Encoro de Vilasouto-O Incio

Unha marabilla a coidar. Problemas.

(Secundino Lorenzo. autor da web "Os ríos galegos")

 

 

 

 

O encoro de Vilasouto. Datos técnicos.

A redor do encoro. Unha ruta marabillosa.

Unhas posibilidades de turismo marabillosas.

O Concello de O Incio debe actuar xa.

Un exemplo a imitar para o río Mao. Tomar nota.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Saír á Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O encoro de Vilasouto:

 

Encoro de Vilasouto. Presa. As fotografías si non poñen o autor son propiedade do que escribe Secundino Lorenzo.

 

 

Mapa dibuxo do encoro de Vilasouto

 

encoro de Vilasouto está situado no concello de O Incio, e afecta as parroquias de  Vilasouto, Eirexalva, Goó e Rendar, todos do concello de O Incio, comarca de Sarria, provincia de Lugo. O encoro está construido  sobre o leito do río Mao.

O encoro ten unha capacidade de 20,45 Hm3 e ocupa 113 Ha. Acada unha disposición de rego de 6000 m3/Ha.

As súas dimensións cheo é de 2,7  km. de longo por 1,7 km. de ancho máximo.

Ten unha lonxitude de coronación de 335,50 m.  e unha altura de 59 m. A presa está a poucos metros das casas do lugar de Outeiro en Vilasouto, 448 m.. Tamén queda  a 615 m. da igrexa nova de San Mamede de Vilasouto, e 589 m. da vella igrexa. Son datos curiosos.

As augas do encoro de Vilasouto están entre as parroquias de Vilasouto, Goó e Eirexalva. Forma parte da conca do río Mao.

Foi construído en 1969 e o seu labor era abastecer de auga de regadío ao Val de Lemos e abastecer de auga as poboacións. Os canais que foron construidos para regar Bóveda, Monforte e Sober tiñan 78500 m. así como 147000 m.  de  pequenos canais de rego.

 

Encoro de Vilasouto entrada na parroquia de Eirexalva.

 

O encoro anegou partes dos lugares de Vilasouto, como algo do Barrial e Outeiro,  lugares como Vilanova e Herrería, tamén as ruínas do Batán e anegou a escola do pueblo.

Mapa da presa do encoro de Vilasouto. Google Earth.

 

As súas coordenadas:  42.661171    ,   -7.423959

 

O encoro está a 464 m.s.n.m.

O redor do encoro pola parte de Vilasouto hai todo un recorrido de plantación de árbores e arbustos de ribeira, feito con moito gusto, entre a presa e a antiga igrexa de San Mamede. Nese lugar hai mesas, asentos e elementos para facer a brasa un bon churrasco, por exemplo.

 

Deixa,  cando está cheo,  anegado o Petroglifo do Agro do Pepe.

 

Nesta mapa de 1943 pode verse ou intuir ó que anegou. É curioso que no lugar de A Lama, en Calvos,  pón Villasoto. A presa fixéronna por riba da ponte do camiño que sae de Vilasouto, pasando por Outeiro e que cruza máis abaixo o río Mao, antes de chegar a central eléctrica (ver mapa).

 

 

Vista dende o cemiterio da igrexa antiga de San Mamede de Vilasouto.

Nota: as fotografías nas que non figura o autor son do que escribe a web.

 

Tamén foi o motivo, cousa que non entendo, para facer unha igrexa nova en Vilasouto e non usar a de San Mamede de Vilasouto, que actualmente estase a repoñer xa que estaba media destruida.

Detrás da igrexa está actualmente o cimeterio da parroquia.

 

Atardecer no encoro do Mao.

 

Actualmente toman a auga deste encoro, entre outros,  os pueblos de Bóveda e Laiosa .

Así estaba o encoro de Vilasouto o 19/05/2023.

 

Vista xeral ese mismo día 19/05/2023.

 

Ver o embalse en tempo real.

 

 

Pulsando no link temos os datos actuais.

 

 

 

Recorrido con Dron do encoro. Firma Lemosdrone. P. Guitián

 

Si queredes podedes visitar este encoro gracias a  google maps.

 

 

Volver ao principio.

--o--

 

A redor do encoro de Vilasouto.

Unha ruta única:

 

No encoro de Vilasouto tendes unha ruta ao seu redor fora de serie. A ruta fainos ver os tipos de árbores  dos bosques  de ribeira dos ríos. Unha gan idea.

A ruta teno todo: paisaxe, árbores de ribeira todos clasificados, o encoro en si e moitas máis cousas.

¡Noraboa ó que tuvo a idea das árbores!.

Ver este traballo meu sobre esta ruta.

 

Volver ao principio.

 

--0--

 

Unhas posibilidades marabillosas.

O encoro hoxe setembro de 2024.

 

Fotografía do campeonato da Copa Diputación de piragüismo da provincia de Lugo.

 

Como sabedes dende o 15/03/2023 no encoro de Vilasouto quedou aprobada a utilización de canoas e barcas. Ver este link.

Este feito vai traer moita xente e moitas actividades a Vilasouto e o seu entorno. Por poñer un exemplo o día 21 de setembro deste ano 2024 tuvo lugar a Copa Deputación de Piragüismo 2024 que se celebrou neste encoro e organizada polo Club Cidade de Lugo.

Ver o conxunto de piraguas que había no encoro.

Outra fotografía dese día.

Nunca vín tanto coche ao redor do encoro como ese día estaba todo cheo o campo da festa e a estrada ata pasado o cimeterio, tamén de autobuses.

Máis de medio campo da festa cheo de coches e na estrada ata casi o cemiterio non había onde pararse. Moita, moitísima xente.

A xente estaba toda vendo a proba. Ver fotografía seguinte.

 

Preparando a saída da proba.

 

Ver este video dese día.

 

Volver ao principio.

 

--0--

 

O Concello de O Incio debe actuar

 e porse a traballar.

Problemas do encoro si non se actua sobre o canle do río Mao dende o nacemento. Tense que atallar todos os vertidos de augas sin depurar dende o nacemento si non a eutrofización será un problema recurrente e sin solución.

Conozo perfectamente este tema xa que vivín e inda sigo a manter os problemas que teñen coa eutrofización no encoro de Baxe en Caldas de Reis, inda non resoltos, de feito manteño a web que conta esa historia. Tamén pasa co encoro de As Conchas en Ourense e outros moitos.

Para profundizar sobre a eutrofización dos encoros tendes este traballo meu que está precisamente nesta web.

A eutrofización empeza desta forma e no encoro de Vilasouto remata por razón que se explican no traballo anterior da cor da fotografía seguinte.

Descoñezo ao autor deste fotografía aérea.

Descoñezo ao autor da web, Encoro de Vilasouto eutrofizado.

 

É evidente que si o estado do encoro e o da fotografía non se poden realizar probas de piraguas. Esto haik que resolvelo. Volverá a pasar.

Precisamente o día des21/09/2024, que pasei de casualidade pola zona, realmente facía unha visita o cimeterio e vín como se desenrolaba este casmpeonato e as posibilidades que se abren para Vilasouto, pero tamén vín esta imaxen e fixen esa reflexión.

Por certo na parte de desague da fosa séptica de Vilasouto cantaba un pouco o verde, como se pode ver no video que saquei.

Señores do Concello póñanse as botas, hoxe este saneamento estase a facer con cartos de Europa, soio hai que saber pedilo e porse a obra, O Incio vaino agradecer no futuro. Si non o fan terán moitos problemas.

As augas eutrofizadas son nefastas para a saúde, como se pode ver no traballo indicado.

 

 

Volver ao principio.

 

--o--

 

 

Un exemplo a imitar para o río Mao

 e que xa indiquei fai uns meses.

O río Tins é un pequeno río do Concello de Outes.a Serra de Outes,    ( provincia da Coruña) e que desemboca na río de Muros e Noya.

 

Foi o primeiro río de España en ter unha declaración de dereitos e compromisos.

 

Traballando no río Tins para manteñelo limpo e cun bosque de Ribeira axeitado e cumplir co acordado..

 

O 1º río con dereitos en España

 

O noso río Mao podería ser o segundo en ter esos dereitos. Todo é cuestión de porse a elo.

 

O río Mao de O Incio podería ser o 2º.

 

Volver ao principio.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.