COMUNICADOS DA COORDINADORA 16-03-2001

"Ponte do Areal. Río Umia. Caldas de Reis, Cuntis e Moraña." "Encoro non"

Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña  

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS (Pontevedra) 

e-mail: rioumia @ navegalia.com    o    kabalos @ teleline.es  

 

  COMUNICADO URXENTE DA COORDINADORA

 

A Coordinadora Anti-Encoro comunica que hai pouco menos dunha hora acaban de recibir un AUTO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA PARALIZANDO DE NOVO AS OBRAS DO ENCORO, en virtude do recurso de súplica presentado a pasada semana.

 

No razonamento o Tribunal fundamenta tal decisión excepcional e provisionalísima  a petición dos avogados en que a Xunta estaba realizando obras de peche parcial do muro da presa e para “garantir a execución provisional da sentencia ....”.

 

Polo tanto a Xunta NON PODE REALIZAR NINGÚN TIPO DE TRABALLO NO ENCORO alomenos ata  a decisión que se adopte despois do vindeiro martes, dia 20, ás 12,30 horas en que están citados a unha vista os avogados da Xunta e os dos veciños.

 

A Coordinadora considera este novo pronunciamento do Tribunal como unha indudable victoria nesta loita tan desigual tendo en conta os medios de que dispón cada unha das partes.

 

Por último a Coordinadora ten a esperanza de que o empecinamento de Fraga e Cuíña en facer esta obra prexudicial e innecesaria que o único que fai é encher de traballo ós Xulgados e Tribunal  teña a súa resposta contundente tanto de reprobación social como Desde a Xustiza.

 

Caldas de Reis, 16 de marzo de 2001

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS

 


  salir.jpg (922 bytes) Saír o Umia.
                                                        
  salir.jpg (922 bytes) Salir al  Umia.