¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

Río Barbaña, afluente do río Miño en Ourense, día si e día tamén con vertidos de todo tipo, un exemplo dos moitos que pasan, hoxe,  cos nosos ríos en Galicia. Por certo na Fiscalía de Ourense non figuran datos das denuncias feitas por diversos colectivos...Vamos...como si non houbese problemas...

 

Desastres nos ríos galegos dende xuño de  2011:

Soio dende xuño do 2011,  e van xa máis de 30 casos

A contaminación nos nosos ríos é galopante nos últimos 20 anos, pero demencial neste ano 2011. Morren troitas a miles. Non se respeta nada. Eu penso que Medio Ambiente galego tirou a toalla dunha forma lamentable para os nosos ríos. Inda por riba non hai un can, e por suposto ganas de facer nada por un tema que da poucos votos. Priman as empresas hidroeléctricas e o tirar para adiante a calquer precio...

No que sigue tendes algunhas denuncias,  soio as que aparecen nos medios de comunicación, que son as que se denuncian, normalmente entre un 20 a un 30%, o resto non se denuncian ou pasan desapercibidas, xa que non se viron...

O listado está feito dende xuño de 2011 ata hoxe.

Neste listado podedes comprobar que son miles as troitas mortas nos ríos galegos no que vai dende xuño a hoxe, ou sexa catro meses...

1.- Troitas mortas no río Xubia.   

2.-Decenas de troitas mortas no río Donas  (01/06/2011). O río Donas é un afluente do Tambre.

3.- Vertidos no Limia, responsables da putrefación do encoro das Conchas. 01/06/2011

Sabedes que a putrefación afecta a fauna, normalmente morren envelenados ou por falta de ousixeno.

4.- Contaminado outra vez o río Barbaña en Ourense . (02/06/2011),

5.- Troitas e anguias mortas no río Sar e no Liñares (03/06/2011).

6.- Centos de troitas mortas nun río de Melide (03/06/2011),

7.- Troitas mortas no río Tambre (03/06/2011),

8.- Vertidos de augas residuais no río Avia 03/06/2011. Por certo hai outra denuncia de vertido o día 10/06/2011.

Despois do desastre dos amieiros era o que lle faltaba o río Avia.

 

 

9.- O encoro do Umia ten actualmente, xuño do 2011, un nivel altísimo de cianobacterias. Un peligro total para a auga que se bebe no Salnés.

Ollo que apareceron centos de troitas e peixes mortos neste encoro, sobre todo na cola...

 

10.-O río Deza, couto de pesca, o seu paso por Lalín, no Aguillón, contaminado por vertidos dunha quesería da zona, concretamente Lácteos Hoxe. Non é a primeira vez. Ver o artigo no Faro de Vigo do día 14/07/2011. A Sociedade de pesca de Silleda leva posto varias denuncias.

11.-O río Lonia, como todos estos anos, eutrofizado. Deste río e do seu encoro de Cachamuiña tomamos a auga en Ourense, ata que non se pode máis e pasamos a bombear do río Miño. A política seguida con este río e incrible, seica que este ano ata botaron troitas e todo no tramo alto, para poder pescar os amigos... Ver un link na Región do 19/07/2011.

12.- O río Viñao afluente do río Avia, en Irixo (Ourense), tódolos luns dende que se abriu a pesca no couto de Irixo, ben lodado. Ver as fotografías feitas, no río Viñao,  o 18/07/2011. As denuncias a Garda Civil nin caso. O Seprona fai algo?. A situación é impresentable.

Curioso caso deste río que xa está denunciado.

 

13.- O río Cabe, afluente do río Sil, defenestrado dende fai anos dende Monforte para abaixo, sufre unha vez máis unha mortandade de peixes e troitas esta semán de finais de xullo do 2011. Un desastre máis dos nosos ríos que pouco parece interesar as nosas autoridades.

Centos de peixes e troitas mortas. Un río máis...

 

14.- Río Miño, 31 de xullo do 2011, contaminado a altura de Velle, en Ourense. No lugar é onde se toma a auga para Ourense cidade no verán, por suposto a auga para beber... "Alerta no río Miño pola aparición dun vertido ocre en Oira" dice La Región en primeira páxina. Pero é un vertido máis que pasará a papelera e que non terá culpables. Dícese que a culpable é a Presa de Velle por botar fangos ó río?. 

As agresións os ríos non existen na Fiscalía de Ourense nos anos anteriores e neste 2011.

La Región retirou o acceso á noticia do domingo 31 de xullo e xa publicou ó día seguinte a  solución do caso por Fenosa, os donos do encoro de Velle, que lóxicamente fan o que lles da a gana. Ver este link ante a imposibilidade de ver o anterior.

Por suposto o titular é o que sigue, ante a imposibilidade de velo na Región digital...

 

 

15.- Río Limia, encoro das Conchas totalmente eutrofizado e cheo de microcistina en agosto de 2011 Causas: a porquería que chega da Limia dende fai anos. Todo o mundo se lava as mans dende a Xunta de Galicia ata a Confederación. A auga está envelenada pola microcistina. Dende logo a culpa está na deficiente depuración de toda a comarca da Limia.

Encoro das Conchas eutrofizado totalmente.

Ver tamén este link.

No mes de agosto, e debido as moitas presións,  a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pon a xente a traballar limpando as beiras...en fin lamentable. A panacea da limpeza, a Xunta e a Confederación deberan decirlle os de Caldas de Reis como se fai esto xa que alí cos cartos de tódolos galegas están a gastar centos de miles de euros e non chega a solución...

Na limpeza están a aparecer centos de peixes mortos, ver este  link da noticia no País (25/08/2011).

A xente está cansa de tanto engano e o final indígnase, como debe ser, o asunto remata na fiscalía de Ourense en setembro do 2011. Veremos que é o responsable, seguro que o home invisible...

 

16.- A xente comenza a indignarse, pero non se fai nada: ríos contaminados moitísimos, ríos fulminados por minicentrais tamén moitos, centrais hidroeléctricas un milleiro, especies invasoras que están a facer o seu agosto centos. En fín os ríos galegos vailles mal, moi mal. Esto é o que contan artigos como este da Voz de Galicia do día 22/08/2011.

 

17.- Máis de 800 troitas mortas no río Ulla en Monterroso. É o terceiro envelenamento en cinco anos. A Xunta coa súa Consellería de Medio Ambiente Desastre que xa estaba avisada de que esto pasa cada vez que hai unha tormenta, lávase as mans, dice que no hai cartos para separar as augas pluviais, que son as causantes do problema,  xa que se xuntan coas fecais e producen o desastre.

A Xunta tenlle sin coidado este problema, fai o xogo de "balones fuera", que o río Ulla en Monterroso sexa couto ou non, que haxa troitas ou morran todas. A verdade e que é un desastre como actuan cos ríos galegos, e o tema do Ulla é un máis entre moitos. Esto pasou o 22 de agosto do 2011 ver a reseña na Voz de Galicia.

Posteriormente fálase de 1.350 troitas mortas nun tramo de 1,5 kms. e xa se fala repoboar. Ademais pide o P.P. a Xunta esta repoboación...

 

Logo fala de recuperacións da Margaretífera o mexilón de río e do Auganeiro, en fin...

O que todos pensamos, primeiro sanear o río, que está feito un asco, e logo o mellor o auganeiro vai para arriba. O mexilón que lle asubien...co encoro de Portodemouros morreron todos; non poden cumplir o seu ciclo e tampouco vivir nesas augas...

 

18.- Coto do Frade, Grupo Ecoloxista do Ribeiro critica, un ano máis,  que a Xunta de Galicia entorpece o paso de especies migratorias o  non permitir supervisar os traballos de subida de anguías, "O anguieiro",  no encoro de Frieira no río Miño,  así como que non fai nada para que outras especies salven este encoro de algunha forma. Este tema é unha auténtica vergoña para o que escribe que estuvo varias veces nestes traballos e vín o gran traballo que se fixo dende fai tempo nesta recuperación. Hoxe a Xunta lávase as mans, unha vez máis,  e non permite ver que "non se fai nada no tema"; un caso máis de incompetencia que clama o ceo... Ver este link.

Coto do Frade sabe que a Xunta non fai nada para que a Anguía suba a desovar por riba de Frieira. Por suposto Fenosa Gas Natural  fai menos, e así nos luce o pelo en Galicia.

Sigo a decir que sinto vergoña...

  

19.- Outro desastre máis, esta vez no río Magdalena, afluente do Landro,  en Vilalba onde recolleron por riba de 200 troitas autóctonas de máis de medio kg. cada  unha. Por suposto si morreron estas grandes as pequenas seguiron o mismo camiño. Ver este link.

 

                  

Imaxen do río Magdalena en Vilalba, a esquerda,  e a dereita sacos de troitas mortas recollidas no seu canle.

No é a primeira este ano 2011, no río Magdalena.

 

Esto é unha auténtica desfeita. En Galicia según Ríos con vida, lévanse este ano descubertos máis de 4.000 puntos de vertidos tóxicos. A Xunta sigue sin enterarse unha vez máis e os concellos non fan nada en depuración. A este ritmo a mellora dos cauces fluviais preconizados por Europa, en Galicia, é un imposible. Seguirán mentindo e decindo os catro ventos que "os ríos nunca estuveron tan controlados", manifestacións do Conselleiro de Medio Ambiente Sr. Agustín Hernández, un caradura máis (este Sr. é o do informe do encoro do Umia que estaba copiado dun de Andalucia, da Presa de San Lucas, e non cambiaron nin de nome...había ata gallipatos no canle do Umia...)

 

20.- Troitas mortas no río Azúmara, afluente do río Miño. Ver este link. Castro de Rei 13/07/2011.

     

As fotografía son do río Barbeira onde morreron moitas náis de 1000 troitas. Fotografías sacadas deste blog.

 

21.- Máis de 1000 troitas mortas nos ríos Barbeira e Maroñas afluentes do Xallas. 18/08/2011. Ver este link da noticia.

O final foron miles de troitas mortas, un desastre ecolóxico destes dous ríos afluentes do Xallas.

 

22.- Centos de troitas mortas no río Anllóns en Laracha, na zona do Formigueiro. De momento 23/07/2011 inda non se sabe o porque. Ver este link.

Fotografía de Xesús Ponte. Río Mera 30/08/2011, totalmente contaminado, por certo esos árbores cortados habería que investigar, parece incrible...

 

 

 

23.- Río Mera afluente do río Miño en Lugo presenta o aspecto que se ve na fotografía de enriba; 30 de agosto de 2011. Un auténtico desastre. O parecer trátase dunha alga a Azolla filiculoides  .O peor é que a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil pasa de todo, dice que hai que esperar que non afecta a fauna, cando todos sabemos que si afecta, que hai que tratar este desastre e máis cousas. A verdade que esta xente xa fai tempo que fai o ridículo a conta da Natureza Galega.

Ver este link explicativo da noticia, onde biólogos, que son os que saben,  contradicen o que afirma a Confederación hidrográfica, a que lle pagamos todos por cuidar os nosos ríos.

Estamos indignaos moitos galegos coa Xunta que non fai nada e coa Confederación Hidrográfica que soio pon parches e que non se entera. Véxase As Conchas e outros casos. Lembro inda non fai tanto falando en Ourense do río Barbaña e decindo que tanto se limpiou que chegará a ter salmónidos, que no salmones. A frase exacta foi "No se si llegará a haber ciprínidos, pero sin duda los salmónidos, que no salmones, dado que estos necesitan una escala, volveran a poblar esas aguas". Esto foi no 2000...para chorar...O río Barbaña hoxe inda vai contaminado...

Ata eu mismo, sin ser un especialista, sei que a Azolla é un peligro nos ríos, ver si non a ficha que lle teño na miña páxina web sobre os ríos galegos.

 

 

 

 

24.- O río Támega en Verín de cor bermella na zona que se chama O bosque do Placer. Este río é unha auténtica desfeita e fai anos que está defenestrado. A noticia é da Región de Ourense do día 31-agosto-2011. Unha máis na provincia. Seica o culpable é o matadeiro pero nin se sabe nin se sabrá... A reseña na prensa está posta abaixo.

 

25.- O río Carrás é un afluente do río Arenteiro o que fai máis de 30 anos que chegan as augas fecais de todo tipo, sobre todo do pobo de Penedo. Hoxe en setembro do 2011 os veciños non entenden como se pode facer unha depuradora do Carballiño que teóricamente limparía as augas de este río, e inda sigue a merda no río Carrás, cando eles foron os que denunciaron e loitaron no seu día e obligaron a facer coa súa loita a facer a depuradora.

A Xunta actual, bota a culpa o goberno anterior, e este o anterior e o final a nosa natureza cada día peor. De impresentables para riba...O río Carrás e o Arenteiro fai anos que cheira mal e xa vai sendo hora de arranxar estos ríos. Os incompetentes e culpables todos sabemos que son...

De vez en cando as troitas aparte de aguas fecais reciben outros velenos e aparecen troitas mortas. Unha auténtica mágoa. Ver este link. A Región 01/09/2011.

 

 

26.- Máis troitas mortas en Villalba, seica choveu moito e rebosou a depuradora e veña a morrer as poucas troitas que quedaban. Ver a noticia na Voz de Galicia do día 02/09/2011.

O río é o Magdalena no que morreron centos de troitas fai pouco, pois ben agora son sobre 50 ou 60 as que apareceron mortas.

 

 

27.- A plataforma de Ourense "Ríos limpos" ven de presentar unha denuncia a Confederación Hidrográfica polo cheiro e a contaminación do regato Grañal que dende Esgos pasa polo Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) e desemboca no río Loña, que precisamente é o que da a auga a Ourense cando non seca. Que este río está contaminado polos vertidos, dunha depuradora que deixa moito que desexar, é un tema de fai máis de dez anos. É unha auténtica vergoña. O cheiro a beira do río e augas abaixo do vertido da depuradora é insoportable.

Ver a denuncia no Faro de Vigo do día  9 de setembro de 2011.

 

28.- O encoro de Cachamuiña, no Pereiro  en Ourense,  eutrofizado 17/09/2011.  Este encoro é  precisamente o que da a auga a cidade de Ourense no inverno. Esta no río Loña. Xa leva anos así ó que pasa é  que sempre se decía que era natural, que a eutrofización era cousa da natureza, como a vida misma...agora non se pode mentir de aquel xeito...Agora sabemos que a microcystina é veleno puro e duro para as persoas e pàra a fauna.

 

A fotografía é de  Santi M. Amil e nela vese a porcallada que empeza a contaminar todo o encoro de Cachamuíña. Río Loña, afluente do Miño en Ourense cidade. De este encoro bebemos os ourensáns en inverno...

 

Está eutrofizado pola merda (augas fecais, deterxentes, puríns...) que lle chega de tódolos lugares do contorno, un auténtico desastre, incluído o río Grañal, que é un afluente do Loña, ver o punto anterior.

A eutrofización dase lóxicamente por varios factores: en primeiro lugar a pouca ou  nula depuración, logo os puríns e finalmente polas altas temperaturas e a pouca auga que levan estos ríos, de onde todo o mundo colle auga para regar. Non hai máis intoxicacións de casualidade ou porque non se relacionan as cousas...

A Confederación hidrográfica, o comisario de augas do organismo da conca, e os rexidores da zona (San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar) falan agora, despois de vinte anos de que hai que concienciar a xente na limpeza dos ríos, de que hai que facer depuradoras e sanear os ríos; por ter seica non teñen nin ordenanzas para multar os contaminadores ou impedir que sigan a desfacer os ríos. Realmente é para chorar no ano 2011. Claro que non hai un duro, esos duros empleáronse noutras cousas, que dan máis votos,  e piden axuda.

O anterior é unha forma de ver o saneamento dos ríos que é totalmente xeral. Realmente non se pode ser optimista...eu estou asustado de tanta incompetencia...

Última hora do río Loña: contaminado cunha mancha blanca e espuma o 27/09/2011

 

29.- Esta vez a contaminación é no río Avia. Seica vai de cor marrón debido a estos tempos da vendima. Ver La Región do día 21/09/2011. Un máis dos que se ven e denuncian, cantos ríos da provincia neste intre lles está a pasar o mismo que o río Avia?. Non temos conciencia de "perservar a nosa natureza e pensamos que os ríos son cañerías o noso uso..."

Así vai o Avia. Fotografía de Xesús Fariñas.

Fai uns días había unha mancha blanca no río Avia que tamén alertou os veciños.

O río Avia non gaña para disgustos...

O día 07/10/2011 denuncia Coto do Frade, a Asociación ecoloxista do Ribeiro, un novo vertido, esta vez de grasa, no río Avia.

O dito do río Avia...

 

 

30.- Outra vez o encoro de Baxe en Caldas de Reis, río Umia,  eutrofizado e con graves problemas de microcistina, que afecta a auga que se bebe en Caldas de Reis (10.500 veciños beben desta auga). Según Adega o tema é moi grave, por eso denuncia o caso, ver este link de 01/10/2011. Según Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente, de momento están tranquilos...Ver a noticia na Voz de Galicia.

 

Así está o encoro de Caldas en outubro do 2011. Outra vez con problemas graves para o Salnés.

Este encoro soio sirve para producir electricidade para empresa Cortizo Hidroeléctricas e maís lle valera a Xunta deixar correr a súa auga que é un auténtico veleno. Foto de Ramón Leiro.

A miña opinión, sobre este gravísimo tema,  está escrita neste link, que firmo dende anos,  antes de rematar esta  aberración que se chama "Encoro de Caldas" que non é máis que un encoro para producir electricidade, rodeado de que iba resolver o problema? da auga no Salnés, problema que non existía.. Dende o 2005 os problemas que está dando este encoro son incribles. O encoro foi declarado ilegal no seu día, e si non se tirou foi porque o mal xa estaba feito e detrás había xente moi poderosa dando para adiante... Para mín foi unha auténtica falcatruada a súa construción, en contra de tódolos informes científicos que se presentaron en contra. e por suposto do gran movemento que houbo na súa contra.

A única solución a desfeita que está a facer o encoro de Caldas, no río Umia, é deixar que corra a auga...

Da fauna deste encoro é mellor non falar. O río Umia é un dos ríos máis contaminados da Comunidade Galega.

A Xunta ten pensado invertir 700.000 € para solucionar? o problema. Outro pau de cego, xa que non ten ningunha solución, e ademais a conta de todos nos...

Unha vergoña...

Neste link tendes máis cousas. Voz de Galicia 04/10/2011

Ver tamén este video do desastre.

 

 

31.-Un novo vertido no río Sar deixa un regueiro de troitas e escalos mortos o seu paso por Padrón. A espuma branca era visible no río e pescadores de Brións instan a tomar medidas ante a desfeita. Ver este link na prensa 07/10/2011.

A xente está moi indignada, mentras Medio Ambiente dice que son consecuencias da mala depuración en Santiago, concretamente a depuradora de Silvouta os pescadores saben que o Sar é últimamente un desastre auténtico é hai moitos puntos onde se contamina. Realmente a espuma vese cada día.

Un desastre.

A espuma era totalmente visible. Os pescadores da zona están moi indignaos...

 

¿Non é para indignarse xa?

 

Seica son empresas do Parque Tecnolóxico de Ourense as responsables destas desfeitas do río Barbaña, pero de momento ninguén é culpable. Fotografía de Miguel Angel.

 

32.-Un novo vertido no río Barbaña o sábado 15/10/2011 deixa un regueiro de espuma blanca no canle deste río.

A confederación anuncia outra investigación, inda que as anteriores non serviran para nada. Este río está morto...

¿Non é para indignarse xa?

 

O río Arnoia en Baños de Molgas o día 14 de outubro de 2011.

 

33.-Ata o río Arnoia se tingue de verde por contaminación, agora en Baños de Molgas e Allariz o14/1072011 a verdade que eu vira esto en encoros, pero en ríos onde se supón que corre a auga como Arnoia me colle de sorpresa.

Soia hai unha explicación que é a real, os ríos apenas levan auga este ano e a contaminación é galopante.

Según as autoridades non hai problema, a auga sigue sendo potable.

Coas chuvias desaparecerá todo...

Que llo pregunten en Caldas de Reis.

O río Arnoia en Allariz. 14/10/2011

¿Non é para indignarse xa?

 

 

Arde Galicia e arde Ourense a día 18 de outubro de 2011. As cousas non se poden facer peor e con tan poucas precaucións...

34.-Arde Galicia. Arde Ourense. Máis de 29.600 Ha. levan ardido este verán. Máis que o doble do ano pasado.  Ourense queda queimado nada menos que na Serra do Candán, na  Pena Veidosa, no macizo central,  no Canón do Sil, na Serra  de Lastra, na Pena Trevinca,  na Pena Maseira,  no Invernadoiro e no Xurés. Un desastre auténtico para esta provincia.

Por un lado estase a queimar Galicia, a min paréceme que esto é unha desfeita e un descontrol incrible e por outro non quero nin pensar nas primeiras choivas o que vai pasar con aquelles regatos e ríos que apañen as primeiras cinzas.

Fotografía da Nasa onde se ven os incendios na provincia de Ourense. Un desastre dunha xestión nefasta. 18/10/2011. Este ano non houbo prevención de ningún tipo, suprimiuse brigadistas que facían estas labores. Por contra nun alarde de irresponsabilidade por parte da Xunta pechouse a campaña en plena sequía e en plena canícula.

Esta imaxen e este título lembrame o "dos hilillos del Prestige". Dase a curiosidade que eu anduven o día 18 de outubro por estas paraxes acompañados de dous amigos. O que vimos non foron fumes, foron auténticos incendios que queimaban toda a zona entre a Teixeira e Valilongo (Celeiros, Pedrafita, Alende, Sistín...) . Había lumes tamén en Manzaneda, Chandrexa, Maceda e máis sitios...

Unha desfeita auténtica.

Pero observei que non había medios técnicos ningún, os incendios estaban deixados da man de Deus. O brigadista da fotografía realmente non sei de onde o sacaron, e mais,  dudo que sea brigadista...

So vimos un camión cisterna a altura de Valilongo e para eso sin actuar.

Dende esta páxina quero denunciar,  o igual que pasa cos ríos,  a actuación da Xunta de Galicia neste "deixar morrer a nosa natureza", xa sei que non hai un can (  soio para soldos de un centos de directores xeral e outros, nunca vin tantos),  sei que non o fan a propósito, salvo casos claros nos que se lle ve o plumeiro como "o encoro de Caldas, onde defenden os amigos...",  pero o deixar facer, por falta de medios,  cando se destroza a nosa natureza,  tamén é delito... Polo menos para mín...

Tamén a algúns medios de comunicación,  que non me cabe a menor dúbida,  están o servicio do que están e informan o que lle mandan...

 Realmente damos pena...

Este é o resumen ata hoxe 23 de outubro de 2011:

Neste artigo "Ourense: estado de sitio" tendes un parte de guerra destos días de queima na nosa provincia. O parte de guerra está escrito por Xosé Benito Reza. As consecuencias destos incendios son unha auténtica traxedia para Ourense e para Galicia.

¿Non é para indignarse xa?

Eu estou super-cabreado.

34.-Xa chegaron as choivas, xa actuo a C.H.O.I.V.A. como dice Carrabouxo, actuou o  Centro hidraulico operativo para incendios voraces e arrasadores. Agora tócalle como sempre os ríos que reciben a cinza e que os volven negros. En pequenos regatos esto é mortal de necesidade, a mortadade de peixes é moi elevada. Pero é un mal menor despois da desfeita 29.632 Ha. ou "campos de fútbol" que arderon en Galicia este verán.

Tal como se queimou tamén se están a ver afectados os ríos grandes.

 

Efectivamente chegaron as choivas e con elas os desastres os ríos pequenos e grandes. Ver o video que é para chorar. Falan do río Támega en Verín pero o mismo lles está a pasar o Arnoia, o Limia, O Mao, etc. Estaba visto...

¿Non é para indignarse xa?

Eu estou super-cabreado.

----------------------------------------------------------------------------

Unha auténtica vergoña o que está a pasar cós nosos ríos e a nosa natureza.

¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

------------------------------------------------------------

Non é romanticismo trasnoitado pretender que convivamos en harmonía coa nosa Terra. Quen non respeta Galicia non debería vivir nela."

María Xosé Pampín Quintana. ( Arquitecta).

------------------------------------------------------------

                                

 

Realmente podemos facer algo polos nosos ríos?.

 

Según Fernando Cobo si que se poden e deben facer cousas que axuden a ter mellores ríos en Galicia.

Fernando Cobo é entre outras cousas un especialista no tema dos ríos. Profesor titular do Departamento de Bioloxía animal  da Universidade de Santiago e actualmente dirixe a Estación de Hidrobioloxía  de dita Universidade, no encoro de Con en Vilagarcía .

Por si fora pouco é pescador de troitas e autor de moitos libros sobre os nosos ríos

De Fernando Cobo é esta frase que para mín é a clave: Soio se actúa se ocurre algo,  cando realmente debera facerse antes".

Fernando Cobo é optimista  e cree que inda podemos concienciarnos e cambiar as cousas...

Ver esta entrevista do 22/08/2011

Según Secundino Lorenzo, autor da web:

Persoalmente penso que non están os tempos para facer moito polos nosos ríos, levamos máis de vinte anos en Galicia que os nosos gobernos miran para outro lado.

Hai problemas de educación da población galega, dende a base. No se respeta a natureza. Todo se tira, todo se emporcalla, non hai máis que ir a calquera festa campestre e ver como queda todo...

Hai problemas cos políticos que a maioría soio mira o seu bolsillos. Aparte non están preparados no tema de medio ambiente, pensan que sí,  e todo lles vale...

Hai problemas económicos serios, moi serios. Non hai un can. As depuradoras e o limpar os ríos  non da votos neste pais e si inda por riba non hai un can, os resultados que podemos esperar son ben poucos...

Non son moi optimista.

Pero seguirei denunciando todo o malo que lles pase os ríos galegos.

Doulle as gracias a Fernando Cobo,  e a outros moitos como el,  pola súa loita. Son pesimista,  pero estou con eles...

-------------------------------------------------------------------------

Hai xente que está a facer moitas cousas polos ríos de Galicia, por exemplo Adega, que o día dous de outubro comenzou a súa IV Limpeza simultanea de ríos en Galicia. Unha forma  de loitar polos nosos ríos que aplaudo dende esta páxina web.

O que non estou de acordo é que a Xunta se ampare soio na súa actuación e na de outros grupos amantes dos ríos,  para decir que os ríos nunca estuveron mellor, que se están analizando os problemas e un longo etc...

¿Onde están archivados os estudios feitos fai tres ou catro anos de tódolos ríos galegos?. Onde morreron esos expedientes?.

¿por qué agora se volve a empezar?

Neste link tes información do programa "móllate".

--------------------------------------------------------------------------------

 

  Salír a Ourense natural. 

   Saír a Ourense natural.    

   Saír a  desfeitas ríos 2012.