O TEMPO DOS RÍOS
"Río
Miño: vivo, mais non moito"

O que sigue é un traballo titulado "Río Miño: vivo, mais non moito".
Traballo publicado como parte do libro
"O tempo dos ríos". Universidade da Coruña 2006.
Helena Correia é Enxeñeira civil.
Pertence ó Gabinete técnico do Val do Lima en Viana
do Castelo.
Neste traballo, que me
parece ven a completar de forma básica a ficha dedicada o río
Miño, Helena Correia pasa revista os grandes problemas do río
Miño hoxe: os usos hidroeléctricos, a polución, a extracción de
area, a pesca esquilmadora, a especulación urbanística e outros
impactos.
Remata o traballo
analizando o potencial ecolóxico do Miño internacional e
algunhas medidas urxentes.
Ver o traballo "Río
Miño: vivo, mais non moito"
Saír ó río Miño
Salir al río Miño
Río Miño: vivo, mais non
moito.
Helena Correia

Presa de Frieira. Dende
cen metros abaixo desta presa (onde desemboca o río
Troncoso) o río Miño é Internacional; a partires de
aquí é o que se chama a fronteira mollada de España
e Portugal. Son 75,5 km.
ata a desembocadura do río. A imaxen é un engadido
do autor da web S. Lorenzo.

Río Troncoso, en Santo Gregorio de Melgaço. Dende
aquí ata a desembocadura é a chamada "raia mollada", e
fai de fronteira entre España e Portugal. Descoñezo o
autor da fotografía (anterior a 1969, xa que non se ve a
Presa de Frieira).
PRESENTACIÓN.
Comenza por un fío de auga cristalina que
irrompe, placidamente, do Pedregal de Irimia Alta. Así se chama o
lugar onde nace o río Miño, nunha das vertentes da Serra de Meira
(Cordillera Cantábrica), a 759 metros de altitude a a case 40 km. ao
norte da cidade galega de Lugo. Comeza aquí o seu percorrido,
correndo limpo, nun vale verdexante e dun simple regato
transfórmarse nun río, cuxo estado de graza cesa, sen piedade, a
escasas decenas de quilómetros do seu nacemento.
A descarga dos
efluentes urbanos de Lugo, figura como o primeiro aviso serio dunha
aventura de 300 km. de contrariedades. Até desaugar no Atlántico,
setenta e cinco deste quilómetros percórreos en territorio portugués
e constitue a fronteira natural coa Galiza, desde a confluencia co
río Troncoso, en Santo Gregorio de Melgaço até a foz, en Caminha.
O "Pai Miño",
como lle chaman os galegos, é, nos días de hoxe, unha imaxen pálida
daquilo que foi catro décadas atrás. Perdeu o ímpeto do pasado, a
calidade irreprensíbel das súas augas, a riqueza piscícola e o
enorme capital biolóxico que o caracterizaban e o elixían como o
río salmodíneo mais farto da península Ibérica e dos máis
importantes de Europa. O seu amorecemento entroncou, esencialmente, na multiplicación das necesidades enerxéticas de España, unha
consecuencia do consumo galopante e, globalmente, na explotación
salvaxe dos seus recursos naturais. Corolario de concretización
dunha política exponencial posta en práctica, desprezou os
interesses das poboacións ribeirás e, ao revés de potenciar os
recursos endóxenos da rexión, promoveu a súa debilitación e
extenuación.
OS USOS HIDROELÉCTRICOS.
En 1955 foi erguido o primeiro muro de formigón no
curso principal: a presa dos Peares, na nacente da cidade de Ourense.
Era o comenzo do uso hidroeléctrico do Miño, que rapidamente se
tornou nunha prioridade absoluta sobrepoñéndose á riqueza
piscícola, aos usos agrícolas, ao ambiente e as vontades e
aspiracións dos habitantes das súas marxes. Na década dos 60 serán
construidas as catro restantes: Belesar (1963), Velle (1966),
Castrelo de Miño (1968) e, finalmente Frieira (1969). Con este
último estrangulamento artificial, erguido a cen metros de Santo
Gregório de Melgaço, o Miño ficou transformado, na súa parte alta,
nunha sucesión de albufeiras (de Portomarin a Frieira).
Os custos
ambientais desta intervención son inconmensurables e os efectos dos
impactos producidos son irreversibles. Alterouse toda a
hidrodinámica. Opéranse, a partir de aquí, unhas modificacións na
morfoloxía das súas marxes e do seu leito; no clima, ao crear unhas
condicións para a formación de néboas nas zonas das albufeiras (o
caso de Castrelo de Miño, de Velle, de Frieira); no réximen térmico
a traves da extratificación e da disminución global da temperatura
da auga; nos fenómenos de erosión, de transporte e sedimentación de
materia inerte carrexada; na capacidade de dispersión de carga
poluente lanzada, cada vez maior cantidade, no seu leito, doravante
máis enfraquecida; no réximen hídrico, coa ocorrencia de flutuacións
bruscas de caudal producidas polas descargas de presas españolas,
que chegan a orixinar unhas oscilacións na orden dos seis metros -a
partir do embalse de Frieira-, constituíndo un impacto
tremendo para a fauna e a flora deste río. A acumulación de materia
orgánica nas albufeiras propiciou un crecemento anormal de plantas
acuáticas e de microalgas, ao facer disminuir o teor de oxíxeno
disolto na auga, con prexuízo obvio para a ictiofauna.
A destrución
causada ao río Miño e aos ecosistemas que el soporta polo
aproveitamente hidroeléctrico realizado en grande escala, non
inhibiu os propósitos da empresa española Unión Fenosa e da
portuguyesa EDP de pretenderen construír no seu curso principal o
sexto muro de formigón: a presa de Sela. Refírase que, actualmente,
existen na Bacía Hidrográfica do Miño, 46 presas en funcionamento
(41 delas repartidas por afluentes), unha circunstancia que a
clasifica como a Bacia luso-española coa maior densidade de
aproveitamentos desta natureza, seguida do Texo, do Douro e,
finalmente do Guadiana.
Baseadas nun acordo que se levou a cabo en 1968 polos gobernos de
Franco e Salazar, sobre o uso e aproveitamento hidroeléctrico das
partes internacionais dos ríos Miño, Lima, Texo e Guadiana, Chanza e
os seus afluentes, as referidas empresas produtoras de electricidade,
retomaron, nos últimos anos, aquel proxecto, concibido para a zona
da Valinha, na freguesía de Ceivães, a preto de 10 km. de Monçao e
50 da foz do Miño. Para
alén da ampliación dos efectos xa producidos polas restantes presas
cuxa escala terá de ser aferida ao feito de se situar no treito
final do río a unha distancia relativamente próxima da
desembocadura, tería tamén outras consecuencias dramáticas que
sentenciarian o fin irremediábel deste curso de auga:
* a destrución dos leitos naturais de desova das especies piscícolas
máis nobres do río (salmón, sável e lamprea), comprendidos entre as
localidades de Friestras e San Gregório; a formación de micro-climas
caracterizados pola formación de néboas a partir da zona da
albufeira, que se expandirían por unha grande superficie territorial
dos concellos de Monçao e de Melgaço (aténdase ao que
acontece, actualmente, cos neboeiros que se forman, a partir das
albufeiras das presas de Lindoso e de Frieira que chegan,
respectivamente, a Castro Leboreiro e a vila de Melgaço).
* a creación dunhas condicións climáticas adversas á actividade
vitícola desta rexión, a primeira en Portugal en exportar viños a
Inglaterra (séc. XVI), que porían en perigo o cultivo de
determinadas castas de uvas de calidade superior, como é o caso do
viño Alvariño (as néboas formadas a partir da Frieira alteraron o
calendario das vendimas, debido ao retraso que provocan na
maduración das uvas).
* a desaparición dun voluminoso patrimonio histórico, cultural e
arquitectónico, formado polas máis de 900 pesqueiras existentes nas
dúas marxes do río, que ficarían submersas pelas augas da albufeira
-as da marxe portuguesa foron obxeto dun estudio exhaustivo e
dunha intervención que realizou a CORENAA e xa publicados en libro.
* un maior asoreamento da zona da foz do Miño, e o aumento da
influencia mariña debido á disminución do caudal e o enfraquecemento
da forza cinética do río provocados pola retención das súas augas.
A
suma de todos estes efectos traduciríase nun forte golpe para as
actividades (pesca, vitivinicultura, acuicultura e turismo), e
ecoloxía, a paisaxe, os valores históricos culturais desta rexión
ribeirá, desde Caminha até Melgaço.
Desde 1993 que a COREMA vén a desenvolver unha campaña contra a súa
construción, á que se adheriron varias asociacións ecoloxistas,
pescadores, agricultores (nomeadamente vitininicultores) e autarcas
das dúas marxes do Miño. Aínda que se conseguise gañar a batalla
crucial (a Comisión Luso-española para Regular o Uso e o
Aproveitamento dos Ríos Internacionais nas súas Zonas Fronteirizas
pronunciose contra o proxecto na súa reunión de 15 de outubro de
1999) non está gañada a guerra, e mantense a posibilidade das
empresas reformularen o proxecto (1).
Tamén o río Coura (o último afluente na marxen esquerda) estivo na
mira dalgunhas empresas auspiciadas por fondos comunitarios,
apostadas en se enriqueceren con produción hidroeléctrica, á costa
da apropiación e da destrución dun patrimonio que a todos pertence.
Para alén das mini-hídricas de Pagade e Paus, xa construidas, están
máis 6 en apreciación para esta actividade. De igual modo, o río
Mouro e o río Troncoso (pequenos cursos de montaña) non escapan á
voracidade destas empresas que, para os efectos, presentaron no INAG
10 proxectos para a instalación de igual número de minicentrais, de
resto, xa contestadas polas Juntas de Freguesía locais
e as respectivas Cámaras municipais.
(1) N.E.: o proxecto
foi despois desestimado por unha declaración negativa de
impacto ambiental, mais que deixou a porta aberta á
presentación dun novo proxecto. Así, as empresas
presentaron en 2004 novos proxectos para a construción
de tres encoros con presas de 23 m. de alto cada un que
asolagarían uns 20 kms. de río (véxase: Anxo F. Saborido.
O río Miño en perigo. Cerna núm. 43, pax. 28-29, 1995).
A POLUCIÓN
Noutrora unhas augas impolutas, o Miño é hoxe o río
internacional máis poluído á entrada de territorio portugués. Mercé
da súa, aínda significativa, capacidade autorexeneradora, recupera
algúns quilómetros despois de comezar o percorrido en Portugal e, á
excepción dun outro treito, clasifícase como "pouco poluído e de
calidade razoábel", ata alcanzar a foz. Unha realidade ben diferente
é, de feito, a que caracteriza a maior parte do seu percorrido na
Galiza, onde presenta un elevado grao de contaminación.
Na orixe
da alteración da calidade da auga está a descarga dos numerosos
canos domésticos e industriais, que drenan directamente para o seu
leito ou para os afluentes de grande cantidade de residuos.
Relativamente aos primeiros, destacamos os afluentes dos principais
aglomerados urbanos existentes ao longo dos 300 km. que totalizan
o seu traxecto e, entre eles, os da cidade de Lugo e de Ourense.
A instalación de redes de canos e de estacións de tratamientos de
augas residuais (ETAR) con orixe doméstica é, na marxen galega,
ainda incipiente. Na parte internacional, as poucas ETAR que existen
non funcionan. Unha situación diferente verifícase na marxe
portuguesa, onde se rexistran uns niveis de antendemento moito
elevados. En
ralación á polución de orixe industrial, o escenario tínxese de
cores aínda máis cargadas. Os principais focos de contaminación
localízanse no Polígono Industrial das Gándaras (o Porriño) e no
Poligono Industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) que
transforman, respectivamente, os ríos Louro e Barbaña en simples
receptores de productos químicos, de metais pesados e doutras
substancias de longo espectro contaminante.
Espalladas un pouco por todo o lado, varias unidades industriais
verten na rede hidrográfica do Miño os seus efluentes, sen calquera
tratamento previo ou rudimentariamente depurados. É o caso das
minas de carbón de Ponferrada, principais responsábeis pola
contaminación do seu maior afluente (o río Sil, con 226 km. de
longo); da RENFE a través das súas oficinas de desincrustación dos
motores dos trens, instaladas en plena cidade de ourense; das
industrias lacteas na zona industrial de Campos 1 en Vila Nova
de Cerveira (onde funciona unha tinturaría); das minas de volframio
de Covas (Vilanova da cerveira) que, a pesar de seren encerradas en
1984, por consecuencia de auténtico vandalismo que produciran na
fauna piscícola do río Coura, continuan a escoar para o seu leito
detritos peligrosos acumulados durante décadas nos seus vertedoiros.
Esto porque o Estado non fai aquilo que lle compete facer, ou sexa,
proceder ao seu selado.
Cómpre citar, finalmente, a polución ocasionada polos
productos químicos que se empregan de forma incontrolada nas
actividades agrícolas marxinais (herbicidas, pesticidas,
funguicidas) que chegan o río Miño transportados polas augas de
superficie, subterráneas ou pola simple acción do vento, e a grande
concentración de nitratos e de nitros nalgúns regatos, con orixen na
orina do gando, lanzadas a partir de varias explotacións pecuarias.
A explosión poblacional (o "bloom") da microalga (Microcystis
aeruginosa), potencialmente canceríxena, ocurrida durante o verán de
1990 e que se recolleu nos seus anos posteriores é unha boa
radiografía do estado de contaminación do río Miño, que non é
xeneralizada na parte internacional máis é xa, nalgúns puntos dese
traxecto, un motivo de alarma. O desenvolvemento desa cianobacteria
débese á existencia de grandes cargas de nutrientes, de
temperaturas elevadas e á alta luminosidade e é típico de
ecosistemas acuáticos eutrofiados, como o caso das albufeiras das
presas españolas do río Miño. As toxinas que esta "alga letal"
produce, constituen unha ameaza para o ambiente, a fauna piscícola e
un enorme risco para á saúde pública.
EXTRACCIÓN DE AREA, A PESCA ESQUILMADORA, A
ESPECULACIÓN URBANÍSTICA E OUTROS IMPACTOS
Un dos maiores problemas deste curso de auga
internacional foi sen dúbida, a extracción de seixos e de area,
arrancados do seu leito, diariamente, ao longo de moitos anos. A
campaña que a COREMA desenvolveu durante varios meses a favor da
prohibición desta actividade extractiva era para nós todo o máis
importante que poderíamos facer nesa altura por este río. O día 1 de
marzo de 1989 -data que cesou a acción das 14 dragas que
operaban desde Caminha a Valença- figura como un referencial
impagábel na defensa do río Miño, axumida conxuntamente por
pescadores, por asociacións e pola poboación en xeral, das dúas
marxes. Catro anos despois, pola man da Cámara Municipal de Caminha,
regresou esta actividade de mala memoria ao seu estuario.
A creación
artificial das condicións para a circulación do ferri da cámara,
nunha zona na que as condicións lle son totalmente adversas,
determinou a abertura dunha virtual canle trasversal, cuxa ficticia
manutención está a obrigar a unha continuada extracción de
area. Esta obra ilegal, realizada sin ningún tipo de estudo de
evaluación ambiental (obrigatorio por lei) levoua a COREMA a
presentar, en maio de 1993, unha queixa ao DXXI, en Bruxelas, contra
as autoridades portuguesas. Os efectos desta acción antrópica
fortemente impactante están no só a facerse sentir na zona estuárica,
como tamén na parte litoral de Caminha, que acusa unha disminución
do seu cordón dunar. Un maná para os areeiros que propoñen abrir
máis canais, todo esto en defensa do río e da clase pesqueira
local... Con amigos así non é preciso ter inimigos!
Un outro dos
factores responsábeis polo depauperamento dos recursos naturais do
Río Miño é a respeto do esforzo de pesca que está a ser
realizado. De acordo cos datos fornecidos pola Capitanía do Porto de
Caminha, en 1998 estaban rexistradas nas dúas marxes 870
embarcións de pesca (470 portuguesas e 400 galegas). O emprego das
artes extremadamente agresivas para a fauna piscícola como é o caso
de atelá na captura da angula (como é coñecida a anguía en fase de
crecemento, cun tamaño máximo de 6,5 cm.) dezma, todos os anos
gran cantidade de peixe. Esta pesca é escandalosamente permitida no
río Miño. Nos
últimos anos, o crecemento urbano desordenado e a especulación do
solo provocou, cun ritmo acelarado, o aumento da presión humana
sobre o estuario, e conduciu ao aterro e á destrucción de áreas
marxinais, particularmente sensíbeis do punto de vista
biofísico. De nada sérvelles o feito de estaren incluídas en zonas
de BIOTOPOS, en zona de Protección Oficial e, desde agosto de 1997,
na lista Nacional de Sitios da Rede Natura 2000. O suceso desta
política de asalto ás zonas REN, nalgúns casos lexitimadas polos
propios Planos Directores Municipais, redundou na vandalización da
paisaxe e na destrución da biodiversidade.
Concomiantemente con intensificación de prácticas recreativas desaxustadas da sensibilidade ecolóxica do medio rural e coherentes
con aplicación dun modelo de turismo masificado -o exemplo da
proliferación incontrolada de motos de auga, jetski e barcos
equipados con potentes motores que actualmente enchen a zona do
estuario- xeneralizándose unhas pequenas intervencións que,
puntualmente, artificializan as súas marxes (construcións de cais,
paredes, etc.) o impacto que produciu a circulación das referidas
embarcacións -so na freguesía de Seixas están encorados no verán
máis de 500 barcos de recreo- provocou entre outros feitos unha
erosión fortísima da marxe portuguesa.

Río Miño en Arbo e Melgaço. Fot. Secundino Lorenzo.
O POTENCIAL ECOLÓXICO DO MIÑO INTERNACIONAL E
ALGUNHAS MEDIDAS URXENTES.
A pesar das disfuncións enumeradas, o río Miño
conserva aínda unha importancia ecolóxica que se asenta, sobre todo,
na productividade, na extensión e na variedade dos sistemas vivos
que congrega. Os seus recursos piscícolas -aínda que acusan unha
disminución substancial, en relación co pasado - gozan, mesmo así,
dunha prominencia inatacábel. Este río é o habitat da maioría das
especies migratorias de peixes descritas na Europa e das especies
típicas das augas salubres, que se desenvolver, simultanemante, en
medios de augas doces e mariñas: é o caso das anguías, das troitas,
da lamprea (un cilóstomo), do sável (unha especie emblemática do
Miño, outrora moi abundante), a do salmón (especie que
actualmente, encontra no río Miño o límite sur da súa distribución
na Europa). A lamprea, unha especie prehistórica que consiguiu
sobrevivir até os nosos días e integrar o patrimonio natural deste
curso de auga internacional, alimenta, inda hoxe, a festa
gastronómica máis antiga de Galicia: a festa de Arvo, localidade da
marxe dereita, situada frente a Melgaço.
O seu estuario, debido a súa situación xeográfica e as
característica biofísicas, desempeña un papel de enorme valía na
dinámica migradora europea das aves. Constituiu un dos escasos elos
da cadea migratoria, que comeza no norte de Europa e termina no
continente africano. É un refuxio natural de 225 especies de
avifauna. 61 dos cales son especies acuáticas. Para rematarmos con
esta descrición, acrecentamos un mamífero, a londra, que teima en
habitar algúns dos locais máis recónditos das súas marxes.
Desde 1986 que as diferentes entidades da Administración de Portugal
e de España discuten na creación dunha área de protección ecolóxica
deste estuario, concretizando algunhas medidas avulsas, que
demostraron, alén do máis, a falta dunha visión integrada dos
problemas de vontade política para defender e valorizar este
importantísimo recurso hídrico. Mentar ás medidas de fondo tardan,
este riquísimo patrimonio vaise, diaramente, degradando e
desclasificando, e réstanlle, despois, agardar pola concretizacións
dunha intervención pretendidamente curativa e simplemente paliativa.
O río Miño aínda está a tempo de ser salvado. Non se lle poderán
devolver as condicións de que gozou no pasado, mais poderanse crear
unhas condicións para tomar perenne a biodiversidade que aínda hoxe
posuíu. Para isto tórnase imprescindible proceder á realización dun
estudio científico da súa bacía, dispor dunha base de datos que
constitúa a ferramenta indispensábel para calquera intervención
futura. Consideramos, desde xa, fundamentais as seguintes medidas:
*Fin da instalación de
máis aproveitamentos hidroeléctricos en toda a bacía.
* Obrigatoriedade das
presas instaladas no seu curso fluvial de garantiren permanentemente
o caudal mínimo ecolóxico, cesando as descargas incontroladas.
* Tratamentos
dos efluentes urbanos e industriais.
* Control da
utilización dos productos agroquímicos a aplicación do código de
boas prácticas agrícolas. *
Perservacións das marxes e das zonas adxacentes que impidan a
construción e outras intervencións que destrúan a súa covertura
vexetal natural. *
Extración de area apenas co obxectivo de rexenerar o río e de
potenciar os seus recursos piscícolas, se esta necesidad fose
confirmada por estudios críbeis.
*
Alargamento dos límites actuais do "Refuxio de caza do estuario do
Miño" a toda a área do sapal do Coura.
*
Regulamentación dos deportes nauticos motorizados e defensa do
emprego de ambarcacións de recreo a vela e de remos.
* Defensa
do agroturismo, do turismo ambiental e cultural.
Pra preservar este conxunto
de medidas, é imprescendibel a clasificación do estuario
internacional do río Miño como Espazo Natural Protexido, un
obxectivo central polo que loitamos desde a data da constitución da
COREMA (en 1988). Só unha política de xestión integrada dos recursos
naturais e humanos da súa bacía hidrográfica asumida polos países
será capaz de promover un desenvolvemento sustentábel desta rexión
transfronteriza e garantir que o río Miño corra azul e continue a
alimentar o imaxinario común dos pobos das dúas marxes.
-------------------------------------------

Estuario do río Miño. Está sacada dende a
Capela de S. Antâo en Caminha.Autor da fotografía Secundino
Lorenzo.
Volver.
Saír ó r. Miño
Salir al r. Miño
|