MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS.

¡O  DESASTRE  CONSUMADO!

FOTOGRAFÍA AÉREA DA ZONA.

Vista da zona. Concellos da Merca e Allariz. En Rubillós había una zona declarada, zona "Ruta Natural do Arnoia" pola Xunta, fai como dez anos ou así (pois veña unha minicentral...non se entende...) . A minicentral veu a planchar a zona...Eso sí,  deixa tras de sí pedras a tope no río, un paseo fluvial con moitas vistas , algunhas comisións ??, senon é inexplicable o mutismo da xente e dos Concellos,  e unha pulpada á 300 persoas da zona.¡¡Camiñante mexa aquí!! (a frase é de Celso Emilio Ferreiro que era da zona, fai anos....

Zona do río Arnoia afectada pola minicentral.
Tres quilómetros de río masacrados...

Xusto onde fixeron a minicentral (turbinas), na Ponte de Lera en Rubillós había un cartel que señalaba o comenzo da "Ruta do Arnoia", por suposto a carón do río, como debe ser. O cartel era o que aparece arriba, coa folla e o texto "ruta natural do Arnoia". Hoxe por esa ruta, con muíños como o de Mouros o de Pousada, fixeron este edefesio de camiño e no remate o corte do río con un muro propio de países tercermundistas. Pero somos así de contradictorios e está claro que os concellos móvense o son dos cartos. Si non , e imposible entender como se poden estragar estas cousas que un ano son "rutas naturais"  e outro "desfeitas naturais".

 

Imáxenes có programa GOOGLE EARTH desta minicentral. Espectacular.

 
Algúns desperfectos denunciados no seu día:
 
 
 
De pouco sirviron as denuncias...Ver algunhas:
 De momento arrasaron o muíño "Muíño da Moura", e están a desgraciar unha zona importante do río Arnoia.

O muíño, por suposto goza de protección oficial que lle otorga a lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia.

Claro que estas empresas teñen bula para arrasar todo o que se lle poña por diante. ¡Faltaría máis!.

Os vertidos ó leito fluvial xa comenzaron, un auténtico atentado "natural" a unha zona duns quilómetros importantes do río Arnoia. Moita basura e seguramente bastante cemento. ¡Pobres troitas!.

Imaxen da zona. As pedras que se ven ocupando o leito do río o facer o desmonte da minicentral son incribles. Realmente o impacto e bestial e non se entende...

Denuncia realizada o 08-10-2004 pola Asociación Amigos del Arnoia. O leito do río Arnoia, cuberto de pedras e merda fan a construcción totalmente ilegal. Pero seguirán, as empresas minihidráulicas teñen no seu poder os ríos galegos. Fan o que lles ben en gana.

O peor inda está por chegar.

Quen controla estas obras e o deterioro que producen?. Os donos da explotación...Así nos luce o pelo...

En Galicia no que respeta os nosos ríos fai anos que tocamos fondo.

Estado no que queda ó río ó construir o camiño e o canal...O río cheo de pedras e escombro. Logo virá o cemento...

Vista da zona. Observar a ladeira por onde fan o camiño. A zona había sido declarada pola xunta do Partido Popular como "Ruta natural do Arnoia" de especial valor. Eu nos oito últimos anos de goberno do P.P. (1997-2005) non vín tanto deterioro na natureza galega na miña vida, tampouco tanta incongruencia e tanto deixar facer... En especial os ríos, que tanto o Conselleiro Del Alamo como Barreiros, en particular este último, abandonaron totalmente. Esperemos que os que están hoxe non fagan a misma carreira...De tódolos xeitos é imposible facelo peor...

Na Xunta naqueles días tiñen coñecemento desta desfeita (eu mismo mandei algunha denuncia)...en ningún momento nin contestaron nin actuaron...Eu penso que todo quedaba na misma casa...

 

Central construida. Dicen que gardarán o caudal ecolóxico, o de sempre...

Ver que o muro que ocupa todo o leito do río...

Logo vas un día calquera é atopas o río seco e todo morto.

Experiencia vivida polo que escribe noutra minicentral do Deva, tamén do mismo grupo, en Quintela de Leirado.

O caudal ecolóxico era aquel fiiño que sae o fondo, para chorar... O río aquel día estaba morto.

-----------------------------------------------------------------------------

INAUGURADA A MINICENTRAL DA MERCA

Inaugurada cunha comida popular na que participaron 300 persoas.

Alberto, Antonio e Ramón Vázquez, do San Miguel Grupo, promotores da minicentral. Fotografía de Daniel Atanes. 10/09/2006.

Por suposto a obra tiña os permisos da Confederación hidrográfica (nunca supen para que valía esta Confederación...) e da Consellería de Medio Ambiente (a anterior Consellería a do P. Popular que daba permisos a todas as minicentrais que lle botaran e máis, toda unha máquina de estragar os ríos galegos; esperemos que esta non faga o mesmo...)

"Frases para a historia", sacadas do artículo de inauguración da minicentral. As frases coméntanse soias, a pouco que se pense...:

.- A enerxía hidráulica é unha enerxía limpa, que non afecta para nada o caudal do río, a auga non sufre ningún proceso...

.- A minicentral non afecta o caudal do río.

.- A agua tal como entra sae .

.- Esta minicentral é un elemento productivo para a zona.

.- Revalorizáronse os terrenos da zona.

.- Fixéronse novas infraestructuras.

.-Nos, en todas as minicentrais facemos obras sociais...

.- Queda unha grande área recreativa o lado da minicentral que donaron o Concello.

.-Respetamos o maximo ó entorno natural da zona.

A vista do anterior a deducción lóxica é:

¡Todo son ventaxas para a xente da zona e para a zona en sí!. Tomén nota: A Merca, Rubillós, etc. Terrenos revalorizados, infraestructuras, postos de traballo, obras sociais, area recreativa, en fin...Todo o mundo contento e feliz...

Eu soio vexo un perxudicado: O río Arnoia.

Pero que máis da, soio é un río...

saír.

No nome da natureza galega:

¡Camiñante mexa aquí!.

 (Celso Emilio Ferreiro, no seu libro dos Epitafios...)

 

Imáxenes có programa GOOGLE EARTH desta minicentral. Espectacular.

 

Aquí tendes un pouco a historia. Repito moita bulla o principio e logo, de repente, todo para adiante e non se soupo máis.

Realmente sentinme embarcado...pasan cousas...

Ver un pouco a historia.

saír.