Fotografías da casa do Palacio de Calvos (Vilasouto)
no Incio (Lugo)
Maio de 2023
Calvos guarda moitas sorpresas, algunha histórica, como a
casa palacio que se remonta, polo menos os datos, ao ano 1572.
Neste fotografía de Google Earth tendes
exactamente a localización, dentro do lugar de Calvos, da Casa
palacio
As súas coordeandas son: 42.670989 ,
-7.434147
Casa Palacio de Calvos, Google Earth, agosto
2014.
Casa Palacio de Calvos
A casa atópase nun marxen da estrada que vai de Vilasouto
a Noceda, no lugar de Calvos, precisamente na parroquia de
Vilasouto. É según parece a construción máis antiga de todo o contorno,
xa que foi levantada no século XVII.
Actualmente está en moi mal estado pero mostra o seu
esplendor de tempos e inda conserva algunhas cousas de valor. O portalón
está, como digo en moi malas condicións e a casa mostra moitos engadidos
de distintos materiais.
El patio interior está descubierto salvo una parte
esquerda o entrar, o resto ten distintas portas que evidentemente
comunicaban coas distintas dependencias do edificio. O fondo estaba a
bodega.
Estas son as fotografías que saquei en maio do ano 2023.
Entrada no patio interior. Fotografía de maio de 2023.
Dende o patio cuberto da esquerda. Fotografía de maio de
2023.
Dende o patio cuberto da esquerda. Fotografía de maio de
2023.
Dende o patio cara a entrada. Fotografía de maio de
2023.
Dende o patio. Fotografía de maio de
2023.
Antigua Bodega. Fotografía de maio de
2023.
Antigua Bodega. Fotografía de maio de
2023.
Patio dende a bodega. Fotografía de maio de
2023.
Puerta entrada patio a dereita. Fotografía de maio de
2023.
Para rematar no libro de Luís López citado na
bibliografía (1) tendes en catro páxinas a xenealoxia desta casa, que
parte do ano 1572 con don Alonso López de Somoza que fai testamento na
súa casa de Calvos e deixa a casa ao seu fillo maior barón don Lopo Díaz
de Gutián. A casa dende polo menos o catastro do Marqués de Ensenada
estaba atendida por caseiros é curioso que no catastro de M. Ensenada
figura D. Juan de Losada como habitante de Calvos, que declara poseer
trece parcelas de extensión 28,92 ferrados, polo que pagaba a D. Carlos
de Oca, señor del palacio de Bóveda, unha renta de 24 ferrados de
centeno e 2 galiñas en concepto de foro das propiedades de Calvos...
A xenealoxía completa téndela nesta misma páxina web,
neste link.
Fontes dos datos, bibliografía:
(1) O sensacional libro O Incio. Paisaje Historia y
Patrimonio. Luis López Pombo. Deputación Provincial de Lugo 2002.
(2) Internet. Google Earth. E datos conseguidos
polo que escribe preguntando a xente do lugar.
(3) Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia, editado
por Xeogal baixo a dirección de Fco. Javier Río
Barja. 2009. O dicionario ten 28 tomos.
Deste dicionario tomei moitos datos e mapas.