O poeta do Miño.

Unha homenaxe a Manuel María.

Portada do libriño dos autores Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Un libro que catalogo de marabilloso e de lectura obligada. Editorial Cumio novembro 2015.

 

O libro conta a historia de Roi,   unha saramaganta (Chioglossa lusitánica, un endemismo galego, unha xoia da nosa fauna)  que vive no río Miño en Outeiro de Rei.  Esta saramaganta, neste caso macho,  é un gran poeta pero un día deixa de facer versos, non lle saen e non sabe o por qué...

O capitán Cachafeiro, que é un salmón , vaille dar un consello incrible

"rapaz, se queres rimar;

tes que ver o mar"

E dito e feito Roi vaise ver o mar,  río Miño abaixo,  nunha folla de bidueiro.

A súas aventuras son todas marabillosas: ve pobos asolagados, pontes, unha  ánfora onde vive nada menos que un sábalo, dos poucos que quedan no río Miño, incluso salva unha troita de morrer debido o pouco que coidamos os ríos. E moitas máis aventuras por cada lugar que pasa.

E non vos conto moito máis, tendes que ler e ver o libriño:

Decir simplemente que nos Peares, onde desemboca o río Sil  bateo con Goi, outra saramaganta coa que vivirá moitas máis aventuras, por Ourense, Tui, A Guarda e o Monte Tegra.

O libriño ten un texto marabilloso e uns dibuxos tamén marabillosos.

¡Enhoraboa os autores do texto e dos dibuxos!

O libriño remata coa referencia a Manuel María e unhas activades moi traballadas.

No fundamental o libro cita moitas das especies que habitan ou habitaban actualmente no río Miño e cita tamén algúns dos problemas de contaminación que ten este río hoxe.

 

A miña enhoraboa os autores do libro, os dous xa citados e a todos os colaboradores. Tendes esta páxina aberta para ó que queirades...

salir.jpg (922 bytes)   Volver á   río Miño