|
Podería ser o río Mao en
O Incio (Lugo)
o 2º río de España
con dereitos e compromisos

Río Mao. Un río sensacional en
tempos. Pode volver a selo.
Fotografía de Vicente Maza.
O que sigue é
un resumen de como o río Tins en Outes (A Coruña), é o primeiro río que
ten unha declaración de dereitos e de compromisos oficialmente, en
España.
E pregunto ¿por qué o
río Mao cunha conca que está no Concello do Incio nun 73% non podería
ser o segundo río de España?
que tuvera esa declarasción de dereitos e compromisos.

O río Mao, tributario
do río Cabe pola dereita, pertence a bacía Miño-Sil. Nace a 1000 metros
de altitude na Serra de Oribio, na Parroquia de San Salvador do Mao (San
Salvador), concello do Incio, comarca de Sarria e provincia de lugo.
Cunha dirección
nordeste-suroeste desde o nacemento recorre 37 km. e salva un desnivel
duns 680 m. Represa en Vilasouto. Os últimos dez kms do río pertencen a
Bóveda, ou sexa que pertence o Incio un 73%.
Os afluentes
principais son o Noceda pola dereita e o río Penalva pola esquerda.

Encoro de Vilasouto 10
km. antes de desembocar no río Cabe. Fotografía propia

Mapa do concello de O
Incio no que o río Mao discurre un 73% o resto 10 km. vai por Bóveda

Río Mao o seu paso por
Bóveda. Descoñezo ao autor da fotografía.
Por que non
podemos pensar que o río Mao sexa un río acollido a unha
"Declaración institucional do Concello de
O Incio sobre dereitos do río Mao e os compromisos da súa comunidade
ribeirá"
Algúns
beneficios claros e evidentes:
Pois habería que intentalo xa.
Beneficios
inmediatos: aumento da calidade turística da zona, encoro con navegación
de dez, limpeza integral,
mellora do bosque de ribeira, acondicionamento de muíños, batáns e
ferrerías que existiron no río, mellora da pesca fluvial, co
restablecemento da fauna autóctona do río, etc. E ó máis
importante: solución integral a eutrofización do encoro de
Vilasouto, que é cíclica, ano sí e ano tamén e cada vez peor, e
non se resolve soio coa limpeza do encoro é un problema integral de todo
o río (conozo á fondo moitos casos, como o de Caldas de Reis no río Umia,
esa páxina sobre o encoro é miña; o das Conchas no río Limia en Ourense,
unha auténtica desgracia para a zona e outros...).
Pois a poñerse
ao tema. O traballo está feito e indicado polo concello de Outes. Eles
falan de 10 anos, o Concello de O Incio pode facelo en menos tempo.
Pódese buscar
axuda de todos: as universidades, a de Lugo estaría encantada, a
diputación de Lugo a CHMS a Xunta e outos organismos como TR, a USC, a
UDV, MITECO, o Goberno de España e por suposto Unión Europea, Next
GenerationEU. Podería ser un exemplo marabilloso...
Hai que
adiantarse e traballar...
¡Outes fíxoo, e
por que non O Incio!.
Especial río Tins en Outes
(A Coruña) un exemplo a seguir.
Ver a declaración oficial de Outes. Marzo 2024.
A de O río Mao en O Incio podería ser exactamente igual ou mellorada no tema de compromisos
coa resolución de rematar co tema da eutrofización.
Saír á web de Calvos-Vilasouto-O
Incio.
Especial río Tins en
Outes (A Coruña).
1º Río con declaración
de dereitos e compromisos en España
¡Un exemplo a seguir!.
(Escribe Secundino Lorenzo)

Río Tins. Fotografía do Concello
de Outes.
Primeiro veremos onde está o río
Tins, para elo poño un mapa para situalo en Galicia, na provincia da Coruña
e na río de Muros e Noia, por certo un lugar moi querido polo que escribe,
unha zona marabillosa de Galicia.

O Concello de Outes,
por onde pasa na súa maior parte o río Tins. O mapa está sacado do
tomo 18, entrada Outes, do Dicionario Xeográfico Ilustrado de
Galicia. Ano 2009.

O mapa está
sacado do tomo 18, entrada Outes, do Dicionario Xeográfico
Ilustrado de Galicia. Ano 2009. Neste caso están as parroquias. Este
mapa permite perfectamente situar o río Tins cando máis abaixo diga
polas parroquias que pasa.

No mapa, sacado
do "Atlas de Galicia" editado por Hércules de Ediciones,
aparece a Ensenada do Engano e o río Tins; o mapa chámao río Tines.

Mapa xeral da
desembocadura do río Tambre e na parte esquerda o río Tins e a
Ensenada do Engano e por suposto o comenzo da Ría de Muros e Noia.
Está sacado do Google Earth.

Río Tins. Fotografía do Concello
de Outes.
Vexamos
como é o río Tins.
O primeiro río de España
con dez dereitos claros e 14 compromisos e que dentro de poucos anos será unha
auténtica marabilla.
Un exemplo que
deberan seguir todos os concellos de Galicia, polo menos, e que fará
que conservemos os nosos ríos nas debidas condicións. Unha
reivindicación pola que levo loitado toda a miña vida, por certo sin
éxito...

De momento
poño unha fotografía da Ponte da Serra. Descoñezo ao autor da
misma. Non descarto facerlle unha visita nos próximos meses.
O
río Tins, tamén chamado Tines ten
unha lonxitude de 12 km e a súa conca é de 45 km. Nace na parroquia de Chacín
(Santa Baia), concello de Mazaricos, provincia da Coruña. Atravesa o
concello de Outes polas freguesías de Valadares (San Miguel), Matusueiro
(San Lourenzo), Outes (San Pedro), Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente),
Entíns (Sta. María), Tarás (San Xián) e Roó (San Xoán), xa na ensenada do
Engano.
A dirección
predominante é noroeste-sueste, ten unha lonxitude preto dos 12 km e salva
un desnivel duns 400 m.
Os
afluentes máis importantes son o Río Vao da Casa, o río Santabaia, o río Lantarou e o río
Nosiño.
Desemboca no esteiro do río Tambre,
na ensenada do Engano, formando un amplo esteiro; moi preto de onde
desemboca o río Tambre. Ou sexa na
río de Muros, na provincia da Coruña, en Galicia (España).

Fraga do río
Nosiño, un afluente do Tins que ten un recorrido curto de grande
interese ecolóxico e paisaxístico no que se atopan as fervenzas de
Santa Locaia.
A fotografía está
sacada do libro "Os ríos de Galicia" editado por A Nosa Terra, e dos
autores Manuel Núñez, Adela Leiroe Mon Daporta.

Fervenzas de Santa
Leocadia, na parroquia de Chacín, no concello de Mazaricos e no río
Nosiño, afluente do Tins. A fervenza principal, como se ve, ten dous
brazos que caen dende 6 m. de altura en granito de grao fino.
Seguindo máis arriba hai máis, nunha carballeira ben conservada.
A fotografía está
sacada do libro "Augas caídas" editado por A Nosa Terra, e dos
autores Víctor Manuel Caamaño, Xoán Collazo, Adela Leiro, e
Isaac Pontanilla. Un fantástico libro.

Fervenzas de
Chacín, no río Santabaia, no Concello de Mazaricos. a fervenza máis
destacada ten máis de 10 m. de altura en rocha de gneis, e rodeada
dun bosque de ribeira ben conservado.
Esta fotografía
está sacda do mismo texto que a anterior.
Por certo na
desembocadura, onde se combina a vexetación de estuario coas chairas
lamacentas e areosas, inclúese no Lugar de Importancia Comunitaria de Esteiro do Tambre. É de réxime pluvial oceánico.
Fonte deste texto tomo
25 do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia. Ano 2009.
Engadir ao dito que o
río Tins ten troita e reo entre outros peixes. A súa vexetación primitiva e
a base de amieiros, freixos e carballos entre outras árbores. O parecer hai
moitos eucaliptos plantados...

Esteiro do Tins.
Ensenada do Engano e comezo da ría de Noia. A fotografía está
sacada dende o alto de Tremuzo; situado a só tres kms. de
Outes, que é a cota máxima do concello con 500 m.s.n.m. A
vista é marabillosa.
A fotografía está
sacada do libro "Os ríos de Galicia" editado por A Nosa Terra, e dos
autores Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.
Unha vez
máis dou as grazas os autores deste libro, por citarme na
bibliografía. Un honor...
Vexamos
como queda amparado o río Tins.
Son 10 dereitos e 14
compromisos.

Pulsando nela podedes ler esta declaración
Links básicos:
PDF
Coa lei de declaración de dereitos do río Tins.
Enlace
ao concello
Outros enlaces
do Concello.
Historia
de Outes.
Concello de Outes. Os ríos.
Especial:

Hai xa moitísimas
cousas feitas, como a plantación de freixos que se realizou na semán
do 17 o 24 de febreiro de 2024. Descoñezo ao autor da fotografía.

Plantación de
freixos. Descoñezo ao autor da fotografía.

Tamén reunións e
foros para tomar decisións para o proxecto.
Link a esta web para
ver ó que xa está feito e facer un seguimento:
Renatur-Outes. (Renaturalización
fluvial do río Tins).

Río Tins. Fotografía de Marcos
Creo.
A declaración do
Concello de Outes sobre o río Tins na prensa de España, ver tres
exemplos:
elDiario. es.
El Pais.
Voz de Galicia.
Apareceren tamén notas por exemplo no diario Pueblos e tamén en Europapress.

Ponte da Serra. Río Tins.
Videos da zona:
Paseo por Outes.
Paseo fluvial del río Tins. Outes.
Paseo fluvial del río Tins en dron.

Rio Tins ou Tines. Fotografía de Masmar.
Ferramentas ás que
botar man
Para rematar, quero facer
un ofrecemento do meu traballo sobre os ríos de Galicia, que poden
axudar ou complementar no futuro esta gran idea. O meu ofrecemento
forma parte da gran ledicia que sentín por esta idea marabillosa que
tuvo o Concello de Outes e que espero sirva como exemplo para moitos
outros.
Miña máis cordial noraboa
e un abrazo a todos os que fixestes posible esta gran idea.
Secundino Lorenzo
Fernández.
Esta é a miña
contribución:

A vida nos
ríos galegos.

Actualmente vou polas
900 +2 palabras.
¡Espero as vosas
palabras, as utilizadas polo
río Tins e a zona, para incorporalas a este dicionario!.
Mandai ó que
queirades, serán atendidas e incorporadas todas.
Este é o meu email
Dicionario ilustrado
dos ríos galegos.
Nota: por
suposto está web está aberta a todo o que queirades, videos, traballos
etc. Non tendes máis que envialo o meu email. Gustaría colaborar nesta
gran idea.
Xa era hora de
tomar os nosos ríos en serio e facer cousas que os beneficien.


¡Por uns ríos vivos!

¡Así deberan estar
os ríos gelegos!
Dibuxo de Fran Ameixeiras.
Río Umia en tempos...
Saír á web de Calvos-Vilasouto-O
Incio.
Declaración institucional do concello de Outes sobre os dereitos do río Tins.




Podeis ver el texto como pdf
pulsando este link.
PDF
Coa lei de declaración de dereitos do río Tins.
Volver ao principio.
|