O home non é un ovni que veu dunha
afastada galaxia; o home é un poema tecido coa néboa do
amencer, coa cor das flores, co canto dos paxaros, co ouveo do lobo ou o
ruxido do león. O home acabarase cando se acabe o equilibrio vital do
planeta que o soporta. O home debe amar e respectar a terra como ama e
respecta á súa propia nai.
(Félix Rodríguez de la Fuente)
Só despois de que a derradeira árbore sexa cortada
so
despois de que o derradeiro río sexa envelenado
so despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado
So entón saberás que o diñeiro non se pode comer.
( Profecía india).
Descoñece-la natureza é a causa da desgracia humán.
(Epicuro)
Non herdamos a terra dos nosos antepasados, tomámola
prestada dos nosos fillos.
(P. india.)
...Para que respecten a Terra, contádelles que a Terra
contén as almas dos nosos antepasados.
Ensinade ós vosos
fillos o que nós ensinamos ós nosos:
que a Terra é nosa nai. O que acaece á Terra, acaécelles tamén ós
fillos da Terra.
Cando os homes cuspen á Terra, estanse cuspindo a si mesmos.
Pois nós sabemos que a Terra non pertence ós homes, que os homes pertencen á Terra..."
(Mensaxe do Gran Xefe Seattle ó Presidente dos EEUU. 1855)
"En España o que tuvemos durante décadas
foi unha especie de formación do espíritu hidrolóxico nacional
que nos levou o que eu defino como holocausto hidrolóxico"
(Javier
Martínez Gil. Catedrático de Hidrología. Zaragoza. 2005)
Porque non acertamos a valorar, nin apreciar, os
dons da naturaleza.
Como se unha vez deteriorada pola
contaminación, o home poidera comprar outra nova !NON! a natureza non ten recambeo. I en
Galicia será o que nosoutros, os galegos, queiramos que sexa.
Emporiso os camiños andados en algúns puntos, siñificativos, non
parecen ser halagüeños, afagadores, senon todo o contrario ( refírese os
nosos desmáns có río Miño ) . E se non se corrixe, os galegos acabaremos tendo o
que nos merecemos por non cuidar o noso medio ambiente.
Ernesto Vieitez Cortizo. Presidente de la Academia Gallega de Ciencias.
Decidir qué parte dos ingresos do Estado temos que utilizar para
manteñer certa calidade de vida é tamén un problema político. E cando se trata
da calidade de vida, a auga é sin dúbida algunha unha das partes máis
importantes."
A AUGA e polo tanto os RÍOS son o noso
patrimonio de calidade importante.
Manteñamos limpos os nosos ríos, é o noso
patrimonio máis importante.
"Un plan hidrolóxico que non sexa capaz de garantiza-la
presencia de nutrias non debera ser nin discutido"
Miguel
Delibes.
Traducción do autor da WWW.
Tal como van as cousas, pronto teremos que cambia-lo himno
galego:
"Que din os rumorosos nas costas
verdescentes..."
Por que xa non quedarán pinos ( rumorosos) nin as costas serán tan
verdes ...
Juan A. Iglesias ( Caracas 27-10-89)
Dos gregos aprendín que ríos e regatos
Son deuses que abandonan por veces os seus pazos
E gozan con vagar camiños e meandros,
Regueiros e fervenzas, torrenteiras e saltos.
Así que non me enganas, oh Miño derrubado
No límite do inverno, alá no fin de marzo,
Que sei que te apresuras, que sei que vas de paso,