24-03-2001

(c) S.L.F.

Vovel a la página "O encoro do Umia"

EL TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALIZA : DICE ADELANTE AL ENCORO DEL UMIA.

 

Nota de Prensa:

 

El TSXG dice adelante a las obras. En la fotografía el encoro a tope. REALMENTE SIEMPRE HICIERON LO QUE LES DIÓ LA GANA, CON Y SIN EL TSXG.

El TSXG decidió ayer levantar la suspensión provisional sobre las obras del embalse del Umia.

La sala al parecer desestimó un recurso de tres vecinos que pretendía una paralización más prolongada y cuya resolución había provocado hace una semana el acuerdo provisionalisimo de parar los trabajos. 

En el auto se afirma que se pueden continuar las obras yaa que no persisten las circunstancias de urgencia que provocaron la anterior decisión y que al contrario, las adversas condiciones metereológicas aconsejan levantar la suspensión para que el embalse pueda contribuir a paliar las inundaciones de la zona. 

 

La Xunta, de momento se sale con la suya.

La Xunta anunció que, coordinadamente junto con protección civil y el Concello, establecerá la explotación de la presa para "evitar o asolagamento de Caldas".

-----------------------------------------------------------------------

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordó desestimar el recurso de súplica interpuesto por los propietarios afectados por las ocupaciones de las fincas del embalse, que habían solicitado la paralización de los trabajos.

Esta decisión implica que la Xunta puede proseguir con las obras de acondicionamiento del embalse del Umia. Según informa la propia Administración autonómica "gracias al embalse y con la coordinación de Augas de Galicia, Concello y Protección Civil, se van a evitar las inundaciones de Caldas".

El auto dictado por el TSXG, se fundamenta en "la falta de legitimación de los propietarios de las fincas, ya que la documentación presentada ante el Tribunal no acredita su legitimación-probatoria", con lo que el tribunal acordó desestimar el citado recurso de súplica.

El TSXG ha decidido también desestimar la medida especial de convocar a las partes para no perjudicar en el futuro a alguno de los implicados en el proceso, toda vez, que una vez anegadas las fincas la situación es irreparable.

Respecto a este término el Tribunal adoptó esta decisión basándose en que "las adversas condiciones meteorológicas aconsejan el levantamiento de la paralización de las obras, para que el embalse pueda contribuir a paliar la situación de inundación que sufre la zona, por lo que deja sin efecto el acto de medida provisionalísima acordada anteriormente".

Esta decisión del Tribunal de no paralizar las obras del embalse con el fin de que puedan evitar las inundaciones del casco urbano, desataron todo tipo de reacciones en la villa.

El Tribunal Superior asume que la presa del Umia ayudará a paliar inundaciones

Dos nuevos autos levantan la suspensión de las obras y desestiman otro recurso vecinal para paralizarlas
El Tribunal Superior de Xustiza acordó ayer levantar la suspensión de las obras de la controvertida presa del Umia dictada el pasado día 16 y rechazó paralelamente el recurso vecinal que pretendía prolongar la paralización. La sala sostiene no sólo que ya no persisten las circunstancias que la indujeron a decidir el parón, sino que las adversas condiciones climáticas aconsejan reanudar los trabajos «para que el embalse pueda contribuir a paliar la inundación». La Xunta anunció ayer que buscará «a mellor forma de explotación do encoro para evitar o asolagamento do casco urbano de Caldas de Reis».


Hasta aquí las notas de prensa.

---------------------------------------------------------------------------

 

Evidentemente ante un comunicado que es pura contradicción la coordinadora recurrirá:

 

 

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Salir esp.                                          Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír gal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OPINIÓN DE S. LORENZO.

“O encoro unha aberración......”

 

O encoro do Umia supón para Galicia, na miña opinión, unha auténtica aberración ecolóxica, fora de toda lóxica razonable. Para mín xunto coa desecación da Lagoa de Antela e o asolagamento do val de Lindoso e Aceredo no Xurés ( polo encoro de Lindoso)  son as maiores barbaridades ecolóxicas as que desgraciadamente teño asistido como galego.

Aberración a partir de tódolos estudios fundamentados que hay sobre o mesmo. Está claro para calquera que profundice un pouco, soio un pouco, e coñeza a zona que vai asulagar, que está realizado nun lugar sin sentido. A conca do Umia era a única en Galicia virxen, unha conca sensacional e aproveitable dende tódolos puntos de vista de aproveitamento turístico e non turístico. Queda totalmente esnafrada. "Mar interior lle chaman a estas zonas.......o final montarán un club náutico, unha praia fluvial, quizás un catamarán "Ponte do Areal", ata que a zona cheire mal coa eutrofización de todo o que queda por baixo e o río diga verde, moi verde.............".

O encoro da escalofrios como foi plantexado, baixo qué informes e o que destroza na zona. A verdade é que non é para vivir tranquilos, nin os responsables políticos que levaron as obras adiante nin por suposto os que van a sufrir a obra, que somos todos os galegos.

¿ Os problemas que resolve? : ningún.

 Por suposto moito menos o das enchentas ou riadas que no futuro serán maiores e incontroladas. Os encoros, con choivas como as deste ano, no sirven para nada, o contrario, son peores os efectos e sinon o tempo. Que llo pregunten a Fenosa no río Miño , responderá o que xa dixo "Unión Fenosa admite que los encoros del Miño son incapaces de contener las riadas"  Faro de Vigo 07-03-2001 e que conste que ten encoros : Belesar, Peares , Velle , Castrelo , Frieira e nada de nada, as enchentas son temibles e máis grandes que nunca. Que llo pregunten tamén os veciños de Leiro e Ribadavia cun encoro de Albarellos que soio lles da problemas. Tamén os de Corme e un largo etc.

Pois ben os veciños de Caldas pasaralles o mesmo, salvo que a Xunta se deixe de historias e arregle o asunto como debe, xa dende fai seis anos ou máis, ( limpando o río, dragando a zona, etc.) , que coido que o fará xa que si non os veciños de Caldas vánselle subir as barbas, o resto tal como queda hoxe é para non dormir.

En canto os outros problemas : o da auga para o Salnés sin comentarios, basta leer os estudios que hai feitos.

O encoro non beneficia en nada a zona o contrario o único que produce e o xa dito : moitísimos problemas ecolóxicos,  máis problemas ambientais, patrimonio histórico asulagado, cambeos climáticos que virán e non se irán, terras non expropiadas, e outras cousas amén de moitos, moitísimos cabreos na zona, tanto da xente de Caldas como de Cuntis e Moraña e de moitos galegos "non soio os do BNG, que o parecer son os únicos que protestan neste país, para desestabilizar a la Xunta " que vemos que día sí e día tamén están desaparecendo os mellores lugares da nosa terra.

O encoro e unha aberración auténtica, feito únicamente para producir electricidade unha empresa privada ( a zona levará un canón anual de 60 millóns pola desfeita ).     

Sin dúbida levará por sempre o nome "Monumento a prepotencia da Xunta de Galicia", eu por baixo poríalle "Aberración histórica demostrable co tempo"

S. Lorenzo.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OPINIÓN DE FRAN AMEIXEIRAS.

“Se non fora polo encoro...”

 

O conselleiro do que dín en chamar de “obras públicas” xa ten por fín o seu encoro cheo de auga. Ignoramos se bailou unha muiñeira sobre él a madrugada do pasado día 21, como no seu día prometeu. O noso conselleiro non debe caber en sí por tamaña demostración do seu poder de dominio sobre a Natureza, e incluso pretende pasar a historia como o salvador de Caldas porque, como todos sabemos, gracias o invento do departamento que representa, –e aos cartos dos fondos FEDER, é dicir, os nosos cartos-, Caldas non se inundou máis alá do inundable, o cal xa é bastante, e por elo debíamoslle de estar eternamente agradecidos. Quizais por eso visitou a vila de madrugada, en compaña das autoridades locais, seguramente para evitar o baño de multitudes que o recibiría para mostrarlle o agradecemento polas inversións no municipio, sen dúbida un dos máis agraciados na provincia polos miles de millóns ata agora gastados en infraestructuras. Posiblemente non lle faltará moito para ser nomeado fillo predilecto da vila, a xulgar por tan calurosos –e chuviosos- recebimentos nocturnos, tempo ó tempo. Paradóxicamente e aínda que pareza mentira no medio de tanta choiva, este encoro servirá para paliar a falta de auga do Salnés, onde a partir de agora beberán auga choca encorada de gran calidade. E máis abaixo, no esteiro do Umia, o encoro contribuirá á reconversión do sector marisqueiro da zona, onde en pouco tempo empezará a notarse a diminución dos ricos sedimentos do río que lle daban a vida, pero tampouco hai que preocuparse, sempre haberá algún posto para as mariscadoras como vendedoras de cunchas mortas para turistas. Os que tamén lle estamos agradecidos somos os veciños de augas arriba do muro, en Cuntis e Moraña ...gracias a obra pública da consellería todos sentímonos solidarios cos tradicionalmente afectados polas inundacións de Caldas, agora mesmo somos xa tres pobos irmanados pola auga, asulagados augas arriba e augas abaixo, coa auga ó pescozo, sí, pero enormemente agradecidos, uns por contribuir a evitar males maiores e os outros porque a cousa non fora pior do que xa era ...Ademáis, seguro que os continuos apagóns que sufrimos na comarca, chova, vente ou faga sol, acabaranse por fín ca potencia eléctrica xerada polas turbinas do encoro. Se aínda así, os que non entenden estos “progresos” seguen protestando e falando de problemas engadidos, coma os ambientais, destrucción ecolóxica, patrimonio histórico asulagado, cambeos climáticos, terras non expropiadas, etc, etc. a Administración ten a solución sen ter siquera que recorrir de novo a estudos de impacto ambiental fraudulentos, nin fes de erratas, nin experto algún que avale nada, chega só unha afirmación rotunda pronunciada no foro oportuno e coa debida audiencia, como sucedeu por boca do noso benefactor dende a tribuna do Parlamento, que dixo, cunha simpleza burda, pero elemental que “O impacto do encoro é nulo ..”. E pobres dos que nos queixemos, porque ameazan con máis inversións para seguir solucionandonos os problemas .........

 

 

FRANCISCO AMEIXEIRAS SÁNCHEZ. DNI : 36112987-C . CUNTIS

 

 

 

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMUNICADO DE LA COORDINADORA ANTIENCORO.

COMUNICADO DA COORDINADORA

 

En reunión celebrada a última hora de onte despois de coñecer os dous Autos do TSX de Galicia, a Coordinadora tras o estudio dos devanditos Autos polos seus avogados valorounos do xeito seguinte:

 

Respecto do que desestima as alegacións dos tres propietarios que pediron a execución provisional das sentencias de 7 de abril de 1999 que anularon o Decreto da Xunta, a Coordinadora acatando e respetando tal fallo, como non pode ser doutra maneira, opina que é absolutamente contradictorio que o Tribunal alegue que as sentencias non son firmes e polo tanto no se poden invocar polos propietarios, mentras non actúa da mesma maneira coa Xunta de Galicia, porque se non son firmes para os veciños tampouco poden ser firmes para a Xunta e polo tanto non se pode facer ningunha actuación por ambas partes ata que o Supremo ratifique ou modifique ditas sentencias.

 

Ademáis, se a razón de desestimar o recurso é a non firmeza das sentencias non se explica porque estiveron molestando ós veciños pedindo documentación acreditativa de que son propietarios e que de as fincas están afectadas polo encoro, xa que agora que isto foi demostrado fehacentemente resulta que o problema non era ese senón que as sentencias non son  firmes.

 

E respecto da decisión de alzar a suspensión cautelar provisionalísima coa excusa de que o encoro serve para aliviar as enchentes, a Coordinadora manifesta que o Tribunal estase tamén a contradicir xa que eles mesmos nas referidas sentencias de 7 de abril do 99 anularon a urxencia do Decreto en base a dúas razóns:   a inexistencia da famosa sequía e que a regulación do río estaba desbotada no propio anteproxecto polo que esa finalidade non se podía aceptar para a construcción do encoro.

 

Por outra parte a Coordinadora considera increíble que o Tribunal acepte a versión da Xunta de que o encoro serve para evitar ou paliar as enchentes de Caldas despois do sucedido os pasados dias cando se pudo comprobar que aínda estando baldeiro e só con 19 horas de chuvias, ás 5 da tarde do dia 20, martes, empezou a botar por fóra rebosando os aliviadeiros e mantendo a inundación en Caldas a pesar de que non seguíu chovendo.   Por iso, só o sentido común debe bastar para aconsellar paralizar esta obra que ademáis de non remediar o problema pode supor un grave perigo para os veciños.

 

Finalmente o Tribunal nin menciona que máis de mil fincas que resultaron asolagadas nos 6 km. de cola do encoro non teñen ningún procedemento expropiatorio nin foron mercadas ós seus propietarios, que se supón que son cidadáns con plenos dereitos.

 

Caldas de Reis, 24 de marzo de 2001  

 

 

 

COORDINADORA ANTI-ENCORO DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

Apartado de Correos, 21  - 36650 - CALDAS DE REIS

Subir.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Salir esp.                                          Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír gal.