Río Miño en Ourense por
debaixo do encoro de Velle. Un lugar peligroso para
bañarse.
Os últimos 10 anos houbo
dazaseis mortes no río Miño por afogamento. É un dato para
reflexionar. Cando eu era neno algúns anos o río Miño levaba a
morte a unha persoa, na cidade de Ourense. Hoxe, no ano
2022 aumentaron o número de mortes.. Cales son as razóns?
Outro dato curioso e
bastante lóxico é que as 16 mortes por afogamento foron de
Ourense cidade para abaixo, ata desembocadura: en Ourense,
Castrelo de Miño, Cortegada, Arbo, Salvaterra, Goián, Tabagón, Salceda,
Lapela-Monçao, entre outros lugares
Ver este artigo do Faro de Vigo do día 03/05/2022.
O último é do 22/05/2022
afogado en Cortegada no encoro de Frieira, e van dazasete. Non
se sabe como foi, debeu caer xa que seica levaba botas de pesca,
pode ser que as botas foran a causa do afogamento, xa que estas en contacto coa auga énchense de auga por
dentro e logo non hai maneira de sair a flote nun encoro...Esta
era a noticia.
No que sigue farei un
análisis dos peligros de bañarse no río Miño:
Primeira zona: Encoro de
Velle-Encoro de Castrelo.
Pasarei a analizar,
dende o meu punto de vista o baño no río Miño comenzando no
encoro de Velle en Ourense cidade. Por suposto deixo fora as
pozas de auga quente de todo o gran circuito termal que hai
preto do río Miño en Ourense. Estou a escribir sobre as praias no leito do
río Miño.
Non atopo ningún lugar
seguro de baño no río Miño en Ourense. Estas son as miñas razóns.
Estos son os datos, dos
cales eu saco unhas cantas reflexións. Compre decir que
son de Ourense, onde de mozo me bañaba entre Oira e a praia que
hoxe chaman da Antena; todos tiñamos prohibido polo menos
verbalmente bañarnos preto da Ponte Vella, onde hai máis de
cinco metros de profundidade e grandes remuiños e daquelas anos
1955 a 1965 inda non estaba feito o Encoro de Velle. Todos
sabiamos da peligrosidade da zona "Dos Caños", onde hai profundidades entre 3 m a 7 m. Precisamente
pasábamos a outra beira do río pola cabeceira, por debaixo de
onde desemboca o río Loña, un lugar para nadadores de forza e
expertos, logo subíamos ata a praia de Oira para bañarnos nas piscinas,
e onde había moito ambiente xuvenil, para rematar baixabamos en grupo dende Oira ata a Ponte Nova. Hoxe eu non me bañaría nese lugar. As subidas e os
cambios co encoro son armas de matar; o río cambiou moito e a
auga vai moi, moi fría...

Desembocadura do río Lonia no río
Miño na cidade de Ourense, a 150 m. están os caños e
enfrente a antigua praia da Concha e un muiño que formaba o
pozo dos caños, hoxe medio desfeito. É un lugar peligroso para bañarse e hai que coñecer as correntes. En tempos un grupo de
amigos subíamos dende a ponte Nova ata ese sainte
que se ve 100 m. abaixo, na fotografía, e cruzábamos o outro lado,
nese punto había unha corrente moi forte
dunhos cinco ou seis metros de ancha, estou a falar cando non existia o encoro de Velle e nadando forte cruzábase
rápido, logo viña a trampa que era unha corrente
pequena pero para arriba, había que coñecela e nadar
para arriba e o traveso para chegar así a beira, ver
no mapa seguinte.

Neste mapa vese a zona da
que escribo, as flechas marcan onde cruzábamos (1) o río e
logo tiñamos que nadar río arriba xa que cambiaba a corrente
(2). Hoxe esa parte está totalmente cambiada polo encoro que
está a 500 m. da Pasarela de Oira río arriba.
Mais de un tuvemos
problema as primeiras veces...Hoxe esa zona non sirve para bañarse,
está moi cambiada, é peligrosa toda ela e tamén despois
ao pasar o cachón do muíño hai que ir con cuidado.

Por debaixo do cachón
dos caños en Ourense hai moita corrente e hai que
coñecer o río. Na fotografía ao final das penas, a Pena
de Francia.

O pasar a Ponte Nova, quinientos
metros da corrente anterior está a praia da Antena en Ourense, a
única praia fluvial que ten o río Miño na cidade de Ourense,
bon
lugar para tomar o sol, pero como praia para mín non
vale ademais de ser peligrosa. Eu non me bañaría nin
na orela. Ademais o encoro de Velle abre cando lle
da a gana e a tope independientemente de que chova
ou non. Non existen para nada no río avisadores de
subida de caudal, falo de avisadores acústicos, a pesares de que son
obligatorios... Descoñezo ao autor da fotografía.

A praia da Antena en xuño de
2022, estreando cartel e grifos novos.

No cartel claramente dice
que a praia pode ter FORTES CORRENTES, aparte de que avisa
de que non hai socorrista e outras cousas...
A continuación ven a zona da Ponte
Vella, lugar que debera estar prohibido bañarse,
pola profundidade e polos remuiños.

Típica paleira, ou caldeira ou
marmita de xigante do río Miño, por suposto
que as hai máis grandes; estas paleiras formáronse ao
longo de millóns de anos, con cantos rodados que
viñeron algúns dende Ponferrada, polo Sil, e outros dende Meira,
polo Miño. Unha vez cubertas de auga
en plena corrente producen os típicos remuíños onde
a auga circula en sentido circular, si son grandes
poden dar un susto bon si non se toman precaucións e
si nos collen por sorpresa. En Ourense no río Miño
son moi frecuentes os remuiños, sobre todo pola zona na Ponte
Vella saindo hacía abaixo. Si os queredes ver
basta poñerse na Ponte Vella e mirar hacia abaixo cando o río
leva bastante auga, sobre todo ao turbinar o encoro de Velle.

Típico remuiño, podedes
visualizalos a pe da Ponte Vella ou Ponte Maior en Ourense na
parte de saída. Estos son producidos pola existencia de
paleiras ou caldeiras como xa está dito.

Fotografía de Mani Moretón.
Nela vese o río Miño despois da Ponte Vella de Ourense, un
lugar peligroso e onde non se debera bañar ninguén.
Sobre a saída dos remuiños poño un
artigo máis abaixo, con opinións de como pode sairse
si nos vemos atacados por un deles, a miña opinión é
simplemente manter a respiración e movendo os brazos
tratar de sair, si é pequeno con esto é suficiente e
o mismo remuiño nos expulsa. Si é grande podería ser
a solución que propón o artigo, pero non quixera
verme nunca nese apreto...
Ver este artigo sobre os remuiños do Miño, e como saiu deles
o
remeiro de kayak Jorge Ángel Pereira.

Esta zona está por
debaixo das pontes de Ourense, a tres kms., onde están as termas do Muíño da
Veiga, tamén as termas de Outariz e o Pozo Maimón,
de feito o que se ve é a nova Edar de Ourense. Esta zona
é actualmente de pesca sen morte e moi frecuentada por
pescadores. Fai pouco que morreu afogado un pescador que
coñecía moi ben a zona, non se sabe que pasou pero non me
extrañaría que o levase unha destas aperturas salvaxes que
se fan na Presa de Velle... As augas
poden subir moitísimo de nivel nun día calquera, e
rapidamente anegar
o lugar onde estás sobre todo si son ínsuas e non poder sair despois ou ter que sair a nado. Non é moi profundo
salvo o Pozo Maimón que ten mais de 4 m. de profundidade.
A poucos metros río abaixo xa temos a cola do encoro de
Castrelo de Miño.
Descoñezo ao autor da
fotografía
Curioso:
o día 27 de Maio aparece no Faro de Vigo un
artigo que dice:
"Ningún tramo del
Miño es recomendable para el baño"
fai referencia ao río Miño en Ourense
cidade.
O artigo está avalado por
polo "Plan Sapraga en Ourense",
ou sexa "o plan de Protección Civil de salvamento nas
praias de Galicia, plan do 14/10/2021 da Xunta de
Galicia.
Esta é a lei que aparece no dog. 224
22/11/2021
Deste artigo recollo
varias frases:
"...
Pese a que en los últimos años se ha
extendido la costumbre de tomar baños de sol y agua en las
playas fluviales del Miño, el coordinador del plan Sapraga
en Ourense recuerda que "las aguas del Miño no son
recomendables para el baño en ninguno de sus tramos, como
mucho para darse un chapuzón sin salir de la orilla".
Aún así recomienda a aquellos que confían
en sus fuerzas y se adentran en el río que tengan en
cuenta las horas de apertura de compuertas del embalse
de Velle.
"En el momento en el que se procede a la
apertura, el agua cobra una fuerza que hace crecer el
nivel del río y es doblemente peligroso bañarse y más
complicado un rescate", dice Manuel Fernández.
Consideran insuficientes las rampas de
acceso al río
Este año la Zodiac contará con una sola
rampa de acceso directo a las aguas del Miño en caso de
rescate. Está situada en la playa de La Antena.
Protección Civil mantiene, sin embargo, que lo deseable
sería hacer al menos 2 más en Outariz y Oira, para
agilizar el tiempo y los puntos de acceso si hay que
prestar auxilio..."
Ata aquí o artigo. Ó
curioso é que coincide exactamente coas miñas afirmacións,
esto dito no ano 2022. Eu fai anos que penso que bañarse no
Miño en Ourense e noutros lugares, incluso sendo bon
nadador, é un peligro actualmente.
Fai anos que penso ó
mismo.
Ver este link do Faro de Vigo co artigo.
Sigo analizando o río
Miño, río abaixo:

Non me gustan os encoros e nunca me bañaría nestes
lugares. Razóns varias: moita profundidade,
descoñecida en calquera caso, e moi malas e peligrosas beiras
(as beiras dos embalses son un peligro, podes quedar
enterrado e pasalo mal para salir, teño visto de todo, fai
uns días xuño de 2022 un cabalo quedou enterrado, nunha
beira do río Arnoia, en Allariz, e sacárono
cunha excavadora...).
Neste
caso é en Castrelo de Miño, non é o primeiro que
morre afogado nesta zona e non me estraña. Descoñezo
ao autor da fotografía.
Recomendo non bañarse.
Segunda zona: Encoro de
Castrelo-Encoro de Freira.
Descoñezo que exista ningunha zona
de baño que teña seguridade. Eu simplemente non me
bañaría.
Terceira zona: Encoro de
Frieira-Desembocadura.
Aquí hai moitas zonas habilitadas
como praias fluviais, tanto na zona española como
na portuguesa. Por exemplo Arbo, Selas, Monçao,
Salvaterra, Salceda, Tui, Vilanova de Cerveira, Goián,
Tabagón, Caminha, Camposancos e outras.
Todas elas son praias donde hai que
tomar moitas precaucións, en particular coas
correntes. Normalmente poñen unhas delimitacións en
base a boias flotadoras que indican claramente que ao outro lado é peligroso.
Vexamos o exemplo da Praia de Arbo.

Por debaixo destas correntes hai unha praia en Arbo,
realmente reune condicións?. Cando o encoro de
Frieira solta auga, estas correntes son moi
peligrosas...Así vai cando o encoro de Friera turbina. A tope...

Na fotografía, de Google
Earth, está marcada a praia de Arbo. Xusto depois da
ponte que une Arbo e Melgaço. Observar as correntes. Vese
moi ben na seguinte fotografía.

Praia de Arbo, parte de
atrás das Pesqueiras. Si están abertas as comportas o mellor
é non bañarse en ningún caso. Si están pechadas, ou sexa
ten o
caudal ecolóxico, como ó desta fotografía, na orela non hai
problema pero ollo sin acercarse a corrente; sempre en
lugares onde se faga pé e os nenos lles de a auga pola
cintura. Descoñezo ao
autor da fotografía.

Praia de Arbo onde
morreron afogados un pai e o seu fillo este ano 2022. Seguro que ese
día estaba a turbinar o embalse de Frieira e a corrente
era moi superior. Seica o neno caeulle unha zapatilla e
foi a collela o pai axudoulle pero a corrente levou os
dous. Despois desapareceron, o río nesa zona ten de todo,
sobre todo si está alto, pozos de moita profundidade,
remuíños e zonas bravas de moita corrente. Apareceu o
neno nun pozo enzarzado cunha planta a tres metros de
profundidade e o pai na orela, a
trescentos metros máis abaixo.
Descoñezo ao autor da
fotografía
Ver este video da zona de Arbo e os seus perigros.

Praia de Sela, por debaixo
de Arbo. Esta é unha praia moi interesante ten como pode
verse no medio a esquerda todo un campo para tomar o sol. Non poñen
delimitacións ou balizamentos e o pozo que ten diante é
moi profundo. As pesqueiras, para mín son as máis bonitas da
zona. Pesqueiras dobles de España e Portugal. Ten no centro
unha típica raña do Miño. Descoñezo ao autor da sensacional
fotografía aérea.

Praia de Sela. O río neste pozo é moi profundo. Na miña opinión
faltan balizamentos. Esta praia de Sela está francamente
ben, pero dende a miña opinión ten moita profundidade e pode
resultar peligrosa.

O lugar é impresionante e
merece a pena ir, as pesqueiras únicas e o río Miño nese
lugar é extraordinario. A praia repito moi boa para tomar o
sol e simplemente mollarse.

Nesta zona hai outra praia
a Do Penedo en Caldelas de Tui que é tamén deste estilo.
Falaban de que iban a facer o balizamento e saneala, tiña
algúns problemas. A pleamar pode chegar ata esta praia. Descoñezo ao autor da fotografía.

Praia do Penedo en Caldelas
de Tui. Google Earth.

Praia fluvial de Areeiros
en Guillarei. Este trozo si está con balizamento. Está praia
ten moito espacio para tomar o sol. Por suposto é outra
praia onde hai que tomar precaucións, a proba son os
balizamentos que se poñen por algo. Ao fondo Tui. Descoñezo ao autor da fotografía.

Praia fluvial de Areeiros
dende Google Earth. Está a altura da estación de Guillarei.

Praia de Goián. Fotografía de
Oscar Vázquez. Observar a delimitación da praia fluvial, desta
forma o peligro é moi pequeno. O que se chama balizamento e que
se está a poñer en moitas destas praias.

Praia de Goián,
enfrente de Vilanova de Cerveira. Observar o
balizamento da praia.

Outra vistas da praia anterior.
Observar a delimitación. Pode que no verán teña vixiante, non
estaría demais. Descoñezo ao autor da fotografía.

Praia fluvial da Lenta en
Novelle (Vilanova de Cerveira), praia con moita estructura
en terra pero moi pequena no río Miño, como se pode ver na
fotografía. Son praias moi delimitadas e polo tanto debemos
andar con moito cuidado. Non vexo balizamentos. Descoñezo ao autor.

Praia da Foz do Minho en
Caminha (Portugal); esta praia si reune as condicións e
ten delimitacións propias e vixianza. É unha praia
moi concurrida e de doado acceso. Merece a pena. Descoñezo
ao autor da fotografía. Enfrente o Monte Tegra e a praia
seguinte de Camposancos.

Praia de Camposancos na desembocadura
do río Miño. Esta praia ten tamén boias
delimitadoras e non presenta problemas. Por outra
parte en temporada hai servicio de vixilancia na
praia.
Praia segura e sin problemas.
Na zona hai outras praias:
A Lamiña, Do Muíño, A Armona, Codesal, Da Mota e outras; pero non reunen tan boas condicións e algunhas son un
auténtico peligro, aquí aparte do encoro influe
moito as mareas. Na subida da marea a
corrente vai ao revés e curiosamente o río Miño vai por baixo na
outra dirección; un peligro auténtico, por eso convén estar
atentos a zona delimitada polas boias e non facer toladas. O
baixar a marea as dúas correntes suman. Na Foz do Miño, o
río non é moi profundo pero as correntes son tremendamente
peligrosas...
O tema das mareas vai ata máis
arriba de Tui,
calcúlase que pode afectar os derradeiros 40 km do río Miño, non
chega a Salvaterra de Miño, pero casi. Normalmente pode haber unha
diferencia de dous metros entre
as baixadas e a subidas; tamén unha diferencia de 4 nudos
na corrente de pleamar. Os interesados
en ver estas diferencias
poden ver este link. Tamén hai un link que marca
as
mareas, por exemplo en Camposancos. A diferencia entre Tui
e Camposancos nas mareas, por exemplo a pleamar hai 1:45 horas a
1 hora, na baixamar hai unha hora de diferencia. Estos datos son
moi interesantes e a ter en conta.
--o--
Nota: o lector botará
de menos o resto de praias que ten o río Miño, dende Ourense río
arriba ata o nacemento en Meira; efectivamente quedan moitas
praias moi interesantes e boas. Quitando as praias que están en
encoros como os Peares onde está a Praia de Cova xusto no
meandro do Fin do Mundo no Saviñao:

Unha praia moi bonita pero
na miña opinión cos problemas que teñen estas praias de
profundidade e que hai que tomar precaucións. Este é o lugar
da praia, está abaixo na misma curva. Na fotografía, no
mismo centro, vese un pequeno areal.

Esta é unha fotografía da
Praia de Cova, ten un trociño sin problemas pero logo hai profundidades
de moitísimos metros. Este é o encoro dos Peares, por riba
non moi lonxe está o encoro de Belesar, o maior encoro de Galicia. A
fotografía é de Anxela Jorge. A de arriba é miña. O lugar é
espectacular e merece a pena por todo, unhas viñas marabillosas,
unha igrexa dedicada a San Martiño que é unha gozada. A praia
ten ata restaurante e permite alquilar barcas e dar un paseo. Na
zona hai bodegas da Ribeira Sacra do Miño que hai que ver, así
como un castro (mismo por riba da penúltima fotografía) e un
museo moi logrado o do Pazo de Arxeriz. ¡Moito que ver!. Pero
ollo co baño, que é do que estou a falar...

Outra vista da praia da Cova.
Fotografía de Paco Sarria.
Podedes ver
un video da praia da
Cova.

Club Nautico de Puente
Mourelle, xa no encoro de Belesar. O lugar está moi ben
para para tomar o sol, como lugar de baños, na miña opinión,
non sirve, en toda a zona hai profundidades que seguro pasan
dos trinta metros. Unha temeridade.

Mirador do Club Náutico de
Puente Mourelle, encoro de Belesar. Descoñezo ao autor da
fotografía.
Unha vez pasada a cola do
encoro de Belesar que por certo está máis arriba de
Portomarín, concretamente por debaixo de onde desemboca o río
Neira, temos o río Miño sin ningún encoro por riba, ou sexa
como estaba nos seus principios da súa vida. Esto quere decir que as praias
son máis controlables e que non vai haber sorpresas de correntes
raras sin avisar ou
remuíños extraños (non deixedes dever este video) ou augas extremadamente frías, como son
todas as dos encoros por lóxica trivial.
Hai polo tantos zonas de
baños nos que por suposto hai que tomar precaucións pero que son
moito máis seguras. Esta é a razón de que o número de afogados
non teña nada que ver có número de afogados dende Ourense ata a
desembocadura.
Por poñer un exemplo en
Lugo está a facerse esta praia fluvial:

Esta praia que estará lista
este verán de 2022 consta de estructuras móviles flotantes, que
serán de quita e pón. Costará 380.000 euros e leva zonas de
maiores e zonas de pequenos. Para mín unha gran idea. O final do
verán desmóntase e listo, ata o ano que ven. Seguridade toda.
Está ademais a carón da zona fluvial de Lugo. As profundidades
destas plataformas
son de 40 cms, outra de 80 cms e outras 1,20 metros. Tamén
se habilitará unha zona de acceso ao río e polo tanto de baño
libre. A zona estará delimitada e estará vixiada. A zona
verde funcionará como un solario.
O material é de polietileno e levará uns anclaxes para que non se mova moito.
Enhoraboa. Así se fan as
cousas.
Unha mágoa que non se poda
facer ó mismo en Ourense cidade. O río vai día si e día tamén,
menos os domingos, desmadrado en Ourense; chova ou non chova. O
encoro de Velle foi a ruina do noso gran río, sobre todo as
termas que se asolagan cada pouco...Na miña xuventude a praia de
Oira era realmente eso...hoxe están únicamente as piscinas e o
río non conta...

Praia de Oira polos
anos 1955-1965. Incrible. Hoxe 50 metros arriba está o
encoro de Velle. Imáxenes para lembrar a nosa xuventude.
Hoxe esto non é posible.
Volver
á río Miño
Volver
a río Miño