Estos días, decembro do 2010, estase a celebrar en Ourense a presentación do plan hidrolóxico da Confederación Miño Sil que está en fase de información pública. Algunhas noticias que aparecen no diario La Región chámanme un pouco a atención, unhas por esperpénticas como a noticia de que a contaminación do Barbaña se resolverá no 2027; outras noticias sorpréndenme xa que agora veñen, parece, a descubrir a pólvora, cando levamos xa 20 anos cós mismos problemas e algúns berrando dende páxinas web (polo menos 13 anos), blog, etc. que se faga algo, que hai moito chupóctero que non rasca bola arredor dos ríos e estos cada vez están máis porcallentos e envelenados...
Agora resulta que máis do 25% dos ríos ourensáns dicen que están contaminados:

Portada da Región do día 16/12/2010
A verdade é que fai 10 anos falábase dun 30% e hoxe estase a falar dun 50 ou 60%. En fin. Na lista soio se cita na zona Sil o río Casaio cando o propio Sil vai para o arrastre. Logo falan do Barbaña, Lonia, Miño en Castrelo, Limia, cando ahi moitos máis. O positivo é que despois de tantos anos se comence a falar polo menos de que hai que arranxar esta desfeita...
Os que nos movemos polos ríos de Ourense, fai tempo que observamos que se fan moitas cousas para a galería e os votos, que se gastaron moitísimos cartos en arranxar tramos de ríos, en facer sendeiros que xa non existen hoxe e vintemil cousas cando o río iba contaminado e non se lle poñía freno nin se facía nada. Falábase de depuradoras en moitos lugares, ibas mirar e tratábase de decantadoras de merda e sólidos pero todo o resto o río, que fedía a douscentos metros, un engano. As depuradoras principais, dos ríos bases, sin funcionar debidamente, e conto, moito conto... As inversión importantes non iban a depuración. A depuración non da votos...
Estou moi descontento co que se fixo cós ríos nestos 20 últimos anos. Agora falan de poñer solucións e cóstame creer que sexa certo...
Soio remitir a xente que lea neste texto os informes que está páxina daba sobre as causas da degradación dos ríos. E xa choveu...
E tamén o meu comentario sobre o estado dos ríos de Ourense. Tamén choveu moito...
Os ríos de Galicia, maravillosos e xenerosos, non se merecen os gobernantes que tiveron nestes quince o vinte últimos anos (e non falo soio a nivel da Xunta de Galicia e as súas Consellería de Medio Ambiente, tamén a nivel local e comarcal), os ríos están descoñecidos e moitos deles na UVI e eles foron os responsables da desfeita, por cruzarse de brazos... Por suposto tamén somos responsables os galegos e a pouca, pouquísima conciencia do medio ambiente de todos nós. Todos somos amantes da natureza, a todos nos gusta ter uns ríos con vida, pero moi poucos actuan a favor dela...
Non sabemos o que temos...
Sexamos optimistas.
Como dice o anuncio "...malo será..."
CAUSAS DA DEGRADACIÓN DOS RÍOS GALEGOS
Sen pretender ser exhaustivo nas causas enumero as seguintes:
En primeiro lugar os vertidos e tódolos seus aledaños (por exemplo os puríns que están deixando os ríos galegos esquilmados...). Porquería depositada no río. En Galicia todo se bota o río (granxas botando de todo, animais mortos, vertidos de industrias, sumideiros de pobos, vertidos incontrolados, lavadoras, televisores, o vello coche, plásticos de todo tipo, botes de cerveza, etc ).
As accions do mal pescador o que eu chamo o asasino de ríos ou delincuente do medio ambiente : envelenamentos de ríos (sempre se fixo, sobre todo nas festas dos pobos, etc ) . Fai anos lémbrome cando era un cativo, coller as troitas coa man ou con rede, ese era o método, un método non legal pero leve, non se mataba o alevín e o ano seguinte había troitas. Hoxe utilizase lexía, trobisco, dinamita, baterias de coche para electrocutar as troitas, etc. O ano seguinte e en varios anos non hai troitas. Os furtivos tamén abundan, últimamente falase de moito furtivismo no Caurel, en Chandrexa de Queixa no río Navea, no río Camba, etc. No 2009 os furtivos abundan máis que nunca nos ríos galegos...
2.1.- A Pesca intensiva nun couto pode producir una baixa importante na población de ese couto: efectivamente a desaparición de proxenitores ( ó pescar en exceso as troitas de medida) disminue o alevín e pode facer desparece-la pesca á larga.
As políticas incontroladas e que só pensan nos intereses de tanto gano caiga quen caiga. En todo caso o de fago tal cousa que total os únicos que protestan son catro pescadores sen importancia e tres chalaos ecoloxistas ( así falaba un compañeiro de Medio Ambiente e no fondo desgraciadamente tiña razón )
.- Encoros sen deixar caudal ecolóxico e escalas. Estos encoros, o seu uso é otorgado polos políticos e en ningún momento realizase un estudio serio de beneficios e perxuicios a longo plazo. Os encoros perxudican moítisimo o entorno.
Por outra banda en Francia xa os están destruindo, considéranos pouco rentables, e nulos de cara o turismo.
.- Minicentrais incumprindo tódalas normas mínimas. Os politicos cren, que polo feito de ser elexidos, teñen patrimonio de corsos, sobre as cousas que son de todos. Esto no é así. Nun futuro non moi lexano discutiránse estos temas, pero pode non ter xa remedio. Non chega con facer unha declaración de utilidade pública, como se fai coas minicentrais. Teñen que ser de utilidade pública realmente e aquí é ónde meten a pata. As minicentrais perxudican moítisimo o entorno de feito están a producir a morte de moitos ríos galegos. Por exemplo : río Edo ( Ourense) , Tuño , Cernado (Ourense) , Grou, Barbantiño, Cadós, Deva ( Ourense) , Deva ( A cañiza) , etc. Son exemplos de ríos prácticamente mortos.
.- Apropiamientos indebidos de zonas de río. O río é patrimonio dos cidadans. Esto prácticase moito en Ourense. O de moitas canteiras e sobre todo a extracción de Pizarra é de vergoña, os ríos da zona quedan irrecuperables.
.- Usos indiscriminados de regadios. Existe moi pouca mentalidade de conservación da natureza e tense á mentalidade de que todo é válido mentras non me multen. En definitiva usase pouco a cabeza.
.- Abonos de fincas indiscriminados e sen ningunha normativa.. Existe un gran descoñocemento por parte do agricultor e moitas veces contaminase un río por este problema. Os zurros son un problema. Pola outra banda as talas de árbores a beira dos ríos leva implícito que estos no absorben moitos dos purins que se verten nas fincas e polo tanto chegan o río e desgracian o mesmo.
.- Construccións de embarcadeiros, autovias , estradas e pistas que arrasan con todo. Así destruen regatos e ríos por todos os lados. En algunos sitios fixeronse auténticas salvaxadas cos regatos a hora de facer as autovias, pistas e carreteras.
.- A concentración parcelaria tamén influíu negativamente no estado dos ríos.
.-Unha mala política de repoblacións. Estas fanse sen pés ni cabeza. Pense o lector na introducción, nos ríos galegos, da chamada carpa americana ou o lucio , por exemplo, foron un desastre. Pense por exemplo no feito de botar pachangas ( troitas de 38 cm. e más) ó río, un engaña bobos, e así un largo etc.
.-A moda Ourensán nos pueblos, facer paseos nas orillas do río, en definitiva, estropear as orillas e por suposto o río. Sin pés nin cabeza. Os alcaldes saben pouco ou nada de Natureza, en xeral, e o término "no agredir o río" non o coñecen. Si arreglaran o problema das basuras no séu Municipio tendrían más que suficiente, pero eso non dá votos. Sanear un río non é talar árbores, empedrar o río ou canalizalo entre muros de pedras varios kilómetros. Eso é escarallar un río. Sanear un río é eliminar todos os verquidos nese río, o demáis debe quedar como está, seguro que está moito mellor que facer esas barbaridades.
4.- Os incendios e por consiguinte o cambio de clima. Galicia como tódolo territorio do estado español sufre unha plaga desgraciada: os incendios forestais. Todo arde e todo influe no habitat, nos ríos. A queima de bosques é outra das causas da degradación dos nosos ríos sin lugar a dúbidas. En agosto de 1998 levamos 3.500 incendios no territorio gallego. Ata 40.000 Ha. queimadas ( algo así como 40.000 campos de fútbol). Ata cando. Basta xa. En 1999 xa arderon 12.000 Ha. Dende o ano 2000 ata maio do 2004 Galicia é unha auténtica catástrofe en incendios. Esto vai de mal en peor.
Para rematar, calcúlase actualmente que o 30% dos ríos de Galicia está altamente contaminado. Sinceramente creo que na provincia de Ourense a porcentaxe é superior. ( Correo Galego 31-03-98).
Non me resisto a escribir outra causa fundamental que vai implícita nas causas anteriores:
"O subdesenrolo cultural galego foi nos últimos anos inversamente proporcional ó desenrolo económico. Si analizamos o desenrolo económico ( a forma de vida, etc.) é evidente que creceu moito, pois ben, na misma medida decreceu o desenrolo cultural e esto tradúcese na conservación da natureza : basureiros incontrolados por tódalas partes, ríos envenenados e porcallentos, montes queimados a propósito e con mala leite, lugares con paisaxes incríbles cheos de papeis, restos de comida e asquerosos, plásticos e botes de cerveza por tódolos sitios e un longo etc.".
Un dato que demostra o anterior: soio un 3% dos galegos cree que está degradado o medio ambiente e que realmente ten problemas. Cunha simple deducción matemática sáquese como corolario que : o 97% dos galegos non se enteran de nada.
HAI QUE PORLLE REMEDIO XA. A AUGA É O NOSO BEN MÁIS PRECIADO E OS RÍOS SON UN PATRIMONIO CULTURAL DE PRIMEIRO ORDEN.