O río Miño. o rei inda sin praia.  (Agosto 2014.)

 

  O río Miño en Lugo. O rei Miño inda sin praia,

  O río Miño en Ourense. O rei Miño inda sin praia,

  Volver  río Miño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O río Miño en Ourense. O rei MiÑO sin praia.

A nosa praia nos anos 1960 e anteriores. Xunto a Ponte Nova, entre as dúas pontes. Estos prados estaban cheos de xente. Hoxe non existen. Unha estrada nacional a N-520 pasa por riba. Unha aberración  do urbanismo ourensán para dar entrada a un centro Comercial en terreos inundables. O que tiña que ser o Parque Miño, entre a ponte Nova e a Ponte Vella,  entre as dúas pontes cun río marabilloso para bañarse, pois quedou en nada.

Centro Comercial e estrada Monforte - Ourense con pasarela incluida (aberrante a pasarela, cun feismo incrible...). Unha forma máis de estropear o mellor lugar de Ourense. Esto quizás se poda correxir no futuro, pero está dificil...Don Diñeiro imponse.

Hoxe o río Miño en Ourense non é o río dos anos sesenta e anteriores. Ourense non tiña praia pero tiña o río Miño. Unha marabilla...

Non é o que pasa en Lugo, que sin dudalo seguiron unha política mellor, o entorno de Lugo é marabilloso e con moitos lugares de "praia". Ourense dende que deixaron facer o encoro de Velle, o río Miño non é  o mismo.

Non é o que pasa en Lugo, que sin dudalo seguiron unha política mellor, o entorno de Lugo é marabilloso e con moitos lugares de "praia". Ourense dende que deixaron facer o encoro de Velle, o río Miño non é  o mismo.

Na praia da Concha non te podes bañar é un peligro. Xa non existe.

A praia da Antena, que é un invento posterior dos anos noventa, non é praia é un lugar pequeno para tomar o sol,  nada máis. No río ollo, que si abren a presa aparecen os bañistas no encoro de Castrelo.

O río Miño, hoxe en Ourense, é unha mágoa auténtica.

Nos meus tempos de rapaz anos 1955-1968 era outra cousa. Unha marabilla...

Estas son unhas pequenas lembranzas daquelas datas:

Río Miño. Ponte vella. Ourense. "O Miño.../cobra de prata, branco camiño/que bica a Melias e olla a Toén...", ... "proteico tren de prata/sobre un carril de seixo/e rodas sin cesar e nunca pasas..."   (Fotografía S. Lorenzo).

 

Río Miño. Praia de Oira anos sesenta. Non estaba feito o encoro de Velle, unha desgracia,  o río Miño presentaba na zona este pequeno bar flotante. Unha marabilla. Logo co encoro o río convertiuse nun canle peligroso...Moitas pedras non naturais no leito do río fixeron que o canle sea peligroso e non recomendable para nadar.

Antiguamente eran coios no leito e nada sospeitoso. Os remuiños estaban na zona dos caños, pero nada que un nadador normal non soupera sortear ou librar...

Esta era a nosa praia polos anos sesenta. Aquí tomábamos o sol  e outros máis intrépidos subíamos río a arriba ata os caños e ali cruzábamos a nado,  a praia da Concha para ir ata a praia de Oira. Éramos un pandilla bastante grande. Logo dende Oira baixábamos coa corrente do río ata este lugar de partida.

Aquí tiñámos a nosa pequena praia entre a ponte Nova e a Ponte Vella. Logo subíamos ata os caños e cruzábamos...

O baixar pasábamos por riba do cachón da praia da Concha, un pouco peligroso, había que nadar en plano para non pegar coas pedras do cachón,   pero nunca tuvemos problemas...para pasando a Pena de Francia, que se ve na fotografía,  chegar ó lugar de partida.

Nota: todo esto que facíamos nos anos sesenta,  hoxe é inviable. O río Miño non é o mismo,  é moito máis traidor,  con cambios básicos que se fixeron coa presa de Velle e outros.

Tempos nos que o Pai Miño era tamén praia, que eso si, deixaba algún morto todos os anos pero que,  non revestía ningún peligro si coñecías o río.

Hoxe non é nada, unha corrente de auga, que pode dar máis dun susto, xa que Fenosa Gas Natural, abre as comportas do encoro de Velle cando lle peta e sin avisar. Peligroso moi peligroso...

En Ourense non temos praia fluvial. Eso si, temos outras cousas como as Termas e un paseo fluvial marabilloso...

Enhoraboa Lugo, que inda que non ten praia declarada, é cuestión de pouco tempo, ten centos de lugares para bañarse.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O río Miño en Lugo. O rei inda sin praia.

 

 

Comparto todo o dito no artigo.

El Miño, el rey aun sin playa


Etiquetas: verano, playa, baño, Miño, Lugo

07/08/2014 - Víctor M. Rivero / El Progreso

No hay playa, pero los lucenses no renuncian a las zambullidas en el río. Toda la margen del Miño está plagada de rincones que los lucenses aprovechan para darse un baño, desde la zona de la Fábrica de la Luz a el entorno de la Escuela de Piragüismo o, ya en Outeiro de Rei, el clásico O Piago. El río puede ser traicionero, pero eso no impide que muchos lucenses se lancen a sus aguas cada vez que el sol tiene a bien asomar por Lugo, algo poco frecuente este verano.

«El agua del río es más natural, no está tan cargada de cloro como la de las piscinas», observa Gemma Font quien algunas tardes sueltas de verano, en compañía de su pareja, Manolo Congosto, decide abandonarse a la tranquilidad de las playas de la Fábrica de Luz: uno de los puntos favoritos por los aficionados al ocio fluvial."

Está claro, Lugo ciudad no tiene una playa oficial, se que es un proyecto no realizado todavía, pero tiene muchos rincones donde la gente se ha bañado siempre y se sigue bañando hoy.

Sinceramente,  ya me gustaría que en Ourense ciudad pudíesemos decir lo mismo, pero no es así. El embalse de Velle en la ciudad nos ha privado de eses placeres, que si teníamos en los años 60 y anteriores.

Fotografía del río Miño en Lugo (ya tiene años;, desconozco el autor de la fotografía), uno de los muchos sitios que tiene el río Miño en este lugar.

Por cierto efectivamente Lugo tiene un proyecto y por supuesto se ha planteado tener una playa fluvial, ver estos recortes de prensa y ver también el proyecto.

Tendrán su playa y nos moriremos de envidia en Ourense ciudad, aquí es imposible.

Menos mal, eso si, que tenemos las Termas maravillosas, un paseo fluvial fuera de serie, pero el río de pena y las playas en el recuerdo...

Ourense, nunca ha mirado al río y eso que nos da de beber...y otras cosas...

   Subir.