Texto traducido e presentado por Secundino
Lorenzo. A música é da película "Bailando con lobos".

( Carta de
Seattle, xefe da tribu Suwamish ó presidente dos Estados
Unidos, Mr. Franklin Pierce, o ano 1855, como resposta a súa oferta de compra das tierras
Suwamish. )

O gran
caudillo de Washington ordenou facernos saber que nos quere compra-las terras. O gran
caudillo mandóunos tamén palabras de amistade e de boa voluntade. Apreciamos moito esta
delicadeza xa que coñecemos a pouca falta que lle fai a nosa amistade. Queremos
considerar o seu ofrecemento, pois sabemos que si non o fixéramos, poden vir os homes de
pel blanca a tomarnos as terras coas armas . Que o gran caudillo de Washington
confíe na palabra do líder Seattle coa misma certidumbre que espera a volta das
estacións. As miñas palabras son inmutables como estrelas.

¿Como podedes comprar ou vender o ceo ou a calor da terra? Faíxenos estrana
esta idea. Non son nosos o frescor do aire nin os reflexos da auga. ¿Cómo podrían ser
comprados? Decidirémolo máis adiante. Teríades que saber que o meu pobo ten por
sagrado cada curruncho desta terra. A folla resplandecente; a arenosa praia; a nebla
dentro do bosque; o claro na arboleda e o zumbido do insecto son experiencias sagradas e
memorias do meu pueblo. A sabia que sobe polos árbores leva lembranzas do home de pel
roxa.

Os mortos do home de pel blanca esquecen a súa terra cando comenzan a
viaxe enmedio das estrelas. Os nosos nunca se alexan da terra, que é a nai. Somos un
anaco desta terra; estamos feitos dunha parte dela. A flor perfumada, o cervo, o cabalo, a
aguia maxestuosa: todos son nosos irmáns. As rocas dos cumes, o zume da herba fresca, o
calor da pel do potro: todo perteñece a nosa familia.

Por iso, cando o gran caudillo de Washington manda decirnos que nos
quere compra-las terras é moitísimo o que nos pide. O gran caudillo quere darnos un
lugar pra que vivamos todos xuntos. El fará de pai e nos seremos os seus fillos. Temos
que meditar o seu ofrecemento. Non é nada doado xa que as terras son sagradas. A auga dos
nosos ríos e pantanos no é soio auga, sinon a sangue dos nosos antergos. Si vendemos as
terras, faría falla que lembrárades que son sagradas e teríades que aprender os vosos
fillos que os reflexos misteriosos das augas claras dos lagos narran feitos da vida do meu
pueblo. O murmurio da auga é a voz do pai do meu pai.

Os ríos son irmáns nosos, xa que nos libran da sede. Os ríos
arrastran as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Si vendemos a nosas terras, teríades
que lembrar e aprender os vosos fillos que os ríos son irmáns nosos e tamén vosos.
Teríades que trata-los co voso corazón.

Sabemos ben que o home de pel blanca non pode entender a nosa maneira de ser.
Tanto lle importa un anaco de terra como outro, xa que é coma un estraño que chega de
noite a arrincar da terra todo o que necesita. Non ve a terra como unha irmán, sinon
máis ben como unha inimiga. Cando a fai súa, a menospreza e segue camiñando. Deixa
atrás as sepulturas dos seus pais e non parece que eso lle doia. Non lle doe desposeer a
terra dos seus fillos. Esquece a tumba do seu pai e os dereitos dos seus fillos. Trata a
mai terra e o irmán ceo como si foran cousas que se compran e se venden; como si fosen
animais ou collares. A súa fame insaciable devorara-la terra e detrás deixará un
deserto.

Non podo comprendelo. Nos somos dunha maneira de ser moi diferente. As vosas
ciudades fan dano os ollos do home de pel roxa. É posible que sexa porque o home de pel
roxa é salvaxe e non pode entende-las cousas. Non hai ningún lugar tranquilo nas
ciudades do home de pel blanca; ningún lugar onde se poida escoitar na primavera o
despliegue das follas, o movemento das ás dun insecto. Pode que me parezca a min xa que
son un salvaxe e non comprendo ben as cousas. O ruido da ciudade é un insulto pro oido. E
eu pregunto: ¿qué tipo de vida ten o home cando non é capaz de escoitar o grito
solitario dunha garza ou a discusión nocturna das ráns o redor dun charco? Son un home
de pel roxa e nono podo entender. Os indios góstanos o lixeiro murmurio do vento fregando
a cara do lago e o seu olor despois da choiva de mediodía, coa súa peculiar fragancia.

O home de pel roxa é coñecedor do valor inapreciable do aire xa que
tódalas cousas respiran o seu alento: o animal, a árbore, o home. Pero parece que o home
de pel blanca no sente o aire que respira. Como un home que fai días que agoniza, non é
capaz de sentir a peste. Si vendemos as nosas terras, tenríades que deixalas en paz e que
continuasen sagradas pra que fosen un lugar no que tamén o home de pel blanca poidese
saborea-lo vento endulzado polas flores da pradeira.

Queremos considerar a vosa oferta de comprarnos as terras. Si
decidíramos aceptalo terei que poñer unha condición: que o home de pel blanca mire ós
animais desta terra como irmáns.

Son salvaxe, pero coido que ten que ser así. Vín búfalos a miles
pudríndose abandonados nas pradeiras; o home de pel blanca disparáballes dende un cabalo
de lume sin paralo. Eu son salvaxe e non entendo porqué o cabalo de lume vale máis que o
búfalo, xa que nos, matamos soio a cambio da nosa vida. ¿Qué pode se-lo home sin
animais? Si tódolos animais desaparecesen , o home tería que morrer con gran soedade de
espíritu. Porque todo o que lles pasa ós animais, ben pronto lles pasa tamén ó home.
Tódalas cousas estan ligadas entre sí.

Faría falta que aprendésedes os vosos fillos que o chan que pisan son
as cinzas dos abós. Respetarán a terra si lles decides que está chea da vida dos
antergos. Fai falta que os vosos fillos o sepan, igual que os nosos, que a tierra é a mai
de todos nós. Que calquer estrago causado á terra súfreno os fillos. O home que cuspe a
terra, a sí mismo se está escupindo.

Dunha cousa estamos seguros: a terra non pertence ó home; é o home o que
pertence á terra. O home non texe a rede que é a vida, soio é un fillo. O
sufrimento da terra convírtese á forza en sufrimento pra os seus fillos. Estamos seguros
desto. Tódalas cousas estan ligadas como a sangue dunha misma familia.

Nin o
home de pel blanca, que ten amistade con Deus e se pasea e lle fala, non pode evitar este
destino noso común. É posible que sexa certo que somos irmáns. Xa o veremos. Sabemos
unha cousa que o mellor descubrides máis adiante: que o noso Deus é o mesmo que o voso.
Pensades que o mellor tendes poder por riba de Él e o mesmo tempo querédelo ter
sobre tódalas terras, pero non o podedes ter. O Deus de tódolos homes compadécese igual
dos de pel blanca que dos de pel roxa. Esta terra é apreciada polo seu creador e
estragala sería una grave afrenta. Os homes de pel blanca tamén sucumbirán e
seguramente antes que o resto das tribus. Si manchades a vosa cama, calquera noite
morreredes sofocados polos vosos propios delitos. Pero veredes a luz cando chegue a hora
final e comprenderedes que Deus levouvos a estas tierras e que permitiu o seu dominio e a
a dominación do home de pel roxa con algún propósito especial. Este destino é en
verdade un misterio, porque non podemos comprender que pasará cando os búfalos se
extingan; cando os cabalos perdan a súa libertade; cando non quede ningún rincón do
bosque sin o olor do home e cando por riba das verdes colinas a nosa mirada atope
por tódalas partes as telarañas de fíos de ferro que levan a vosa voz.

¿
Dónde está o bosque espeso? Desapareceu. ¿Dónde está a aguia?
Desapareceu. ¡Así remata a vida e empezamos a sobrevivir! 


-------------------------------------------------
Ata
eiquí a carta.
------------------------------------------------- |