposto estos encoros teñen data de caducidade,  data que están ampliando actualmente en base a facer minicentrais nas mismas presas, co beneplácito da Xunta, seguramente vendidos o mellor postor... Ningún deles permite subir as especies migratorias como os salmóns, reos, anguías, sábalos e lampreas para que cumplan o seu ciclo de vida. Polo tanto non cumplen as leis que sempre existiron. incluso na época de Franco (Francisco Franco mandou poñer a lei nos contratos, pero el sempre viu que non se cumplía e pasou de todo...). Calquer encoro debe permitir pasar as especies migratorias. Estos encoros afectan a un 72% do canle do río Miño, de momento.

Ascensor de subida, ex-catedra,  de salmóns. Un timo a todos os galegos, xa que foi cofinanciado pola UE, Proxecto LIFE 99.

Antes anos 70-80 tiñan este sistema. Contáronme que non subiu ningunha anguía...

Proxecto "Sabe Deus 99" un cachondeo...

Lóxico que non subiran as anguías.

A Xunta de Galicia debería loitar, goberne quen goberne, polo río Miño e por cumplir as leis...¡Xa sei que non ó fan!... Non ó fixeron nunca dende 1978, sempre a enganar os galegos con tonterías que non funcionan...o ascensor marabilloso ex-cátedra?, antes a escala de anguías, hoxe a subida a un caldeiro grande na minicentral de Frieira...seica collen salmóns e todo...e moita TVGA...e veña a engañar a catro parvos... De varias toneladas de anguías que tiñan que subir igual collen 100 kg...De varios centos de salmóns que sempre subiron pois igual media ducia...

Eu síntome roubado. Inda por riba agora demóstrase que sin ter en conta molinillos e outros tipos de obter electricidade, soio en base a auga dos ríos,  teñen un beneficio de máis de 800 millóns de euros o ano, dos cales deixan en Galicia en IBI, IAE e outros canóns soio un 7%; vamos...o timo da estampita...

Hoxe fixeron esta ampliación en Frieira e esa entrada que se ve para salmóns...

Outro parche...E así pasan os anos e amplian os seus permisos de concesións a punto de caducar.

E así se perpetuan...Ver este artigo.

Hoxe a estos encoros chámanlle "rías interiores"; a verdade que os que dicen eso demostran ben pouco coñecemento do que é unha ría galega, cunha vida total, e un encoro cunha vida super-limitada e nula para as especies migratorias e outras como a troita...Os encoros son bons para os donos das centrais eléctricas, nada máis...

Estos son os encoros actuais de Fenosa (Naturgy) no río Miño.

O de Sela era un proxecto de Fenosa con EDP  no tramo do mapa indicado con 75,5 km. en Sela, afectando as Neves, Melgaço, etc.

Espero non se faga nunca.

Estos días de xullo de 2019 atopo esta editorial que fala da loita do encoro de Sela. Pola miña banda:

¡Gracias a todos amigos!

 

Pois ben, fai uns días foi presentado un trailer do  documental sobre a loita que sostuveron os veciños de Sela e as Neves e os Portugueses de Melgaço e Monçao  e moita mais xente en contra deste encoro.

O documental presentarase dentro duns días, concretamente o 9 de agosto e a autoría é do nevense Adrián González. Chámase "O Salto" e narra as loitas que se iniciaron a finais dos anos setenta ata hoxe en día.

Felicitar o autor e deixar esta páxina sobre o río Miño aberta para ó que queira Adrián. Gustaríame ofrecer nela un trailer un pouco máis amplio, ou o documental completo, pero repito deixo nas súas mans...

De momento podedes ver o trailer neste link.

Hoxe 21 de decembre de 2020 vexo que puso a pelicula en internet, un regalo para todos. Doulle as grazas a Adrián Glez. polo seu gran traballo.

  

 

 

   Título - data: O Salto 16/03/2020 Autor Andrés González.- Duración do vídeo:  59:52 Comentario do video: "O Salto es un documental que recoge cómo la fuerza popular paralizó la construcción de un embalse en el tramo transfronterizo del río Miño, lucha que comenzó a finales de los 70s y duró a lo largo de 30 años. Narrado por los propios protagonistas de la historia, va recorriendo las diferentes etapas de esta oposición y poniendo en valor todo lo que el río Miño da a esa región del sur de Pontevedra" . Realización: Adrián González Fernández (Diaño Filmes) Info. Diaño Filmes Facebook: https://www.facebook.com/DianoFilmes/ Instagram: @dianhofilmes Volver a Río MIño

 

 

Ampliación noticia de que o encoro de Sela non se fará.

 

Efectivamente o encoro de Sela parece que non se vai facer:

No Boletín oficial da provincia de Pontevedra pode verse esta gran noticia, ver este link https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2020/01/29/2020004515

Este é o texto:

"

INFORMACIÓN PÚBLICA

De conformidad con lo dispuesto en el artículo 165 del Reglamento del Dominio Público Hidráulico aprobado por Real Decreto 849/86 de 11 de abril, la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, ha acordado iniciar de oficio expediente de extinción del derecho al uso privativo de las aguas por incumplimiento de los plazos previstos en la concesión sobre la que no constan servidumbres, cuyas características esenciales son las siguientes:

• Expediente: H/36/01213/EX/19

• Asunto: Extinción del aprovechamiento de aguas del Salto del Sela

• Destino del aprovechamiento: Producción de energía eléctrica

• Estado Actual: No construido

• Titular: UNIÓN FENOSA GENERACIÓN, S.A.

• C.I.F. nº: A82059833

• Domicilio: Avda. San Luís 77, 28033 Madrid

• Nombre del río donde se derivan las aguas: Río Miño

• Caudal concesional: 65.000 l/s

• Paraje, término municipal y provincia: Crecente, Arbo y As Neves (Pontevedra)

• Título concesional: Orden Ministerial

• Fecha: 22 de diciembre de 1.978

• Nº Inscripción Registro de Aguas: 10372, Sección “A”, Tomo 0104, hoja 072.

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de UN (1) MES, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra , a fin de que los que se consideren afectados por la extinción de la referida concesión, incluidos los titulares del derecho, puedan manifestar lo que consideren conveniente, durante el indicado plazo, en los Ayuntamientos de Crecente, Arbo y As Neves (Pontevedra), en la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (Comisaría de Aguas, Servicio de Aprovechamientos Hidroeléctricos y Seguridad de Presas, Rúa Baixada de Outeiro, 2, entrechán -32005-OURENSE), o ante el registro de cualquier órgano administrativo y demás lugares previstos en el artículo 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Documento firmado electrónicamente.

El jefe de servicio

Jorge Gutiérrez González

--0--

Desde texto  parece que se desprende que se inicia o expediente de extinción do dereito.

 

 

A noticia chega moi tarde, soio unha de cada tres pesqueiras funciona nese tramo. É lóxico cando se sabía que todo podería desaparecer. O río foi a menos cada ano xa que está moi afectado polo encoro de Frieira. Eso sí, hoxe está a poñerse en valor, esperemos que con éxito...

Inda no 2011 as dúas empresas que tiñan os dereitos Fenosa e EDP (electricidad de Portugal) falaban de que se levaría adiante. Ver este link que fala dese tema e das loitas que houbo en contra.

Hoxe en febreiro de 2020 a noticia é outra, esperemos que sexa definitiva:

Ver este link do Faro de Vigo. 08/02/2020.

 

 

Volver á río Miño.                  Volver río Miño       Volver a E. Sela