|
Fotos da
Senda Litoral.
A Guarda desembocadura do río Miño
Hoxe tamén: Senda Azul da Guarda.
Escribe: Secundino Lorenzo.
Nota: as fotografías que non poñen ao autor
son propiedade de
Secundino L.

Trociño do folleto
que A Guarda dedica a presentar as súas rutas de
senderismo e natureza.
Esta senda recorre a
Costa de A Guarda dende a desembocadura do río Miño ata o
Porto de A Guarda. Son exactamente 3.6 km. marabillosos. A
senda é peatonal pero tamén ten un tramo de bicicletas.
Ida e volta supoñen un pouco mais de sete kms.
A dificultade é minima e o final supón un
paseo doado de facer e moi agradable.

Mapa da Ruta da Senda Litoral. Ano
2024. Pola nosa banda facemos unha ruta de ida e
volta dende a Praia do Muíño ata a Cetarea A Grelo
máis ou menos dependendo do día e as forzas...

Este é un trozo do mapa da Senda Lateral
no ano 2026 e onde figura a Senda Azul
que é un engadido pasando polo Porto e chegando
a Praia Maior. Ou sexa que vai dende a Praia do
Muiño, bandeira azul ata a Praia Maior, xa
despois de A Guarda. En total son 6,5 km.
ou sexa 13 si se vai de ida e volta.
Recomendo facer a ruta a primeira vez
a modiño, disfrutando da paisaxe e do moito que hai
que ver e logo facela cada un ao seu paso,
respirando os aires da zona que son únicos; merece
á pena.

A senda está
perfectamente construida e presenta este aspecto de
madeira na súa primeira mitade; aspecto moi
discutible si se descoñece que este paso elevado
respeta o "Seixal", topónimo que designa os "seixos"
ou cantos rodados que hai na zona con moita
abundancia. Estos cantos rodados están acumulados,
de forma natural, en moitas zonas e con esta forma da madeira, elevada,
hai continuidade nos mismos. En tempos foron usados
como ornamentais, pero hoxe está prohibido a súa
sustracción.
Na fotografía van camiñando
os meus netos, unha das miñas fillas e a miña dona;
conmigo, que son o fotógrafo, somos cinco namorados
desta senda litoral. Hai moitos máis...

Esta
fotografía da senda permite ver o detalle dos cantos
rodados que se foron acumulando e como a tarima
posta permite respetalos. Esa é a razón de que se
fixera con madeira elevada sobre o terreno.
Este ano 2026 esta senda
nesta primeira parte de madeira estuvo fatal,
desfeita en moitos lugares e foi a culpable de
algúns accidentes. No mes de Agosto foi arranxada,
moi ben e rapidamente, quedando en boas condicións.
A verdade é que da gusto
moverse por esta Senda Azul ou Senda Litoral de A
Guarda, como queiran chamala. Esta senda forma parte
hoxe como a senda portuguesa a Santiago ou Camiño
Portugués, inda que moita sente comenzan
precisamente na Praia do Muiño.

Fotografía do ano 2026
xa coa senda reparada, fixérono rápido, pouco
mais de 10 días e con calidade.

Outra vista do paseo, neste
caso vista de paxaro sacada do libro "Aeroguía del litoral galego", na
misma aparece á esquerda A Guarda e á dereita a praia do Muíño en Camposancos.

Nesta gran fotografía pode verse, a vista de paxaro, a maxestosidade da
zona, en primeiro plano o río Miño desembocando no
Atlántico, a ínsua do forte, que é portuguesa, e enfrente o monte
Santa Trega e
claramente a praia do Muíño onde se pode comenzar,
ou terminar, a ruta ata A Guarda. Detrás do
Monte Santa Trega o Monte Terrón; os seus pés A Guarda. A ruta
chámase Senda Litoral por algo...
Descoñezo ao autor da sensacional
fotografía.

É tamén impresionante esta fotografía
da zona, nela vese perfectamente a praia do Muíño e
o comenzo da ruta. Descoñezo ao autor desta
fotografía sensacional.

Detrás deste Hotel e esta
praia do Muíño comenza a Senda litoral. Senda que está
perfectamente indicada. Dende este lugar ata A
Guarda 3,6 kms.

Outra vista da praia do Muíño.
Fotografía do ano 2022.

A ruta parte por detrás do Hotel
El Molino.

Este pode ser o inicio da senda,
detrás do Hotel El Molino, inda que hai outros. Pulsando no QR debérades ter
os datos da senda.

A praia do Muíño coa marea baixa.

No primeiro tramo
hai actualmente, -ano
2020-, unha zona que chaman "Piñeiral
Castrexo" onde hai unha serie de pinturas
que compoñen distintas figuras, entre varias árbores. Na figura
un disco solar. Moi orixinal.

Este é o anuncio do "Piñeiral
castrexo", que podedes ver en Facebook.

Buscando unha
posición ao unir as pinturas destas catro árbores vese
un "Nó de Salomón". Este esvástica "típica
do Miño" foi atopada nesta zona miñota, de singular
relevancia pola súa temática. Esta fotografía doble
está sacada do "facebook Piñeiral Castrexo".

Fotografía de
xullo de 2021 do "Nó de Salomón", aquí habería que
poñerse un pouco a dereita. Tamén na tarima da
senda dibuxaron unha posición onde si un se situa
nela vese moito mellor o dibuxo.

Fotografía de xullo de 2022, o "trisquel".
Este ano retocaron varios dos dibuxos ó que é de agredecer. Feliz idea.

Fotografía dunha "espiral". Xullo 2022.

Fotografía dun "Axedrezado xogo". Xullo 2022
As figuras que aparecen son: trisqueis, laberintos, esvásticas, nós de Salomón, discos solares e espirais. Tamén hai un mural
explicativo de todos os dibuxos.
Unha forma máis de potenciar a ruta.
Sorprende. ¡Enhoraboa os autores!, visitai en
Facebook os datos do traballo.

Este ano 2024 está incorporado á
Senda Litoral este cartel onde aparecen as especies
de flora exótica que representan unha amenaza os
ecosistemas dunares. Unha información básica para
manter as dunas en perfectas condicións no futuro.

A senda permite
ollar paisaxes da desembocadura do Miño como este.
Neste lugar, pero
en distintos momentos pode verse un auténtico
espectáculo: si a marea está baixa vese o río Miño
como entra no mar. Si a marea está alta o río Miño
desaparece, vai por baixo. ¡Incrible misterio!.

Outra vistas ao río fan estas
acumulacións, neste caso de conchas de mexilóns... Fotografía
de xuño de 2021; a anterior e as seguintes son do
2020.

Outra fotografía da
foz do río Miño entrando no mar nesa franxa entre
as rocas de Camposancos e a fortaleza portuguesa da Ínsua. Por
certo nesta fortaleza seica hai previsto facer un
hotel de primeira, e por suposto unha ponte que leve
a praia de Moledo. Todo ó que sexa potenciar esta zona única
sexa benvido...De tódolos xeitos costa crer o
dato...

Outra fotografía do "Forte da
Insua", espectacular fortaleza, pertence a
Portugal, ubicada a 500 m. de Moledo e 1 km. de
Camposancos e que preside a desembocadura do río
Miño, de feito é básica para delimitar a raia
mollada (fronteira no río Miño entre España e
Portugal, ver ese artigo nesta misma páxina web). A
súa construción, como se ve hoxe, data de
1649. A primeira construción data de 1392 e nela
vivian monxes franciscanos. Xusto nese treito.
Dende a praia O Muíño pódese ir en
barca ata o Forte da Insua, preguntar no tfno.
986614546; tamén tendes ese datos e outros
neste link.

Fotografía sensacional do Forte da
Insua. Descoñezo ao autor da fotografía.

Outra imaxen da desembocadura, neste caso de
xuño de 2021. Eu a esa pedra chámolle a "Señora do Miño".
Así a bautizamos os meu netos e máis eu, xa fai uns
cantos anos.

Por certo que todos os anos saúdo a esta
"Señora do Miño"; este ano, xullo 2021, atopeina
moito máis morena...xa lle dixen que non se puxera tanto
ao sol...pero é moi teimuda.

Dende a Senda Litoral e despois de pasar
O Puntal, onde está a cruz hai unhas vistas marabillosas
da desembocadura do río Miño. Neste lugar é posible
entender como o río Miño ten moitos problemas para
entrar no Océano Atlántico. Na misma desembocadura unhas
veces vese o río, sobre todo coa marea baixa,
e outras veces é o mar que está claramente de dominador.
No video que poño a continuación está
claro quen pode.
É todo un espectáculo único. Dicen que o río Miño
ten medo, cando chega ata este lugar; noutro lugar analizo este medo...Eu penso que
o río entra valente no mar xa que sabe que se converte
en algo superior...É unha opinión.

Outra vista da
ruta. Dende este lugar poden verse unhas postas de
sol únicas, máis adiante poño algunha... Tamén decir que hai murais explicativos moi pensados, algúns xa
presentan un aspecto deplorable, por no decir outra
cousa. A verdade que é imposible entender como actua
algunha xente co patrimonio de todos... ¡Hai
moito vándalo solto!...

A luz da posta
de sol permite sacar fotografías espectaculares
como esta e outras que veredes ao final.

Outra fotografía da posta do sol
enfocando as rochas. Fotografía de 2025.

Este mural, un de moitos, fala do río
Miño. Feito con moito detalle, ata ten un trozo en
braille, pero a fotografía é do ano 2015, hoxe está en
moi mal estado, lembrar o tema dos vándalos...
No 2024 xa non existe este mural e xa
puxeron outro.

Este é o actual, na parte esquerda
trae unhas fotografías da zona da desembocadura e uns
textos falando sobre os seres míticos dos contos do
río Miño. Suprimiron o texto en Braille.
Deixaron a poesía de Celso Emilio.
.jpg)
Este é o anaco de poesía que Celso
Emilio Ferreiro Míguez, o gran poeta de Celanova (Ourense)
1912-1979, dedicou
ao río Miño e que figuraba nese
cartel da Senda Litoral; cartel que hoxe agosto de
2024 non existe xa que foi sustituido por outro, que
mantén a poesía e quitaron o trozo da dereita, que
era unha explicación do río Miño para cegos. Estaba
feito en braille e que boto de menos no segundo
cartel.
Celso Emilio Ferreiro Míguez
(1912-1979) foi periodista,
escritor e un gran poeta galego. Engado o final do poema
"Loubanza do pai
Miño", que poño como complemento ao anterior. Os
dous trozos son do mismo poema.
Este trozo, na miña opinión, é
unha gozada auténtica.
Esta claro que escolleron o trozo do
poema anterior xa que fala do tramo final do Miño, "...en busca das
gamelas e as gueivotas..." e fala da canción que
canta o Miño "...a mesma sempre, da Fonmiñá á
Guardia...". Daquelas o río decían que
nacía en Fonmiñá e eso era ó que sabíamos
todos dende a escola...pero hoxe sabemos que nace no Pedregal de
Irimia.


Moitas cousas
curiosas podedes atopar nesta Senda do Litoral como
esta pequena salina, unha salina rupestre, unha
rocha devastada sutilmente e que permitía, mediante
unos bordes feitos na misma, obter sal, simplemente
botando na súa superficie auga de mar. Ao
evaporarse quedaba o sal. No 2024 observo pouco
limpa a zona.

Nesta rochas vense os restos de sal e
hai tamén varias salinas máis rudimentarias. Fai uns
días estaban cheas de sal (ano 2025). Tódolos anos
procuro poñer máis cousas interesantes.

Nesta parte onde estamos hai que ter moito cuidado
xa que hai zonas delimitadas, vese claramente
onde non se debe pisar. Trátase nada menos de
lugares onde anida a Pillara papuda,
que pon os ovos a partir de maio e o cabo de 25
días xa voan os paxaros. Téñense atopado ovos de
Pillara no mes de xullo, dunha segunda rolada. (Fonte
Guía das aves de Galicia, Guía da natureza Baia.
Autores Mena, Pedreira e Silvar).

A Pillara papuda ten este aspecto. Ten sobre 15 cm.
O macho ten unha mancha na testa e nos ollos e a femia non.
Convén non molestar a estos paxaros e
a outros moitos que hai na zona.
Agradecer
a Asoc. Ecoloxista Anabam os seus traballos no Baixo
Miño e a súa loita, xa van 35 anos, para que esta especie
e outras aniden nesta zona.
Ver este
video con algún dos traballos que fan.

Parella poñendo a
secar o argazo (na zona chamábanlle arjazo) ou algas que o mar deixa nas rochas sobre
todo nas mareas baixas. Este argazo é único para
estercar as leiras. De feito aportaba a terra
sales, iodo e outros microelementos. Da "coba do
Arjazo" onde se enterraba e fermentaba antes
de botalo as leiras fala Praxíteles Glez,
Martínez no seu libro "Ribeiras del "Baixo Miño",
sus gentes usos y costumbres. San Miguel de Tabagón"
1997.

Fotografía das Salinas do
Seixal que están no medio da ruta da que
estou a falar, de feito observar como están preto do
mar, para que lles chegue a auga e se poida realizar
o proceso de recollida do sal.
Compre decir a importancia que tiñan
estas salinas, no só polo que supón o sal como
codimento si non tamén como ó seu uso na salazón e
conservación de moitos alimentos como os relativos a
pesca, que abundaban nesta zona.

Fotografía da
Salina do Seixal. Xunto a ela hai un
panel explicando perfectamente ó que supón a salina e
como actuaba. Criticar dende esta páxina, os
que fixeron unha pintada para tapar o escrito do mural,
seguramente por estar en galego. ¡Vándalos que pensan
soio cos pés, non coa cabeza!

Esta é a salina e o mural.

Desglose do mural, neste trozo fala das
pasarelas para traballar nos distintos lugares. Tamén
unhas pías de decantación que seguramente usaban para
separar os refugallos para que non se mezclasen co sal.

Fago unha copia da
explicación e agradezco ó que limpiou como poido a
pintada.
"
Salinas do Seixal constrúense na primeira
metade dos s.I.d.C. e abandónanse a partir do s. IV.
d.C. Están formadas por unha serie de compartimentos
de forma rectangular: os tallos salineiros. A auga
do mar conducíase ata aquí pola axuda das mareas.
Coa acción do vento a auga ía aumentando a
concentracción salina ata chegar ao punto no que o
sal podía ser recollido. As salinas foron traballadas
polas poboacións locais, os habitantes do castro do
monte Trega, que seguía habitado o s. I d.C. foron
probablemente os encargados das tarefas de
mantemento e explotación das salinas: limpar e
reparar os tanques, arranxar os pavimentos que
recubrían os lousados, controlar a entrada de auga
do mar, e por último cando comenza a temporada de
recollida durante o verán sacar o sal con pas e
acumulalo en pequenas moreas dentro da salina".

No mural aparecen os elementos de
recollida da salmoira así como un rolo co que
se alisaba o pavimento. Tamén explica que lle
botaban unha especie de arxila para preparar o
pavimento.

Plano da salina onde seguramente
había un conxunto delas, aparta da que está excabada.

Dende o mismo mural pode irse
directamente a páxina web que explica o "Mar de
Sal". Simplemente escaneando a QR.
Por si non tendes a app para escanear
a QR: O
link é este.

A zona ten moitos lugares onde queda
o sal tan pronto se evapora a auga que entrou coa
marea, ver na fotografía esos bordes blancos son sal.

Polo medio da ruta está "O
Petón de Páxaro", un poste onde está atada
unha caña de pescar co seu carrete e unha
historia...curiosa forma de lembrar a un pescador
amigo da zona: José Rebollar Vicente "O Páxaro".

Os amigos de "O Páxaro" puxeron en
homenaxe este cartel no que explican que foi un
veciño de Camposancos, amante deste mar, que
gustaba de pescar, sobre todo róbalo ou robaliza nesta zona
exactamente. Morreu o catro de decembro de 2020.
Conta que nunha ocasión foi tanta a pesca que fixo
de róbalos que tuvo que buscar a axuda dunha
campesina que veu cun burro e cargou a pesca. A zona
efectivamente ten moitas e boas posturas para pescar
este peixe, que é unha delicia que nos trae este mar
a estes lugares.

No texto aparece a explicación
daquela gran pesca de róbalos, sobre 40 kg., e a
axuda que pediu. Tamén figura un escrito onde
aparecen unhas frases típicas de O Páxaro.
Sensacional detalle dos seus amigos.
Por certo no 2024 xa está medio
desfeito.

A partir da mitade,
ou si se vai cara A Guarda, na segunda mitade a
senda ten esta forma con doble carril para peóns e
para bicicletas, patíns, etc.
A fotografía, do ano 2021, ten un engadido curioso,
xa que nunha finca que se ve a dereita da senda o dono meteu o seu
barco "bonito" nela, sen dúbida un xesto de amor ao seu barco...Na
realidad é simplemente a cabina do barco.

Fotografía incorporada o ano 2024...O
barco sigue no seu lugar...

Os
percebeiros de
A Guarda aproveitan a marea baixa de finais de
agosto para coller os famosos e sabrosos percebes
nas rochas da zona. Un percebe marabilloso como
corresponde a un mar batido único.

Por si ó anterior fora pouco na zona hai
moitas máis cousas que ver según se faga o paseo. Así
mirando ao mar pode verse moita vida: unha flora
abondosa, ver algunha a continuación, onde só sobran
"As uñas de gato",
Carpobrotus edulis, pero
onde prolifera unha vida autóctona única. Así nesta fotografía
os liques das rochas falan desa vida.

Nesta fotografía na senda do litoral
vese a proliferación das uñas de gato. Xullo de
2021. Habería que atallalas, poden cubrir todo o
litoral da senda e sería unha mágoa. Observo en
xullo de 2022 que foron a máis e gañaron polo menos
50 m. Siguen gañando no ano 2025.

A
"Uña de gato", Carpobrotus edulis é
abondosa na senda litoral. A fotografía está sacada
de Internet do Blog de Ferpas. A foto permite
ter unha idea do que estou a falar. esta planta
abonda no litoral galego desgraciadamente. É bonita
pero é moi basta e acaba coas demais, ó que se chama
unha especie invasora.

Estes liquéns son
a Coloplata marina que
dende logo está moi presente na zona. Estos liques
demostran que a zona ten un alto valor ecolóxico. Valor
que se ve, que se palpa e que se respira...

Efectivamente, os liques das rochas
son espectaculares...

Efectivamente, os liques das rochas e
tamén das árbores
espectaculares...Está claro que esta fotografía non
tiña ollos nin nariz, si a boca (sería moita
casualidade). Xullo de 2022. Espero que me perdoe o
liquen.
A continuación poño algunha mostra do
que podedes atopar, aparte das típicas silveiras con
amoras, toxos, fentos macho e femia, herbas mouras, algúns cardos, e moitos
carex ou buños ou carrizos, entre outras e outros.

Vense moitos prixeles
maríños ou tamén chamados fiuncho do mar,
o nome é Crithmum
martimum.

Outa imaxen do fiuncho
de mar.
Poño agora flores que abundan
moito:

A dereita da senda o Monte Trega. Unha antigua
cerámica, cos fornos e as chimeneas apropiadas, e un campo cheo da flor
Maravilla silvestre, Calendula arvensis,
a fotografía ata ten un cabalo blanco a dereita pastando...

Na zona hai moitas
Viboreiras,
Echinum vulgare. Na fotografía a esquerda. A dereita
son dentes de León ou mexacán en galego.

Na fotografía vese con máis detalle a
Viboreira, neste caso nunha fotografía miña
sacada a carón do río Miño. É unha planta moi
bonita, o nome de viboreira, como planta que se
aplicaba cando mordía unha vibora, pero direivos que non
é moi efectiva.

Na fotografía a
Colleja de Mar,
esta flor é do xénero dos Silene e da que hai varios
tipos. Esta flor abunda moito nesta senda do
litoral.

Detalle da flor da Colleja de mar,
é o seu nome castelán. En galego chámanse
Cabaciñas.

Esta flor tamén se ve en moitos
lugares, trátase do famoso trevo en galego. É
do xénero dos Trifolium.

Estas flores son os famosos dentes
de León, en galego chámase mexacán e son
do xénero dos Taraxacum. Unha flor moi curiosa...

Nesta outra hai tamén dentes de León
mezclados coa típica flor. manzanilla

Son tamén moi abondosas estas flores
en capullos de outras moitas, do xenero dos Ammi, ó
que en galego se chama ameos.

Na zona vense moitas chuchameles,
esas plantas que aparecen entre outras é que de
nenos chupábamos o seu néctar, por eso do nome.
Neste caso sae dunha silveira con amoras que tamén
hai na zona. Pertence o xénero das Loniceras. En
castelán chámanse madreselvas. Na zona onde
están cheira moi ben, da gusto...

Outra fotografía dos chuchameles.
Xullo de 2022.

Na fotografía vense os chuchameles en
primeiro plano. Son plantas gabeadoras, e aparecen
entre outras. Cheiran moi ben.

Na fotografía vese outra gabeadora,
a correola menor, tamen corriola ou capelo.
que moita xente lle di campaniñas, neste caso
moi abundante na zona.

Campaniñas, a flor da correola.

Verbasco ou gordolobo, outra planta
da Senda Litoral.

Na senda litoral non hai
practicamente arbustos, non é lugar. Chama a
atención varios azareros, Pitosporum tobira,
azahar da China, que se ve ao comenzo, aparte
do pinar xa comentado.
O azarero non é un arbusto da zona,
de feito o orixen é chino, alguén o plantao e foille
ben. A árbore vese ben na zona e cando florece ten
un cheiro especial.

Este é o detalle do azarero.
Agradecer a Elias, que a beira da senda ten un
terreno onde plantou varios, que me dixo o
seu nome.
Sin dudalo é unha arbore moi decorativa e de bon
cheiro. Ten unha altura entre 2 e 5 m. Ten unhas
follas especiais moi carnosas.

Na senda tamén se ve
esta marabilla de Aloe Vera.

Nesta fotografía vense as rochas cheas de
gaivotas e de cormoráns (Corvo mariño real
e o cristado). Os cormoráns están descansando e
acicálanse e sécanse todo o corpo, en especial as ás,
mentras non actuan.

Nesta fotografía, vense a esquerda
grupos de gaivotas e a dereita cormoráns
descansando. a foto está sacada a carón do Seixal.
Na desembocadura do río Miño é
normal atopar Parrulos de varios tipos, Garzas reais
e outras, Pirlos, Mazaricos,
Andarrios, Gaivotas, Corvos mariños e Pillaras entre outras moitas aves. Por certo unha zona especial para
ver estas e outras aves. Nos pinares abonda o corvo
normal (Corvus corax) e vense tamén moitos gorrións.
O estuario do río Miño está
considerado Patrimonio Natural.
En canto a mamíferos este ano 2024
vimos unha donicela ou donosiña,
trátase dunha Mustela nivalis e que
vimos saltando entre as rochas, seguramente en busca
de ratóns. Tiña o pelaxe de verán marrón claro. Foi
toda unha experiencia.
Por suposto na
zona hai moitos cabalos mansos e o que impera este
ano é que a partir do covid, están de moda os cans de
tódalas razas. A correlación aumento dos cans e o
covid para mín é trivial.
|
 |
 |
|
Muíño de vento.
Restos de muíños de vento do século XVIII.
Hai varios pero ningún completo. Unha mágoa. |
Pesqueira de rochas.
Hai varias na ruta. |
Descoñezo ao autor
destas duas fotografías sacadas de internet.

Un dos muíños que
hai na ruta, soio lle faltan as aspas.

Dibuxos sacados de
"Os bolechas" Guías, neste caso adicadas A Guarda, na
desembocadura do Miño. Escrito por Pepe Carreiro.
Neste caso co feito de dibuxar un mazarico resulta
unha pequena guia do principio da Senda Litoral.

Dibuxo dunha pesqueira natural. Na senda
litoral hai varias, unha delas na Praia do Muíño.

Fotografía dunha das dúas
pesqueiras que hai preto da praia do Muíño. A outra
que está no dibuxo está na punta. A marea xa estaba
un pouco subida e a outra xa estaba cuberta.
Desembocadura do río Miño. O fondo a praia de
Caminha e a dereita Moledo.

Outro detalle da pesqueira que hai na
misma punta. Fotografía sacada coa marea baixa.
Xullo de 2021.

Cetaria de A Grelo, situada na Senda
Litoral, moi preto xa de A Guarda.

Cetaria A Crelo. Fotografía de
xuño 2021.
Mais adiante, moi preto de A Guarda,
comenza unha ruta das Cetarias. As cetarias son viveiros para manter
ao marisco vivo, hoxe xa non se
utilizan pero queda o rexistro histórico. Nesta ruta, a
carón de A Guarda, nos primeiros 500 m., está a
Cetaria de A Grelo. As que se
ven mellor son a Redonda e a Altiña, que están noutra
ruta despois de A Guarda
A dereita da ruta e mirando ao monte Trega
vense varios muiños de vento que tamén son
típicos da zona así como fornos cerámicos. Tamén,
como xa estaba comentado, pesqueiras naturais,
que son construcións
semicirculares onde nas
mareas entraba a auga do mar con moita pesca, xa que se
puña cebo dentro para atraer os peixes, que logo
non podía saír do lugar pola disposición das rochas.

Un dos muíños de vento
reconstruidos da zona.
-o-
Nas rochas da costa
hai exemplos de abondo que nos permiten pensar
moitos cousas, pola miña banda todos semellan ver (
falo dos seres pétreos) ó
que eu vexo, unha paisaxe marabillosa e unha
contemplación asombrosa:

Nada máis sair, atopo
esta rocha que semella, sempre é o meu pensamento e a
miña imaxinación, unha dama mirando como
o río Miño entra no mar. Todo un espectáculo. Imaxen do
verán 2020.

Fotografía moi preto de onde desemboca o río
Miño. Eu vexo o mismo río Miño descansando, mantinando as falcatruadas
que lle fan en todo o seu canle. O descanso é merecido.
Seguro que o río Miño está dormindo xa que
dicen, e penso que é certo, que
aquí o río Miño faise inmortal...

Moi próximo á fotografía anterior vexo
este home asombrado coas marabillas que está a ver.
Parece que pon esa expresión incrédula xa que estaba vendo
como o río Miño entra no mar e de súpeto non ve o río
Miño...

As cousa cambian moito dun ano para
outro. Aquí xullo 2022 xa non está asombrado está asustado de como vai o "cambio climático no
mundo". Ou facemos algo ou esto estase pondo
moi mal.

Tamén esta
muller
mostra a misma admiración. ¡Non é para menos!.

Seica no medio da fotografía está un
gato vixiando a zona... A ver si nos avisa dos
vándalos que non pensan nos demais...

"Miróns" na zona hai moitos, algunhos
con moita cabeza...

Máis xente descansando e mostrando
admiración pola zona. A flora do litoral é moi
variada...Esta parece un Polycarpon
tetraphyllum, probablemente a subespecie
diphyllum, as flores teñen pétalos brancos e aparecen
preto do mar, neste caso nas rochas...

Teñen unha cor púrpura e as flores son
pequena, 2,5 mm. e blancas.

Outro vixiante da zona, neste caso da
familía de Pinocho...

Aquí neste conxunto
de rochas pode verse o que se
queira; da moito xogo este pedregal...Un
dos meus netos ve un cocodrilo...

Podería ser tamén un rinoceronte sin
corno,
dice a neta...

Tartaruga descansando na rocha e
mirando a paisaxe, dice o meu xenro...

Aquí, no centro vese unha galiña,
seguramente unha galiña coa que dormía a miña filla
María, cando era moi pequena, e que logo
perdeu. Non me estranaría que fóra caer ao río Miño
en Ourense e logo río abaixo aparecera neste
lugar...

Aquí tamén no medio da fotografía
pode verse unha vaca deitada nas rochas, soio lle
falta o rabo...
Poderíamos seguir, xa que todos os
anos aparecen rochas novas, en realidade son as
mismas do ano pasado pero a mai natureza fai
milagros e as augas do mar co seuj movemento diario
contribue a facer estas figuras...
Pero é unha gozada buscalas. Si
sabedes de algunha moi clara e que non figure non
tendes máis que mandala para poñer neste texto...
-o-

Para rematar tamén decir que
esta
senda é un lugar especial de pesca, tanto fluvial
como de mar. Na fotografía un dos moitos pescadores que
poden verse diariamente, sobre todo si as mareas axudan,
na zona, ver na parte esquerda da fotografía. Está nada
menos que pescando "a pluma, con cola de rata" onde
desemboca o río Miño, onde veñen peixes como o reo, o
salmón, a zamborca e o sábalo, entre outros peixes
anádromos (que viven no mar e no río) e veñen a
desovar ao río. Neste lugar pode tamén pescarse algunha
robaliza ou muxo dependendo do tipo de pesca. Veso que
moitos pescadores utilizan de cebo peixes artificiais,
algo parecido os que utilizaba eu nos ríos, en pozos
grandes para coller algunha troita de bon tamaño...Ó quieto e
a fondo por suposto anguías e tamén sollas entre outros.
O longo do litoral e
ata a Guarda, poden pescarse calquera peixe de rocha, como un sargo, o
pargo e outros moitos. Teñen tamén moita fama os
róbalos ou robalizas.

Estuven observando como pescaba e tiña
moi boas formas, o momento era oportuno. Seguro que tuvo
moitas entradas. En calquera caso sei que
disfrutou de forma marabillosa. Un día de finais
de xullo de 2021.
-o-
Tendo sorte, cara a
tardiña: hai unha posta de sol espectacular, ver esta
pequena mostra:

Ao luscofusco,
pode verse esta posta do sol que é espectacular. Ao fondo a
Ínsua e o Forte da Ínsua e o pobo portugués de Moledo.

Todas as fotografías están sacadas dende
a Senda Litoral polo autor
deste traballo.

Todos os anos un par de días vou pola
noitiña, no lusquefusque a sacar algunha posta
de sol pero vou sobre todo buscando o raio verde,
sei que o conseguirei un ano destos. Xa sei como se
fai, dura moi pouco sobre 20 seg. e aparece sempre
que se pón o sol. A única forma de piñalo é sacando
video cando o sol casi se mete no horizonte.
Este ano, 2025, non tuven sorte...

Pero seguro que o conseguirei...Podedes
ver nesta misma páxina fotografías, non miñas por
suposto, do raio verde...
Ano 2025.

O chegar, paseando ata
A
Guarda, é posible ver estas postas de sol que semellan
acuarelas...¡que as disfrutes tanto coma min!...
Calquera día vexo o
"raio
verde" do que falaba Julio Verne
na súa famosa novela. Raio verde ao que lle
dedico un pequeno traballo nesta web dedicada ao río Miño. Si algún día sacades unha fotografía dese raio
nesta zona da desembocadura do río Miño mandaime a
fotografía e o nome a este
email.
Que non sabedes o que é?.
Pois ver este texto meu...

Estas postas de sol compartidas coa
familia e os amigos, cun viño do Rosal ben frío
(dos que levan albariño, caíño blanco e loureira) e uns
percebes de A Guarda convértense nunha festa e unhas
imaxes dificiles de esquecer...Levamos anos
repetindo e seguiremos...
No 2022 comenzo a buscar o "raio
verde" xustamente na desembocadura do río Miño ou
nesta gran senda do litoral, de momento non houbo
sorte pero si algunhas fotografías curiosas:

Xullo de 2022 dende cerca de A Guarda.

Posta de sol dende Camposancos. Ese
día non tuven sorte na miña búsqueda do "raio
verde", deixei que o sol se metera no horizonte pero
non houbo sorte. Outra vez será... Ano 2024.
Ver
este video onde se ve o meu intento pero sin o
resultado do raio verde; o raio é un reflexo que
parece amarelo...
Sobre
o raio verde tendes moitas
información nesta misma páxina sobre o río Miño.
Remato este pequeno traballo, poñendo
unhas fotografías da Senda Litoral en determinados
momentos importantes e oportunos. As fotografías
deixan ver que a Senda Litoral é un marco
marabilloso para á fotografía:
Así, a Senda Litoral ao amencer:

A fotografía é do meu
neto Aldán Cid de Lorenzo que gosta de correr por esta
senda á mañanciña e pola fresca. A verdade é que apunta
moitas cualidades a fotografía.
Senda Litoral á tardiña:

Fotografía a media tarde, na Guarda
tomando un marisco e unhas cañas nunha terraza da parte
final da Senda Litoral. Foto de Aldán Cid de Lorenzo.
Senda Litoral na posta do sol:

Fotografía de
Aldán Cid de Lorenzo, buscando ao raio verde dende a
Senda Litoral, na posta do sol.
Ese día non houbo sorte, pero seguro que á teremos outro
día calquera...
Senda Litoral pola noite:

A Senda Litoral a noitiña, coa lúa chea
no ceo.
Volver galego.
Volver español.
|