No dibuxo as minicentrais do río Limia en Ponte Linares, a do río Deva en Quintela de
Leirado, unha das tres do río Tuño, a
minicentral impresentable do río Deva na Cañiza e otros xigantes que
están deixando os nosos ríos para o arrastre. Non me estraña que D. Quixote
vexa xigantes, realmente son xigantes para os pequenos ríos.
Esta páxina agradece a Sancho a precisión; ademáis, esta páxina
espera dende fai anos que os galegos se den conta que
¡ESTÁN
ROUBANDO OS RÍOS!. Esto o escribía no ano 2003. No 2004 esto é unha
desfeita auténtica. Non digamos no 2021 que xa empezan a decilo diarios como
La Región de Ourense...tamén era hora...
D. Quixote volveu polo Xacobeo en
agosto do 2004 e xa viu unha choiva de estrelas "as perseidas das
minicentrais": nos ríos ULLA, LEREZ, VERDUGO, ARNOIA, OUTES, XALLAS e un longo
etc. de novas minicentrais en Galicia.
Minicentrales aprobadas en agosto do
2004. DOG de agosto.
"Adeus ríos, adeus regatos
pequenos...."...canta razón tiña Rosalía...

Río Limia. Minicentral de
Pontelinares. Ourense.
Estoy convencido, rematarán cós ríos, alí
onde se poda poñer unha minicentral porana, o mismo farán coas
montañas, coas nosas serras, poñendo moliñillos de vento en todas
elas...
Cando rematen o anterior, comenzarán coas nosas costas, molinillos
de vento que aproveiten as mareas...
¿Que se pode facer ante este deterioro galopante e este tirar
para adiante frenético no 2004?.
Dificil. A Xunta de Galicia actual é a primeira que ten intereses
neste gran negocio galopante, o uso ata a saciedade dos nosos ríos
e serras, a mín non me cabe dúbida...Son os políticos que
nos eliximos democráticamente e son os que nos están dando a
puntilla a nosa natureza, que é o mellor e único que temos. Teños
probas, todo o mundo o sabe, de moitos destes políticos que teñen
que ver cós Consellos de Administración destas empresas, que
amasan o diñero que queren...pero é igual...Todo é legal...???...hai
moi pouco que facer...
Ademáis... para moita xente que non coñece en sito estos edefesios
anti_naturais que están facendo nós ríos e serras, veno ata
positivo...é incrible ata onde chega o grado de descoñecemento de
moitos galegos, e de que forma tragan a publicidade da "enerxía
sosteñible" do conto do "aforro en árbores",
da "enerxía ecolóxica e verde", mentras quedamos
sin o máis preciado de Galicia: os nosos ríos, as nosas serras e
dentro de pouco as nosas costas...
Cún programa consesuado de aforro de enerxía e unha
potenciación do que había fai 10 anos hubese sido máis que
suficiente (exportamos por riba do 50%). pero non, veña tirar parta
adiante como tolos...veña a facer minicentrais, Parques eólicos e
o que sexa...veña a encher os bolsillos a toda costa...
Exagerado?. Ojos para ver...
Algo quedará dirá moita xente?...Sí, os nosos nosos recordos...
IMPORTANTE
O Consello
de Contas de Galicia nun informe de Xestión do ano 2000 pon
a caldo as minicentrales promovidas pola Xunta de Galicia (con
análisis medioambientais deficientes e obscuros así como dilatados
no tempo), decindo claramente que son un
atentado os nosos ríos e que non hai necesidade de ningún tipo de
instalalas (supoñen por baixo dun 7% da enerxía instalada e
queiman os ríos gravemente)..
Pouco
caso ou ningún fai a Xunta de Galicia a este Consello de Contas xa
que sigue tirando pola senda "veña padiante e os ríos
esnafrados..."
Ver
ese informe.

¡Nosos recordos!
Río Limia, antes da
minicentral. Un río sensacional. Hoxe defenestrado a partir
deste lugar. O couto de Pontelinares é unha auténtica pena
no 2004. ¡Desastroso!.
Saír.