No meu afán de buscar cousas de
calidade sobre o noso río Miño, atopo nada menos que nunha feira en
O Incio, o 22 de xuño de 2018, un libro de segunda man en moi boas
condicións, o libreiro, si é que se pode chamarse así, tiña libros e
moitas máis cousas...o título do libro "Cantigas da
Fonte Arcada", de Marcial J. González Vigo.
A verdade que o libro é marabilloso, moi ben editado, cunhas
fotografías boísimas e unha poesía con moitos versos que veñen a
conto das fotografías, tamén de moita calidade. O libro rezuma
cousas de "Lugo", do río Rato, do río Miño...

Portada do libro. Este libro aparece
citado por mín na bibliografía. 2008. Citania publicaciones
S.L.
No que sigue poño completa a
poesía "O Testamento do Miño", pero ben poidera poñer
a "Cantiga do Miño" ou trociños maravillosos como este
da poesía "A nena do novo luc"
"...O río Miño entretense
á sombra dos amieiros,
por Lugo pasa nun soño
ata a illa de Burneiros,
para deixarche nun canto
sete biquiños pequenos..."
A miña enhoraboa o autor deste
libro marabilloso.
Esta é a poesía "O testamento do
Miño":
Aparece nas páxinas 170 e 171 do
libro citado.

