O río Miño nace no Pedregal de Irimia,

e o río Minius (Sil)  non, evidentemente.

Escribe Secundino Lorenzo

Mapa do río Miño e parte do río Sil que nace en Peña  Orniz (León).

Neste mapa si figura o río Miño e o río Sil ao completo.

 

       Hoxe sabemos que o río Miño,  nome que logo veremos ven das raices  "*mei", "*moin", "*min" que significa "o curso,  a corrente de auga" , concretamente a raiz "*min" ten orixen  indoeuropeo,  aportada por Julius Pokorny (1959) como indica Anselmo López Carreira no seu libro "O Miño un caudal de historia" , Xerais 2014., e tamén Frutos Fernandez González, no seu libro "Nomes do Ribeiro", Instituto de Estudios Carballineses 2007, ó que me leva a decir que o río Miño  nace no Pedregal de irimia,  no concello de Meira en Lugo. 

Pedregal de Irimia onde nace o río Miño. A 2,5 km. de Meira e a 725 m. de altura.

 

Esta fotografía do río Miño está sacada por baixo do Pedregal de Irimia, concretamente en Meira,  a 2,5 km.e por riba da Lagoa de Fonmiñá. Nela o río Miño xa é un regatiño moi interesante e bonito.

Nesta fotografía de E. Seoane vese os primeiros pasos do río Sil, as Fontes do Sil, por debaixo de Peña Orniz, na Babia leonesa. Efectivamente o río Minius (río Sil) dos romanos nace neste lugar.

Tamén sabemos que nos Peares o río Miño recibe pola esquerda, vese na fotografía, o gran río Sil, sin dúbida un río con moitísimo máis caudal que o río Miño, como promedio  184 m3 por segundo, mentras  que o río Miño ten un promedio de 102 m3 por segundo. Por outro lado o río Miño leva recorrido uns 135 km. mentras que o río Sil leva 228 km.

Na fotografía aérea do Peares, sacada da revista Natura do nº 25,  vese perfectamente o río Miño, que baixa pola esquerda da fotografía  e o río Sil que se incorpora pola esquerda do río Miño, no medio da fotografía. Este río os romanos dábanlle o nome de Minius e Miniun, que claramente procede do nome  minius,  remítome a palabra Miño do libro de Frutos Fernández Glez, "Nomes do Ribeiro"  do I. Estudios Carballineses, 2007, que dice exactamente "...que é adxectivo que deriva do nome latino de cinabrio (sulfuro de mercurio), un mineral que destaca pola súa cor vermella. O minio da forma neutra do adxectivo, minium, é o nome dun óxido de chumbo que leva ese nome por presentar esa misma cor vermella. A coloración do río, vermella polo atoldado, procedería das actividades mineiras que se realizaban, nesa época romana, sobre todo no contorno do Sil, especialmente na zona das Médulas...".

Ata aquí unha pequena introdución que nos leva a un gran artigo publicado por Juan Ramón Vidal Romaní que é un xeólogo e académico numerario da Real Academia Galega de Cencias. Un home a quen lle agradezo moitas lecturas, moi importantes sobre Galicia,  e afirmacións sobre os ríos galegos e o futuro deles. Ver algunhas destas entrevistas onde expón un resumen sobre ó que ten investigado e ó que pode ocurrir nos próximos anos en Galicia. Sobre os ríos e praias no futuro.  Tamén este outro link

Fotografía do xeólogo  Juan Ramón Vidal Romani. O fotógrafo é Xosé Ameixeiras.

Algúns datos.        Juan Ramón V.R. en Facebook

 

O artigo, que poño a continuación,  podedes velo integramente neste link:

 

"Así se cambió la historia del Miño. El Minius no nacía en Fonmiña, sino en la Babia leonesa, donde ahora se situa el inicio del Sil" . A Voz de Galicia 28/08/2022. Escribe Juan Ramón Vidal Romaní.

 

Sobre este tema tamén remito a un resumen que poño a continuación e que supón o meu punto de vista sobre o nacemento do río Miño. Adianto que efectivamente o río Minius, como chamaban os romanos ao río Sil  non nace nin en Fonmiñá nin no Pedregal de Irimia; pero tamén adianto que o río Miño si nace no Pedregal de Irimia como demostrou o catedrático de xeografía da Escola Universitaria de profesorado de Santiago 1953-1986.  Francisco Javier Río Barja (tamén entre outros Director del I. Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Real Academia Galega).

 

"O Miño nace no Pedregal de Irimia. O río Minius (que eu creo é o río Sil actual)  nace ao pé de Pena Ortiz en León". Escribe Secundino Lorenzo.

 

 

   Saír á  río Miño                                      Salir al  río Miño