"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."
Joaquín Araujo

Río Barbaña, afluente do río Miño en Ourense, día si e día tamén con vertidos de todo tipo, un exemplo dos moitos que pasan, hoxe, cos nosos ríos en Galicia. Por certo na Fiscalía de Ourense non figuran datos das denuncias feitas por diversos colectivos...Vamos...como si non houbese problemas...
¿Non é para indignarse xa?
Actualizado ata o 02 de febreiro de 2012


Río Miño, 30 de xullo do 2011, contaminado a altura de Velle. Neste lugar da fotografía de Miguel Angel é onde se toma a auga para Ourense cidade no verán. "Alerta no Miño pola aparición dun vertido ocre en Oira" dice La Región en primeira páxina. Pero é un vertido máis que pasará a papelera e que non terá culpables.
¿Non é para indignarse xa?
Fai tempo, dende 1997, que esta páxina web ven loitando por uns ríos limpos e con vida en Galicia, e en particular en Ourense. Con poucos resultados positivos dende logo...Os rios en Galicia nacen limpos pero a maioría morren porcallentos...
Por aqueles tempos levábamos varios anos que os ríos galegos soio lles servían a Xunta de Galicia para facer minicentrais, e cobrar as licencias de pesca e pouco máis. A xestión dos ríos foi moi pouca dende 1990 ata o 2005, pero polo menos nos ríos víanse gardarrios e os coutos un pouco cuidados, agora nin eso. Traballouse no tema do salmón, pensó que cuns resultados positivos e que se están a ver hoxe, e pouco máis. Polos tramos libres nunca se mirou.
Minicentral na parte baixa do río Arnoia; unha máis... Estas presas, que para un río pequeno son grandes presas, traen, a maior parte das veces, a ruína do río en moitos kms. Nos anos noventa e parte do dous mil foron unha auténtica pesadilla nos nosos ríos.
Seica volven as minicentrais en xullo do 2011. 26 serán as construidas. Eu xa sabía que non pararían, moito falar, que non se farán 71 previstas por Fraga, pero si farán estas. A política cos ríos galegos é nefasta...
No 2005 co bipartito e con José Benito Reza como director Xeral, que aparte de ser un especialista en temas de Medio Ambente entendía de ríos, comenzouse a facer cousas polos ríos, polo menos poñelos en valor e analizar o seu estado, río a río en toda Galicia. Non se fixeron minicentrais, paráronse as que estaban previstas, trinta e tantas, e falouse de depurar os vertidos en moitos lugares. Algunhas depuradoras púxeronse a traballar. Pouco máis, non deu tempo para moito.
No 2009 volvemos as andadas no tema dos ríos, os ríos e a auga non son cuestións básicas e prioritarias, e tiramos para adiante sin grandes inversións e sin políticas previamente definidas e estudiadas. Como decía fai anos un mandamais, dentro de medio ambiente, "deixar facer e deixar protestar que xa pararán..." .
![]()
![]()
Os vertidos tóxicos matan vida fluvial todos os días en Galicia (Xallas, Sar, Tambre, Ullaetc.). Os primeiros días de xuño do 2011 están sendo mortais para moitos ríos.
O resultado dende o meu punto de vista é moi deficiente.
Fálase dende a Xunta dun 30% de ríos contaminados ou en mal estado, número que se queda moi corto.
Póñense como exemplo de mal estado, o río Anllóns, Ulla, Umia, Sar, Lagares, Louro, Eume, Mero, Xubia, Tambre e Lérez, como ríos importantes. Por suposto faltan moitísimos que non resisten ningunha proba, en Ourense uns cantos entre eles o río Miño a partires de Ourense (cos seus afluentes contaminados Barbaña e Lonia e con toda a porquería de Ourense cidade, estamos sin depuradora eficiente dende sempre, e as turbinas de Velle a soltar aceite e máis...), o Limia, o Támega, partes do Arenteiro, e un longo etc. Soio se salva a parte alta do Arnoia e o Xares e regatos de montaña. En Lugo outros ríos en mal estado, e poucos se salvan. Na Coruña e Pontevedra: hai ríos tocados de morte como o Lagares, Mero, Sar, Umia, e outros moitos.
O final deste traballo, concretamente na nota 2: desastres nos ríos galegos tendes máis de 30 exemplos de desastres producidos este ano 2011, e o que vai do 2012, nos ríos de Galicia con miles de troitas e peixes mortos, e suma e sigue, por suposto documentados, non vaia ser, como sempre, que esta xente que hoxe nos goberna e que dice que xestiona o Medio Ambiente Galego, diga que "nunca os ríos estuveron mellor", frase que repiten cada dous por tres...¡Hai que ter cara!.
Encoro do río Umia, en Caldas de Reis, unha aberración neste río que agora produce estos resultados, sobre todo no verán...A microcistina afectou o río Umia dende o encoro de Caldas ata a desembocadura do río. Seica que en xuño do 2011 volve estar eutrofizado. Certo. Volve a estar moi mal o encoro de Baxe ou encoro do Umia. En setembro ten uns niveis altísimos de microcistina, e seguirá...
¿Non é para indignarse xa?
Descoñezo o dato e dende logo non me atrevo a dar cifras, pero coñezo muy poucos ríos que estén en boas condicións, pouquísimos... Incluso algúns ríos sonados, con coutos que fai uns anos eran dos mellores de España en canto a troita, e hoxe están nunhas condicións deporables: por vertidos, por puríns, por meter especies como o piscardo que non son do río e por un longo etc. Unha mágoa.
Os coutos están mal, mírase pouco por eles, este ano levo pescado uns cantos ríos de Galicia, todos moi importantes, e en ningún momento me pediron a licencia; que pasa, que non se vixían os ríos? . Pois si non vixían os coutos, que pasará cos tramos libres?...
A última, pescando no río Xares, esta misma semán na que escribo 27/05/2011, atopo moi pouco cuidado o río, presas caídas e non reparadas, o río descuidado, e cables de electricidade no couto (pesca furtiva en pleno couto de pesca); por certo un dos poucos ríos de Ourense en bon estado...
A verdade, que esto baixa a moral a calquera... como para indignarse xa.
Repito non miramos polos nosos ríos. O colectivo de pescadores galegos, máis de 80.000 , nunca nos pusemos de acordo en nada, o que máis e o que menos sempre mirando o seu río e pasando ou poco máis de todo o demais. E así nos luce o pelo...
Hoxe os ríos non están nas mans da Xunta de Galicia, están noutras mans; moitas veces teño pensado que están nas mans das hidroeléctricas, que fan o que queren e o que lles da a gana cós ríos.
![]()
Río Sil seco non fai moito. 2010. ¡Fan o que queren e máis!. Aparte, para realizar obras, baleiraron o encoro coa conseguinte producción de lodos dende San Estebo de Ribas do Sil ata ben pasado Ourense. o río Miño apareceu marrón durante moitos días. Unha desfeita.
Responsable desta desfeita: Iberdrola (a gran conservadora do Medio Ambiente, xunto a Fenosa según os anuncios...), a Xunta de Galicia que permite esto e moito máis (o conselleiro do P.P. Sr. Hernández é capaz desto e de moito máis) e a Confederación Hidrográfica do Miño- Sil que debe ser empleada das eléctricas Iberdrola e Fenosa.
Onde hai río Sil, a esquerda da fotografía, deixa de ser río Sil, a dereita, e a Xunta do Sr. Hernández caladiña e a Confederación hidrográfica máis calada todavía, unha auténtica vergoña que pasou no 2010 e seguirá a pasar cos grandes proxectos que teñen para ampliar a produción.
![]()
Onde hai río Sil, a esquerda, deixa de ser río Sil, a dereita, e a Xunta do Sr. Hernández caladiña e a Confederación hidrográfica máis calada todavía, unha auténtica vergoña que pasou no 2010 e seguirá a pasar cos grandes proxectos que teñen para ampliar a produción.
Ollo que estas fotografías non son unha montaxe do fotosoft, son reais...
¿Non é para indignarse xa?
Da desfeita saen sin ningún reproche, son os amos, ver o País do día 31/07/2011, inda é máis, saen reforzados xa que dicen "o mal xa está feito e vamos a reparalo, a deixar mellor as cousas", hai que ter cara. Esta xente ten embalsamados o río Sil e o río Miño dos mellores de Europa en tempos...
O único positivo: que teran que deixar un caudal mínimo como é o 10% do medio anual. Menos mal, xa que no encoro de Belesar, no río Miño, fai cuarenta anos que o teñen seco, por baixo da presa, en máis dun km.
A última é a construcción dunha minicentral no canón do Sil, o chamado proxecto Santa Cristina, que deixara a Ribeira Sacra moi afectada en varios anos. Un proxecto que non ten pes nin cabeza, xa que aparte do impacto ambiental, que non será pouco, falan de oito anos na construción co conseguinte desastre nestes anos nas estradas da zona entre outras...; o proxecto é totalmente irracional gastarán máis enerxía subindo a auga a unha especie de lagoa que turbinando despois. Claro que pola noite cando suban a auga aproveitaran o coste baixo, electricidad de noite ou valle que está subvencionada, e logo polo día turbinan e producen electricidade de día que é máis cara. Incrible.
![]()
A esquerda o primeiro proxecto e a dereita o segundo, máis lonxe e así saen da zona protexida. De tódolos xeitos as obras terán un impacto moi grande nunha zona vital para o turismo tanto para Lugo como para Ourense. Trátase da Ribeira Sacra e dos canóns do Sil nada menos. De tódolos xeitos Iberdrola fará o que queira, entre ela e Fenosa Gas Natural son as donas dos ríos galegos.
No seu día, polo 2007 este proxecto tuvo en contra a Consellería de Medio Ambiente de Galicia que informou dun gran impacto do proxecto e dunha aberración dende o punto de vista galego. Pero hoxe os tempos son outros...
Para profundizar un pouco ver este link da Voz de Galicia do día 18/08/2011 de onde están sacadas as fotografías.
Tamén ver este artigo que non ten desperdicio. En vez de Ribeira Sacra podemos ter en Galicia unha auténtica Storm King Mountain , lea o artigo e verá que non andamos moi lonxe. Claro que eso foi en EEUU fai 50 anos, as Storm Kink Mountain serían hoxe. Hai xente que camiña cara atrás...
Fotografía do baleirado do encoro de San Esteban, na Cubela onde o río quedou como fai cen anos. O baleirado, pouco estudiado, repito fan o que lles da a gana xa que son os amos, xenerou uns lodos que foron parar o río Sil, dende San Esteban e logo o río Miño.
O Encoro de Belesar de Fenosa leva anos incumplindo as leis xa que non deixa ata agora, ano 2011, o caudal ecolóxico. Esta xente fai o que quere en Galicia. De Fenosa é o río Miño. É unha vergonza decilo pero é así...Agora parece que van ampliar, seguirá facendo o que lle da a gana...(Fotografía de Nacho Gómez)
Agradecer accións como as de Proxectos ríos que publican tódolos anos o seu informe, e sinceramente é o único que se fai polos nosos ríos, que está moi ben; fan unha labor moi grande de concienciación e de descubrimento das deficiencias existentes nos ríos, que vai a máis cada ano, pero que, a todas luces non é suficiente, por suposto si necesaria; a Xunta de Galicia debera ter un equipo especializado e dedicado os ríos galegos en labores de catalogación de problemas, limpezas totales de cauces dos ríos, instalación de depuradoras en núcleos de población importantes, eliminación de desagúes, estudio exhaustivo da fauna, recuperación, vixianza, e un sinfín de cousas das que nada se está a facer...
Non fai moito, en agosto do 2008 traía esta nota a Voz de Galicia, daquela seica había 25 técnicos da Consellería traballando na Inspeción e identificación de focos de contaminación. Onde está esa xente actualmente?
Dice Fernando Cobo nun dos seus traballos referentes o estudio dun río en Noia, extensible a centos de ríos en toda Galicia:
"...debemos recordar que todos los Programas de acción de la Comunidad Europea en materia de medio ambiente prevén el establecimiento de objetivos de calidad que fijan las distintas exigencias que debe satisfacer un medio y especialmente, la definición de los parámetros válidos para el agua, incluyendo las aguas continentales aptas para la vida de los salmónidos. Dado que estas exigencias no se cumplen en el caso del tramo estudiado, cabe demandar aquí el cumplimiento del mandato comunitario de que “los Estados miembros establecerán programas con el fin de reducir la contaminación y de asegurar que las aguas declaradas como “salmonícolas” se ajusten a los valores fijados” y por tanto, se hace indispensable que esta situación de alteración medioambiental cambie, antes de abordar el estudio de gestión de la pesca propiamente dicho..."
Realmente cumplimos o mandato comunitario e as nosas augas axústase os parámetros fixados?
Penso que non...
Ver o informe de Proxecto-ríos do ano 2010. Pulsar este link para ver o pdf.
Algúns datos deste informe, falando de algúns ríos, máis de cincuenta da nosa comunidade, son para indignarse xa; vexamos algúns exemplos:
Sigue o Informe 2010:
Resulta increible que recollan, en pleno século XXI, 3.889 kg de liso en 13 ríos galegos, todos importantes.
O estudio valora a calidade dos ríos que visitan en base a tres parámetros: a calidade hidromorfolóxica (calidade do habitat, estudio da calidade do bosque de ribeira, e alteracións; cheiro da auga, refugallos, etc.) , a calidade fisico-quimica da auga ( temperatura da auga (13,5 Cº de media) , PH (7 normal.), nitratos, ousixeno disolto (normal 8 mg/l) ) e a calidade biolóxica (onde se miran os invertebrados existentes no río, hai todo un protocolo para elo, que van supoñer uns datos básicos para saber a calidade dun río).
Chama a atención a cantidade de plásticos e refugallos atopados nos ríos un 52% e un 20%. Entre os refugallos: electrodomesticos, etc. Incrible.
En canto a calidade fisico-química da auga: hai ríos onde a temperatura é superior o normal, os PH son extremadamente ácidos e o ousixeno moi inferior a media e polo tanto non poden vivir entre outros os salmónidos.
No informe dan de pouca calidade ríos como o Limia e o Sar en moitos tramos e outros moi mal como o Lagares. Pero no son os únicos.
As conclusións, en resumen, son as seguintes:
A mostra non foi moi grande: Rías Baixas (10ríos analizados en primavera e 15 ríos en outono); Miño-Sil ( 10 en primavera, 8 en outono), Arco-Artabro e Fisterra( 3 en primavera, 6 en outono); Limia-Douro (primavera 1 , outono 3 ) e Cantábrico (1 en primavera, 2 en outono)
Total ríos analizados en primavera: 25; analizados en Outono: 34. Esta foi a mostra.
No resumen afirman.
En canto a calidade hidromorfolóxica: tendencia a degradación con tendencias de calidade moderada do 48% en outono e do 33% en primavera. Unha porcentaxe dun 10% de calidade deficiente. En canto os bosques de Ribeira unha degración dun 49,2% que é moitísimo. Ben conservadas un 43,5%. Os plásticos son o cabalo de batalla. os impactos peores as presas, represas e canalizacións.
En canto a calidade fisico-química: as temperaturas oscilaron entre 12 e 16ª pero derón moita temperatura ríos como o Lagares. E 9º o río da Veiga. En canto o PH o rango foi entre 6 a 8 e derón malos datos o Belelle e o Lérez por debaixo de 4. Ou sexa augas ácidas. En canto os nitratos os datos foron entre 0 a 5 mg/l, inda que houbo ríos como o Osmo e o Belelle que deron datos moi altos. En canto o ousixeno o normal é 8 ml/l, pero deu moi mal ríos como Limia, Mero, Negro (Muxía) Rois e Lagares
En canto a parámetros biolóxicos: parece que un 52% estaban en bo estado de saúde e só un 8% en estado deficiente.
No ranking os peores ríos dos analizados foron o Sar en primavera o Lagares, Mero e Limia en outono. Con saúde moderada en primavera: Lagares, Tea, Soo, e Xunco e en outono: Saña, Lonia, Deique, Baa e Mero.
Decir que tamén fixeron estudios das especies invasoras nos nosos ríos.
Ata aquí o informe.
Por suposto a miña enhoraboa o equipo completo; a Adega, a todos os voluntarios, etc. que realizan ano tras ano este informe e cada vez con máis datos científicos e de máis calidade. O ano pasado tuveron 50.000 € de axuda; este ano inician outro ano de limpeza e desconezo canto reciben da Xunta.
Por certo Adega, un ano máis, pon en marcha o proxecto, xa vai polo IV, "Móllate polos ríos", IV proxecto de limpeza simultanea de ríos". Comenza xustamente o dous de outubro. Ver esta páxina do proxecto.
Sacaron dos ríos de todo, ata un triciclo. Gai xente que non merece vivir en Galicia.
Ver este resumo do 02/1072011.
Estos seica son os datos da limpeza, decir que como galego sinto vergoña.
Concello
Grupo
Nº voluntarias/os
Kg retirados
Río
A Estrada
Asoc. A Xesteira
Asoc. pola Defensa do Val do Liñares
Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre
Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)
6
70
Ulla
7
200
Liñares
8
200
Regato do Merla
A Merca
Asoc. Xuvenil Xoldreira
12
110
Arnoia
Arbo
Concello de Arbo
9
75
Cea
Arteixo
ADEGA Coruña
12
200
Bolaños
Arzúa
ADEGA Alto Ulla
Concello de Arzúa
Asoc. de pescadores amigos do Iso
13
300
Iso
Caldas de Reis
Asoc. Cultural Xesús González Aboi
15
200
Bermaña
Cambre
Oficina de voluntariado do concello de Cambre
Farán a limpeza o domingo día 9
Carnota
ADEGA Costa da Morte
5
50
Vadebois
Compostela
ADEGA Compostela
32
500
Sarela
Cospeito
Asoc. Revolta Natural
4
80
Tamoga
Cuntis
Asoc. Cultural “O Fervedoiro”
17
400
Gallo
Fene
AETNA
14
300
Codavo
19
300
Vaa
Forcarei
Asoc. Mozos de Forcarei
C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras
A Hortiña da Ponte
Asoc. Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”
6
50
Lérez
Lalín
Concello de Lalín
10
20
Asneiro
Lugo
ADEGA Lugo
15
1200
Rato
Mañón
Asoc. Cultural Barqueirock
Pendiente confirmar datos
Meira
GEM (Grupo Ecoloxista de Meira)
Pendiente confirmar datos
Melide
Asoc. De Pescadores do Río Furelos
5
100
Regato de Vilabor
Moraña
Asoc. Cultural "O Arrieiro"
7
80
Regueiro das Pontellas
Muxía
Concello de Muxía
2
40
Negro
Neda
Asoc. Social Néboa
Farán a limpeza o domingo día 9
Nigrán
APERTA
2
150
Muiños
Ordes
ADEGA - Ordes
7
250
Cabrón
Ponteareas
Plataforma pola defensa do Tea
19
600
Tea
Ourense
Asoc. de Veciños San Breixo de Seixalbo
ADEGA – Ourense
20
200
Barbaña
Pontecesures
Concello Pontecesures
Farán a limpeza o domingo día 9
Pontevedra
Vaipolorío
Fundación Juan XII
ADEGA-Pontevedra
21
300
Gafos
Redondela
Concello de Redondela
16
350
Alvedosa
Ribadumia
Colectivo Ecoloxista do Salnés
21
1000
Umia
Salceda de Caselas
Asoc. Trezecatorze
14
80
Caselas
San Sadurniño
Concello San Sadurniño
23
500
Río Grande de Xuria
Trives
AMPA O recreo
29
300
Cabala
Valga
Concello Valga
11
500
Valga
Vigo
ADEGA Vigo
15
300
Lagares
Total limpeza en 27 ríos, casi unha tonelada de "merda". Día 02/10/2011
Realmente, xa o dixen, xinto vergoña...
¿Non é para indignarse xa?
-----------------------------------------------------------------------------------
Os ríos están mal
Algúns problemas deste ano 2011 e o ano 2010 nos ríos de Galicia:
Fotografías:
O río Umia contaminado. Encoro de Baxe. Eutrofizado todo o verán. O problema do río Umia é moi serio e ten que ver moito cun encoro irracional que nunca se debeu facer. Un engano os galegos no que o Sr. Hernández, actual conselleiro de Medio Ambiente, tuvo moito que ver. Este encoro naceu para producir electricidade Hidroeléctricas Cortizo, enmascarado en que resolvería o problema das enchentas de Caldas de Reis (estás cada vez son peores) e que daría auga o Salnés (efectivamente está dando auga pero envelenada...).
Outra imaxen deste encoro. De aquí sae a auga para núcleos importantes de población do Salnés...
Non se da unha solución racional, veña a gastar cartos dos galegos para buscar unha solución que é trivial para resolver o problema: deixar correr a auga.
Claro que eso perxudica a Hidroeléctricas Cortizo, que para encher o seu bolsillo se fixo o encoro.
¿Non é para indignarse xa?
Encoro de Castrelo, de cando en vez aparece eutrofizado. Recibe toda a porquería de Ourense capital e máis... A fotografía é de fai anos.
Responsable: a merda que leva o río Miño dende fai moitos anos e que sigue a levar en agosto do 2011.
¿Non é para indignarse xa?
Encoro de Cachamuiña, río Lonia outra porquería en Ourense-ciudade. Ata cando?. Deste río tomamos os ourensáns a auga para beber, ata que non se pode máis e pasa a ser o río Miño o sustituto...
¿Non é para indignarse xa?
Encoro das Conchas. Eutrofizado en Maio do 2011. Un máis. Este encoro recibe as augas do río Limia, un dos máis contaminados da provincia de Ourense. Un río que é hoxe unha pocilga...
Encoro das Conchas. O cheiro era insoportable. Estos días será a festa de Peixe en Bande; si en vez de pescar ? se dedican a limpar o río ganarían máis. O peixe do Limia xa foi, e o das Conchas xa morreu fai anos... As políticas de Medio Ambiente levadas a cabo en Bande, son un exemplo do que nunca se debeu facer. Nese lugar ata meteron en pleno couto unha minicentral...
Agora están a pagar as consecuencias do mal trato da natureza, dende Xinzo, onde o Limia é un estercolero ata o encoro das Conchas que recibe toda "a merda" da zona. Hoxe, en agosto do 2011 teñen serios problemas coa microcistina, un veleno peligroso e dificil de erradicar...
A finais de agosto está a Confederación hidrográfica comenzando a limpar algo, tarde, mal, arrastro e despois das presións, así non se fan as cousas, unha mágoa...Están a aparecer centos de peixes mortos...o normal. A xente da zona está indignada e non me estrana...
¿Non é para indignarse xa?
Encoro de Vilasouto. As súas augas van o río Mao en Bóveda (Lugo) que quedou estragado. 2011. Tamén afectou o río Cabe e o couto deste río en Monforte.
Encoro de Vilasouto. Totalmente eutrofizado. Deste encoro beben moitas parroquias do Incio entre elas Vilasouto, Calvos, etc
¿Non é para indignarse xa?
Río Viñao, en Irixo, todos os luns aparece con esta cor. Que pasa con este río ese día, os luns, precisamente que non se pesca en Galicia?. Quen produce este toldamento do río?...como o Seprona non toma nota e castiga os culpables?... A fotografía é de xullo do 2011.
Por certo este feito está denunciado e aberto expediente, veremos como remata o asunto. (Agosto 2011)
¿Non é para indignarse xa?
![]()
Río Barbaña, é raro o día que as súas augas estén limpas... Ninguén é responsable...Resulta esperpéntico como se lavan as mans...
Despois dos desastres do río Barbaña, en Ourense cidade, contaminado o 24 de xullo do 2009, logo outra vez en xaneiro do 2010, e agora en marzo do 2010. E suma e sigue...
En marzo, o 09/03/2010, volta a contaminar, esta vez sin desastre no río, xa que non hai nada que matar, xa morreu todo o 24/07/2009. Que desastre...
Actualmente xa hai unha plataforma en defensa deste río e que intentan como primeira medida buscar os culpables. Tamén instalaron un sistema para detectar os vertidos.
Pequena mostra sacada da web Miguel Pesca. A contaminación nos ríos resulta incrible, en calquera río que se limpe saen sacos e sacos de merda...
Nestos sacos non están recollidos os metais como mercurio, fósforo, zinc, plomo e metais pesados que seica son abondosos últimamente nos ríos de Pontevedra como o Umia, Verdugo e Lérez entre outros (setembro do 2011)
O sentir da xente está claro, un 96% dos ourensán consideran que a administración se lava as mans nuns ríos porcallentos; vamos que non fai nada en absoluto. Ese tamén é o meu sentir dende fai vinte anos...
¿Non é para indignarse xa?
-----------------------------------------------------------------------------------
A vista dos datos anteriores, que son soio unha pequena mostra, non me queda máis que recuperar o título do texto:
INDIGNÁDEVOS XA! COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.
Pero quén debe indignarse e para qué?...
Eu penso que todos os galegos se deberan indignar de como están os nosos ríos, de qué auga estamos a beber e beberemos nuns anos como esto siga así, e de que a U.E. vai ver o mal que se invirtiu o diñeiro nestes anos, xa que de seguir estas actuacións non cumpliremos as normas e as nosas augas non se axustarán os parámetros lexislados.
Realmente os nosos ríos non se merecen os políticos que nos levan gobernado dende fai máis de 20 anos, con algunhas excepcións... Sempre miraron para outro lado, non ven o gran recurso que temos e non se pon en valor; a verdade é que temos razóns dabondo para indignarse e pedir que cambien radicalmente esas políticas de non facer nada e mirar para outro lado...
Hoxe mismo 27/05/2011. para chorar...Río Barbaña- Ourense
Nota 1 importante:
Sistemas Saih e Saica un paso importante.
A xente poderá decir que en Galicia temos o sistema SAIH e o sistema SAICA que miran polos nosos ríos; por certo que o outro día oín que a Xunta estaba a poñer a andar o sistema ,etc. Cando sabemos que pouco ten que ver co sistema. Cousas...
Estes sistemas son de competencia do Estado e por suposto das Confederacións Hidrográficas. O sistema central está ubicado en Cuenca.
En Galicia hai 13 centros de Control, ou Sistema autómaticos de Calidade da auga (Seica) que son realmente os que miden a contaminación das augas, e ademais hai 100 estación SAIH que están nos encoros, a maioría, e que miden e o nivel do río, caudal, precipitacións, volumen acumulado nos encoros, etc. Non mide nada de contaminación.
Por suposto que son moi importantes os datos que suministran, falando de contaminación o sistema SEICA é o que da datos, xa que o SAIH é doutro tipo de control, volumen auga, etc.
Por suposto os dous son importantes pero evidentemente os 13 centros do control SAICA son insuficientes para Galicia, sin entrar onde están colocados, moitas veces fora dos centros reais teóricos de producción de augas contaminadas ou problemas de emporcamento de ríos. Ou sexa si colocamos un centro SAICA na desembocadura dun río por exemplo no río Lor, evidentemente é dificil que o PH, por poñer un exemplo, sexa o que podera dar un por debaixo de Seoane do Courel, onde os lavados da pizarra fan que as veces o río vaia impresentable... É unha opinión...
A idea é boísima e mellorable.
Os interesados podedes consultar este link.
--------------------------------------------
Debido o gran número de casos xa tuven que poñelo noutra páxina.
Ver os desastres ocurridos dende xuño do 2011 ata febreiro do 2012.
¿Non é para indignarse xa?
-----------------------------------
NOTA 3: A Rede Cave en Galicia. CAVE ( calidad/Vertido)
Según o Conselleiro de Medio ambiente, Agustín Hernández, "os ríos galegos nunca estuveron tan controlados", o parecer con este sistema no que se invirten 1,5 millóns de euros quedan instalados en 20 ríos da comunidade un sistema para detectar vertidos.
Estes son os ríos onde seica está instalada esta rede:
O parecer este sistema xa resolveu 355 casos de vertidos na comunidade...
A verdade que a cousa inda é peor do que penso...
O sistema tamén está a meterse nas rías.
Información da noticia na Xunta de Galicia.
Pdf explicativo con fotografía e mapa.
A verdade é que este sistema paréceme o que xa estaba implantado do sistema SAICA, investigarei si é o mismo... Neste caso non sería nada novo, si non seguir co sistema xa implantado anteriormente en toda España.
En calquera caso sexa benvido todo o que sexa coidar os ríos dalgún xeito...
Esta noticia sácase de vez en cando na prensa, xa é a terceira vez que a vexo, a anterior o 30/04/2011 a última na Voz de Galicia do 26/07/2011. Agora fala de 41 centros que detectaron 355 vertidos, os mismos que en abril.... Nos ríos son 39 instaladas en 20 ríos. Deduzco que de abril do 2011 a agosto do 2011 non houbo casos que resolver, polo tanto a deducción é inmediata, hai que pensar que o sistema non debe ser moi efectivo...
Tamén fala da mitade dos cartos 744.000€ como licitación para o seu mantemento...En abril eran 1,5 millóns de euros...
Nota 4 : artigo de J.A. Pinto Antón "Mexa un vaca e nacen troitas"
Un artigo onde Jose Antonio, sin dúbida indignado, fala de como estaban en tempos os ríos de troitas, bastaba que mexara unha vaca e xa nacían, e hoxe son cloacas auténticas que non permiten que vivan as troitas. Quen ten a culpa?. Dende logo o artigo deixa claro todo...
Bótalle un vistazo, merece a pena.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Unha auténtica vergoña o que está a pasar cós nosos ríos.
¡INDIGNÁDEVOS XA! COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.
----------------------------------------
Non é romanticismo trasnoitado pretender que convivamos en harmonía coa nosa Terra. Quen non respeta Galicia non debería vivir nela."
María Xosé Pampín Quintana. ( Arquitecta).
----------------------------------------
Participa, coa túa opinión, neste foro sobre a pesca da troita e os ríos galegos.