Río Miño en Portomarín

Foto voo americano 1956

Así era en 1956, antes de facer o encoro de Belesar.

Foto sacada do voo americano de 1956.

Parte dereita Portomarín coa iglesia de San Xoán e parte esquerda barrio de San Pedro.

 

Aquí vese a marxen dereita do río, ou sexa Portomarin.

Portomarín, fotografía sacada da WEBMORENO. Portomarín. Portomarín: páxina que firma Manuel López Vazquez (o que lle dou as gracias).

En frente o barrio de San Xoan. Portomarín.

"Era un pobo da ribeira do río, coas súas casas de pedra do país ás dúas marxes. Tellados de lousado e os cerrados das hortas e fincas delimitaban o espacio vital daquelas xentes coma codechas de pan para comer."

Aquí vese a parte esquerda, fotografía sacada dende a parte dereita do río. Vese o barrio de San Pedro.

Fotografía de Portomarin dende a Iglesia de San Xoan. No medio un arco da Ponte romana de Vilamarin. En frente o barrio de San Pedro.

"Tiñan unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que a recreou lentamente como singular e única."

"Pois ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar.

 

Así é hoxe, fotografía do mismo lugar do voo americano pero no ano 2019. Portomarin desapareceu baixo as augas... A ponte é a que permite o paso dende Sarria a Portomarin.

 

Así está hoxe a parte dereita cando está medio vacio o encoro de Belesar.

Portomarin desapareceu. Foto Secundino Lorenzo.

Outra fotografía de como está hoxe, cando está o encoro vacio. Foto Secundino Lorenzo.

Nesta vese a parte esquerda e a dereita. Tamén os caneiros e parte da Ponte Romana de Portomarin.

O encoro de Belesar na riada do 2000. Realmente trátase dun monstruo. Sin lugar a dúbidas.

Un monstruo que tragou ó pobo de Portomarin.

A fotografía é do meu amigo Tino Mouriño de Ourense.

 

Encoro de Belesar, foi posto en servicio en febreiro do ano 1963. Este encoro deixou asolagado totalmente o pobo de Portomarin entre outros. Trátase dun auténtico monstruo de encoro, cunha coronación de 500 metros, cunha altura de 130 metros e cunha potencia instalada de 225 MW. O Volumen total de acumulación é de 654,5 Hm3. A cola chega a uns 50 kms. do muro. A construcción comenzou en 1957. Según Fenosa (a quen perteñecen as fotos anteriores) este encoro afectou pouco a xente da zona salvo a Portomarin que foi trasladado o alto da montaña do Cristo, co que ganou moitísimo...

Belesar en decembro de 2019 abrindo comportas polas borrascas "Elsa" e "Fabien", que no foron para tanto, comparado coa fotografía do 2000. Fotografía Secundino Lorenzo.

Encoro de Belesar. O Maior de Galicia. Foto Secundino Lorenzo. 2019.

 

 

 

Belesar en decembro de 2019 abrindo comportas polas borrascas "Elsa" e "Fabien", que no foron para tanto, comparado coa fotografía do 2000

 

O novo Portomarín. Fotografía de Unión Fenosa. 

Dibuxo sacado da www citada onde se observa o emplazamento de Portomarin en relación ó río Miño.

Pueblo actual de Portomarín dende o río Miño.

salir.jpg (922 bytes) Volver