ANO 2016. FEBREIRO. O MIÑO COMENZA A DESBORDARSE.

 

A historia do que está a pasar está na mente de todos os que vivimos en Galicia hoxe, leva chovento a caldeiros dende fai máis dun mes, sigue a chover e agora sigue a nevar. Os encoros están o 90% e os ríos van todos desbordados. Os encoros están a controlar estas cheas do río Miño e o Sil pero eu teño as miñas dúbidas de que o control sexa total. Os encoros que marcan a pauta están moi cheos e son no río Miño Belesar  606 hm3/655 hm3, 92,5%  . No río Sil hai dous temibles San Estebo 190/213, 89% e por último as Portas 524/536,  98% terrible este último. Datos do día 11 de febreiro, por certo San Estebo estaba descargando...Que pasará coa neve que está inda caendo?...

Que pasará cando a neve pase os ríos, sobre todo da zona oriental de Ourense?

Estarei atento...

O final non pasou nada. Estas son as fotografías:

De momento o sábado 8 de febreiro de 2016 o río Miño iba deste xeito; 6,8 m. por riba do normal, o encoro de Velle botando  3143 m3/s.  Esto vai a máis. Veremos como remata. Fot. S. Lorenzo

Outra imaxen do río Miño. Sacada dende a Ponte Vella. 09/02/2016. Fot. S. Lorenzo

Outra imaxen do río Miño. Seguirá...

Outra imaxen do río Miño. Seguirá...

 

Non é comparable. Chea do 1979. Aquí iba moito máis cheo...

De momento os datos desta enchenta ou enchente son pequenos en comparación con outros anos, o día 09/02/2016 a presa de Velle chegou a soltar  2.400 m3/seg o que supón unha subida de 6,8  m. nada parecido os 6.000 m3/seg de decembro (días 6 e 7) de 2000; tamén o 5 de xaneiro do 2001.

Record que pasou o 14/02/2016 a 3.143 m3/seg.  que de momento é o record histórico deste século según o anuario de Aforos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS).

 

 

 

Fotografía do 05/02/2016. Secundino. O río baixou bastante.

Fotografía do mismo día Félix Valeiras.

 

Nesta fotografía vese como iba o día 12/02/2016 con respecto o normal que é a fotografía da esquerda. Na da dereita inda se ve o teito da acea.

 

Ver tamén este video de Youtube, que firma La Región,  e que mostra a enchenta do río Miño poloa marxen dereita, río abaixo, acea  das Veigas e Outariz.

 

Volver a enchentas