MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS.

¡UN  DESASTRE  CONSUMADO!

FOTOGRAFÍAS    DA    MIÑA  VISITA   O   DÍA   08/05/20012.

AS  MIÑAS   IMPRESIÓNS (resumidas).

1.- Técnicamente a minicentral hidroeléctrica paréceme una boa obra de inxeniería, impresiona:  o azud é impresionante e a solución da escala de peixes así como la toma ata a tubería de carga, toda a tubería (en realidade é un conducto cuberto totalmente nos 2,5 km.,  de 3 metros x 3 metros aproximadamente), é incrible.

Demasiado grande para o río o azud (casi 50 m) e non debera  autorizarse estas dimensións en ríos como o Arnoia.

Teño as miñas dúbidas  de que as escadas funcionen ben con caudais normais (tanto a escada como o caudal ecolóxico), comprobareino no seu día. (Na miña visita o río Arnoia viña  prácticamente desbordado, levaba chovendo unha semán larga...).

 

2.- O río desgraciado totalmente en 3 kms.: canle cheo de pedras do desmonte realizado (a estrada - camiño ten sobre 6 metros de ancha e a montaña tuvo que ser voada a base de dinamita en todos os seus tramos) . Terrapléns falsos, non asentados inda hoxe despois de seis anos,  cheos de pedras colocadas o azar producto do desmonte.

Bosque de ribeira ou galería desgraciado sobre todo na parte esquerda do río, onde as árbores e a vexetación non crecen debido o escombro e seguramente o baixo caudal do río, o caudal do 10% do caudal medio é unha arma mortal para estas ribeiras, inda que sexa legal,  non vale para os nosos ríos. Pasa o mismo que co bosque de ribeira do Barbantiño por debaixo da fervenza, uhna mágoa auténtica. Claro que esto quedou inda peor. O aspecto é deplorable e deprimente.

Muíños destrozados.

Todos os sendeiros que había pola parte esquerda do río desapareceron. É prácticamente imposible subir polo río pola parte esquerda de forma continua...

Soio con este segundo punto a Confederación Hidrográfica, Medio Ambente e os  concellos de A Merca e Allariz deberan non deixar dar de alta a minicentral. Era evidente. Non cabe na cabeza de ninguén que entenda algo o darlle para adiante a este atentado ecolóxico consumado...

Pero xa sabemos como funcionan as cosas. Todo se compra e todo se vende desgraciadamente.

Esta minicentral pasou de ser contestada de forma contundente, seino porque eu estaba no tema e vivín de preto a contestación, a,  da noita á mañán,  quedar todos calados e sin réplica. Pero todos. concellos,  asociacións  ecoloxistas, asociación dos pobos, etc.

¿Que pasou?.

O que menos importa neste país  é o río. Que o parta un raio...e si é  hidroeléctrico mellor...dicen que é enerxía limpa, que non pasa nada co caudal, que a auga según entra sae...

 

3.- O poñer o tramo COUTO SIN MORTE LIBRE,    é de  denuncia pura e dura.. É un insulto a intelixencia de calquera que se achegue a velo e por suposto un insulto os pescadores.

O tramo é de morte, pero para o pescador, ou para os pouco que se acheguen a ese tramo; unha arma de deixar unha perna ou algo máis na cantidade inmensa de buracos non esperados que hai no canle. Ollo as beiras do río  que se lle poden vir enriba...

Hai en internet un blog dun pescador, que non sabía nada deste texto,  mirade o que conta: e eso que soio anduvo a mellor parte, a máis doada,  ata unha rocha que hai na parte esquerda do río e que baixa de arriba abaixo, unha laxa resbaladiza que no se atreveu a pasar, a pesares do vadeador.... Tendes o blog nesta misma páxina.

Unha vergoña. Ó que se lle ocurriu poñer o letreiro de COUTO LIBRE SEN MORTE  debeulle quedar a cabeza descansada, non se entende, a non ser que se sexa mal pensado...

Sin dúbida estos organismos (Confederación hidrográfica, Medio Ambente da  Xunta, Medio Ambente dos Concellos de A Merca e Allariz, etc)  están repletos de INCOMPETENTES que en vez de defender a natureza, eu penso que nos lles interesa, miran para outro lado e no mellor dos casos deixan facer...

 

Algunhas fotografías para probar ó anterior:

 

Fonte Google Earth. 17/08/2010

Fotografías sacadas o  08/05/2012.

Este é o detalle da  obra.

A minicentral de Rubillós foi realizada nun trozo de Canón do  Arnoia, 2,80 km que era "Ruta do Arnoia" (na zona aparte de moitos muíños, está o Canal do Ruca así como a casa da Turbina, xunto cunha vexetación e un bosque de Galería que era unha auténtica gozada) .  A minicentral está no pobo de Rubillós que pertence A merca. A cola do pequeno encoro pertence a Allariz.

Central e cámara de carga. O desnivel é de aproximadamente 48 m.

Detalle da carga de auga a central. Ata ese depósito a auga  chega dende o azud por unha gran tubería o longo dun camiño-estrada de varios kms. O desmonte dinamitado foi realizado a base de máquina excabadora  e dinamita,  e os escombros, grandes rocas, etc. foron todos o río Arnoia.

A toma de auga é bestial, hai outra moi parecida na Arnoia baixa, na Peneda que é seguramente de onde copiaron o tema... A toma chupa prácticamente o río Arnoia nesa parte esquerda que se ve. A dereita ten a escada de troitas que me parece está ben construida, habería que comprobalo có río normal...

Azud da minicentral. Chupa o río Arnoia á altura de Rubillós. A cola da presa pertence o Concello de Allariz.

Azud ocupando todo o río. Aquí  vese o canal e a estrada que esta a carón. Son sobre 6 metros de ancho entre os dous. Todo ese desmonte, na maior parte dos sitios roca granítica pura e dura,  tuveron que ser dinamitados. Por suposto todo río abaixo... Impresentable.

 

No dibuxo, está  a vista real  a 17/08/2010 (sacado de Google Earth vese o Canón do Arnoia nese lugar, onde está realizada a minicentral. Entre o alto do canón e o canal hai sobre uns 200 metros de diferencia e o río, na maior parte dos lugares sobre 15 m.)

 

 

 

Fotografíada da  sala de turbinas. Detrás está a área recreativa prometida?. Catro bancos e pouco máis. Ollo que ningún neno  se quede solo nesa área recreativa... peligro de morte, ver a fotografía de abaixo.

Posibilidade de caída ó conducto de saída de auga. Mortal de necesidade.

Área recreativa prometida polo Grupo San Miguel, para Rubillós e a  zona.  O  fondo a Ponte de Lera  sobre o río Arnoia e a esquerda o edificio de turbinas.

A área recreativa non é nada especial, pero os donos da minicentral dicen que todo está revalorizado e que todo son ventaxas para Rubillós e A Merca.

GRUPO SAN MIGUEL: 10/09/2006

.-Nos, en todas as minicentrais facemos obras sociais...

.- Queda unha grande área recreativa o lado da minicentral que donaron o Concello.

 

Canal de traslado da auga  ó  túnel de carga. 2,5 km. Ó fondo vese a estrada construida, a carón do conducto da auga que vai enterrado. O canal ten unhos 3 metros de ancho, por tres de profundidade aproximadamente, non os medín, esto é a ollo.... Por el pasan 14.000 l/s. Da medo. Nesta  fotografía, é o único  lugar, a carretera vai pola dereita. Observar a esquerda o desmonte que tuveron que facer. Gastaron moita dinamita, sin dúbida...

Terraplén ó río dunhos 15 metros que na maioría está feito de pedras do desmonte tiradas tal cal... Dinamitaron a zona e botaron o río todo.  Una vergoña auténtica.

Imaxen do río ó comenzo do couto sen morte, empezan a verse cantidade de pedras no río. A  zona, certifico,  era de dificil camiñar polo río pero incriblemente boa en canto a pesca, como todos estos lugares onde non se anda moi mal. Hoxe salvo un pequeno treito o principio,  por riba da tosta de Rubillós, o resto está impresentable e peligroso.

Sin comentarios. Fixarse no terraplén, nas árbores e no río.

Observar as pedras no río, en todo o canle. Observar o  bosque de ribera na parte dereita do río e ver a parte esquerda coa desfeita. Do outro lado amieiros e deste xestas. Curioso. Pois non normal, deste as pedras que forman o terraplen traen consigo estas cosechas...

Zona de muíños na parte dereita, hai como catro ou así.... Destrozados. Por ese lado, lóxicamente hai camiños para ir os muíños e hoxe un sendeiro para chegar a el. Non descarto facer esa ruta, inda que repito o lugar para mín hoxe é deprimente...

Observar as pedras no  río, tamén o tipo de vexetación da orela esquerda do río. Poucos o ningún arbol.  (Na zona abundaban os amieiros, algún bidueiro e uns poucos salgueiros. Hoxe vense xestas e os poucos árbores que hai medios mortos). O pequeno caudal ecolóxico que debe levar cando o río vai normal fai que a auga vaia na maior parte pola parte dereita, salvo as presas ou pozos (asi ocurre no hemiferio norte, forza de Coriolis) eso fai que a parte esquerda a esas árbores non chegue a humedade que chegaba en tempos, o cal implica a morte dos mismos...

Observar un exemplo de terraplén ó río: impresentable. Tamén botar unha ollada as árbores, casi todas mortas ou a punto de morrer...

O que non vexa estas desfeitas é porque non quere. Aquí non vale aquelo de...¡pásaste coas críticas!. Eu penso que me estou quedando corto, moi corto...

A este múíño véuselle enriba unha cantidade de pedrisco en forma de pedras do desmonte. Resultado...nin tellado... Por suposto todos os sendeiros que había na parte esquerda do río desapareceron. Quen practica a Pesca Sen Morte neste tramo. É un insulto...

Vivir para ver. Si logrades chegar o río entre as xestas...é un milagro. Cuidado que nos vos caiga unha pedra por riba.

Sin comentarios.

Insisto nas pedras e nas árbores da parte esquerda do río.

Nesta presa ou tosta recollíanse en tempos a auga para uns muíños que hai río abaixo. Sin comentarios como quedou a zona. Os muíños quedaron tamén tocados.

Imagen do río e  de como quedaba naqueles días. Estas fotografías que deben ser do 2005 ou 2006 mandábamas un amigo que vixiaba as obras...Un bon día deixou de facelo.

A imaxen da medo de como quedou o río Arnoia.

Logo todos caladiños: os políticos de todos os cores da Merca, de Allariz, a Confederación, algunhas Asociacións ecoloxistas... todos calados. ¿Que pasou?.

Eu quedei así coa páxina colgada e con cara de tonto...

Imaxen do río e de como quedaba naqueles  días. Logo todo quedou así...e hoxe é couto libre sen morte. Ver a marxen esquerda que é por onde caeron os bloques de granito, que non son outra cousa...

Hai que ter cara...

Azud da minicentral ó fondo. Caudal ecológico dese día 08/05/2012 no que o río Arnoia iba un pouco desbordado, como desmostrarei nunha fotografía posterior.... Á dereita da fotografía está o sistema de limpeza do canal e a zona de desbordamento que tamén se verá, Por eso o río leva auga, inda que é moi pouca.

Zona de desborde do canal, observar como botaba, demostración evidentemente de que o río viña a tope ese día... Repito o río iba desbordado.

Parte de abaixo do azud da minicentral. Por certo Coto libre sen morte,  dende aquí ata a Ponte de Lera. Ollar, unha vez máis, as pedras do río e as árbores.

Prohibido o paso. En fin de coña... Nin que foran os donos do río, que o son... Claro que a señal é de vehículos, seguramente a motor...

De tódolos xeitos non se respeta o paso de pescadores en ningún momento.

Existe unha ponte que fixeron para acceder a escada das troitas pero tampouco permite o paso o outro lado. Está pechado...

Esta é a  toma e unha mostra da gran tubería que leva nada menos que sobre  15.000 l/s sobre 3 m. de ancho por tres metros de alto aproximadamente. Chupa o río Arnoia incluso desbordado. Da medo.

Este é o  azud, ó  fondo a escada troiteira. A auga pasaba por riba xa que repito o río Arnoia iba a tope, cheo, cheo...

Outra vista do canal. Tamén do caudal ecolóxico.

Comprobarei este caudal cando baixe o río para ver como funciona. Teño as miñas dúbidas. Hoxe funcionaba perfectamente.

Así iba o río Arnoia ese día 08/05/2012. Desbordado polas  choivas das últimas semáns...

O caudal ecolóxico é o da dereita.  Así é como iban os casi 3 km. de río entre o azud e a salida de auga por debaixo das turbinas.

Recordar as cousas boas que dicen os donos desta minicentral, aparte das xa vistas:

GRUPO SAN MIGUEL: 10/09/2006

.- A enerxía hidráulica é unha enerxía limpa, que non afecta para nada o caudal do río, a auga non sufre ningún proceso...

.- A minicentral non afecta o caudal do río.

.- A agua tal como entra sae .

.- Esta minicentral é un elemento productivo para a zona.

.- Revalorizáronse os terrenos da zona.

Realmente, estos comentarios,  chocan un pouco...

----------------------------------------------------------------------------

Para rematar: á vista do anterior e si temos en conte que o río é realmente o importante, para min é básico,  soio podo concluir que esta instalación é impresentable. Machacaron o río Arnoia, nun treito de 3 kms de forma clara e evidente.

Os responsables: empresa explotadora da minicentral, Confederación hidrográfica, Medio Ambiente galego e Concellos da Merca e Allariz, que loxicamente  deberan correxir totalmente estos problemas.

Non seu día non a deberan dar de alta e poñela en funcionamento.

Xa pasaron seis anos.

O do Couto libre sen morte é tamén de Xuzgado de Garda.

Realmente síntome,  por suposto,  mal gobernado e o que é máis importante: roubado.

--------------------------------------------------------------------------

Saír.