Outra cousa que non entendo, a zona
é marabillosa e dun gran potencial turístico e sin embargo
está media abandonada. O río
está lastimoso.
Estado de conservación:
Tramo nacemento -
Encoro
San Sebastián:

Presa de San Sebastían.
O río por riba do encoro
e francamente bonito pero en moi pouco tramo, logo xa
sabemos o dos caudais:

O río Bibei por Porto. Un regato
pero con auga.
Tramo Encoro de Pias-Couto de
Viana:

Encoro de Pias. Cerca de Porto.
Do pouco que queda
na
Provincia, polo seu difícil acceso. O río é sensacional, estou a falar do
canón de vai entre este encoro e Viana, hoxe en día en setembro de 1999
e con moita troita. Si no o creen, pódolle presentar algúns pescadores de Ourense
que ano tras ano van a esta zona, como Xurxo, un bon amigo que me descubriu
o
río. Moitas variacións de nivel. Peligroso. Dificil entrada e peor salida.
Un cañón que ten poucas áídas e non é recomendable facelo
solos.
Recentemente o alcalde de Viana
falou de facer, nesa zona, una ou
varias minicentrais, para dar luz eléctrica a 52 pueblos da comarca. Increible a idea deste mandatario. A todas luces non sabe o que trae entre man. Esta zona
é do
pouco virxen da provincia e quéreno embalsamar...
Dende estas liñas
direille que non sabe o que vai facer...é unha insensatez non
explotalo doutra forma...
En
canto á fauna do río Bibei: decir que a base
sempre foi a troita, pero queda pouca debido á cantidade
de encoros e poucos caudais.
De cando en vez sae algún exemplar por otro lado típico
de ese tipo de augas. Vexamos algúns exemplos.

Troita pescada
no río Bibei en maio do
2001. Soio pesou 6 1/2 kg. e medía 85 cms.
O río Bibei tiña moitas troitas de este estilo, morreron
a centos cando se fixo o encoro do Bao, contado por un amigo
que traballou no muro da presa e que inda vive e pode
contalo.
É o tercer río, en importancia, de Ourense, pero unha
empresa hidroeléctrica, Iberdrola hoxe teno
"machacado", unha auténtica pena. Para chorar... E a Consellería de Medio Ambiente de Galicia non se entera de nada ou non
quere enterarse , que é peor.

Esta troita, pescada no encoro
do Bao o 20
de marzo de 2002 pesou 11,250 kg. todo un record. Máxime cando
únicamente midiu 60 cms, observar a troita anterior con 85 cms. ey únicamente 6,500 Kg.
Nos encoros poden darse estas troitas
atípicas.
Na fotografía José Pérez, un veciño de Verín que non
salía do susto.
O que ya sabíamos é que o río Bibei sempre tivo
exemplares de troita espectaculares.
En canto ós mamíferos, na conca do Bibei o
típico: zorro, xabarín, lobos e corzos.
Das aves destacar a perdiz
pardilla.
Remítovos a miña
páxina sobre os "ríos galegos" para ver o que vos
podedes atopar en canto a vexetación, árbores e
demáis seres vivos.
Couto de Viana:
Lastimoso. Unha burla para o
pescador de troitas e para o turista que se achegue a pescar neste
couto. En plena cabeceira do couto ten un estercoleiro.
Atopei ata restos de lavadoras no propio couto, dentro do rio por suposto (
fai dous
anos tan soio). Observo que no ano 1997 non foi couto. Tampouco no 2000
e no l
2001. Non me extrana. Aumentará o
estercoleiro, eso é o que tiña que arranxar ó alcalde citado e non meter
minicentrais.
Por certo, deixou de ser couto. Non me
extrana.
Encoro do Bao-desembocadura
no río Sil:


Ecoro do Bao.
Está o río en moi mal estado. En algúns
lugares a auga vai por un túnel. Por exemplo nas curvas de Larouco, un
lugar marabilloso, é normal
ver ó río sin auga, en charcos, a pesar de que nesa zona
xúntanse o río Xares e o Bibei, dous
ríos que xuntos podrian sumar un caudal incrible.

Ó fondo Puente Bibei.

Zona de Larouco, moi pouca auga. O caudal ecolóxico
é mínimo.

Esta é a zona anterior. Aquí tamén desemboca o río Xares que vai seco.
Repito os datos técnicos:
DATOS TÉCNICOS DO
RÍO BIBEI
| Nacemento : na Serra Segundeira. |
Rotación cultivos: cultivada |
| Afluentes importantes: Pola
esquerda o
Camba, Couso e Cenza. Pola dereita: o río Xares. |
Pendente: 8.2º |
| Superficie : 598 km2 |
Textura suelo:Arenoso |
| Diferencia cotas :1430 |
Dias non útiles vertidos: 188 |
| Longitude: 46 km |
Acept. choiva invernal:alta |
| Densidade población: 28 hab/km2 |
Precipitacións: 1430 mm |
| Densidade gando: 0.8 vac/Ha |
Deficit hídrico: 60-90 días. |
| Densidade explot: nº 8/km2 |
Risco contam.: 1/3 |
| Material xeolóxico: granito |
Porcentaxe ocupación: Manzaneda 10%; O Bolo
20%; Trives : 30%, Viana: 40%. |
Neste último tramo e antes de desembocar
no río Sil ten outro encoro, o de Montefurado.

Presa de Montefurado, visto
augas arriba. Cando o río da a volta a dereita xa se
atopa co río Sil. Este encoro aproveita as augas do río Bibei
e tamén do río Sil que as manda densde a
presa de San Martin a 4 km.
Revisando esta ficha, despois de 20 anos,
estamos casi no 2018, soio podo engadir tres cousas
positivas: en primeiro lugar que nas súas ladeiras, nos
socalcos que había fai moito tempo, vólvese a
cultivar viño, bos mencías, godellos etc.
A segunda cuestión é que a zona está
empezando a ter bons resultados turísticos: realmente
teno todo paixase espectacular, moita historia con a Via
Nova romana, a mellor ponte romana de toda Galicia, o
santuario de As Ermitas, unhas minas moi interesantes,
así como levadas ou agoladas espectaculares e moitas
máis cousas...
A outra cousa positiva é que
Iberdrola respeta máis o caudal ecolóxico.
Queda dito.
Volver.
DATOS
HISTÓRICOS.

También asentemos en esta bandera
al río Bibéi, que algo es nombrado,
que va por Viana, también por Sobrado.
La sierra do nace se diz Segundera,
y así prosiguiendo su vía y carrera
le viene el Morisco del monte Laroco,
más dúrale a entrambos su nombre muy poco,
que el Sil se les muestra la parca tercera.
Así escribe o Licenciado
Bartolomé Sagrario de Molina na Descripción del Reino de
Galicia, de este sensacional río ( hoxe
defenestrado).
Foto do río Bibei
antes de facer o encoro do Bao. A Fotografía é de Santa María
del Villar e está sacada do libro Fisonomía e alma de
Galicia" de Dr. A. Rodriguez.
Unha foto histórica que demostra como
era o RÍO BIBEI: UN RÍO BRAVO, UN RÍO CAUDALOSO, UN RÍO
SENSACIONAL.
HOXE ESTÁ MORTO.
Creo que a demostración é evidente.

O río Bibei no
Santuario das Ermitas, fotografía reciente.
Observar o que queda, simples pozas de agua, nada máis,
o
caudal ecolóxico que deixa Iberdrola, tanto no verán como no
inverno é lamentable.
Realmente non se entende como se pode ter un
río neste estado lastimoso.
O feito foi denunciado moitas veces, pero
a Xunta non quere enterarse.
Ver fotografía históricas deste río
sensacional.

Río Bibei actual.

Río Bibei. Fotografía miña do mismo día da anterior.

Hoxe esta zona está debaixo do encoro, embalse do Bao,
de Viana.

Río Bibei en Viana. Estaban a
construir o encoro e polo tanto sustituindo a ponte.

Sin dúbida estas fotografías son históricas.
O río Bibei en tempos. Ponte romana. Ponte Bibei,
Unha das pontes romanas máis bonitos de
España.