Nada menos que 6 minicentrais seguidas están previstas no río Lérez , entre Cerdedo e Cotobade. Fenosa vai ser neste caso quenas instale. Outro desastre para os ríos galegos e un desastre para o turismo da zona. |
![]()
|
|
|
As minicentrais estarán situadas no río Lérez, entre Cerdedo e Cotobade, uns kilómetros por baixo de Cerdedo. Estos pueblos están na Provincia de Pontevedra. | Para chegar a elas pode valer este mapa que mostra a estrada de Ourense a Pontevedra a N-541, onde está Cerdedo |
Neste outro dibuxo, sacado dunha www sensacional sobre zona, vense perfectamente os concellos que afecta o proxecto.
Teño moi claro porque Fenosa aproveita ese tramo Cerdedo-Cotobade, para meter nada menos que 6 minicentrais. Sin dudalo é o lugar idoneo polo seu desnivel. Estas minicentrais van estragar os mellores lugares deste río sensacional. Un río cun aproveitamente turístico fora de serie e que Fenosa e a Xunta de Galicia van a desfacer. |
O río Lérez ten o seu nacemento en varios regueiros; un en Noveliza, nas estribacións da Serra do Candán, a 900 metros; outro en Masgalán a 780m , e un terceiro que nace na área de Nercellas, a 720 m. na aba do Suapica dentro da parroquia de Acibeiro. A sua cunca drena os concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade, Barro e Pontevedra. O caudal medio en inverno non chega a 30m3/seg. É un río no que hai unha sucesión de vales abertos e pechados. Así encáixase na súa cabeceira ata Quintelas, ábrese ata Gaxín, cérrase ata Pedre, vólvese encaixar en Formelos e así sucesivamente. (Fonte: A Xeografía de Augusto Pérez Alberti. Páx.: 13. ) |
Son muitos e maravillosos os muíños( Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade) que hai na zona así como as pontes ( ponte de Pedre, Serrapio e San Xurxo), de feito nas www que aconsello o principio, o turismo de senderismo e aproveitamento do río (Rafting, descenso en canoa, barranquismo, e un longo etc. ) e o que impera na zona e vai en alza.
Estas minicentrais, tal como se construen en Galicia, desfán a zona para este tipo de aproveitamento, refírome o turismo rural. O río queda inservible para a pesca, para deportes de río, incluso queda peligroso para a xente.
Resumindo a zona ten un patrimonio histórico-artístico fora de toda dúbida, e as miniscentrais van a supoñer un impacto paisaxístico brutal. O turismo cultural e activo sería nulo, a desaparición de moitísima vexetación autóctona, néboas e un longo etc.
A cambio que recibirán os veciños: catro tonterias a cambio dun río.
Os políticos da zona que visiten algunha minicentral ( poden ver a da Cañiza e ver como quedaron as fervenzas o a do Barbantiño ) pero que vaian cando traballan as turbinas e o río está a subir, a baixar , a subir , a baixar.........eso é inaguantable.
Os políticos da zona deben leer o informe que fan científicos da nosa universidade de Santiago sobre o grave deterioro do río que producen as minicentrais , agosto do 2000, onde demostran claramente o que eu, un simple pescador aficionado estou a decir.
Estas son as minicentrais que se van facer:
Salto Cotas Altura Presa
Lonxitude Presa
Canal Derivación
Caudal Caudal Mínimo
Potencia Cotas Escadas 1 288.30-319 24.70 m 117.60 m pé 30 m3/sg 1,5 m3 5250 kw 313-290 no 2 279.5-292 12.5 m 58.60 m 678 m 30 m3/sg 8700 kw 290-250 si 3 239.5-252 12,5 m 39.85 m 334 m 30 m3/sg 9500 kw 250-205 si 4 194.5-207 12.5 m 45.14 m 671 m 30 m3/sg 9800 kw 205-160 si 5 137-159 22 m 107,35 m 353 m 30 m3/sg 9900 kw 153-108 si 6 97.5-110 12,50 m 40.46 m 160 m 30 m3/sg 5600 kw 108-81 no ¡¡¡¡¡ Unha pasada !!!!!
FENOSA unha vez máis está en contra
da natureza galega.
Algún día escribirase a verdadeira historia dunha empresa a que lle debemos moito os galegos, sobre todo no medio rural, pero unha empresa auténticamente depredadora do noso medio natural. Fenosa é a dona de moitos ríos de Galicia. Unha dona abusona, que explota os ríos ata a saciedade, non cumple na maior parte deles, eu penso que en ningún, as leis de medio ambiente, as leis de pesca fluvial e está estragando os nosos ríos, co consentemento dunha Xunta que parece, no tema hidroeléctrico, que defende os intereses de Fenosa, Iberdrola, Cortizo e outras empresas do Sector. Rematou co salmón no Miño , está rematando coas anguias e dende logo con outras especies. Ahora ataca o río Lérez. Seguramente con tódala razón legal ( hoxe as leis, sobre todos para aproveitamentos hidroeléctricos favorecen estas montaxes) , seica ten unha concesión de 1953, pero que máis da, si non tuvera esta concesión seguro que a faría o mismo. Seica as minicentrais, como todas en Galicia, esto é unha concesión da Xunta, a que lle temos que estar agradecidos os que amamos os ríos galegos, son de utilidade pública. En fin , para chorar que unha utilidade pública remate cun río é paradóxico. Para chorar que una concesión dun ben que é de tódolos galegos e que foi concedido a unha empresa privada teña efectos legais hoxe. Algún día se revisarán todas estas concesións. O caso é que rematará con Lérez, si os concellos da zona nono impiden que o dudo moito. Tamén queren facer o mismo co río Ulla na zona alta. Denantes fixo con moitos máis: Miño , Salas, o Limia e moitos outros. Repito : algún día , escribirase a historia do negativo para o medio ambiente galego de esta empresa. O autor da www. |
¿Que se pretende con estas protestas?.
Evidentemente que "Augas de Galicia" desestime a construcción das minicentrais, denegando a súa utilidade pública, por vergonzosa, dado que esa utilidade soio redunda en beneficio de Fenosa: non vai a crear empleo, non vai dar diñeiro ós Concellos da zona ( Forcarei, Cerdeo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra) e por riba vai anular o posible turismo da zona. Adeus a pesca, non hai pescador que pesque con contiuas subidas e baixadas do nivel, non se poderá practicar o rafting e multitude de deportes de auga, una desfeita auténtica........
Un auténtico desastre.
PONTES DO LÉREZ. ( Dionisio Pereira)
"Pontes do río Lérez, feitas de ceo e pedra: lévovos no recordo sempre ledas" ( Xosé Otero Espasandin) Non Ile importan nen pouco nen moito as nosas Pontes a “Unión Fenosa”. Como non lle importan os muiños, as troitas, os remansos sombrizos cantados por Otero Espasandin, as calzadas romanas, os vellos balneários, as fervenzas e os sendeiros devecidos por pescadores e visitantes atraidos pola beilza das ribeiras. A ponte romano-medieval de Pedre, a rota de sendeirismo, a calzada e os muíños, asulagados segundo o anteproxecto que a empresa apresentou a “Augas de Galicia” e que alcaldes e concelleiros dos Axuntamentos afectados (Cercedo, Campo Lameiro, Cotobade), colectivos veciñais, asociacións de pescadores entidades culturais, etc., estamos a enfrontar, fondamente preocupados, estes dias. A teima en recuperar o Lérez para disfrute público rexenerando balneários, repovoando o rio de peixes, instalando piscifactorias, revalorizando o património histórico e etnográfico, promovendo rotas de sendeirismo e popularizando o turismo cultural, todo iso, botado á borralleira pola teimosia en renovar a vella concesión do encoro de Serrapio e trocala en seis minicentrais. Non lle importa a “Unión Fenosa” que a rota “Pontes do Lérez” fose concibida, onte, e mantida en uso, hoxe, con cartos da Administración, que son de todos e de todas. Tanto Ile ten que o Concello de Cotobade teña aberto un concurso público de ideas, para revitalizar o vello Balneário de Sacos. E non Ile tira o sono, ao cabo, que o Conselleiro de Medio Ambiente, Sr. Del Álamo, xa comenzara a facer efectiva a solta de 30.000 crías de salmón no Lérez a costa do erario público. Segundo “Unión Fenosa” mellor faria en aforrar os cartos, na medida en que a fauna piscícola só poderá subir en ascensor as presas 1 e 5, onde non están previstas as esca1as de peixe; e tampouco poderán baixar troitas e salmóns presa abaixo, posto que a empresa ten a pretensión de turbinar toda a auga do rio, mesmo o caudal ecolóxjco. Por último, no colmo do descaro, a “Unión Fenosa” élle igoal que os seus anteproxectos non digan nen chio do emprazamento da necesária estación transformadora, das escombreiras, do trazado das liñas de alta tensión, dos lugares onde seica se pretende transladar pontes e muiños asulagados, ou das medidas para paliar a erosión e os impactos visual e sonoro. Fachendosos, os promotores, da desfeita agardan sentados a que a Xunta lles faga o traballo suxo; a costa dos fondos públicos, claro está, e prévio visto bo da concesión. Mais todo isto impórtanos a nós, á cidadania que desexa a utilidade pública e o disfrute colectivo do Lerez, e non o aproveitamento privado dun rio morto, sen contrapartida nengunha en emprego duradoiro nen mellora dun servIcio, de electricidade que, como é ben sabido, deixa moito que desexar. En ben do interese xeral, agardamos que tamén Ile importe a “Augas de Galia”, á Xunta e ao Partido Popular.
Dionisio Pereira é Concelleiro do BNG en Cerdedo.
Estas son as minicentrais que se van facer:
|
Segundo informa a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA), Unión FENOSA pretende levar adiante un proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do
río Lérez consistente na construcción de seis presas consecutivas cunha potencia total
de 50 MW nun tramo de 10 quilómetros situado en Campo Lameiro, Cotobade e Cerdedo.
|
BUZÓN VERDE DA XUNTA DE GALICIA.