|
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/vidario0.htm

Inicio unha colección de imáxenes dos seres vivos que habitan nos ríos galegos. En total o 16-12-2004 teño estas fichas:
366 fichas de seres vivos galegos.
Peixes Mamíferos Paxaros 29 33 59 Reptiles Anfibios Insectos 12 14 50 Arbores Plantas Outros 29 120 18 Brións Liques 8 8
A pretensión deste pequeno traballo, que se irá completando pouco a pouco, é triple:
Primeiro: mostra-la vida dos nosos ríos e polo tanto mostrar o gran dano que se fai cando se atenta contra esta vida.
Segundo: pretender que o internauta descubra por qué razón algunhas persoas amamos con paixón os nosos ríos e os defendemos diante dun mal chamado progreso que nono respecta.
Terceiro : Fomentar con este traballo a afección a estas visitas a natureza, para coñecer estes seres e outros moitos que habitan as nosas ribeiras, que sen dúbida é o mellor e máis natural que temos en Galicia. " O descoñecemento é unha das causas graves da desgracia humana" dicía Epicuro e é certo.
Dicir: que non son especialista no tema, son un simple afeccionado; con miles de horas xunto os ríos de Galicia, dos que estou namorado.
Este anaco da miña páxina pretende ser : "un canto de esperanza a tanta desfeita que se está a facer cos ríos galegos entre 1998 e o 2004. Non os encoros e minicentrais que están a desfacer Galicia". "Non a uns estudios de impactos ambientais, mal copiados doutras autonomías, e que son unha vergoña, xa que demostran un descoñecemento da nosa fauna e a nosa natureza incrible". Neste traballo demóstrase que os ríos son algo máis cunhas correntes de auga... xa está ben de desfacer os nosos ríos ... e roubarnos o mellor que temos".
Na foto a minicentral do río Deva en Ourense. Unha barbaridade, como moitas das que hai construídas en Galicia, e outras que están previstas (sobre 300).
Desfeitas de este tipo rematan coa vida nos ríos galegos. Esta minicentral imposibilita a vida de moitos peixes, mamíferos e outros animais, nun río que foi sensacional. Observar o chamado "caudal ecolóxico" que eu chamo "caudal da morte". A Consellería de Medio ambiente non fai nada... ¿ Por qué permite estas desfeitas?.
Os nosos dirixentes falan dun desenrolo sostible, sin ter moita idea do que quere dicir, por si lles sirve de algo, direilles que :
"É o desenrolo que satisface as necesidades actuais das persoas sen compromete-la capacidade das futuras xeracións para satisface-las súas".
Hoxe a política que se está a seguir cós ríos de Galicia é unha auténtica desfeita que non vale para nós hoxe e por suposto moito menos para as nosas xeracións futuras. É, polo tanto, un roubo que lle facemos os nosos fillos e os nosos netos.
Esta páxina é (repito) un canto a vida dos ríos e un berro por un decreto da Xunta que diga que "NON SE PERMITEN MÁIS MINICENTRAIS EN GALICIA". Un berro para que se limpen e respeten na súa integridade o mellor que temos en Galicia: os nosos ríos.
Ademais científicos galegos piden que non se constrúan máis minicentrais en Galicia, dicen que "é o maior disparate imaxinable". Moito xente está en contra das minicentrais e a favor da natureza galega.
Remato cunha frase de Juan Valdés, "Ciento diez consideraciones" que dice:
"Los ríos y los habitantes del elemento líquido fueron hechos para que los contemplaran los sabios y pasaran sin conocerlos los necios".
Frase a que hoxe desgraciadamente hai que engadir:
"O malo é que os necios, hoxe, chegan a tódolos lugares e alguén lles dixo que a contemplación dos ríos polos sabios non da cartos"
As miñas fontes foron as seguintes:
Libros Galegos básicos para coñecer a natureza galega e que foron usados neste traballo:
"A natureza dos ríos e Ribeiras de Galicia" un libro de Victor M. López Román e Miguel A. Fernández Martinez publicado recentemente pola editorial Ir Indo. ( Este libro foi a miña guía e penso que é a miña obriga decilo). Ano publicación 1999. Merece a pena. Sensacional. Outros libros básicos usados neste traballo:
- "Guía das árbores de Galicia". Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell.1989
- "Guía das árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Calros Silvar.1997
- "Tódolos peixes de Galicia". Estanislao F. de la Cigoña.1999.
- "Peces de agua dulce de Europa". Silvio Bruno y otro.
- Fauna e flora de Europa de Editorial Blume.1994.
- "Guía das aves de Galicia" de Xosé M. Penas Patiño , Carlos Pedreira López e Calros Silvar. 1991.
- "Esos anfibios y reptiles gallegos" de Jose Curt y Pedro Galán. 1982
- "Guía das bolboretas de Galicia" de Xosé Luís Iglesias e Xulio Astor Camino. 1992
- "Guía de la naturaleza del Camino de Santiago en Galicia" de Joaquín Gimenez, Ignacio Munilla y Rafael Romero.
- "Anfibios e réptiles de Galicia " de Pedro Galán Regalado y Gustavo Fernández Arias. 1993
- "A natureza de Galicia", libro publicado en octubre de 1999 pola Xunta de Galicia e con fotografías de Xurxo Lobato. 1999
- "Guía de Campo de los insectos de España y Europa" de Michael Chinery. 1997
- "Inventariación piscícola de los ríos Gallegos" de F. Hervella y P. Caballero. 1999.
- "Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos" Sociedade Galega de Historia Natural . Consello da Cultura Galega.e F. Hervella y P. Caballero. 1995
- "Eses nobres cazadores" Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1990
- "As donas do vento" Xurxo de Vivero. Ediccións Serais. 1989.
- "Claves de la Flora de España" Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1981.
- "Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y Balear" Mariano Garcia Rollán. Dous tomos. 1996.
- "Flora de Galicia" Xosé Ramón Garcia. 1979.
- "Cuadernos de Campo" del Dr. Félix Rodriguez de la Fuente. 1991.
- "Guía das fervenzas da Coruña" de Ramón Muñiz de las Cuevas.2001.
- "Anfibios españoles" de Alfredo Salvador y Mario Garcia París.
- "Guía de las serpientes de Europa" de Silvio Bruno y Stefano Maugeri. Ediciones Omega. 1992.
- "Cando os animais falaban" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais 2002.
- "Enciclopedia Temática ilustrada: os ríos" de Manuel Núñez Pérez. Nosa Terra Volumen 11. Año 2002.
- "Guía de la flora del Parque Natural Baixa Limia Serra Xurés" de Íñigo Pulgar Sañudo. 2003.
- "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega" de E. Losada Cortiñas e varios. Xunta de Galicia 1992.
- "Insectos" de Gunter Steinbach. Editorial Blume 1984
- "Fauna das augas galegas" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo. AGEC. 1999.
- "Guía dos liques de Galicia" de Carlos Pérez Valcarcel, Mª Carmen López Prado e Mª Eugenia López de Silanes Vázquez. Baia Edicións. 2003
- "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" Ignacio Doadrio y avalado por el CSIC. 2001.
Outros libros e fontes:
- Os libros sobre a natureza do "Circulo de Lectores", deles están sacadas moitas fotografías:
- Mamíferos. Helga Hofmann. 1992
- Aves: Nicolai/Singer/Wothe.1992
- Árboles. Gregor Aas-Andreas Riedmiller.1992
- Flores. Wolfgang Lippert.1992
- Frutos silvestres. Manuel Durruti. 1992
- Plantas. Wolfgang Lippert-Dieter Podlech.1992
- Guía de Campo de los árboles de Europa de Gerd Krüssman.
- Fauna y flora de Europa. Guía de campo básica. Editorial Blume.
- Enciclopedia ilustrada del Reino Animal de V.J.Stanek.
- As miñas camiñatas tantos anos a beira dos ríos galegos. Unhas veces pescando e outra observando simplemente a natureza.
- Internet : a maior parte das fotografías están sacadas deste medio.
Revistas fundamentais utilizadas:
- La tierra. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional.
- Quercus. Unha revista sobre temas de natureza. Sensacional. A decana das revistas españolas.
- Natura. Outra revista sobre temas da natureza. Sensacional. Fotos incribles.
- Cerna : unha revista galega que debera publicarse tódolos meses. Sae de vez en cando.
Algunhas das direccións www que recomendo para ampliar :
- Sensacionais dibuxos de plantas. Otto Wilhelm.
- Den virtuale flora ( sensacional)
- Dragonfly. (Desapareceu)
- Los árboles de España.(Desapareceu)
- Sociedad albacetense de ornitología.
- Fauna ibérica.
- Fotográfica.
- Kingsnake com.
- Muzeum Przyrody: fotografías.(Desapareceu)
- Hierbas y plantas.(Desapareceu)
- Fauna. Nafoku Natur.Sabine Jelinek.
- Páxina sobre gaiteiros ( libeliñas).
- Animales picture archivo.(Desapareceu)
- Aves de Europa.
- Bird telephotos.
- Fotos paxaros. Srameen.
- Máis fotos de paxaros.
- Zoología.(Desapareceu)
- Sonidos dos paxaros. Sensacional.
- Investigación sobre as tartarugas en Galicia. A. Cordero.(Desapareceu)
- W.U.V. Ventas de imáxenes espectaculares.
- Pájaros de nuestros campos.
- Búsqueda de plantas.
- Fotografías de plantas.
Entre outras...
NOTA IMPORTANTE:
Son consciente de que as imáxenes teñen dono e por suposto unha propiedade intelectual. Neste traballo procurei que se vira o autor, algunhas foi imposible xa que non figuraba. De tódolos xeitos, suministro o meu email por si algún autor quere que retire algunha delas.
Páxina en construcción. Pouco a pouco irase completando. Por certo, admito colaboracións e suxerencias. Escribir e mandar fotos.
(Hai moitas, pero estas dúas, que se atopan en Galicia en moitos ríos, son dúas xoias espectaculares. Dende esta páxina www, simplemente, UN BERRO PARA QUE SE CONSERVEN, UN BERRO PARA QUE NON DESAPAREZCAN)
Chioglossa lusitanica Galemys Pyrenaicus.
![]()