Na fotografía (sacada do
sensacional blog, de Julio Freijido,
Maquiáns) vese o Val de
Francelos, a carón de Ribadavia, que tamén leva como segundo nome
Valparaiso. O río é o pai Miño. Conta a lenda que o barco pantasma
chegou ata este lugar, seguramente aproveitando as crecidas
do río Miño.
----------------
Conta a lenda que cara ao
século XII os ribadavienses agardaban un navío procedente de Lisboa
que tiña que fornecerse do viño do convento dos dominicanos. Así
aconteceu e o barco, tras bordear a beiramar atlántica, puxo
proa na foz do Miño para remontalo.
Ao acadar a vila de Tui os habitantes observaron aquela embarcación
de dimensións nunca vistas en cuxa cuberta non se advertía
tripulación ningunha, concluindo que tal veleiro só podía ser un
barco de Satanás, chegando moitos dos habitantes da poboación a
enmudecer pola presencia da nave.
Segundo a tradición, o paso do navío que traía canda el unha carga
de viño do inferno debíase a que o demo pretendía despretixiar os
viños do Ribeiro.
Contan as
voces máis antigas que ao atracar en Ribadavia, un monxe coñecido
polo padre Xoán esconxurou o veleiro anulando o meigallo. E
aínda refire a lenda que os mariñeiros que xurdían na cuberta
caían mortos transformándose de súpeto en
esqueletos.
Nota: lenda sacada
do libro "Lendas de Ourense" de Miguel Mosquera Paans.
Ó
parecer a fonte oral desta lenda foi David Rguez. Iglesias,
da Parroquia de Sampaio en Ribadavia.
Volver
a río Miño