Agora
resulta que a prensa local saca o tema das centrais e minicentrais que
imperan en Galicia, e concretamente en Ourense e que son tratadas por
primeira vez como "o negocio do século XX" e "un desastre para
os ríos galegos".
Horas
sexan...pero penso que é tarde, moi tarde...
Dende 1948 os ríos galegos están a expensas do que
digan as grandes empresas que os explotan a tope: Fenosa (hoxe Naturgy),
Iberdrola, Endesa, que levan o 95% do pastel e moitas pequenas
empresas que en xeral son as donas das minicentrais que levan o outro 5%.
Resultan que chegan, estoume referindo a unha
editorial publicada estos días polo diario La Región de Ourense, a unha conclusión despois de 75
anos, básicamente:
1.-
Son e fan o negocio do século. Fálase actualmente de máis de 800 millóns
de euros de beneficio sin ter en conta os molinillos e outras formas de
obter electricidade. Cálculo realizado por Félix García de Pablos que é
no que estima os beneficios directos, que seguro é moitísimo máis
elevado...
2.- Non deixan como canóns practicamente nada, un
pouco de Ibi, o IAE e nada máis. Quedan en Galicia sobre 12 millóns de
euros. Un 6% dos beneficios. O timo da estampita. É certo que algúns
concellos con este Ibi son ricos, como Vilariño de Conso, pero a verdade
que son faragullas para o que terían que pagar...
3.- A cambio teñen os ríos esquilmados, non hai mais
que ver o río Sil e o río Miño, 90% da súa conca totalmente inservible,
salvo para producir electricidade; e moitos mais ríos que están
defenestrados por non decir outra cousa... Onde hai
minicentrais os ríos fai anos que están desfeitos. Os danos os sistemas
fluviais son máximos. Aparte a calidade da auga cada vez é peor.
4.- Son os amos dos ríos ver por exemplo as
caducidades e como inventan para seguir tirando do teto do diñeiro, e
incrible como amplian e consiguen máis anos de utilidade, ver a tabla
seguinte na provincia de Ourense. Os gobernos sucesivos non fan
absolutamente nada, parece que están completamente ao servicio de
estas empresas, deixan facer...Vamos, para pensar calquera cousa sin
temor a equivocarse. Soio
privilexios para eles...
Ver esta tabla actual, xaneiro de 2021 na provincia de Ourense e como
están as concesións:


Pasan de sesenta entre Grandes encoros e
minicentrais na provincia de Ourense. Unha desfeitas dos nosos ríos sin
dar casi nada a cambio. Non chega o 7% dos beneficios o que deixan en
Galicia; eso si os ríos totalmente defenestrados.