AVISOS COORDINADORA   -   SOS  

 ¡¡ ENCORO NON !!

¡¡NON A DESFEITA DAS RIBEIRAS DO RÍO UMIA !!

Coordinadora Anti-Encoro de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña  

Apartado de Correos, 21 - 36650 - CALDAS DE REIS (Pontevedra) 

e-mail: rioumia @ navegalia.com    o    kabalos @ teleline.es  

¡Encoro NON! ¡Embalse NO!  

 

  COMUNICADO URXENTE DA COORDINADORA

 

A Coordinadora informa que esta tarde foilles comunicado o Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do TSX.

 

En dito fallo, que recoñece sen dúbida ningunha que as sentencias de abril de 1999 son plenamente aplicables a tódolos propietarios e non só ós cinco recurrentes, (ó contrario do que ten dito reiteradamente a Xunta de Galicia), desestima, por outra parte, a petición de execución provisional formulada por catro propietarios que no pasado mes de xaneiro foron obxecto, entre outros,  de ocupacións, en base a que non queda debidamente acreditado que tales propiedades estean afectadas polo encoro, levantando a suspensión cautelar de paralización das obras en tanto non se demostre este extremo.

 

A valoración da Coordinadora é que este Auto, de 8 follas,  é confuso e contradictorio xa que mentras por unha parte dalle a razón ós avogados dos veciños que desde o primeiro momento interpretaron que a sentencia ten virtualidade non só frente ós recurrentes senón frente a calquera persoa que resulte beneficiada ou prexudicada polo fallo,  por outra permite á Xunta que continúe as obras provocando así danos irreversibles nas propiedades que o mesmo Tribunal dí que poden pedir a execución de sentencia e polo tanto non poden ser ocupadas.

 

A Coordinadora mostra a súa satisfacción na parte do Auto que lle quita a razón á Consellería cando afirmaba que as sentencias só afectan a cinco propietarios, pero manifesta a súa sorpresa porque o Tribunal esixa ós propietarios que demostren que as fincas onde foi talada a madeira por DRAGADOS para a “limpieza do vaso do encoro” son afectadas pola obra, cando foi dita empresa a que lle entrou para talar a madeira, sendo esta a mellor proba de que as fincas están afectadas, e nembargantes non esixa á Xunta que probe que pode ocupar legalmente esas propiedades.

 

Este Auto será recurrido polos avogados de maneira inmediata invocando unha vez máis a afectación das fincas en cuestión e de tódalas demáis que existen ó longo dos 6 km. da cola do encoro, presentando tódalas probas que sexan necesarias e confiando en que con tanta demora xudicial non se chegue demasiado tarde.

 

Caldas de Reis, 6 de marzo de 2001

 

 

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Apartado de Correos, 21 – 36650 – CALDAS DE REIS

 

 Aclaracións:

A Xunta pode pechar o encoro do Umia 



A Coordenadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis e Moraña considera que o último auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o encoro do Umia, coñecido o 6 de marzo, "é confuso e contradictorio xa que, mentres por unha parte dalle a razón ós avogados dos veciños que desde o primeiro momento interpretaron que a sentencia ten virtualidade  non só fronte ós recorrentes senón fronte a calquera persoa que resulte beneficiada ou prexudicada polo fallo, por outra permite á Xunta que continúe as obras provocando así danos irreversibles nas propiedades que o mesmo Tribunal di que poden pedir a execución de sentencia e polo tanto non poden ser ocupadas". 

O auto "
recoñece, sen dúbida ningunha, que as sentencias de abril de 1999 son plenamente aplicables a tódolos propietarios e non só ós cinco recorrentes, ó contrario do que ten dito reiteradamente a Xunta de Galicia".  Porén, desestima "a petición de execución provisional formulada por catro propietarios que no pasado mes de xaneiro foron obxecto, entre outros, de ocupacións, en base a que non queda debidamente acreditado que tales propiedades estean afectadas polo encoro, levantando a suspensión cautelar de paralización das obras en tanto non se demostre este extremo".

A Coordenadora,  "mostra a súa satisfacción na parte do Auto que lle quita a razón á Consellería cando afirmaba que as sentencias só afectan a cinco propietarios, pero manifesta a súa sorpresa porque o Tribunal esixa ós propietarios que demostren que as fincas onde foi talada a madeira por DRAGADOS para a "limpeza do vaso do encoro" son afectadas pola obra, cando dita empresa foi a que lle entrou para talar a madeira, sendo ésta a mellor proba de que as leiras están afectadas". O auto non esixe a Augas de Galicia "que probe que pode ocupar legalmente esas propiedades".

A Coordenadora anuncia que o devandito auto será recorrido inmediatamente "invocando unha vez máis a afectación das leiras en cuestión e de tódalas
demais que existen ó longo dos 6 quilómetros da cola do encoro, presentando tódalas probas que sexan necesarias e confiando en que con tanta demora xudicial non se chegue demasiado tarde". 

  salir.jpg (922 bytes) Saír o Umia.
                                                        
  salir.jpg (922 bytes) Salir al  Umia.