Efectivamente o feismo de todas as
traseiras de edificios, antes de chegar a Ponte
Vella está claro. O dos coiñais, os pasos da barca,
das zonas de pesca é de xulgado de garda, para o
que escribe.
Poño unhas fotografía dos
coiñais que había en Ourense nos anos cincuenta do
século XX.

Coiñais por debaixo da Ponte Vella. Hoxe
desfeitos. Observar os coiñais; o da esquerda era
espectacular.

Zonas da barca e
coiñais por riba da Ponte. Pintura de
Antonio Cendón 1850.

Os coiñais
que había por riba da ponte
estaban ben claros. Hoxe esta zona non
se coñece... Fixeron ó que lles deu a
gana e sin cabeza ningunha.

Os coiñais que faltaban:
o da praia da Concha e o que está, máis
abaixo do cachón, enfrente a
pena de Francia. Todo esto hoxe, marzo
de 2017 pasou a historia. O Encoro de
Velle e outras actuacións, que nunca
miraron o río, según Suances, acabaron
con estas paisaxes.
O feismo, nas
actuacións a beira do río Miño, e o
deixar facer, xeralmente por xente con coñecementos
cero, foi incrible...
"...Regúlano malamente ala arriba cun
salto, o de Velle, e penso que no é atractivo...".
Efectivamente nin atractivo e inda por riba
peligroso, cantas veces está todo asolagado, as
poucas pozas que hai no río e sin pes nin cabeza.
Realmente fan o que queren...
Efectivamente "Ourense nunca mirou
para o río Miño".
A crítica que fai a "cidade termal de
Ourense", é moi dura e tamén realista. "...Moito falar
de cidade termal e nada de nada...catro pozas e
pouco máis... Non hai ningún proxecto..."