O MIÑO

A serra de Meira, onde nace
o río Miño
Fotografía Secundino L.
I
A serra de Meira dálle azos
para escorregar co vento nos penedíos
e facer breixas de lóstrgos
nas
quenlles de monte irto.
Co fuso
do sol novo fía estrigas de neve
e as filandras das árbores
tremen
coa seiva nidia das folerpas
/esfiañadas.
Sente a lingua do
lobo que lle arrepía p
/lombo
e a do año que lle fai
cóxegas na barriga.
Polos prados de Lugo anda o río Miño
cortando néveda e flores.
Troulea
nas abedoiras
e alporiza a mañá
albinitente
con campaíñas e
castañolas.
A chouchíos esperta
ás toxeiras
/en chamaradas.
Vai polas carballeiras arumado de tomiño
buscando paxaros para facer trilos e
/aturuxos.
Os cómaros florescentes lucilan
por onde irrompe bulicioso de rotas,
ledizoso de fontes
Cunha aperta
de paxaros e flores dille
/adeus ó Sil
para ir peleriño do
mundo.
II
O Miño bota no Ribeiro un sono larcío
/de mozo tolo.
Os seus bicos
teñen recendor a viño tinto.
As
estrelas solagan na súa negrume
para alumar campás afundidas
e
hai muiñeiras de avelaíñas nos relanzos.
Os pinos baixan os atallos das lombas
para debuxar rodas no corpo lampexante
/do río
e as cepas collidas do
brazo
póñenlle grilandas de acios
louros.
El
sorrí manseliño con ollos de náparo
tumbado na grama de comareiros.
III
Dende Tui á Guarda o Miño vai
suspeito.
Chegoulle ó corazón a mensaxe
agredoce
/do mar
e recúa cos axóuxeres de
marés
para gardar a canción
lírica da paisaxe.
Gurgulan pitorreises aforcados nos argazos
e afía machados de coios
para
loitar coas espadas aceiradas das ondas,
pero cae de súpeto nos vágados dos
/sorbedoiros
cos segredos da
terra.
Ve
no Aloia e no Tegra dous menhires
que o ofrecen en sacrificio a unha
/existencia aforismada.
Na auga estantía aboian pentagramas
de espuma do mar Atlante
coas
cantigas do Miño.

Aquí xa ve os menhires... Foto Secundino
L.