Portomarín
está vivo e tan vivo:
Un libro
imprescindible para entender como foi feito o encoro,
e sobre todo que repercusións tipo en toda a
comarca:

O libro é de
Hercules Ediciones.
2013
O título do libro non é o que parece.
O autor Afonso Eiré, xornalista e escritor, fai un
estudo, da presa e a súa construción, bastante profundo.
Recoñezo que o título botoume para atrás nun primeiro
momento, pero teño que recoñecer que o libro está moi
ben escrito e que metería a pata si non ó mercase. Deixando á marxe que a construción foi unha auténtica
primicia de inxeniería xa que cando unha presa normal, de
gravidade, o seu ancho é o 90% do alto e esta, Belesar,
con 129 m. só levaba un ancho de 29 m, está claro, que
detrás hai moito cálculo e moita innovación, fíxose un
muro en bóveda de dobre curvatura en formigón,,, case
nada,,,. no libro quedán claros eses cálculos e o galego
que os fixo Luciano Yordi de Carricarte.
O resto ó típico daqueles anos, plena ditadura dun
Franco namorado desta obra, un "pantano" mais, pero
especial, o maior de Europa; mal
pagados os terreos da maioría, cantidade de problemas,
cantidade de mentiras e pau e tente teso. Na presa
traballaron de sol a sol ata presos políticos.
Portomarín foi inundado un ano antes do previsto, hai un
video no que se ve a desesperación da xente quitando as
súas enseres das súas casas...un desastre. O que supuxo
para a comarca tamén está reflectido no libro e foi
moito menos dos que se explicitaba,
O libro dá respostas a estas e outras cousas e deixa
claro o valor que estas sensacionais terras tiñan para
os seus veciños. 26 pobos que tiveron, a maioría, que
emigrar, con dous duros no peto...Perdeuse moito, moitas
xentes quedáronse sen nada , un río marabilloso
esnaquizado e moitas máis cousas. No positivo,
efectivamente, houbo xente beneficiada. Pero que pasou
cos demais pobos?...
Enhorabuena ao autor do libro, que dá resposta a todas
esas incognitas e máis...
O libro ten varias sorpresas, que non vou
desvelar e unhas fotografías moi boas; repito merece moito a pena.
Ver este link,
con una entrevista al autor.

Portomarín antes do desastre,,,
----------------------------------------------
Curiosamente o día 20 de
setembro de 2013 presentouse o libro de Afonso Eiré en Ourense e tuven
ocasión de asistir a esta presentación e charlar e felicitar ó
autor. Por suposto tamén lle pedín que me dedicara o libro, cousa
que fixo amablemente.

Efectivamente o que está pidindo a firma
é o autor desta web, Secundino
Lorenzo.
Repito enhoraboa ó autor do libro que recomendo
sin lugar a dúbidas.
Volver.