La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.  AVISOS COORDINADORA   -   SOS  La www de N. Fabian. Fotografía de esa www.

As talas fanse tódolos días, no se mira qué: carballos, freixos, salguieiros, amieiros, todo vale. Unha desfeita. A coordinadora denuncia as talas e os lumes. ¡¡ Que vergoña!!

Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña  

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS (Pontevedra) 

e-mail: rioumia @ navegalia.com    o    kabalos @ teleline.es  

¡Encoro NON! ¡Embalse NO!  

COMUNICADO DA COORDINADORA

  A Coordinadora Anti-Encoro informa que no dia de hoxe oito propietarios da Asociación de Propietarios ENCORO NON presentaron denuncia formalizada por avogado e procurador contra o enxeñeiro, encargado e operarios de Dragados que levaron a cabo as talas de árbores, desmontes e outros danos en propiedades particulares a pasada semana, así como contra as forzas da Garda Civil que protexeron ditas actuacións.

 

Asi mesmo a Coordinadora informa que na tarde de onte varios membros deste colectivo avisados por veciños de Segade atoparon a tres traballadores de Dragados plantando lume con ramas de árbores recentemente talados na ribeira mesma do río, feitos que foron denunciados á Garda Civil que fixo presencia no lugar e levantou o correspondente atestado.

 

Unha vez máis a Coordinadora denuncia a destrucción da paraxe de Segade e a total pasividade do SEPRONA e da Consellería de Medio Ambiente ante todo o que está sucedendo na zona.

 

 

 

 

Caldas de Reis, 13 de febreiro de 2001

 

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS

                                              

 

As ribeiras do Umia están quedando arrasadas.

A fotografía mostra a parte de arriba da Ponte Areal.

Un lugar maravilloso que queda defenestrado.

A Consellería de Medio Ambiente : calada.

Esto non é o Medio Ambiente.

........

 

A pasividade da Consellería de medio Ambiente de Galicia é patética. O Sr. del Álamo ve como se está a destruir unha paraxe do mellor de Galicia e non abre a boca.

¿A quen defende ?.

Sin lugar a dúbidas os destructores de Galicia.

Non sabemos que "pinta" o frente desa Consellería.

Lamentable..........

Salir                                                              Sair