Nota: no libro citado, Ramón
Otero Pedrayo distingue no río Miño tres tempos, ou tres longos
espacios, cada un presidido por unha cidade que lle da nome. O
Miño lucense, ou outo Miño; o Miño ourensán, ou Miño central; o
Miño tudense, ou galaico-portugués, como os cancioneiros.
No que
sigue poño un trociño do que escribe sobre o Miño ourensán ou
Miño central. Un río que tuven a sorte de coñecer en aqueles
tempos que nos que hoxe xa no século XXI non se parece en nada;
soio quedan pequenos trociños, poucos kms. de río, o resto está
todo encorado e cambiado.
O río
Miño ourensán, era efectivamente incrible, e Ramón Otero Pedrayo
así nolo fai ver nestos trociños de texto que son para mín pura
poesía en prosa.
..."O miño ourensán
siñifica unha estaxe de val carregado de historia. Decorre o río en fermosos relanzos
polo val quente e afonda antre terrazas edificadas por il. As Comarcas obedentes ó
chamamento do Miño ourensán son moitas, mestas de historia, de soaves matizaciós. Son
as do Ribeiro ourensán, os penichaos da Peroxa, as bocarribeiras cinguidas por degráus
sinxelos de caraiteres paisaxísticos...

Río Miño. Ourense. 1960.
Pacheco.

A Ponte Vella. Ourense ano 1925.

Río Miño, despois da Ponte Vella. O fondo
Reza.
Foto Pacheco. 1960
...Os fartos meandros folgados, entre as terrazas
de barro e pelouros, pé das costas graníticas das bocarribeiras, fan a beleza do Miño
ourensán. Folgadas voltas de Ourense a Reza, de Barbantes, veigas mestas onde as formas
vellas combínanse cas novas e
os coiñales brancos anovan a estroitura das terrazas envolveitas na escura
vexetación, valencia das crebadas afluentes, únhas estreitas, case leitos de torrentes e
cachóns, outras orgaizadas, figuran antre os caraiteres do Miño ourensán. Eles madurecen na veiga e meandros de Ventosela"...

Río Miño por Ventosela.
Fotografía de Xoaquín Lorenzo Fernández
1941.

Fonte: "Os ríos galegos". Edicións
Castrelos. 1977.
Saír